Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


31/1/11

NEN@S ROUBAD@S EN ESPAÑA

Estes días a noticia está en boca de tod@s. Os nen@s roubad@s do franquismo seguiron a ser roubados e vendidos posteriormente, entre a década dos 70-80 e incluso 90.

Os casos que escoitei son estarrecedores. Nais que ían parir e cando se decataban lles dixeran que o seu fillo/a morrera. Ao mesmo tempo, na sala de espera do hospital (case sempre o mesmo hospital e coa mediación do mesmo médico) unha parella agardaba a que unha enfermeira lles trouxera un neno/a que, polo que parece, non era desexado polos seus pais biolóxicos. Eso no mellor dos casos, xa que se denuncian ventas de nenos/as por valor de entre 50.000 ptas. e 1.000.000 ptas.

Semella unha película de terror, pero o peor é que cando se prenden as luces, a película non remata.

28/1/11

DESORIENTADO 20


Imaxinade un tubo de cartón, como o que se usa para gardar carteis grandes, por exemplo. Agora imaxinade que introducides, desde fóra do túbo hacía adentro, por toda a superficie e sempre coa mesma inclinación un milleiro de alfinetes. Así atoparan o corredor que se dera en chamar “O Rallador” a primeira vez. Pero, ao ser de aragonito as helícticas, o diámetro de cada unha delas non chegaba a 1 milímetro  simplemente pola calor desprendida polos equipos, todas as concrecións do teito do corredor comezaron a desprenderse de xeito encadenado. Foi un auténtido desastre. Nin sequera quedou rexistrado nas cámaras de vídeo que levaban. Conforme se foron introducindo no tunel, o efecto que se producía nas concrecións semellaba á repulsión magnetica entre dous polos do mesmo signo. Ao chegar ao fondo do tunel e ollar cara atrás, a visión cambiara totalmente. O corredor estaba despexado salvo por unha fina capa de po branco depositado no fondo. Miles de anos destruidos nun intre. Calquera espeleólogo tería un ataque de ansiedade. Probablemente salvo a gruta de “El Soplao” en España (que Nina visitara antes da súa apertura ao público en 2005, en calidade de coordinadora do equipo multidisciplinar de espeleólogos que fixo a cartografía subterránea dos últimos 8 km descubertos de túneis) o corredor polo que acababan de pasar (e destrozar, de paso) era único no mundo.
Ás veces custa moito tomar decisións. Outras, coma ésta que lembraba “A turbina” viñan sobrevidas polas circunstancias. As características físico-químicas do aragonito (CO3Ca) o fan inestable cando existen variacións ambientais e a formación de excéntricas desde polimorfo da calcita son moito menos comúns que as de calcita e polo tanto, moito máis valiosas.
Pero neste caso, a presenza do equipo fixo que nin sequera houbese unha pausa para decidir si seguir ou non.

27/1/11

EL CAPITÁN ALATRISTE, de Arturo Pérez-Reverte

Parece mentira que haxa xa tanto tempo que comecei a ler a serie de libros de "EL CAPITÁN ALATRISTE" de Arturo Pérez-Reverte. Debeu ser polo ano 1996-97, cando saiu o primeiro libro. Xa daquela me gustou moito o estilo que se utilizaba para contar a historia desde o punto de vista dun soldado veterán no Madrid do século de Ouro.

Naquel momento non tiña nin idea que detrás desta primeira novela, á que seguirían varios títulos máis (ata o momento hai 6 aventuras do capitán alatriste publicadas) estaba a intención de contar diversos aspectos desa parte da historia de España (artes, política, navegación, etc) na que o imperio español tentaba manter a forza ao longo de toda a súa extensión, sen conseguilo, como cabía supoñer.

Os títulos dos libros que ata o de agora teñen saído son os seguintes:
  1. El capitán Alatriste (1996). Ilustrado por Carlos Puerta.
  2. Limpieza de sangre (1997). Ilustrado por Carlos Puerta.
  3. El sol de Breda (1998). Ilustrado por Carlos Puerta.
  4. El oro del rey (2000). Ilustrado por Carlos Puerta y Joan Mundet.
  5. El caballero del jubón amarillo (2003). Ilustrado por Joan Mundet.
  6. Corsarios de Levante (2006). Ilustrado por Joan Mundet.
Parece que o autor ten previsto sacar alomenos 3 libros máis:
  • El puente de los asesinos
  • La venganza de Alquézar
  • Misión en París

Se fixo tamén unha película "Alatriste" sobre os libros, na miña opinión resultou fatal, xa que se tentou condensar todos os libros do capitán alatriste nun só film e tamén se deu información sobre o final da historia que ainda non está publicada (en descargo dos guionistas, teño que dicir que xa desde o primeiro libro se anuncia varias veces cómo remata a historia).

