Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


21/5/10

Tipos de nubes

Desde hai moito tempo as nubes me chaman a atención. Ademáis, vivindo en Galicia, é imposible non ver nubes case tódolos días. A ver si así me aclaro algo...

información cortesía de http://www.windows2universe.org/spanish.html

Tipos de nubes

A maioría das nubes están asociadas cos estados do tempo. Estas nubes poden dividirse en grupos de acordo á altura na que se atope a base da nube, da superficie da Terra. A seguinte táboa ofrece información dos diferentes grupos e tipos de nubes asociadas con eles. Algunhas nubes non caen en ningunha das categorías relacionadas coa altura. Estas nubes adicionais están enumeradas ao final dos grupos de nubes, altas, medias e baixas.
Grupo e altura de la nube* Tipos de nubes
Nubes altas
5 000-13 000m
As nubes (Noctilucentes son as nubes máis altas no ceo, sen embargo non se asocian cos estados do tempo, o igual que o resto das nuebes da táboa
Nubes medias
2 000-7 000m
Nubes baixas
Superficie-2 000m
Nubes con crecimento vertical
Superficie-13 000m
Nubes pouco comúns
(Ver a altura das nubes en cada páxina)
Estelas de vapor
5 000-13 000m
*As alturas das nubes que aparecen nesta táboa son para as nubes de latitud media. A altura das nubes é diferente nas rexións do trópico e nas rexións polares. Hai outro tipo de nubes que se atopa en capas máis altas da atmósfera. As nubes estratosféricas polares se atopan nunha capa da atmosfera llamada estratosfera. As nubes mesosféricas polares tamén chamadas nubes noctilucentes, se atopan nunha capa da atmosfera chamada mesosfera.

14/5/10

Votar en Branco ou votar nulo nas eleccións?

Ainda que non son ningún experto, vou tentar explicar porqué a min me parece que é mellor votar en BRANCO que votar NULO.

Comezando polo principio, o voto é un dereito democrático. Polo tanto, o/a que non acepte as regras democráticas, ao meu parecer debería votar nulo ou absterse. Imos por partes:

Voto Nulo: Non se considera validamente emitido, e só conta aos efectos estatísticos. Un voto considérase nulo cando presenta emendas ou riscaduras, mensaxes escritas ou cando ademáis do voto vai algo máis dentro do sobre.

Abstención: Se non se vai a votar, se conta como abstención. TAmén a efectos estatísticos.

Voto Branco: Considérase validamente emitido. Conta para os efectos de cálculo das maiorías. Votando en branco, acéptase o sistema de votación democrática, ainda que se manifesta a non aceptación das opcións que se dan.

Con todo isto, vou poñer un exemplo que considero que pode esclarecer as cousas:

Cidadáns con dereito a voto= 100
Maioría absoluta =51

Ben, con estes datos, imaxinemos que 20 cidadáns votan NULO:

Votos validamente emitidos=80
Maioría absoluta = 41

Agora ben, imaxinemos que 20 cidadáns votan en BRANCO:

Votos validamente emitidos = 100
Marioría absoluta = 51

Tendo en conta isto, o voto en branco neste caso, si que ten efectos, dado que, por exemplo, para a opción que busca a maioría, non é o mesmo ter 41 votos positivos de 80 posibles, que ter 51 votos positivos de 80 posibles...Aqui vos deixo un pequeno gráfico. Ás veces unha imaxe vale máis que mil palabras..
A elección do voto é persoal e secreta, pero ás veces está ben saber qué queremos votar, non?

EDITADO
Teño que aclarar que este efecto do voto en branco só se produce cando é necesario obter maioría absoluta nas eleccións. En cambio, para maioría simple, ou maioría de votos só se teñen en conta os votos a favor, así que o voto en branco non iría para ningún candidato, e tampouco conta para a maioría absoluta.

13/5/10

pantalla táctil co mando da wii!!! incrible!

