Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


26/11/10

DESORIENTADO 14


9 meses facía daquilo. Vasili non chegou a recuperarse de todo, e permanecía dende aquela controlando os monitores e aparellos sismográficos na sala β.
Nina chegou ata o que sería o colo da botella. Alí, no chan, estaba a caixa de control de identidade. Desde o incidente do 2006 era obrigatorio pisar no sensor. A lectura da pranta do pé a través do calzado técnico fora utilizada para a identificación de presos na rede nacional de prisións da veciña Ucrania. Un par de miles de grivnas desviadas dos fondos estatais para a fundación foran parar a máns dun funcionario en Podol´s kii e Nina trouxera 3 aparellos para a gruta. A seguridade é moi importante.  E máis aquí abaixo, pensou Nina. En novembro de 2006, un dos suxeitos de experimentación lograra evadir con éxito os sistemas de seguridade, que se revelaron como rudimentarios, e sair á superficie. Menos mal que a bóveda só ten unha saída, recordou Nina. Ao suxeito tiveran que abatilo desde a escaleira. Estaba fóra de si. Os chips do principio tiñan problemas coa estanqueidade, e producían patróns de comportamento sinxelamente impredecibles. Ainda que agora, matinou Nina, tiñan implantados 5 suxeitos coa 3ª xeración de chips e estaban encantados. Salvo por Sara.

No hay comentarios:

Publicar un comentario