O caso é que os libros resultan moi sinxelos de ler, con moita acción e moito mal xenio (por dicilo suavemente) e tamén se descobre nesta serie que o que máis lle gusta ao autor, segundo me parece a mín, é utilizar todo ese vocabulario específico de insultos e frases malsonantes, con esa retórica cainita e chea de inquina e mala intención que segundo parece, caracterizaba a época. Época na que, como di o autor, a xente de mataba por un "quitame de ahí esas pajas" e na que os duelos dialécticos (por exemplo entre dous grandes poetas do Século de Ouro como Quevedo vs. Góngora) remataban, ás máis das veces en duelos á espada ou mosquete.

En fin, que os libros se deixan ler con facilidade e están ben feitos. Paga a pena sumerxirse un ratiño nesa época a través da mirada de Íñigo Balboa, o paxe do Capitán, que é quen conta a historia e os feitos que se suceden.

Tamén teño que dicir que o último libro que saiu, Corsarios de Levante, remata dun xeito algo abrupto, ao meu parecer facendo uso do Deux ex Machina dun xeito que ata o de agora, nas obras de Pérez-Reverte non atopei (polo menos conscientemente).

Ogallá o seguinte libro que se publique teña un fío máis suave. Verémolo!! 

26/1/11

RASL, de Jeff Smith

De novo grazas a Zeke, tiven o pracer de ler estes días RASL, de Jeff Smith. Para quen non conoza a Jeff Smith, só dicir unha palabra: BONE

Dito isto, o certo é que comecei a lectura desta nova obra con bastante escepticismo (por dicilo dun xeito suave). Ao mellor é esta época na que estou inmerso que me fai chegar á hora de lectura (como si fose algo invariable...jejej) as máis das veces canso e sen ánimos (dous nenos pequenos son traballosos, e agradeces o momento no que quedan felizmente durmidos...). O caso é que enseguida me decatei que esta historia tiña algo máis.

Ademáis dos debuxos, totalmente distintos aos de BONE pero con esta estética tan limpa, sen elementos superfluos e con esa luminosidade que o caracteriza, o guión está, ao meu parecer, firmemente sostido sobre todo polo estudo que o autor fixo da vida e obra de Nikola Tesla. Este físico, matemático, inventor e enxeñeiro eléctrico foi un dos promotores da electricidad comercial, e tamén o inventor da radio (atribuido en principio a Marconi, que usou patentes de Tesla para desenvolver a radio a nivel comercial).
Pois ben, Jeff Smith aproveita a fama de científico tolo que perseguiu a Tesla durante parte da súa vida para montar unha historia tendo en conta os últimos datos da física cuántica e o concepto de universos paralelos.

E o fai ben. Moi ben (ainda non lin o seguinte volume, no que se supón que se aclarará todo) sobre todo porque as personaxes que aparecen están solidamente construidas, e iso se nota.

Outro acerto de lectura para engadir á listaxe de obras das que teño bos recordos. Todo o que les o aproveitas (pode ser para ensalzalo ou para criticalo), pero algunhas obras che sentan ben... coma ésta.

25/1/11

Ain´t Got no/ I got Life, de Nina Simone

Seguro que ésta non é a canción máis coñecida de Nina Simone (teño outras na miña BSO) pero me parece moi especial por ese ritmo caseque hipnótico que lle imprime a cadencia das frases.

Buscando o video para poñervos a canción, atopei unha cita que se lle atribúe a Nina Simone e que me gustou:

"Jazz é un termo dos brancos para definir a música negra. Eu fago música clásica negra"

Desfrutádeo!

