Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


30/6/11

"Galicia Hoxe" pecha

Isto é un obituario en toda regra. O diario "Galicia Hoxe", un dos poucos que se publicaba en galego ata o de agora, pecha.

Segundo parece, o peche se debe, entre outras causas á crise económica e o radical recorte das axudas institucionais converten en inviable o proxecto do único diario en galego.
Herdeiro de O Correo Galego, publicouse por primeira vez o 17 de maio de 2003

Dezanove profesionais, entre periodistas e filólogos, quedan sen traballo.

O Grupo Correo Gallego manterá o espírito do xornal na rede dende www.galiciahoxe.com

Sorte na nova etapa virtual, e desgraza para os que nos quedamos sin o papel...

29/6/11

CARS, de Pixar

Cando saiu a pelicula de animación Cars nin me enterei. Foi no 2006, e ata final de ano non naceu Iago. Foi un bo ano, por moitas cousas, pero a máis importante foi ese anaco de felicidade que vai crecendo moito máis rápido do que me apetece. En fin, xa estou a divagar.

O caso é que ata o 2009 (máis ou menos) non vin a película. E foi un frechazo instantáneo...

Aquí vos deixo o trailer que no seu momento saiu. Desfrutádeo!



Todo isto ven porque o vindeiro 6 de xullo me tocará (que pena!!) ir a ver a nova película de PIXAR, CARS 2...

Xa vos contarei, pero polo que sei, as segundas partes nunca foron boas...

28/6/11

Barcelona

Xa pasou moito tempo (casi 20 anos!!!) pero esta canción ainda consegue poñerme o cabelo de punta...

Desfrutádea!!



27/6/11

ÁS VECES AS INSTRUCCIÓNS TRAEN LETRA PEQUENA

Unha muller se acerca a unha tenda de animais no barrio en busca dunha mascota "exótica". Alí se atopa cunha caixa chea de sapos e ras.

O cartel di:  'SAPOS DE SEXO' a só 20 €. cada un.  

Ven coas instruccións.

 
 A muller, excitada, mira arredor por si alguen estivera escoitando e lle di polo baixo ao dependente: ¡Quero un!

 
O home lle envolve un e lle di que só terá que seguir as indicacións. A muller lle paga y sae disparada para casa. Xa en casa, abre a caixa, le as instrucións moi coidadosamente e as segue ao pe da letra:

 
          1. Tome unha ducha
          2. Use un perfume exquisito.
         3. Póñase un salto de cama moi sexy.
         4. Métase na cama e deixe que o sapo actúe como se lle entrenou.

Se mete na cama co sapo e . . . NADA. Non ocorre nada.
 

Relee as instruccións e no último parágrafo ve o seguinte aviso:
        'Se tivese algún problema ou pregunta non dubide en chamar á tenda'.

Asi que chama, e o da tenda lle asegura: "Estarei aí nuns minutos".
Ao ratiño xa estaba chamando á porta. A muller o recebe e lle mostra: "¿Ve? seguín as instruccións e o maldito sapo se queda aí sentado".

 
  O home, moi contrariado, agarra ao sapo e mirándolle aos ollos lle di moi cabreado:



¡¡ESCOITAME BEN!!


¡¡¡ESTA É A ÚLTIMA VEZ QUE CHE VOU MOSTRAR COMO SE FAI!!!

 

24/6/11

Mapa Mundi da Vida, triste desgraza...

Estes días saiu á luz un informe da ONG SAVE THE CHILDREN no que se reflicten datos que categorizan as paises segundo a supervivenza infantil. Desgrazamente non da igual onde nazas. Iso xa o sabemos tod@s, pero ás veces fai falla pensar un pouco nos datos, datos fríos por ser números, números que poñen límite entre a vida e a morte. Triste desgraza ter un mapa mundi da vida no que non somos todos iguais...

 

"Mapa da Supervivencia Infantil"

• Suecia é o mellor país para nacer; Somalia é o peor. En Suecia perden a vida 3 de cada mil nenos e nenas menores de cinco anos, en Somalia, 180.
• España está no posto número 12, por debaixo de Eslovenia e por encima de Portugal.


Datos para reflexionar

• O 40% das mortes entre menores de cinco anos ten lugar no primeiro mes de vida.
• Nos países da cola hai 40 millones de nenos e nenas sen acceso sanitario básico.
• No mundo mundo faltan 3 millóns e medio de traballadores sanitarios.
• 48 millóns de mulleres, unha de cada tres, da a luz cada ano sen asistencia de matrona e 2 millóns completamente soas.


Cada no máis de 8 millóns de nenos enenas menores de cinco ano perden a vida antes de cumplir os 5 anos, 22.000 cada día, e o fan por causas prevenibles e tratables. O 99% destas mortes teñen lugar nos países empobrecidos, a metade deles na África subsahariana.

Segundo Save the Children, o mellor país para nacer é Suecia e o peor é Somalia, dunha lista de 168 países. Mentres que prácticamente todos os nenos e nenas suecos desfrutan dunha boa saúde e educación, en Somalia un de cada seis nenos perde a vida antes de cumplir os cinco anos, o 36% sofre desnutrición, o 70% non ten acceso ao auga potable e só un de cada tres nenos e nenas en idade escolar asisten a clase.

España, que ten un índice de mortalidade infantil de 4 por cada mil nenos e nenas, se atopa no posto número 12, por debaixo de Eslovenia e por enriba de Portugal.