No video que aparece máis abaixo explícase cómo facer unha pantalla táctil contando cun software que se pode descargar da web do inventor, un chino chamado Jhonny Chung Lee, e tamén montando un mando caseiro con un LED de infravermellos.

O choio sería incrible se só o visemos neste video, pero o mellor é que dous compañeiros de traballo o fixeron, e FUNCIONA!

Se ao final nos animamos Iván e eu a facelo, espero poder poñer aquí o resultado...

11/5/10

The Sandman, de Neil Gaiman

Neil Richard Gaiman é un coñecido autor de historietas e escritor de ciencia ficción e fantasía. Naceu o 10 de novembro de 1960 en Portchester, Reino Unido. A súa creación máis famosa é a serie de historietas The Sandman.

Biografía

Neil Gaiman naceu o 10 de Novembro de 1960 na cidade de Portchester, Inglaterra e criouse en Sussex. De neno cultivou unha grande afección á lectura, tanto de libros (GR. K. Chesterton, C. S. Lewis, J. R. R. Tolkien) como de comics. O seu maior sono era converterse en escritor e por iso non rematou os estudos e púxose a traballar colaborando en diversas publicacións como crítico, articulista ou entrevistador.

Unha desas entrevistas, con Alan Moore, cambioulle a vida: espertou nel a súa antiga afección polos comics e empezou a formularse a posibilidade de escribir historias para este medio, instruído por Alan Moore. Despois dun par de traballos de rodaxe, en 1986 coñece a Dave McKean, novo debuxante de peculiar estilo e xuntos crean a súa primeira novela gráfica, "Casos Violentos". Por aquela época, o éxito de Alan Moore con "A cousa do pantano", leva aos editores de DC Comics a buscar novos talentos nas illas británicas. Karen Berger, editora de DC, consegue levar os Estados Unidos a unha xeración de escritores que van marcar un fito na industria de Comic Book norteamericano; entre eles encóntrase Gaiman. Gaiman comeza o seu percorrido polo mercado americano en 1988 con "Orquídea Negra", e Karen Berger contenta co resultado, suxire ao guionista británico unha serie mensual. Para iso, Neil decide crear un personaxe novo, baseado no folclore anglosaxón chamado Sandman, quen se desenvolvería nun ambiente sobrenatural e onírico, afastado do típico comic de superheroes predominante no mercado.

Nesta nova historia, Gaiman recrea a vida de Morfeo, dos seus irmáns, Los Eternos, os seus amores, o seu carácter orgulloso, a súa fígura dramática e os cambios que lle acontecen ao seu pesar, todo iso coas marabillosas portadas do amigo McKean.

Actualmente, Neil Gaiman vive preto de Minneapolis, Minnesota, nos Estados Unidos, nunha casa estilo "Familia Addams". Está divorciado de Mary T. McGrath e ten tres fillos: Michael, Holly e Madeleine.

Argumento

10/5/10

DESORIENTADO 8



Teño que ter en conta que, polo que parece, hai máis xente nesta casa. Non agora, evidentemente, pero nalgún momento se abrirá algunha das portas; ou a dianteira, ou a da cociña ou a porta da habitación xélida. O carallo é que estou sen víveres para aguantar aquí moito tempo, pero teño a impresión de que non tardará moito en abrirse esa porta do demo...
Polo que sei, as cámaras web que me vixían están acesas, pero ainda non sucedeu nada. Levo aqui como 4 horas, máis ou menos, xa que non teño reloxo que mo confirme. Do móvil nokia 6500 slide plata que tiña, nin rastro. Na casa tampouco hai teléfono. Minto, debía haber teléfono, pero no lugar onde estaba o terminal, só hai un recuadro limpo, e ao arredor seu, o mesmo fino e lene po que recubre todos os mobles das diferentes habitacións. Tamén no chan descobro ese mesmo material (semella algún tipo de arxila extremadamente fina) que o impregna todo, agás un arco diante da porta que me ten coma unha tola (tolo...) diante dela dende hai xa non sei canto.
A porta debeu ser aberta non hai moito. Incluso pode que fose aberta para deixarme a min arriba, na cama onde espertei. Si foi así, teño dúas opcións: facerme a durmida (durmido, merda, teño que empezar a pensar en masculino...) na cama, agardando que iso sexa gravado polas cámaras, ou seguir esperando aqui. Porque o de falarlle ás cámaras xa non é opción. Levo berrándolle a ésta que teño enfrente un bo cacho, e nin se moveu a condanada...
Creo que vou ir arriba; pode que, si me ven acostada, apareza alguén por aqui...Cago en tal! Que merda de vida... E esta dor de cabeza que non me deixa nin a tiros!

