Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


29/4/11

CAMBIAS DE SIGNO ZODIACAL? Eu si....

Ata o de agora pensaba que eu tiña como signo zodiacal a Acuario. Tampouco foi algo moi importante na miña vida, simplemente unha anécdota para comentar no café. Cando naceu Martín, por curiosidade consultei a táboa dos signos zodiacais, e para a miña sorpresa, resulta que agora hai un signo máis, Ofiuco (A Serpe) e que ademáis iso afecta ás datas do resto de signos. Botade unha ollada, non vaia a ser que, coma min, cambiedes de signo...ou non. Solución ao final!!


NOVA TÁBOA DE SIGNOS DO ZODIACO

1. Capricornio : 21 de Xaneiro ao 16 de Febreiro.
2. Acuario : 17 de Febreiro ao 11 de Marzo
3. Piscis : 12 de Marzo ao 18 de Abril
4. Aries : 19 de Abril ao 13 de Maio
5. Tauro : 14 Maio ao 21 de Xuño
6. Géminis : 22 de Xuño ao 20 de Xullo
7. Cáncer : 21 de Xullo ao 10 de Agosto
8. Leo : 11 de Agosto ao 16 de Setembro
9. Virgo : 17 de Setembro ao 30 de Outubro
10. Libra : 31 de Outubro ao 23 de Novembro
11. Escorpión : 24 noviembro ao 29 de novembro
12. Ofiuco (Ophiuchus) : 30 de novembro ao 17 de decembro
13. Sagitario : 18 de diciembre ao 20 de Xaneiro


Segundo un astrónomo da Sociedade Planetaria de Minnesota, as datas de moitos signos zodiacais mudaron debido a cambios na aliñación da Terra.
Isto quere dicir que o Zodíaco está baseado na división en 12 partes iguais da banda celeste sobre a que trazan as súas traxectorias o Sol ,a Lúa e os planetas, avanzando un sector por cada mes do año, cada sector é un signo e como a Terra se atopa actualmente nun punto diferente en relación co Sol, as datas tamén variaron.
O peor de todo é que agora xa non se falta de 12 signos, senón de 14. O decimoterceiro é Ofiuco, que é onde o disco solar se atopa de finais de novembro a mediados de decembro; e o decimocuarto sería a constelación de Cetus, a cal toca lixeiramente a banda do zodíaco, polo cal a inclusión de Cetus  está en discusión.

A raíz de isto hai moitas queixas de que ninguén quere cambiar o seu signo (sobre todo os que se tatuaron o seu no corpo) 
A astronomía é unha ciencia, a astroloxía non é recoñecida como tal por non ter unha base científica. Qué facer?? A solución para nós, a continuación..

Esta información é so parcialmente certa. A verdade é que este novo calendario se axusta ao Zodíaco Sideral; e nós -habitantes de occidente- nos guíamos polo Zodíaco Tropical, que se basea na rotación da terra e nas estacións.

O Zodíaco Tropical continúa igual, da seguinte maneira:
- Aries: 21 de marzo ao 20 de abril.
- Tauro: 21 de abril ao 21 de maio.
- Géminis: 22 de maio ao 21 de xuño.
- Cáncer: 22 de xuño ao 23 de xullo.
- Leo: 24 de xullo ao 23 de agosto.
- Virgo: 24 de agosto ao 23 de setembro.
- Libra: 24 de setembro ao 23 de outubro.
- Escorpio: 24 de outubro ao 22 de novembro.
- Sagitario: 23 de novembro ao 21 de decembro
- Capricornio: 22 de decembro ao 20 de xaneiro
- Acuario: 21 de xaneiro ao 19 de febreiro
- Piscis: 20 de febreiro ao 20 de marzo

Iso quere dicir que os supersticiosos non teñen nada de qué preocuparse, xa que en teoría ninguén cambiou de signo zodiacal e Ofiuco só será realidade para os que crean no horóscopo do oriente.