Máis do 40% dos nenos e nenas menores de cinco anos sofre desnutrición en Bangladesh, Madagascar, Nepal, Níger e Yemen. En India e Timor Oriental, cerca da metade dos nenos están por debaixo do peso normal. En términos xerais, nos países da cola un de cada tres nenos e nenas sofre desnutrición, mentres que nos países de cabeza a porcentaxe é prácticamente nulo.

Os desertos sanitarios
40 millóns de nenos e nenas nos países máis pobres, un de cada sete, vive nun deserto sanitario, é dicir, cun acceso aos serizos santiarios básicos practicamente nulos e sen acceso a vacinas ou tratamentos para a diarrea, unha das principais causas de mortalidade infantil. Dous tercios destes nenos e nenas se concentran en tres países: 13 millóns en India, 8 millóns en Nigeria e 5 millóns en Etiopía.
--

tedes o informe completo en Save The Children.

23/6/11

O difícil que é...

Xa o tiña que saber de hai moito tempo, pero non foi ata agora que me fixen consciente...éche o que ten, de súpeto un día te levantas (cedo, como me pasa a mín pola semana) e te das conta. Será o café (que a mín me fai moitísima falla polas mañás, a mediodía e pola tarde....) ou as toradas de margarina (hai que gardar a liña ^^) con marmelada (non sei se se di así, pero me gusta como soa marmelada). O caso é que con tanto paréntese, ao mellor se perde o fío. Agora o retomo;
estaba eu recén levantado un luns pola mañá (ou sería martes) cando me decatei. Abríronseme os ollos coma platos. Meu, que difícil é estar ao día de todo o que pasa no mundo. Ainda que pases todo o día lendo a prensa, internet, oíndo a radio ou vendo a tele (que non é o caso meu nin de coña...) non es quén de saber todo o que pasa. Me falta tempo para actualizar o blog, para estar cos meus, para desfrutar de días de sol tumbado sen facer nada, para calcetar outra chaqueta ou uns gorros para o inverno, para escachar coa risa (ainda que me río bastante...) falando coa xente coa que me atopo relaxado, e tamén me falta tempo para estar máis implicado nas desigualdades sociais, para participar máis activamente na mellora do meu arredor (non aspiro a actuacións que se saian do ámbito máis cercano), para escoitar ao meu arredor os problemas, ainda que non sirva máis que para iso, para escoitalos (desgrazadamente, hai cousas que só pode facer un mesmo) e para desfrutar máis da compaña da xente que quero.

En fin, que me falta tempo, ou me sobran cousas para facer. Terei que priorizar...

22/6/11

Bang a Gong, de T. Rex

Unha das B.S.O da miña vida (teño unhas cantas, xa vedes...) é a de Billy Elliot. Esa película (teño que facer unha entrada dedicada a ela) é impresionante por varios motivos, pero entre eles está a música escollida.

Unha das cancións é dos T. Rex, un grupo rock dos anos 70, que aquí vos deixo.

Desfrutádea!!


17/6/11

Pan e Circo, por Xavier Caño Tamayo

Interesante reflexión do periodista Xavier Caño Tamayo, publicada na Revista Pueblos en maio de 2011

"En el siglo I, en tiempo del imperio romano, el poeta Juvenal escribió en una de 
sus obras la expresión panem et circenses: pan y juegos del circo. Frase 
peyorativa que ironiza la práctica de los emperadores romanos que, para mantener 
tranquila a la población y ocultar sus canalladas, proporcionaban al pueblo 
alimento y diversión gratis: regalaban al populacho trigo, panes y entradas para 
los juegos del circo (circenses); carreras de cuadrigas, luchas de gladiadores y 
otros. Así mantenían al pueblo distraído y alejado de la política. En nuestros 
días, para referirse a tal práctica gubernamental, antes se decía "pan y toros" 
y, durante la dictadura franquista, "pan y fútbol".

Hoy, los antiguos juegos circenses son mucho más variados. Fútbol, bodas reales, 
televisión basura, estupideces varias de presuntos famosos que no hacen ni han 
hecho nunca nada que valga la pena pero llenan horas de programación televisiva 
en permanente ejercicio de mal gusto, impudicia y analfabetismo funcional...

A diferencia del tiempo del imperio romano, hoy nadie regala trigo ni pan; no se 
da nada, más bien se recorta, se quita, mientras una situación injusta global y 
delictiva hace que las gentes pierdan el empleo y no puedan ganarse el pan, 
símbolo de mínima vida digna.

Mientras más de dos mil millones de personas (un tercio del planeta) seguían por 
televisión la boda del heredero de la Corona británica William y la ciudadana 
Kate, el gobierno del conservador Cameron continuaba con su programa de recortes 
sociales, pero aceptaba pagar la enorme factura por esa boda. Al mismo tiempo, 
FMI y Unión Europea imponían fuertes recortes sociales a Portugal para poder 
recibir el rescate financiero, como reducir pensiones, disminuir prestaciones 
por desempleo a la mitad y recortar el gasto en educación y sanidad. También 
acogotan a Irlanda y Grecia y extorsionan a España para que vulnere más derechos 
humanos sociales y económicos de ciudadanos, de los que casi cinco millones 
están en el paro. En España también, la multinacional Telefónica despedirá al 
20% de su plantilla, aunque en 2010 obtuvo más de 10.000 millones de euros de 
beneficio. Un récord.

