Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


8/11/10

La vergüenza

Este fin de semana vin a película española de David Planell (é a súa ópera prima) LA VERGÜENZA. É unha película de 2009, protagonizada por Alberto San Juan, Natalia Mateo e Marta Aledo, entre outros.

Pode que fose eu, que tiña un día especialmente sensible (normalmente teño a sensibilidade dunha holoturia...^^) pero me pareceu unha película incrible. Incrible pola súa sinxeleza e pola súa crudeza ao falar un tema do que parece que todos temos opinión (iso pode ser certo para case tódolos temas, pero unha cousa é ter opinión e outra ter criterios e argumentos, ademáis de coñecemento).

O caso é que me enganchou moitísimo a película, que transcorre caseque en tempo real (máis ou menos) no día en que unha familia de acollida recibe a  visita da traballadora social que vai decidir ( baseándose en informes, entrevistas, enquisas, etc) si eles son APTOS ou non para pasar do réxime de acollimento ao de adopción dun neno (maxistralmente interpretado por Brandon Lastra).

A película foi premiada cos premios de mellor película e mellor guión no festival de Málaga de 2009. Como dixen, é a primeira longametraxe do, ata agora, guionista e realizador de cortos (Carisma, Ponys, Subir y Bajar...) David Planell. Gustoume moito escoitar a entrevista que lle fixeron despois. Pareceume un tipo brillante e intelixente, alonxado do cliché de director de cine que tiña eu (un tipo estilo Fernando León de Aranoa, intelixente e con moitas cousas que contar pero un pouco distante... que conste que a min me gustan as súas películas tamén)

David Planell fai unha cousa na peli que me encantou. Vai tensionando (non sei si existe este verbo) o ambiente dun xeito sutil, sen chegar ao dramático, cun ritmo que pouco a pouco se vai acelerando, ata chegar a unha explosión, diría eu, controlada. Só a explosión, xa que as emocións que se reflicten na pantalla inundan totalmente a película, e máis aló dela. Fante reflexionar profundamente sobre o tema das adopcións (das exitosas e sobre todo das que non o son)
E deixa o final aberto, ao meu xeito de ver, moi acertadamente. Como a vida misma. Poden pasar cousas, pero ao final, sempre podes elixir. Ao mellor as opcións que tes non son as que che gustan, pero non creo no determinismo nin tampouco nesa expresión "non tiña outra opción". Sempre hai outra opción. Outra cousa é que che valga...^^

E flotando polo medio de toda a película, a vergoña... Vergoña, como dixo Alberto San Juan falando da súa personaxe, de ver que te fas vello sin saber máis, sin asumir os cambios, sin crecer.

Do mesmo autor vos deixo un corto que recibiu un montón de boas críticas no 2007. Se chama "Subir y Bajar". É todo un alegato contra os malos tratos. Diría desfrutádeo, pero a verdade é que che deixa xeado

3 comentarios:

  1. Gustoume ler o comentario da película, e penso que vai a facer que a vexa, e eso ten moito mérito tendo en conta o pouco cinéfilo que son.
    Por certo, nada de acordo co de que tes a sensibilidade dunha holoturia.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo17/12/10

    Vi esta película hace poco y me gustó mucho...por un lado como trata las dificultades de muchas familias cuando quieren adoptar y por otro lado, como sienten el amor y lo expresan los distintos personajes.
    Engancha...
    y combina muy bien el humor y el drama.

    ResponderEliminar
  3. É certo, a combinación de humor e drama mantén un equilibrio case perfecto, como na vida mesma.

    Grax polo comentario!

    ResponderEliminar