28/4/11

Ga´hoole, algo que non te debes perder

Nunha ocasión vin o anuncio dunha película de animación sobre Búhos. Si, non me miredes raro... o caso é que me chamou moito a atención e agardei a que saise en DVD para poder vela. E non me defraudou nada de nada, salvo que, como me parecía dado o profundo da trama, a película está baseada nunha serie de libros infantiles da autora Kathryn Lasky que narra as aventuras e desventuras dunha Curuxa chamada Soren e dos seus amigos para impedir que as forzas do mal triunfen... Os libros ainda non os lin, pero non descarto facelo nun futuro, aproveitando que ao mellor a Iago ou a Martín lles gustan...

Aquí vos deixo un video promocional.
Desfrutádeo!!


27/4/11

Desinstalar explorer 9 en Windows XP

(cortesía de Incubaweb)
Tan pronto como a versión beta de Internet Explorer 9 estivo dispoñible, moitos usuarios nos apresuramos a instalala para comprobar que Microsoft quere facer ben as cousas no área dos navegadores web. Despois da euforia inicial por probar IE9, nos atopamos con situacións en onde o programa se volve lento e a veces inestable, polo que se fai incómodo navegar.
Entendendo que é unha versión beta, este comportamento é completamente normal. Para personas que necesitan máis estabilidade (ou que directamente o IE9 non funciona), obviamente é mellor quedarse con IE8 por alguns meses más. O problema é que ao instalar Internet Explorer 9, todas as versións anteriores do navegador desaparecen.
O feito é que IE9 aparece como unha actualización de sistema, e non como unha aplicación, polo que se tratamos de desinstalalo como un programa normal, veremos que na lista de programas instalados, non aparece por ningún lado. Para remover IE9 do equipo, debemos seguir estas instruccións:
  • Ir ao menú Inicio : Panel de Control, Agregar ou Quitar Programas, Agregar ou Quitar Compoñentes de Windows
  • Marcar só Explorer, e darlle a seguinte.
  • Reiniciar
ie9-logo.jpg
Después duns segundos, a computadora necesitará reiniciarse para que os cambios teñan efecto. Ao reiniciar, a versión previa de IE estará de novo instalada, tal e como estaba antes de actualizar a IE9. Solo Windows Vista e Windows 7 son soportados por Internet Explorer 9, polo que usuarios de Windows XP e anteriores se verán imposibilitados de acceder a este programa.

No meu caso, a única opción que tiven foi entrar en "Mi PC" e alí, en "Archivos de programa", cargarme (eliminar) a carpeta de "Internet Explorer".

Despois reiniciei e instalei o Explorer 8

26/4/11

Wall-e, unha reflexión para o presente?

Por casualidade, e digo por casualidade xa que non tiña información a priori sobre a película, descubrin hai algún tempo a increible historia de Wall-E, un robot de limpeza que está programado para recoller refugallos e convertilos en cubiletes preciosos, todos iguais, ata formar un montón deles.

Espero non facer spoiler con estes datos, pero a historia paga a pena desde varios puntos de vista. Desde a historia de amor entre os protagonistas, ata a reflexión que de fondo está presente durante todo o film, esta película é das que emocionan. Pero moito, aviso....

Para rematar, dicir que a factoría que fai posible esta obra mestra é PIXAR. Con dicir iso, no campo da animación xa sería dabondo, pero para quen non o sepa, estes tipos son os responsables de éxitos como Toy Story, Os Incribles, Up ou Cars, por só citar algúns.


Sempre digo o mesmo, pero non por iso esta vez é menos certo. Esta película é altamente recomendable. É máis, debería ser obrigatoria (no meu humilde parecer) en Educación Infantil e/ou Primaria...

15/4/11

Cando os cartos entran pola porta, os ideais saltan pola ventana...