7/5/10

videos do CSD "Oso Berni"

O Consello Superior de Deportes fixo unha campaña de promoción das distints disciplinas deportivas tendo como protagonista ao Oso Berni. Aquí vos Deixo os enlaces para que poidades desfrutar deles. Son moi divertidos e entretidos...Desfrutádeo!

Os videos son cortesía do CSD e tamén de blog de educación física


1.-TAEKWONDO
2.-BALONMÁN
3.-LANZAMENTO DE MARTELO
4.-CAMPO A TRAVÉS
5.-ESQUÍ
6.-ESGRIMA
7.-DEPORTES AERONÁUTICOS
8.-ALPINISMO
9.-BEISBOL
10.-SALTO DE TRAMPOLÍN
11.-GIMNASIO
12.-BOLOS
13.-SENDERISMO
14.-GOLF
15.-SUBMARINISMO
16.-MARCHA
17.-PELOTA MANO
18.-AJEDREZ
19.-PÁDEL
20.-SLALOM
21.-BADMINTON
22.-SALTO CON PÉRTIGA
23.-TIRO CON ARCO
24.-GOLBOL
25.-TENIS DE MESA
26.-KÁRATE
27.-FÚTBOL SALA
28.-HALTEROFILIA
29.-TRIATLÓN
30.-SALTO DE ALTURA
31.- MARATÓN
32.-RUGBY
33.-AUTOMOVILISMO
34.- CARRERA DE VELOCIDADE
35.- SNOWBOARD
36.- GIMNASIA ARTÍSTICA
37.-AEROBIC
38.- NATACIÓN
39.-FÚTBOL
40.-WINDSURF
41.-VOLEY PLAYA
42.- MOTOCICLISMO
43.-TENIS
44.- BALONCESTO EN SILLA DE RODAS
45.- DOMA CLÁSICA
46.- BALONCESTO
47.- MOUNTAIN BIKE
48.- JUDO
49.- PIRAGÜISMO
50.- PARAPENTE
51.- CICLISMO

Si atopades algún outro video do oso berni que non estea na lista, avisade!! Grazas!

5/5/10

Abrir Portos no Emule

Ben, esto pode ser de interese para tod@s os que teñades instalado o programa Emule, un dos moitos programas p2p (peer two peer)de intercambio de arquivos. Persoalmente, ainda que probei outros, normalmente só utilizo este para descargar o que me interesa.

O problema do Emule é que, igual que o resto de programas que se conectan á rede, utiliza unha entrada e unha saída dos datos, os denominados portos. Normalmente estes portos vánse atopar pechados tanto no antivirus que teñamos instalado no PC coma no router co que nos conectemos á rede. Vou tentar explicar cómo abrir eses portos:



O primeiro é ver cómo están conectados eses portos. Para iso, na pestaña "preferencias", imos ao apartado "conexión" e ahí vemos que portos TCP e UDP  temos por defecto. ESes portos poden cambiarse por case calquera valor, e só hai que ter en conta que a diferenza entre o TCP e UDP debe ser de 10. P.ex: TCP= 31160 e UDP= 31170.

