Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


3/11/10

Blacksad, ou cando a novela negra se fixo cómic

Aproveitando que en "Banda Deseñada" aparece unha reseña do novo exemplar de Blacksad apetéceme contar algo deste cómic realizado pola parella de españois Juanjo Guarnido (debuxo e cor) e Juan Díaz Canales (guión)
Blacksad é unha serie de xénero negro "clásica" protagonizada por animais antropomórficos. A trama nos sitúa nos Estados Unidos dos anos 50, onde asistiremos a diferentes casos do detective privado John Blacksad.

Non creades que estes tipos de prodigan moito. Ata o de agora hai 3 capítulos de Blacksad e 1 especial de "como se fixo". Tiven a sorte (como non...) de poder lelos todos, e son desas obras que me gustaría ter no meu andel algún día destes (teño moitos títulos pendentes). Creo sinceramente que esta obra e este dúo é especial. A ver se vos falo algún día sobre a triloxía de Chevalier e Segur titulada "Leyendas de los Pueblos Olvidados"...

Os cómics de Blacksad están publicados en España por Norma Editorial, en álbumes de tapa dura a toda cor, tamaño 23,5 x 31 cm, a imaxe da edición orixinal, publicada en Francia por Dargaud.

Blacksad #1: un lugar entre las sombras (noviembre de 2000; 5a edición: xuño 2006). Álbum 48 pgs. Título orixinal: "Quelque part entre les ombres", publicado en Francia en outubro do 2000 e apenas un mes despois en España. Neste primeiro álbum Blacksad investiga o asasinato dunha actriz coa que mantivo unha relación sentimental no pasado. É sorprendente cómo o debuxante ten o mérito de levar o guión dun xeito maxistral, xogando cos ángulos de visión das esceas, que dan máis información da que se expresa con palabras. Unha simbiose entre guión e debuxo que eu aplaudín dende o principio ao final. Imprescindible.



Blacksad #2: Artic Nation (maio de 2003). Álbum 56 pgs, cunha historia relacionada co racismo.Deste número o que me sorprendeu máis foi a elección dos animais antropomorfizados. Teño curiosidade por saber si foi Guarnido ou Díaz Canales (ou os dous) os que escolleron tan ben (na miña opinión) aos animais que forman parte desta historia.






Blacksad #3: Alma roja (2a edición: setembro de 2006). Álbum 56 pgs, cunha historia relacionada coa enerxía atómica. Neste 3º capítulo de Blacksad a trama desenvólvese a nivel internacional e como xa nos teñen acostumados, o debuxo e o guión van perfectamente acompasados. Non sei, pero creo que esta parella de autores deben sentirse moi cómodos traballando xuntos; o digo polo resultado final, que é sublime.



Cómo se hizo... Blacksad (Norma Editorial, 2002). Álbum 88 pgs cor, tapa dura, tamaño 23,3x31,2 cm, Libro a modo de "making of" de Blacksad #1, en formato álbum, que se abre cunha extensa entrevista aos autores de 11 pgs. A continuación, o groso do contido: un dossier que repasa o álbum enteiro (páxina a páxina) incluindo de cada páxina storyboards, páxinas a lápiz, probas de cor de viñetas, bocexos para viñetas concretas... acompañados con comentarios dos autores sobre o proceso creativo. Para finalizar, inclúese un avance de páxinas a lápiz do segundo álbum de Blacksad que se estaba a realizar nese momento, máis ilustracións varias, estudos de personaxe de Guarnido e unha pequena galería de ilustracións con versións de John Blacksad por outros autores europeos (entre eles, Enrico Marini, dibuxante de El Escorpión). Se trata dun auténtico regalo de luxo para os que disfrutaron con Blacksad e para aficionados ao debuxo que queiran coñecer ao detalle o proceso de creación do primeiro álbum da serie.
Ata o de agora isto é o que había de Blacksad, pero despois de 5 anos de espera, acaba de sair o 4º capítulo de  
Blacksad: El Infierno, el Silencio Espero poder lelo e poñer as impresións aquí...So vendo a portada xa apetece saber de que irá esta historia que se desenvolve en New Orleans, con tódalas posibilidades que a cuna do blues pode ofrecer.

No hay comentarios:

Publicar un comentario