En España, una mujer que ronda la cuarentena, cuyo único presunto mérito es que 
estuvo casada con un torero mediocre, ocupa las pantallas televisivas con 
honorarios de ejecutivo de multinacional y, para más inri, es nombrada "princesa 
del pueblo" por las nutridas masas consumidoras de televisión basura. En otro 
punto del arco mediático, los partidos que enfrentaron al Real Madrid y al Barça 
en cuartos de final de la Liga de Campeones europea dieron pie a horas y horas 
televisivas, dando vueltas sobre la rivalidad entre ambos equipos y sus 
entrenadores. Nada. Pero el público está entretenido.

Panem et circenses (perdón, hoy sólo circenses):Despistar, distraer para 
mantener a la ciudadanía alejada de sus intereses reales. Pues de eso se trata, 
de convertirnos de nuevo en súbditos, como en el ancienne régime antes de la 
democracia.

Pero somos ciudadanos, no súbditos. Súbdito es el natural de un país sujeto a la 
autoridad de quien detenta el poder con la obligación inevitable de obedecerle. 
Sin derechos. Ciudadano es la persona que tiene derechos civiles, políticos, 
económicos, sociales y culturales. Derechos. E interviene en el gobierno del 
país. Debería. Y esto no es un ejercicio académico; es el corazón mismo de la 
democracia. O no hay democracia.

Pues bien, todo el entramado consumista mediático equivalente a los romanos 
juegos de circo, armazón que oculta o anestesia, que fomenta irracionales 
pasiones futbolísticas, que programa basura televisiva... persigue un objetivo 
evidente: impedir que la ciudadanía tome conciencia de lo que ocurre, que ignore 
que violan sus derechos y, sobre todo, que toda la fuerza y energía que 
dedicaría a defender sus derechos la diluya en las falaces pasiones por fútbol, 
bodas reales y otros juegos circenses de nuestro tiempo.

Como ha escrito Noam Chomsky, "mientras el grueso de la población se mantenga 
pasiva, entregada al consumismo y apática, los poderosos del mundo podrán seguir 
haciendo lo que les plazca, y a los que sobrevivan a eso no les quedará sino 
contemplar un resultado catastrófico".

Consigna para los próximos mil años: Ciudadanos y ciudadanas, no súbditos"
Xavier Caño Tamayo é periodista e escritor. Centro de Colaboraciones Solidarias 
(CCS).


16/6/11

Juego de Tronos, de George R.R. Martin. (Canción de Hielo y Fuego 1)

Tal e como falei na entrada "Juego de Tronos, do papel á pantalla", ainda non vin os capítulos da primeira tempada (ogallá veñan máis). O que si fixen é ler o primeiro volume da novela río "Canción de Hielo y Fuego".

Este libro chegou ás miñas máns pola recomendación de Zeke (como non!) feita en voz baixa estilo intercambio de algo ilegal _"facía moito que non lía algo tan bo en fantasía" _me dixo. Sempre teño en conta as impresións de Zeke nesta materia. Sempre. E o seu criterio é fiable coma un reloxo suízo. Non falla. Tampouco digo que iso sexa por levar 30 anos lendo fantasía, pero ao mellor algo queda...

Ben, o choio é que o tomo impón un certo respecto; case 900 páxinas (so o1º volume), a incerteza de non saber cántos volumes coma este terei que ler (hai rumores que apuntan a que George R.R. Martin non rematará de escribir ata dentro de 4 ou 5 anos) e un modo de contar a historia novedoso, polo menos para mín. Estamos ante o que se chama unha "novela río". Eu ata que a comecei a ler nin oira falar deste termo. Se trata de contar a historia xeral (a trama principal) a partir das historias persoais dos protagonistas, de xeito ás veces directo e ás veces indirecto (como varios ríos que se van xuntando e conforman outro máis grande). Este xeito de ir descubrindo a trama fai que ao mellor acontecementos cruciais non os vivas en 1ª persoa, senón como algo que sucede no contexto persoal doutra personaxe, así que é moi enriquecedor. Ou polo menos a mín mo parece.

E como non podía ser doutra forma, non saín defraudado despois da lectura de Juego de Tronos (o título o poño en castelán xa que é como o lín). Os que pensen que isto é un remedo de Tolkien, van aviados. Para empezar, as comparacións entre estes dous mundos non poden darse, xa que non son iguais, nin parecidos. O mundo de George R.R. Martín se parece moito máis a unha idade media nun mundo no que o clima domina a vida e a morte da xente. As estacións duran anos enteiros, e tal como reza no lema da casa Stark (unha das protagonistas da historia), "Winter is coming". E cando iso sucede, todo é moito peor.

Este mundo de George R.R. Martin (porqué carallo todos os escritores teñen 3 nomes...??) ule a suor, a sangue, a bosta de cabalo, a medo; e sabe a carne asada, a graxa, a especias e perfumes, aceites. E pasas frío, moito frío. E tamén calor, ata abrasarte. Iso supón unha das diferenzas co mundo de tolkien, no que todo semella máis limpo (non sei expresalo mellor, sintoo).

Quero facer un fincapé especial no tratamento das personaxes que George R.R. Martín acada polo especial xeito da narración. Creo que o que máis me sorprendeu foi que personaxes que ao principio semellan atractivas e aparentemente boas, rematan sendo retorcidas e con segundas (ou terceiras) intencións. Como a vida misma. Creo que por iso me atrae. Considero que é unha das fortalezas da obra; o coñecemento da natureza humana que desprega o autor.

Estou agora co segundo volume (non deixei que pasase nin un día polo medio, entre rematar un e comezar outro -grazas Zeke!!) e xa vos contarei...

15/6/11

Poñer un fondo ao blog ou web

Cortesía de Blog and Web:

O fondo dunha web é un dos elementos máis importantes, sempre está presente e case siempre ten moito espazo destinado. Coas instruccións que aparecen máis abaixo, ata eu logrei cambiar o fondo. Animádevos!


O primeiro é saber que a forma correcta de colocar unha imaxe de fondo é por follas de estilo CSS, modificando a etitqueta coa propiedade "background" (Fondo).

Sabendo iso, a modificación da etiqueda "body" se fai no teu arquivo .css ou no espazo da túa web ou blog destinado á folla de estilos, por exemplo:
body { background:#ffffff url(http://www.tu-sitio.com/fondo-web.jpg) top left no-repeat fixed; }
Color
O primeiro que temos en background é o color de fondo, neste caso #ffffff, que é o código de color. Aquí podes modificalo co que mellor lle vaia á web ou blog. Cando pos unha imaxe de fondo non fixa, será o color que se mostre fóra do espazo da imaxe e mentres carga a mesma.
Ruta
“url()” é a ubicación da imaxe que desexamos ter como fondo entre os parenteses.
Ubicación
“top” e “left” dan a ubicación a la imaxe de fondo e pode tomar os valores: top, right, bottom, left e center.
Frecuencia
“no-repeat” nos indica que non se repetirá a imaxe, esta propiedade tamén pode ter os valores:
repeat – Este é o valor por default, senón especificas nada, a túa imaxe de fondo sempre se repetirá.
repeat-x – repite o fondo só de forma horizontal.
repeat-y – repite o fondo só de forma vertical.
no-repeat – non repite o fondo, éste só terá o tamaño que a imaxe teña.
Visualización
“fixed” nos indica que teremos o fondo fixo e ésta propiedade tamén pode ter os valores:
scroll – Este é o valor por default, senón especificas nada, a túa imaxe de fondo sempre se moverá xunto co texto.
fixed – Fixa o fondo, ao moverse o contenido, non se move a imaxe de fondo.

No caso do novo blogger, estas propiedades sempre van antes de:


></b:skin>

da túa plantilla.
------

Nos imos a "Deseño" "Edición de HTML" e alí descargamos unha copia de seguridade da nosa plantilla (para evitar males a posteriori).
Unha vez que "expandimos artilugios", pulsamos Ctrl+F, co que nos sae a barra de busca (a mellor ferramenta para buscar calquera palabra no código).
E a partir de aí, podemos comezar a experimentar cos cambios...

Sorte!!

14/6/11

Ser solidario?

Ás 3 da madrugada, soa o timbre da casa; abre a puerta o dono e se atopa cun completo descoñecido e bébedo coma unha cuba dicíndolle:
- ¿ Señog, por bavor, bodería baixar a emburrarme un pouco, verá é que... ?
 O señor o interrompe indignado:

- ¿Non me toques os coll...., pero como te atreves a chamar a esta hora? !Ademáis, en tres horas teño que ergerme para ir traballar. Así que, deixa de molestar e vai rañala.... 

O borracho se desculpa e se vai obedente e cabizbaixo.
O dono da casa regresa ao seu cuarto, se queda insomne e comeza a sentir un pouco de remordimento de conciencia e pensa:
- "¿E si me houbera pasado a min? ¿Se o meu coche se quedara tirado en medio da madrugada e ninguén me axudara a empuxalo?. Sabe Dios o lonxe que estará ese tio da súa casa... ¡. Ainda que o mellor é que non conduza no seu estado. Manda carallo...veña, hai que ser solidario".
Total, que decide sair buscar ao borracho. Abre a porta e non había ninguén, mira cara ao parque de enfronte medio a escuras, e grita:
- ¿¿Ehh!!.....onde está o que necesita que lle empuxeeeeeennn??... ... ...
E niso, se oe ao lonxe ao borracho dicir:

- Eiquiiiiiiiiiiiiiiiiii!!!... Nos golumpioooossss!!!

13/6/11

Coñeces a alguén???

Segundo parece, no cuadro hai máis de 100 personalidades. Din que si coñeces a máis de 25 eres unha persoa ben formada.

A mín ainda me quedan 24 para ser ben formado... sorte!

10/6/11

DESORIENTADO 28


Ao principio a luz apenas se nota, pero de xeito paulatino, unha claridade se vai abrindo ante ti ao chegar ao posto de control. Despois te decatas de que esa luz é ultravioleta, polo que non altera o ambiente totalmente a escuras que rodea a entrada. É o momento de apagar o frontal. Nina queda parada diante da marca, no chan, que indica cun sinxelo debuxo a silueta de dous pes. _Extenda os brazos_ di unha voz que ven de detrás do foco.
Un cono de luz ultravioleta sae do teito. Nina queda quieta e embebida nel. Durante 20 segundos (sempre se lle fan interminables) non pasa nada. Despois, o cono de luz desaparece e a parede que ata ese momento era lisa cambia de cor e se trasluce o contorno dunha porta. Nina se achega e a porta se desliza hacia a dereita, entrando nunha cámara de paredes metálicas, de 3x3 m. A porta volve a pecharse tras ela, e Nina comeza a espirse. Mentres, a mesma voz indica que o proceso de descontaminación comezará en 1 minuto, en 30 segundos, en 10 segundos..._peche os ollos, o proceso de descontaminación comeza_

9/6/11

Traducir o blog

Despois de que Verde me preguntase polo código das bandeiriñas que teño no blog para traducilo ao idioma en cuestión cun simple click, pensei que sería bo publicar o código para que se poida aproveitar, así que aquí o tedes. Por suposto, eu tamén o conseguin trasteando na internet. Despois o modifiquei para que, en lugar de aparecer como idioma por defecto o Español, apareca o Galego.

Se tedes interese en poñelo no voso blog, o proceso é sinxelo. Ides a "deseño", "Engadir un Gadget", "HTML/Javascript".

Unha vez ahí, pegades o código que aparece máis abaixo, sin as liñas de guións, e substituides a páxina (http://esbardalladas.blogspot.com) pola dirección completa  do blog na que queirades que apareza.

Por certo, unha páxina web interesantísima para que poidades poñer código HTML nas vosas entradas de xeito que o navegador non interprete o código (para entendernos, que a partir das liñas de guións non aparezan as bandeiras, senón o código html que está detrás) é SIMPLECODE. Aproveitadea!!

--------------------

<center>



<form action="http://www.google.com/translate">

<script language="javascript" type="text/javascript"><br/><br/><!-- document.write ("<input name="u" value="+location.href+" type="hidden">")<br /><br />// --><br/><br/></script><input value="http://esbardalladas.blogspot.com" name="u" type="hidden" />



<noscript><input value="http://esbardalladas.blogspot.com" name="u" type="hidden" /></noscript>



<input value="gl" name="hl" type="hidden" /> <input value="UTF8" name="ie" type="hidden" /> <input value="" name="langpair" type="hidden" />
|
<input onclick="this.form.langpair.value=this.value" title="Español" value="gl|es" type="image" height="20" src="http://photos1.blogger.com/x/blogger2/6075/564571464515337/1600/z/998398/gse_multipart12407.png" width="25" name="langpair" />
|
<input onclick="this.form.langpair.value=this.value" title="Catalán" value="gl|ca" type="image" height="20" src="http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/ce/Flag_of_Catalonia.svg/200px-Flag_of_Catalonia.svg.png" width="25" name="langpair" />
|
<input onclick="this.form.langpair.value=this.value" title="Euskera" value="gl|eu" type="image" height="20" src="http://t1.gstatic.com/images?q=tbn:ANd9GcTq-mIQEQCB7q1vvX6wXXwBkvrb46iA3Gj-gn498IB19-2Px8Lr" width="25" name="langpair" />
|
<input onclick="this.form.langpair.value=this.value" title="English" value="gl|en" type="image" height="12" src="http://img2.imageshack.us/img2/9629/englishflag.jpg" width="16" name="langpair" />
|
<input onclick="this.form.langpair.value=this.value" title="Français" value="gl|fr" type="image" height="12" src="http://photos1.blogger.com/x/blogger2/6075/564571464515337/1600/z/327620/gse_multipart12413.png" width="16" name="langpair" />
|
<input onclick="this.form.langpair.value=this.value" title="Deutsch" value="gl|de" type="image" height="12" src="http://photos1.blogger.com/x/blogger2/6075/564571464515337/1600/z/734899/gse_multipart12400.png" width="16" name="langpair" />
|
<input onclick="this.form.langpair.value=this.value" title="Andorra" value="gl|ca" type="image" height="12" src="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhyjoG2nOkjevT5xLOf3cb1artDC8AMRoV53HuiyVAZHs8H371LQrB1jI9DnjNeWLBtQJQA6FWTC5d-ZsJ197rZ4493DUSCoasN8MtTYS8Ofxer5a4QSIXQsokOObH1PQu7GUDFsyAOEftx/s400/flag+1.bmp" width="16" name="langpair" />
|
<input onclick="this.form.langpair.value=this.value" title=" България" value="gl|bg" type="image" height="12" src="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjfairIISVCk-EyE6LEHso7wRMSvXeXJAsJnbBS-_smfHgKxgGrHouxngpyffyl5kads5XzX3WxF5CsuYGwlfI4dfIdHrpKLbaE-D1NLoD8gJiy1vSi6fGWHhN2_8cibCvRKqiE30eVA3qv/s400/flag+2.bmp" width="16" name="langpair" />|<input onclick="this.form.langpair.value=this.value" title="中文(简体)" value="gl|zh-CN" type="image" height="12" src="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjBAP-MKQwlnBrFGd0-eeyXXpQD-4w9aeA8AkM6yijn7heJDB22_-p8inDrPeX8FUE_bj31CtC7OBR0JSncq9Ii0awDrjBqaX-MCwddUGeaF9L5psBqK1E0P08i6B5D0XG3obD_750K6c_M/s400/flag+3.bmp" width="16" name="langpair" />
|
<input onclick="this.form.langpair.value=this.value" title="tiếng Việt" value="gl|vi" type="image" height="12" src="http://2.bp.blogspot.com/__v4nth5_ki0/SP-gZakjpuI/AAAAAAAAHnE/fwfNZkisDOA/s320/Vietnam+-+vn_flag.png" width="16" name="langpair" />
|
<input onclick="this.form.langpair.value=this.value" title="Hrvatska" value="gl|hr" type="image" height="12" src="http://tbn3.google.com/images?q=tbn:NOHHDjjV5kEseM:http://www.bestgulet.com/fotos_links/bandera_croacia.jpg" width="16" name="langpair" />
|
<input onclick="this.form.langpair.value=this.value" title="Česká Republika" value="gl|cs" type="image" height="12" src="http://tbn0.google.com/images?q=tbn:X6DQT-6sL_lPuM:http://2006.mundialfutbol.es/wp-content/themes/mundialfutbol2008/banderas/republica-checa.gif" width="16" name="langpair" />
|
<input onclick="this.form.langpair.value=this.value" title="Danmark" value="gl|da" type="image" height="12" src="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhhyphenhyphengnRglEYC5Z-OdVN7HGSJY62tqr034tq4ioQIM-xLc-aHSXB8sh3SzBBVxBdTh9TkgrccB4XIRJACWRswhuFoSslvIp12TNqLExcRw1Q2p88yeGNcBSpJcz_VIrZJnQjNu0vgXsfXbXT/s400/flag+6.bmp" width="16" name="langpair" />
|
<input onclick="this.form.langpair.value=this.value" title="Suomi" value="gl|fi" type="image" height="12" src="http://2.bp.blogspot.com/__v4nth5_ki0/SMiZwsOFndI/AAAAAAAAG8w/VlBr_zN32q8/s320/Finland+-+fi_flag.png" width="16" name="langpair" />
|
<input onclick="this.form.langpair.value=this.value" title="Ελλάς" value="gl|el" type="image" height="12" src="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhVPX2yKtBsk4AZP26jq9O9BHh6N8IVz_ZDGjNHuZ75OYhBVYEjLwj_gYB1jlwHPcDGPr63pVNthyjzt1nm3jWsHazNOHBnd7TLb7Dj88XRz3Y40CBa2CQ3Tt46mnSmNLir_adTSFrDeM6E/s320/Greek+Flag+36x24.png" width="16" name="langpair" />
|
<input onclick="this.form.langpair.value=this.value" title="ישראל" value="gl|iw" type="image" height="12" src="http://4.bp.blogspot.com/__v4nth5_ki0/SP-fNBP-7LI/AAAAAAAAHmE/fJeA_Sbl9w4/s320/Israel+-+il_flag.png" width="16" name="langpair" />
|
<input onclick="this.form.langpair.value=this.value" title="Hindi" value="gl|hi" type="image" height="12" src="http://4.bp.blogspot.com/__v4nth5_ki0/SMiYu9muwaI/AAAAAAAAG7Y/lO6YgNdyHM4/s320/India+-+hi_flag.png" width="16" name="langpair" />
|
<input onclick="this.form.langpair.value=this.value" title="Bahasa" value="gl|id" type="image" height="12" src="http://4.bp.blogspot.com/__v4nth5_ki0/SP-fNKvGgZI/AAAAAAAAHl8/UESh2PimM5U/s320/Indonesia+-+id_flag.png" width="16" name="langpair" />
|
<input onclick="this.form.langpair.value=this.value" title="Italiano" value="gl|it" type="image" height="12" src="http://photos1.blogger.com/x/blogger2/6075/564571464515337/1600/z/306145/gse_multipart12401.png" width="16" name="langpair" />
|
<input onclick="this.form.langpair.value=this.value" title="日本語" value="gl|ja" type="image" height="12" src="http://photos1.blogger.com/x/blogger2/6075/564571464515337/1600/z/443122/gse_multipart12402.png" width="16" name="langpair" />
|
<input onclick="this.form.langpair.value=this.value" title="한국어" value="gl|ko" type="image" height="12" src="http://photos1.blogger.com/x/blogger2/6075/564571464515337/1600/z/581031/gse_multipart12403.png" width="16" name="langpair" />
|
<input onclick="this.form.langpair.value=this.value" title="Latvija" value="gl|lv" type="image" height="12" src="http://2.bp.blogspot.com/__v4nth5_ki0/SP-fNX2rCXI/AAAAAAAAHmM/1LRWqh7YQBA/s320/Latvia+-+lv_flag.png" width="16" name="langpair" />
|
<input onclick="this.form.langpair.value=this.value" title="Pilipinas" value="gl|tl" type="image" height="12" src="http://1.bp.blogspot.com/__v4nth5_ki0/SP-f7gyN2aI/AAAAAAAAHmc/x_LSaXlHtCs/s320/Pilipnas+-+ph_flag.png" width="16" name="langpair" />
|
<input onclick="this.form.langpair.value=this.value" title="Lietuvos" value="gl|lt" type="image" height="12" src="http://2.bp.blogspot.com/__v4nth5_ki0/SP-fNrJizVI/AAAAAAAAHmU/kdaran4uffk/s320/Lithuania+-+lt_flag.png" width="16" name="langpair" />
|
<input onclick="this.form.langpair.value=this.value" title="Nederland" value="gl|nl" type="image" height="12" src="http://1.bp.blogspot.com/__v4nth5_ki0/SMiZWUAFSOI/AAAAAAAAG74/lsNT2NI_oFI/s320/Netherlands+-+nl_flag.png" width="16" name="langpair" />
|
<input onclick="this.form.langpair.value=this.value" title="Norge" value="gl|no" type="image" height="12" src="http://2.bp.blogspot.com/__v4nth5_ki0/SMiZWYWSvEI/AAAAAAAAG8A/7sOoou7far0/s320/Norway+-+no_flag.png" width="16" name="langpair" />
|
<input onclick="this.form.langpair.value=this.value" title="România" value="gl|ro" type="image" height="12" src="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgdpDjtxtvT7BhGMmTaI_duD4z3x-6D7bmZatu9EaShd3595c5Qv-hqVW9M2_UEM19vgQIPvZucYFTrUrl8xbt9jRpV0oduB3t0BW_xiddjVbdYMFxbzVWn5VW7e7wHV0BPDAn-UtuIZjHF/s320/Romainian+Flag+36x24.png" width="16" name="langpair" />
|
<input onclick="this.form.langpair.value=this.value" title="Polska" value="gl|pl" type="image" height="12" src="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg6XWhQsNlaAmNp_Wn_6iLi1L15nQsy40oEDQ4qlaG9cuuQVtrsC18wc9qo3ijM413V2hslHkf4L0I0IegD1Z8yjZ7frnjjONdJ19AKhoLbp3ySuq5XwW9C-qrj5vaSPecGb3MF36cV855k/s320/Polish+Flag+36x24.png" width="16" name="langpair" />
|
<input onclick="this.form.langpair.value=this.value" title="Português" value="gl|pt" type="image" height="12" src="http://photos1.blogger.com/x/blogger2/6075/564571464515337/1600/z/670301/gse_multipart12404.png" width="16" name="langpair" />
|
<input onclick="this.form.langpair.value=this.value" title="Русский" value="gl|ru" type="image" height="12" src="http://photos1.blogger.com/x/blogger2/6075/564571464515337/1600/z/111692/gse_multipart12405.png" width="16" name="langpair" />
|
<input onclick="this.form.langpair.value=this.value" title="Србија" value="gl|sr" type="image" height="12" src="http://3.bp.blogspot.com/__v4nth5_ki0/SP-f7_imioI/AAAAAAAAHmk/ytbpoyJHbmo/s320/Serbia+-+si_flag.png" width="16" name="langpair" />
|
<input onclick="this.form.langpair.value=this.value" title="Slovenčina" value="gl|sk" type="image" height="12" src="http://4.bp.blogspot.com/__v4nth5_ki0/SP-f79KzfyI/AAAAAAAAHms/-I315jcpHN0/s320/Slovak+-+sk_flag.png" width="16" name="langpair" />
|
<input onclick="this.form.langpair.value=this.value" title="Україна" value="gl|uk" type="image" height="12" src="http://3.bp.blogspot.com/__v4nth5_ki0/SP-f8Bg1AMI/AAAAAAAAHm8/b4jhQQPSvj4/s320/Ukraine+-+ua_flag.png" width="16" name="langpair" />
|
<input onclick="this.form.langpair.value=this.value" title="Slovenija" value="gl|sl" type="image" height="12" src="http://1.bp.blogspot.com/__v4nth5_ki0/SP-f8P0fwiI/AAAAAAAAHm0/Lzeh8mXiWvE/s320/Slovenia+-+si_flag.png" width="16" name="langpair" />
|
<input onclick="this.form.langpair.value=this.value" title="Sverige" value="gl|sv" type="image" height="12" src="http://1.bp.blogspot.com/__v4nth5_ki0/SMiZwrYspyI/AAAAAAAAG8o/uVUWBAyZkVc/s320/Sweden+-+se_flag.png" width="16" name="langpair" />
|</form></center>
 

<hr />


-------------------------------------------

8/6/11

Benvolgut, de Manel

Unha recomendación que fago, despois de que ma fixeran a mín.

Seguramente xa os coñecedes, pero senón, aquí vos presento a Manel, un grupo catalán que ten moi boa pinta. Facía moito que non oía algo así.

Desfrutádea!


7/6/11

Pobres pepinos...

Cando oin falar da contaminación dos pepinos españois por E. Coli, pensei: "Canto tempo había que non oía falar de Escherichia coli"

A bacteria en cuestión é unha das máis estudadas pola ciencia. É un organismo procariota, movido por flaxelos.
A Escherichia coli, no seu hábitat natural, vive nos intestinos da maior parte dos mamíferos sans. É o principal organismo anaerobio facultativo do sistema dixestivo. En individuos sanos, é dicir, se a bacteria non adquire elementos xenéticos que codifican factores virulentos, a bacteria actúa como un comensal formando parte da flora intestinal e axudando así á absorción de nutrintes. En humanos, a Escherichia coli coloniza o tracto gastrointestinal dun neonato adheríndose ás mucosidades do intestino groso  no prazo de 48 horas despois da primeira comida.

Pero tamén hai cepas da bacteria que por mutacións adquiren propiedades virulentas e/ou tóxicas Estas cepas causan diarreas hemorráxicas por virtude da súa agresividade, patoxenicidade e toxicidade. En moitos países xa houbo casos de morte por esta bacteria. Xeralmente lle pasa a nenos entre 1 e 8 anos. Causado xeralmente pola contaminación de alimentos, e posterior mala cocción dos mesmos, é dicir, a temperaturas internas e externas menores de 70 °C. Segundo a súa patoxenicidade, se distinguen 6 tipos (Virotipos): 

Escherichia coli enteropatogénica (ECEP)  
Escherichia coli enterotoxigénica (ECET)  
Escherichia coli enteroinvasiva (ECEI)  
Escherichia coli enterohemorrágica o verotoxigénica (ECEH)  
Escherichia coli enteroagregativa (ECEA)  
Escherichia coli adherencia difusa (ECAD)


Polo que parece, a variante atopada nos alimentos da intoxicación de Hamburgo é a Escherichia_coli_O104:H4

Ainda non se sabe con certeza a orixe da infección, pero parece descartado totalmente que estea en España. A presa das autoridades alemás para acusar aos produtos españois ten como consecuencia directa a baixada brutal das exportacións de vexetais desde o España a Europa (xenial nestes tempos que corren...) e non se sabe aínda cómo rematará todo... 
Ainda que xa foi levantada a prohibición por parte da Unión Europea ás exportacións españolas, o dano xa está feito. O que ainda non está claro é a orixe da contaminación. Ogallá o aclaren..


    6/6/11

    O que son as sombras....

    Só me pasa a mín ou tamén vós observades a extraña sombra que produce a luz ao incidir neste cepillo de cociña? Máis abaixo creo que está a explicación desta deformación ao observar a sombra... Isto xa parece a caverna de platón (versión freak...)

    3/6/11

    DESORIENTADO 27


    Xa quedaba pouco para chegar ao terceiro e último control. Nina levaba 3 horas de camiño e 10 km de percorrido subterráneo e nos últimos meses comezaban a pesarlle a pernas máis do que lle gostaría. 53 anos non son moitos, pero 90 kg pesan... se non están ben distribuidos nos seus 180 cm, e non o estaban. O alcume de Turbina, malia que os demáis tentaban agochalo, chegara tamén aos oídos de Nina. De feito, non lle importaba, mesmo se tiña rido del. Nunca renegara das súas cadeiras anchas; as “manetas do amor” lle procuraran non poucos revolcóns ansiosos e pracenteiros na universidade de máns de compañeiros fogosos e exacerbados pola visión cenital dos seus cilindros desaparecendo dentro da turbina... A ela lle procuraba moito máis pracer estar de cara a eles, pero tamén era certo que cando quería que remataran pronto, só tiña que ofrecerse a dar a volta, mover as cadeiras de xeito circular mentres empurraba levemente hacia atrás e adelante e agardar polo momento no que se lle desplomaban sobre as costas, satisfeitos e desexando seguir agarrados a eses asideiros que a natureza lle concedera.
    Pero despois da universidade seguiron a depositarse nas cadeiras máis kilos dos desexables, e na actualidade, o modelo que lucía Nina se asemellaba máis a unha redoma que a unha ánfora. Malia todo, turbina ainda tiña seguidores dentro e fóra das instalacións, e sabía que roupa poñerse para destacar  as súas cualidades cando quería conseguir unha cita ou algo máis...

    2/6/11

    Desde o grisismo? Non o creo...

    Éche ben complicado iso de manter o equilibrio. Mental, vital, ou calquera outro equilibrio (despois duns chupitos falamos si queredes) sen ter algunha desviación. Pero creo que esas "desviacións" hacia estados de máis ou menos euforia son as que nos fan manternos na mesma liña. É moi difícil ao longo da vida manterse impasible (indolente) ante o que che pasa a tí e tamén ante o que lles pasa aos demáis, sexan máis ou menos cercanos, pero creo sinceramente que non se trata diso. É máis, creo que é bo que as cousas (que a vida) deixen pegadas, marcas, incluso cicatrices (as cicatrices físicas e as mentais indican que segues vivo...).

    No que non creo é no "embiguismo" (outro palabro para o glosario...) Pode sentar ben durante un tempo, breve a ser posible, pero non é nada bo (ao meu parecer) mirar para o embigo propio todo o día. Nin sendo Shakira debe estar ben iso...

    En fin, que o difícil é manter o equilibrio entre darse caña todo o tempo e que todo che resbale. Teremos épocas nas que semella que somos capaces de asumir todo o que nos veña sen dar mostras de febleza, e noutros momentos calquera pequena molestia se nos fará insoportable...

    Meus, iso nada máis que é vivir...

    1/6/11

    paxariñas de papel...

    Ben, unha cousa sinxela para comezar.

    Andivemos estes días a facer paxariñas de papel para despois utilizalas na confección duns pendentes, así que alá imos:

    Recortamos un cuadrado de 2,5 cm x 2,5 cm.
    Dobramos polas esquinas marcando dúas diagonais.
    Desde as 4 esquinas, dobramos hacia dentro facendo unha especie de sobre cuadrado.
    Dámoslle a volta ao papel  e dobramos de novo desde as esquinas ao medio, o que sería un dobre sobre. Aquí o tamaño xa se reduce moito.
    Desdobramos todo (xa ves, tanto traballo...) e as liñas que fixemos deberían quedar máis ou menos así...
    Agora, dobramos unha esquina do primeiro sobre (un triángulo dos grandes)
    Chegamos a un dos puntos cruciais. Tendo dobrado o triángulo superior, collemos as 3 puntas que quedan e as plegamos hacia detrás, quedando a figura como está arriba. Unha vez feito iso, collemos as dúas puntas opostas (a esquerda e a dereita da imaxe) e hundimos o dedo na parte central do papel, levando os extremos ata que se unan entre eles. Esas serían as patas, e a cola e a cabeza xa saen soas.
    Tentádeo e xa me contaredes. Se admiten críticas caústicas polo cutre das explicacións...^^