Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


27/12/12

efecto warhol con GIMP



26/12/12

probando o GIMP

Desde hai unhas semanas ando cun novo programa que está xenial. É de código aberto e calquera poder ter acceso a él. Se chama GIMP e é un editor de imaxes (estilo photoshop).

Irei poñendo por aquí os resultados que consiga coas fotos que utilizo como "víctimas".




9/12/12

pasar arquivos .cbr a .pdf

Se, coma min, tedes arquivos en formato .cbr e queredes telos en .pdf para poder lelos máis facilmente (o formato .cbr necesita un programa aparte para ser aberto), aquí vos deixo unhas sinxelas instrucións que, espero, sexa de utilidade:

O formato .cbr non é máis que un montón de arquivos .jpg ordenados para que un programa de lectura de cómics electrónicos os vaia presentando, polo que se queredes pasalos a .pdf (un formato máis cómodo para imprimir e/ou levar) seguide estes pasos:

1º.-  Co Boton Dereito (BD) premede na carpeta que queredes "transformar":
2º Extraede os arquivos co menú contextual de algún dos compresores que teñades instalados (Winrar, 7zip, WinZip) de xeito que quede unha carpeta con un montón de imaxes ordenadas:
3ºUnha vez que seleccionedes todas as imaxes, co BD pinchades na opción "imprimir", de xeito que co asistente que ten windows vos deixará escoller a impresora. E aí estará a opción de imprimir en PDF, polo que xa estará completada a transformación:

Espero que vos sirva.