24/1/11

Estatística sexual

------------------
Un 10% dos homes fixeron o amor, unha vez polo menos, no ascensor, escaleiras, o na rúa.
Un 20% das mulleres quixeran ser homes.
Un 35% dos nenos están namorados da súa profesora.
A un 45% das mulleres lles gustan os tíos con ollos azuis.
Un 46% das mulleres practican sexo anal coa súa parella.
Un 50% dos homes se acostan sen lavar os dentes.
Un 56% das mulleres durmen núas de vez en cando.
Un 70% das mulleres prefire facer o amor pola mañán.
Un 90% dos hombres afirma que nunca pensou en ter relacións homosexuales (JA JA!!)
Un 90% das mulleres querería facer o amor na natureza.
Un 99% das mulleres nunca fixo o amor na oficina.

Conclusión estatística:
Hai máis probabilidades de ter sexo anal cunha muller no bosque pola mañán, que follar pola tarde na oficina.

Moralexa:
Non te quedes ata tarde no traballo ¡¡Non serve absolutamente para nada!! 
------------------

21/1/11

DESORIENTADO 19


Sara sempre fóra distinta.  Para empezar, era a única estranxeira no proxecto. O seu recrutamento foi coidadosamente planificado dende Kishinev, e todo semellaba ir sobre rodas. A segunda fase do proxecto comezara coas posibilidades de expansión na captación de suxeitos de experimentación fóra do país. Moldova non é moi grande, e se quedou pequena enseguida para poder experimentar con suxeitos tan especiais como requirían as circunstancias.
Nina chegou ao segundo control, formado por unha rexa metálica na que se adiviñaba a silueta dun portixolo. Para que se abrise, Nina tiña que ollar á dereita ao chegar á rexa, e colocar a faciana nun lector biométrico de retina BM-ET20.  En menos de 1 segundo o sistema recoñecía os parámetros da retina da Directora e a porta se abría. En caso de que houbese 3 intentos fallidos de recoñecemento, a rexa se electrificaba de xeito que producía unha descarga ata unha distancia de 30 cm, dabondo para desvanecer a calquera que se tivese achegado ata o lector.
Unha vez ao outro lado da rexa, Nina, lonxe de relaxarse, tomou máis coidado conforme avanzaba pola gruta. Apagou o frontal, xa que a iluminación ía gañando en intensidade conforme se internaba no corredor. Os leds que aparecían cada 1,5 m ao longo das paredes proporcionaban luz dabondo para que non houbese problemas ao avanzar polo corredor, un espléndido tubo natural de rocha de 3 m de diámetro que posuía unha lixeira inclinación hacia abaixo. Nina lembrou cun sorriso cómo reaccionou o equipo a primeira vez que chegaron ata o corredor. Foi unha sorpresa moi agradable. Un tubo natural de ese tamaño e coas concrecións de aragonito que atoparon foi un espectáculo irrepetible. E, pensou Nina, o de irrepetible foi así, xa que a soa presenza do equipo fixo que as helícticas de aragonito, cristalizadas en ortorromboides e cunha lonxitude media de 35 cm (35 cm !!) arredor do perímetro do tubo e ao longo de toda a súa extensión, comezaran a romperse en cadea.

20/1/11

THE COVE, ou a denuncia da matanza de golfiños

Cando un pensa nunha serie como Flipper, que foi un éxito total nos anos 60-70 en EEUU, imaxina aos golfiños como uns extraordinarios animais marinos que son capaces de facer trucos incribles e acrobacias imposibles. Eu non tiña nin idea que detrás de esa serie, 5 femias de golfiño mular (tursiops truncatus) se turnaban para facer as escenas, e que esas femias de delfín estaban "entrenadas" por un tipo chamado Rick O´Barry. Este home foi pioneiro no entrenamento de delfíns para facer exercicios guiados. Foi un precursor que pasou case 7 anos vivindo nunha cabana ao bordo dun lago salgado no que estaban as femias de delfín, e que promoveu o movemento de captura masiva de delfíns e outras especies de cetáceos para espectáculos. Pero é curioso cómo algo que lle sucedeu cambiou a súa visión dos delfíns e tamén a súa actidude con eles.

Segundo explica o propio O´Barry, os golfiños son criaturas extremadamente intelixentes (niso está de acordo toda a comunidade científica mundial) e sofren stress por estar pechados en tanques de auga para facer espectáculos. Ademáis, como o seu mellor sentido é o do oido e usan a ecolocación (un sónar moi sensible que lles proporciona moitísima información do entorno), nos tanques nos que están encerrados só perciben un balbordo imposible de comprender.

Con todo iso, o detonante do cambio de actitude de O´Barry foi o que lle pasou a unha das femias que participaban en Flipper, Cathy. Achegouse ata onde estaba Rick, apoiouse nos seus brazos, colleu aire e se deixou caer ao fondo do tanque. A respiración nestes animais non é como a dos humanos. Eles poden decidir pechar o espiráculo e non volver a abrilo, así que, segundo Rick O´Barry, Cathy se suicidou diante súa porque non aturaba máis o encerro.

A partir dese momento, O´Barry converteuse nun activista a prol da liberación dos delfíns capturados e encerrados en todos os zoos do mundo. É unha tarefa titánica e él o sabe. Ninguén o sabe mellor que él, que axudou a construir ese negocio multimillonario e agora quere desmantelalo.

Isto todo é só o preludio de algo que sucedeu en setembro de 2007. Un grupo de activistas coordinados por Rick O´Barry foron quen de organizar a gravación da matanza de golfiños nunha cala de Xapón. O lugar se chama Taiji, na prefectura de wakayama. Nese mesmo lugar se fai desde hai centos de anos (desde o período Edo) caza de baleas e outros cetáceos, dun xeito artesanal. A verdade é que a forma de matar aos delfíns e baleas dista moito de ser respectuosa cos animais, pero o que máis chama a atención no documental The Cove, que é a orixe desta entrada, é o secretismo e o hermetismo co que se tenta levar a caza de golfiños e baleas en Xapón. Se podería falar das intoxicacións por mercurio na poboación local, da suposta compra de votos na Comision Baleeira Internacional, ademáis da postura dos propios pescadores tradicionais e a cociña xaponesa, na que tamén se inclúe a carne de balea e delfín.
Caza tradicional de cetáceos en Taiji, período Edo

Seguiremos informando...

19/1/11

Aignish, de Capercaillie

Buscando en San Google a canción que hoxe vos presento, descubrin que "Aignish" se refire a unha localización xeográfica dunha paraxe na Isla de Lewis, nas Hébridas exteriores, en Escocia. Non sei si as imaxes do video que vos deixo corresponden a esas paraxes, pero son fermosas en todo caso.

Esta canción me ven acompañando desde a miña época de instituto, que foi cando un amigo de entón (que non de agora...:( ) me pasou unha casette (benditas casettes!!) de Capercaillie.

Desfrutádeo!

18/1/11

THE WALKING DEAD, ou os zombies na miña vida

Cando era pequeno, o que máis me gustaba de sair á rúa a xogar no barrio era facelo pensando que ao final da tarde, cando xa se acendían as luces das farolas, iamos xogar a zombies. Creo que nunca na miña vida tiven tanto medo como cando xogabamos (ao mesmo tempo o pasaba xenial, a adrenalina é o que ten...). O xogo era moi sinxelo. O que facía de zombie comezaba a perseguer aos demáis pero á metade de velocidade. Si te pillaba, quedabas contaxiado e te convertías en zombie, e pasabas a pillar ti tamén, ata que ao final, ninguén sobrevivía....

Había varias regras, claro: Os zombies ían máis lentos, non había forma de curalos/matalos, e sobre todo, os zombies non suben paredes nin agabean. Isto ianos xenial, xa que o único sitio no barrio no que non te podían pillar era un tellado baixo que había ao final de todo (chegabas alí correndo, na escuridade e con un monte de zombies atrás túa) e que só se podía subir ata él dun chimpo e agabeando pola parede. Esa esquina me salvou varias veces, xa que tampouco podías usar ese recurso ata o final, cando había moitos máis zombies que xente sin contaxiar...

En fin, que teño recordos de xogar aos zombies desde moi pequeno (podemos estar a falar de 20-25 anos atrás...) e desde esas o contacto cos cómics, películas ou literatura de zombies foi caseque nula ata a actualidade. Ata que lin Apocalipsis Zombie (AZ) e Los días Oscuros (LOS) grazas a Zeke. Os libros están escritos por Manel Loureiro, un avogado pontevedrés que comezou a escribir un blog sobre zombies que se convertiu nun éxito.. Nese momento o fenómeno Zombie volveu atopar en min un seguidor.

E logo descubrín The Walking Dead, o cómic do que agora se estrena en España unha serie de HBO. Cando Robert Kirkman comezou co cómic de The Walking Dead, dixo (máis ou menos) que él pensaba seguir a serie de zombies máis aló da primeira oleada, de cando descobres que o mundo que coñeces está perdido e que todo ao teu arredor está podrido e cheo de mortos que camiñan. Dixo que pensaba (si os lectores o apoiaban) levar a historia máis aló do final das pelis de zombies. Pensaba levar aos personaxes ata o máis extremo da alma humana e poñelos diante de situacións límite e ver cómo esas situacións os van cambiando.

E creo que o consegue. Paseino realmente mal lendo os cómics (agora mesmo van polo número 80 en español) e vendo cómo todo o que lle pasa aos protas os va cambiando e volvendo máis ¿inhumanos? Non sei ata onde chegará o autor, pero había tempo que unha serie non conseguía manterme atento ao calendario para ver o seguinte número.

A semana pasada vin os 2 primeiros capítulos da serie de TV baseada nos cómics e me gustaron. Iso si, ténche que apetecer ver cadáveres todo o rato e tamén tiros e sangue, moita sangue.

17/1/11

CRISE VIRTUAL? que mo expliquen...

"Chega un turista a un hotel, e despois de solicitar ao director información sobre as características das habitacións, deixa sobre a mesa 100 euros a conta e se dirixe á planta en compañía do botóns.
 
O Director observa os 100 euros con asombro, e sae a fume de carozo cara a carnicería. LLe paga ao carniceiro os 100 euros que lle debía da carne do mes pasado.
O carniceiro, cos flamantes 100 euros na man, non o pensa dúas veces e acode rapidamente ao seu proveedor, o criador de porcos, pagándolle os 100 euros que lle debía do seu último pedimento.
O criador de porcos, que non viran un billete tan fermoso despois do desaste da última gripe porcina, se dirixe sen dilación á casa de putas, pagándolle á súa lumi habitual os 100 euros do último servizo que lle fixo á crédito (a crise tampouco perdoa aos antigos oficios).
 
A prostituta, cheirando o billete con prestanza e satisfación, borróuselle a sonrisa cando recordou unha débeda que tiña pendente: se dirixiu ao hotel e pagou ao director os 100 euros da súa última estadía.
Entrementres, o turista, tras observar as habitacións decide que non lle convence, e abandoa o hotel despois de recoller de mans do director os 100 euros que deixara en depósito.
En resumo: todo o mundo pagou as súas débedas, pero ningúen puxo ou perdeu un duro. ¿Onde está a crise?
 
O/a que o descifre que mo explique...
 

14/1/11

DESORIENTADO 18

En fin, que deixei a Gonzalo cun palmo de narices, cabreado pero resignado, había 6 meses. Ao principio a carraxe foi máis forte, pero aos 15 días xa non me parecía tan mal todo o que fixera o cabrón aquel. Supoño que cando pasamos por un mal trago con alguen que nos atrae (no meu caso a atracción sexual por Gonzalo non pasaba de ahí. Nunca tivera a idea de compartir a miña vida con él, pero tampouco estaba orgullosa de cómo rematara todo) o tempo ten un efecto curioso. Canto máis tempo pasa, máis nos lembramos das cousas boas, dos momentos felices, e menos dos momentos tristes, escuros ou das discrepancias. E incluso de nos pasa pola cabeza o feito de pensar que non se estaba tan mal. No meu caso, a confirmación  de que fixera o correcto chegou despois dunha chamada de móbil de Gonzalo, na que comezou pedindo perdón e tratando de que nos visemos de novo e foi pasando polo estado de súplica (te boto moito de menos, o ben que o pasabamos xuntos, podemos arranxalo) ata chegar ao de cabreo (pero tipa, ti quén cres que és, deixarme así, si total que foi, 3 ou 4 sesións golfas…) golfas, dí, o que pasa é que quedaches sin coelliño de indias (ao dicir isto non puiden evitar un sorriso –coelliño-) e agora estás doente.
Puff, iso cabreouno moito, e me dixo de todo menos linda. Pero tamén, ao colgar a chamada, me sentín mellor. Qué facía eu con ese tipo? Home, o sexo é moi importante para mín, pero tanto como para anularme e converterme nunha esclava, emocional e físicamente, non. Así que a partir da chamada me sentín moito millor. Tamén axudou que neses días comezase o famoso seminario ao que viña Dimitri invitado, polo que me volquei moitísimo en atendelo ben (e debeuno notar, xa que da semana que estivo en Madrid dando clase, non quedou noite na que non nos revolcasemos). Así que, 4 meses despois, aquí estaba eu, en Moldavia, pasando un frío de mil carallos, e con ganas de que Dimitri fixera gala da famosa hospitalidade moldava.

13/1/11

BLACKSAD 4: El Infierno, el Silencio

Hai non moito comentei as aventuras de John Blacksad, o detective gatuno máis famoso do cómic. Despois de 5 anos entre o volume 3 e o volume que hoxe comento, Juanjo Guarnido e Juan Díaz Canales nos regalan unha obra gráfica que se pode ler, igual que o resto da serie, de xeito independente, pero que continúa afondando na personalidade e na vida do protagonista, ao mesmo tempo que nos traslada á New Orleans máis xenuina, cuna do blues e con ese ambiente cuasi europeo que fai desa cidade un recanto de beleza extraordinaria.

O ritmo da historia é moi semellante aos dos outros volumes da serie; trepidante, con xiros inesperados e sobre todo, neste caso concreto, a cor é coprotagonista da historia. Os autores son quen de reflectir dun xeito maxistral (na miña humilde opinión) o ambiente subtropical da cidade, o mardi gras e esa humidade pantanosa que inunda todo, xunto con esa especial idiosincrasia da cidade dentro dos EE.UU.

Algunhas das viñetas son verdedeiras obras de arte en canto a composición e colorido. 5 anos entre obra e obra é moito tempo, pero a espera pagou a pena. Ogallá Guarnido e Díaz Canales non tarden tanto en continuar coas historias de Blacksad. Sobre todo despois da última páxina da historia...

12/1/11

HAITI, 1 ano despois

Hai xa algún tempo falamos sobre o terremoto en Haiti, que ocorreu nun desgraciado 12 de xaneiro de 2010.

Hoxe, 1 ano despois, o desastre social, humanitario e de estado é patente.

Ademáis da epidemia de cólera que está a deixar unha sangría de víctimas e desprazados, as eleccións que tiveron lugar recentemente só fixeron poñer de manifesto a desgraza dunha clase social preocupada únicamente por manter o poder a costa da corrución e do desvío das axudas humanitarias que se envían a Haiti.

Polo que parece, segundo varias fontes, durante este ano 2010, só chegaron ao seu destino entre un 5-20 % das axudas humanitarias enviadas. ¿A onde foron parar o resto das axudas?

Pois tamén segundo diversas fontes, parte das axudas ainda non foron enviadas (baste dicir que, 1 ano despois da catástrofe, os escombros seguen alí mesmo, sin moverse nin que exista ningún tipo de reconstrucción) e que parte das que foron enviadas nunca chegaron ao seu destino.

Vendo que o concepto de estado fallou estrepitosamente e sobre todo, tendo en conta que a axuda é máis necesaria cada día que pasa, o que se me antolla díficil é saber onde rematará ese país.

Xa se están a barallar entre as opcións unha intervención internacional para restablecer un estado e poder canalizar as axudas, baixo o amparo do consello de seguridade da ONU, pero parece incrible que 365 días despois do terremoto, 800.000 persoas se hacinen en campamentos cunhas condicións sanitarias deficitarias e sobre todo, sin esperanza de luz ao final do tunel.

Gustaríame poder dicir que a próxima entrada que publique falando de Haiti será para dar unha boa nova, pero hoxe non me queda máis remedio que ser pesimista. Ogallá me trabuque.

ADIVINA, ADIVINANZA, de Joaquín Sabina

Alá polos anos 90, cando eu facía Iudo, un compañeiro de gimnasio me pasou unha cassette (cassette!!!) con un disco grabado. Era "La Mandrágora", un momento histórico realizado por 3 cantautores  (Alberto Pérez, Javier Krahe e Joaquín Sabina). Entre as cancións (son todas unhas xoias) ésta que vos traio aquí me impactou especialmente naquel momento.

Desfrutádea!


11/1/11

O Aninovo...por convenio?

Como queira que a tod@s nos toca voltar ao traballo ou o que sexa que facemos cando non estamos de vacacións,  levo tempo matinando nos calendarios. Nós nos reximos polo Calendario Gregoriano, implantado por un papa en 1582. Antes tiñamos o Calendario Juliano, que dende o 46 a.C. se implantou durante o consulado de Julio César.

O choio está en que existen moitos países do mundo que teñen outro calendario, e polo tanto celebran o aninovo noutra data. Isto prodúceme moita curiosidade, así que aquí vai unha listaxe (non completa) de varias celebracións do aninovo. Tamén é curioso cómo os membros doutras comunidades manteñen as celebracións importantes de orixe cando se atopan noutros países debido ao fenómeno da emigración.

FELIZ ANINOVO!

Aninovo Chinés: 3 de febreiro de 2011(En chinés: 春節, 春节, Chūnjíe; 農曆新年, 农历新年, Nónglì Xīnnián) está basado no calendario lunar utilizado tradicionalmente en China. Segundo o calendario chinés, a celebración dun novo ano cae, en xeral, á segunda lúa nova despois do solsticio de inverno boreal (21 de decembro). Debido ao seu carácter lunar, o aninovo chinés non pode convertirse nunha data exacta do calendario gregoriano e, en realidade, pode ocorrer entre o 21 de xaneiro e o 21 de febreiro.
Aninovo Español: 1 de xaneiro de 2011 (Calendario Gregoriano)

Algúns membros da Iglesia ortodoxa, como manteñen o calendario juliano, festexan o  Aninovo o 14 de xaneiro. 

Tết, celebración do aninovo vietnamita, se celebra xunto ao Aninovo Chinés.

O Aninovo musulmán se celebra o 1 de muharram, cuia data correspondente no calendario gregoriano varía de ano en ano posto que o calendario musulmán é lunar. No calendario musulmán estamos agora entre os anos 1432-1433  

Losar, celebración do Aninovo tibetano, se realiza entre xaneiro e marzo.  

Nouruz, celebración do Aninovo iraní, se leva a cabo no equinoccio da primavera (21 de marzo, aproximadamente).  

Naw-Rúz, a celebración da Fe bahá'í, se realiza no equinoccio primaveral (21 de marzo).  

Ugadi, celebración do Aninovo telugú, se efectúa entre marzo e abril.

En Tailandia, Camboya, Birmania e Bengala o Aninovo se celebra o 14 de abril.  

We Tripantu, a celebración do Aninovo mapuche, ten lugar o 24 de xuño.  

Inti Raymi, a celebración do Aninovo inca, ocurre o 22 de xuño.

O Aninovo Aymara se celebra cada 21 de xuño, a época do solsticio, coa chegada do inverno.  

Rosh Hashanah, a celebración do Aninovo xudío, sole levarse a cabo en setembro.  

Enkutatash, a celebración do Aninovo etíope, o 11 de setembro.  

1 de Vendimiario, celebración de Aninovo segundo o calendario republicano francés, equivale ao 22 de setembro.  

Samhain, celebración de Aninovo do neopaganismo celta, cerca do 1 de novembro.

O Aninovo hindú se celebra os días antes do festival de Diwali, a mediados de novembro.

Entre os aboríxenes guanches de Tenerife (Canarias, España), o Aninovo se celebraba coa recollida das cosechas (aproximadamente el 15 de agosto), e se conocía co nome de Beñesmer.

Entre os rosacruces de AMORC se celebra o novo ano entre o 21 de marzo e o 23 de marzo, o máis cerca posible do equinoccio de primavera.

    8/1/11

    Acabo de llegar, de Fito & Fitipaldis

    Descubrín Fito & Fitipaldis grazas a un bo amigo (á par que familia), que esta sempre buscando novas músicas (algunhas máis heterodoxas que outras)e teño que recoñecer que ao principio non me entrou moito.

    Agora, 3 anos ou 4 despois, teño que agradecerlle que me fixese este apuntamento tan bo, non só polo ritmo, senón tamén polas letras que Fito Cabrales exuda por tódolos seus poros

    Desfrutádeo!