Algúns portos os ocupan outros programas e pode haber problema de incompatibilidades. Nalgúns foros de internet recomendan coller 2 portos entre o rango 61.000 e 65.000. Vós mesmos.

Ben, temos xa anotados qué portos queremos abrir do noso programa. Agora toca ver no antivirus de turno si ten activado o firewall, e crear unha regra de excepción para eses dous portos en concreto. É importante non abrir todos os portos, só os que nos interesan. Aquí xa non podo explicar en cada antivirus cómo facer, pero en case todos hai unha opción para crear regras de conexión para os programas. Normalmente teñen un apartado de "firewall" ou "cortafogos" e dentro de ese apartado, "control de protocolo de rede", no que se poden agregar instruccións para permitir que eses portos teñan acceso total á rede.

Por último, pero non menos importante, é necesario abrir os portos no Router. Aquí chegan varias complicacións, dependendo do modelo de router e tamén do voso proveedor de serzivos de internet, pero podo asegurarvos que, anque non teño uns coñecementos de informática nada avanzados, puiden abrir os portos que me interesaban grazas á seguinte páxina: http://www.adslzone.net/ no apartado "titoriais de axuda". Aparecen os titoriais de cada modelo de router, e en cada titorial hai un apartado sobre "abrir portos".

E todo iso para qué, preguntaredes... pois o caso é que para poder descargar contidos con toda a velocidade que proporciona a vosa conexión, debedes ter unha ruta directa entre o programa e a rede, o que se chama "ID alta". Cando se ten a ID Alta, a icona do programa, cando está minimizada, aparece o burriño cos ollos destapados. Se, polo contrario, tedes ID Baixa (LowID), na icona aparecerá o burriño dos ollos vendados.

Espero que vos sirva este pequeno titorial.

Unha última cousa. É perigoso abrir portos no PC, iso é certo. A responsabilidade é de cada un. Pero ás veces é necesario correr un risco "controlado" para obter algunha ventaxa, non?

4/5/10

Desorientado 7


Agora xa me sinto mellor. Meu, o que fai unha cunca de café e unhas bolachas (ainda que sexan integrais e estéan algo resesas) na cabeza, no corpo e no ánimo, sobre todo. Agora toca saber qué pinto eu aqui, nun corpo que non é o meu e dentro dunha casa pechada (as portas da cociña e principal están co pasador posto). Mosquéame a porta pechada e totalmente conxelada que hai no piso de abaixo. Teño que vela máis de preto, cun parafuxador ou algo. Tamén me intriga sobremaneira a coliwasa. Non vexo por ningures un lugar para analisar as supostas mostras que se conseguen co aparello. Como non sexa.. podería ser!  A porta pechada pode ser unha especie de laboratorio caseiro de análise, pero, con que fin?
Volvo repetirme que estou moi tranquila dado o feito de atoparme noutro corpo, como si xa estivese nesta situación antes click pero non lembro nada concreto. O que si teño é un bulto que sobresae do meu coiro cabeludo na zona da caluga, como a un polgar do occipital. Ahi noto algo, e teño como unha cicatriz. O que non sei é a súa orixe. Este corpo non é o meu e non sei que farían con él; ou tería que empezar a afacerme á idea de que agora este corpo será meu... danme arrepíos só de pensalo. Merda! Eu tiña unha vida fóra destas paredes. Son (era?) unha bioespeleóloga máis ou menos coñecida na miña terra. Estou (estaba?) especializada en fauna das cavernas. É un tema que sempre me apaixoou, e canto terminei bioloxía na Universidade de Vigo, na especialidade de Medio Ambiente e Espazos Naturais, decateime que en toda España non había ninguén que me puidese axudar a afondar na miña paixón.  Por iso mesmo me fun a Moldavia, unha pequena ex-república soviética, entre Romanía ao Oeste e Ucrania ao Este. Alí é onde fixen o meu doutoramento, na cova Emil Racovitâ.