Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


23/11/10

Samurai Champloo

Hai xa tempo que rematei de ver o anime Samurai Champloo. Ben, para a xente que non teña nin idea, un anime é unha serie de debuxos animados baseada nun manga, ou cómic xaponés. O Director é Shinichiro Watanabe, un xaponés que se caracteriza por mesturar distintos estilos. Neste caso mestura elementos actuais como o rap ou o baseball cunha historia do xapón tradicional, no período Edo, unha parte moi importante da historia do xapón, que vai desde o 1603 ata o 1868. Un porrón de anos no que o Xapón estivo dominado pola familia Tokugawa. Neste período se produciu o peche de Xapón ao mundo occidental durante 265 anos, que se di pronto.

O anime é xenial por varias cousas. Xa aviso que para os moi estrictos coa historia esta historia non vale, xa que a mestura que fai o autor é, ademáis de estilos, de tempos (mestura o código bushido con hip-hop, música tradicional xaponesa con rap, beisbol con loitas medievais... etc). Pero o resultado final a min paréceme máis que digno, entre outros aspectos, polos personaxes principais:

Mugen:  Un tipo moi duro. A súa característica  principal é a súa forza, caseque animal, e o seu estilo de loita, mestura de capoeira e break-dance. É moi perigoso, pola súa irreflexión e polo pouco apego (aparente) que lle ten á vida. É imprevisible, pervertido, irreverente (segundo as súas propias palabras "gustame pinar con tipas de tetas grandes") e o único que impide que mate a Jin é Fuu. Ven de ter unha vida díscola, facendo de pirata e atracando todo o que se move. Se alguén o mira un pouco de esguello, ten os seus segundos contados...Mugen é Mono en xaponés.


Jin: É o outro samurai que acompaña a Mugen e a Fuu na procura do seu pai. É moi disciplinado, calado e devoto do camiño do bushido. A súa técnica de loita é moi tradicional, pero ten unha capacidade especial para facer movementos de esgrima a unha velocidade incrible. Jin non desaproveita a oportunidade de medirse con calquera que teña a ben cruzarse con él, xa que considera que o camiño da espada implica o perfeccionamento na arte da esgrima, ou a morte. É moi calado e introvertido, ao contrario que Mugen. De feito, o duelo que entabla con Mugen ao principio do anime indica as moitas diferenzas que entre estes dous samurais se dan ao longo da serie. Durante os 26 episodios os desencontros entre estes dous serán múltiples, pero como lle teñen prometido a Fuu que ata que atopen ao seu pai non rematarán o duelo, non lles queda máis remedio que aguantarse. Ainda que, conforme avanza o anime, vaise vendo que esas diferenzas fan que entre eles xurda unha "amizade" e un respecto mutuo. Jin significa serpe en xaponés.

Fuu: É unha rapaza de 15 anos que, despois de quedar orfa de nai, traballa nun restaurante. Cando aparecen Mugen e Fuu na súa vida, deixa todo (axudada por un embrollo no primeiro episodio que fai que teñan que sair os 3 da cidade a fume de carozo) e logra que Mugen e Jin prometan non matarse, polo menos ata que ela atope ao seu pai, un misterioso samurai que "arrecende coma os xirasoles". A súa búsqueda levará a estas 3 personaxes hacia o oeste, nun viaxe iniciático que terá un final incerto. Fuu significa porco en xaponés.

Polo que sei, o Manga foi publicado en España por Panini. Dous tomos cos 10 episodios a 7,95 €. Espero conseguilos nalgún momento.


Aquí vos deixo unha parte do primeiro episodio, cortesría de YouTube.
É unha pena que non atopei os enlaces para velo en galego. Eu vino así, e a doblaxe é caralluda. En castelán non sei como soará, pero (sintoo) me temo que algo peor.

Desfrutádeo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario