Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


29/11/10

Cólera en Haiti. Unha desgraza que non cesa

En Haiti, despois do terremoto que hai 9 meses deixou estragado o país, agora sofren unha epidemia de cólera. O cólera é unha enfermidade diarréica producida por unha bacteria, o Vibrio cholerae, a cal se manifesta por unha infección intestinal que, chegados os casos máis graves, pode producir a morte nun prazo de horas, debido á deshidratación producida polos vómitos e diarrea.

As infeccións se producen normalmente en áreas de hacinamento con deficenzas sanitarias, pola contaminación da auga debida ás feces dos enfermos.

En haiti o cólera está a cebarse nos nenos, que sofren moito máis rápido deshidratación e segundo datos das axencias sanitarias, 6 de cada 10 contaxios se están a producir en nenos.

O coordinador da ONU Nigel Fisher dixo que dende que se desatou en outubro o brote epidémico ata agora hai 1344 mortos, pero que os datos non son fiables xa que non se pode saber cómo evoluciona a enfermidade en áreas remotas. Se revisaron xa as previsións da epidemia e se falta de 200.000 contaxios nos vindeiros días...

--

Custa traballo pensar nesas cifras e non pechar os ollos. A verdade é que a distancia parece que fai máis soportable as desgrazas, pero imaxinade só por un momento a cantidade de xente que morre tódolos días nesa parte do mundo. Da vértigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario