Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


25/8/10

FARMVILLE en FACEBOOK

Ben, acabo de voltar de vacacións de verán (tod@s deberíamos ter a obriga de desconectar uns días) e ainda que estou de baixón total teño que irme poñendo ao día, e iso inclúe o blog.

Para comezar unha nova tempada, acabo de facerme unha granxa en facebook. Ben, sei que moita xente está en facebook poñendo fotos, falando con colegas, atopando xente que había moito que non vía ou simplemente chafardeando nos muros de calquera que se lle veña á mente...pois eu, por consello dun amigo, montei unha granxa. O xogo chámase FARMVILLE e estou agora descubrindo pouco a pouco cómo ir aumentando de nivel de granxeiro. O xogo é sinxelísimo e se trata de ir plantando toda clase de sementes ata conseguir cosechalas, despois de un tempo que varia entre varias horas a varios días, dependendo da semente plantada.

animádevos a ter a vosa propia granxa!!!
iso si, espero non verme nunhas semanas como o colega este....