Non podo deixar de pensar que, parafraseando a ese grupo musical "El último de la Fila" no título do seu álbum "Cuando la pobreza entra por la puerta, el amor salta por la ventana", o título desta entrada explica que estamos facendo como país o mesmo, cando agora que o noso presidente acadou un principio de acordo entre China e España para que o país asiático invirta cartos na nosa débeda soberana, e incluso considere a participación privada na máis que posible privatización de AENA e de parte da xestión dos aeroportos españois.
No momento de conseguir estos acordos, creo sinceramente (como di meu pai) que a defensa dos dereitos humanos e esa dispoñibilidade para arrimar o ombreiro nos conflictos bélicos polo mundo adiante (léase Afganistán, Libia, Bosnia, etc), vai ao CARALLO. Por qué?  Sinxelo, se estás diante de alguén que che pode comprar (darche cartos en definitiva), nunca serás tan groseiro como para falarlle dos seus trapos suxos....

En fin...

14/4/11

FUKUSHIMA, unha desgraza que non cesa

Mentres se cumpren case 4 semanas (1 mes!!) desde o desastre do terremoto e posterior tsunami na costa leste de Xapón, o goberno nipón aumentou a categoría de desastre nuclear a 7 nunha escala de 7. Esta escala (máis ou menos, tampouco é que eu sexa un experto) indica que o maior desastre coñecido a escala mundial, que foi en Chernobil  foi cualificado como de gravidade 7.
Agora as autoridades xaponesas subiron a esa mesma categoría o desastre de fukushima. Canto tempo pasará antes de que se admita que Fukushima é ainda máis grave do que se cree?

13/4/11

Antes de que cuente diez, de Fito & Fitipaldis

Xa sabedes quén é e o que fai, así que non teño nin que presentalo...

A desfrutar!!

Lin un comentario sobre a canción que me gustou:
"Notades que esta canción non ten coros?? É porqué non é unha canción, é unha historia"

12/4/11

Vexiloloxía, un mundo por descubrir

Estes días tomei contacto co mundo da Vexiloloxía. Non tiña nin idea de que ese palabro existise nin do seu significado, pero unha vez que o souben, xa nada volveu a ver o mesmo.

Como me dixo alguén, a miña mente quedou irremediablemente deformada polos contidos descubertos....


E para completar a miña inmersión neste mundo atractivo á vez que extraño e un pouco anacrónico, un enlace:

Heraldaria

Aquí atopei un montón de datos que ainda estou a explorar, pero por exemplo, os escudos nobiliarios de dous apelidos que me interesan...
 

Tal como aparece no comentario, aquí vai, Verde!

Do teu segundo apelido si que non aparece nada....seguiremos buscando...

11/4/11

Susorpresa!!

Cando se enterou de todo era xa tarde, demasiado tarde... e alí estabamos nós para lembrarlle que 40 anos non se cumpren tódolos días!!

Noraboa!!














Paga a pena nomear a Sostres?

Creo que me vou arrepentir de nomear sequera a Salvador Sostres, articulista do períodico "El Mundo", que hai uns días publicou unha columna co gallo do asasinato dunha muller preñada pola súa parella, ao enterarse de que o fillo que ela esperaba non era del.

O home este chega incluso a xustificar os actos do asasino debido á violencia á que foi sometido... en fin, creo que xa me arrepinto de escribir isto... esta persoa non merece nin que se critique o que fixo...


Non o queren nin na súa casa...

7/4/11

Indignación

Estou cabreado. Moi cabreado. E tamén estou decepcionado e indignado. A administración (á que pertenzo) é un enorme monstro informe e deshumanizado, materializado en forma de expedientes, de oficios, de informes e recursos, de papeles, en fin, que fan que se perda todo contacto entre a administración e os administrados.

Estou afeito a que entre xente pola porta e me pregunte dúbidas ou se queixe por algunha accion. Non me importa ese contacto directo cos "clientes" e ainda que despois se materialice o resultado da solicitude en forma de oficio máis ou menos personalizado, teño na cabeza a cara da persoa ou persoas que fixeron a solicitude ou a queixa.

Teño a sorte de traballar con "clientes" que non precisan tratamentos de saúde ou económicos. Pero cando estou do outro lado, do lado dos solicitantes, me gustaría recibir o mesmo trato. Sei que é moi inxusto xeneralizar as actitudes ou a forma de resolución dun expediente e non ter en conta ás persoas que están detrás, coma mín, escribindo esas resolucións, pero cando suceden cousas como a seguinte, me indigno enormemente.

A miña avoa padece Alzheimer nun grao que impide toda comunicación co mundo externo, agás por contacto físico, cando lle das a mán, por exemplo, e a apreta. Quitando iso, semella que lle da igual estar aquí ou alá. Non se vale por si mesma en ningunha das tarefas básicas da vida diaria (lavarse, peitearse, vestir, etc). Está cualificada como dependente en grado III (o maior nivel de dependencia). Por cuestións alleas á nosa vontade, non podemos tela en casa con nós, e ademáis de ter concecido o recoñecemento de dependencia por parte da Xunta de Galicia (desde o 2007 que se solicitou, chegou concecida a finais de 2010) foi ingresada nunha residencia privada, pagando un pastón porque estea atendida o mellor posible.

Ademáis diso, se solicitou unha praza pública nas residencias dos arredores, restrinxindo as opcións. Pero agora, despois de un montón de tempo, nos outorgan unha residencia lonxe da casa. Gratis, cuidado! pero lonxe de nós. O peor de todo é que che dicen que si renuncias á praza, perdes o dereito, e terías que solicitar de novo a dependencia para volver a entrar na listaxe.

Entón, tes que tomar a decisión de mandar  á túa avoa lonxe da casa, reducindo as posibilidades de ir a vela, ou renunciar a unha praza gratis, despois de 3 anos de solicitudes, resolucións, aportación de inxentes cantidades de informes médicos, facturas, certificados e toda clase de documentación que se lles ocorra pedirlles para xustificar o libramento de fondos.

Pois me nego a  enviar lonxe a miña avoa, ainda que non me recoñeza (aparentemente, xa que non se sabe o que é capaz de percibir). Me nego a renunciar á "axuda" que nos concedeu grazosamente a insigne administración e por iso tentaremos que non se faga efectivo o ingreso "voluntario" nese centro lonxe de nós.

Seguiremos informando...

6/4/11

Animal Instinct, The Cranberries

Se alguen escoita o nome de Dolores O´riordan inmediatamente pensa dúas cousas: que guapa é e que ben canta (non ten que ser nesa orde exactamente).

Desfrutádea!



5/4/11

Rango

Tiven a oportunidade de ver a película de animación "Rango" no cine. É un gusto poder ir ao cine actualmente, xa que entre que a entrada che costa un ril, e as pombiñas e coca-cola outro, só poderías ir unha vez máis... pero, bromas aparte, sentarse en calquera dos cines de hoxe en día, co sistema (me gusta moito dicilo) dolby incredible surround (e aquí sairía unha especie de son hhhhhhhhhhhhhhhhuuuuuuuuuuuuuuuuuuuummmmmmmm) está xenial.

Ademáis e polo mesmo motivo (o dos cartos) agora se deixas pasar uns días desde o estreno, podes case asegurar ter un dos mellores asentos para desfrutar da película escollida.
Por motivos que agora entenderedes, ultimamente vexo moito cine infantil (teño dous nenos pequenos...^^) pero confeso que antes de ter nenos tamén me gustaba ver cine infantil, de animación ou como queirades chamalo. Creo que agora desfruto máis das películas infantis porque vexo o efecto que lle produce a un neno, ao meu, e o paso xenial!.

Como me pasou con Rango, a película que vin estes días, e que resultou ser unha HOMENAXE ao cine do Oeste, ás películas de John Ford, de Sergio Leone, de Clint Eastwood, de Jack Palance e tantos outros. Dígovos que é indispensable!