Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


30/9/10

Saga Harry Potter 2

Cando lin o 3º libro de Harry Potter, Harry Potter e o prisioneiro de Azkaban, decateime de que o ambiente da historia cambiara. É un libro máis longo e sobre todo, comeza a escurecerse todo; tanto a historia en si mesma (eu creo que a partir deste volume deixa de ser un libro infantil) como os personaxes. Xa non parece de risa os xogos coas escobas voadoras, nin as variñas. Isto é serio. Pasan cousas realmente malas. A xente morre e mata. E para rematar, Harry ten que comezar a enfrontarse ao seu pasado sen máis axuda que él mesmo. Sen pais, sen irmáns, cunha familia de pega que non o soporta, descubre que, ao mellor, todo o que él pensaba que era bo da súa verdadeira familia non o é tanto.
Dicir que o ritmo do libro é vertixinoso é pouco. Pasan cousas en case tódolos capítulos e se vai afondando cada vez máis na historia que fai de Harry un neno tan especial.

Podería dicir que para min este é o mellor dos libros da saga, pese a que foi un dos que se escribiu máis rápido e contén varios erros, sobre todo na parte final do libro (tampouco quero descubrir nada aos posibles lectores), pero aínda así, pareceume moi bo.

Ademáis, comezo a decatarme de que hai algo distinto nesta serie de aventuras "infantil". É moi evidente que os protagonistas crecen. Isto é algo moi novedoso na literatura infantil e xuvenil, na que polo xeral, os protas se manteñen case ata o infinito tal e como os concibiu o autor/a, sen apenas cambiar. Nesta saga, en cambio, vese claramente que a intención da autora é que os personaxes principais vaian crecendo conforme pasen os cursos da escola de maxia (1 curso=1 libro), polo que si Harry Potter comeza na escola con 11 anos, cando rematen os libros terá 18 anos (si chega ao final vivo, claro).

O cuarto volume da serie, Harry Potter e o caliz de Lume, deixoume bastante chafado, a verdade. O libro é bastante correcto en canto á trama xeral  e iso, pero para min non mantiña o ritmo tan ben como os anteriores. O torneo dos 3 magos prometía moito e tal como foi transcurrindo o libro creo que a autora foise engrellando tratando de encaixar moitos eventos diferentes de sub-tramas xunto co desenvolvemento do torneo en si mesmo, o que da un resultado un tanto embarullado. No é o volume que máis me gusta nin moito menos, pero como todos os volumes da saga, é necesario para que a trama argumental grande da saga teña sentido.

Neste libro tamén sucede algo que fará que Harry Potter se sinta totalmente apartado dos seus compañeiros, polo menos durante un tempo, así como do resto de estudantes de Hogwarts. Creo sinceramente que esa parte da soidade do heroe está moi traballada por parte da autora, que logra que esa inquedanza de harry te contaxie e sexa moi fácil identificarse coa problemática da non aceptación polo grupo, da responsabilidade propia, da culpa, do remordimento...

28/9/10

Saga Harry Potter 1

Como non podía ser doutro modo, tiña que terminar falando nalgún momento dos libros (e films) de Harry Potter.

Hai moito (como 7 anos) que comecei a ler os libros de Harry Potter. Ao principio foi unha decisión case tomada á forza, debido á moita fama que tiñan os libros, pero a verdade, non me apetecía nada ler unha historia dun neno orfo que malvive cos seus horribles tíos e o pampo do seu primo Dudley, nun barrio extrañamente normal na periferia de Londres. Tampouco me chamaba a atención saber que no libro ía haber escobas voadoras, un novedoso xogo chamado quidditch e maxia, moita maxia. Pero os lin, e  velaquí o que me foi sucedendo:

Ao terminar o primeiro libro, Harry Potter e a Pedra Filosofal tiven que recoñecer varias cousas:O libro enganchoume dende o principio, ainda que debido a cantidade de termos novos que aparecen pasei varios días coas ideas sobre quidditch engrelladas... que si snitch, que si quaffles...
O sistema de estudos inglés (e doutros países) está fielmente reflectido no libro, así como o ambiente de internado, con grupos moi definidos dentro do colexio: Griffindor, Ravenclaw, Slytherin e Huffelpuff, que o que fan é categorizar ao alumnado segundo unha especie de rito de iniciación na escola. Un sombreiro máxico "decide" a que casa das anteriores vai un alumno/a segundo as súas inclinacións máxicas.

Neste primeiro libro se presentan case tódolos personaxes que terán un lugar destacado en toda a saga. O ritmo do libro é trepidante, directo e con capítulos curtos, que axudan a que a súa lectura sexa apresurada.

Teño que recoñecer que me sorprendeu gratamente a lectura (ademáis os dous primeiros libros os lin en galego) e me fun convertendo nun fan da saga potterica.

Hai multitude de páxinas en internet sobre harry potter, tanto dos libros como das películas, pero para min as mellores son:
Harry Latino : Unha páxina con multitude de información sobre tódolos libros e tamén sobre as películas. Un paraiso para os fans deste universo.
El diccionario : unha páxina incrible con todo o que é canon (oficial segundo a autora) e tamén o que non o é con respecto a todo o mundo de harry potter. Si algo non aparece no diccionario, non o busquedes noutro lado.

Despois de ler o primeiro libro tiña algo claro... debía conseguir o segundo xa!
e así foi (de feito, isto é literatura, xa que meu irmán me deixou os dous primeiros libros á vez).

Harry Potter e a cámara dos secretos (traducida malamente como Harry potter e a cámara secreta en castelán) é un libro que, ao igual que o primeiro, presenta un hogwarts luminoso pese as tribulacións que lle suceden ao protagonista. É curiosa a obsesión que a autora ten coa soidade do heroe (creo que non se lle pode chamar tampouco obsesión; supoño que é un dos recursos que usa durante toda a saga para ternos pegados aos lectores aos libros). Tamén me chamou a atención cómo J.K. Rowling comeza a expoñer a trastenda menos agradable deste mundo imaxinario (non tan lonxano ao actual) coas desigualdades e discriminacións entre muggles e magos, e tamén a posición de élite dos magos con respecto ao resto de criaturas máxicas do mundo de rowling.

Aparecen ademáis neste libro elementos que máis adiante (no libro 6º...) serán cruciais para a historia grande (a saga propiamente dita).
Como podedes imaxinar, estes primeiros libros tratan do inicio do personaxe no mundo máxico: variñas, escobas voadoras, criaturas máxicas, o colexio hogwarts... e o fan desde a perspectiva dun neno de 11 anos.

22/9/10

RED BULL AUTOS LOCOS EN VIGO 2010

O domingo 19 de setembro de 2010 disputouse a 2ª edición da carreira "Red Bull Autos Locos" en Vigo. A anterior edición foi no 2003 en Barcelona.
Creo que foi un éxito tanto de organización coma de público. Eu estiven alí e a verdade é que era unha maravilla ver o día tan bo que saliu para estar polas rúas, vendo como un monton de tolos chegados dende todas as partes do país se presentaban con unhas postas en escena moi boas (música, bailes..) antes de lanzarse pola Gran Vía abaixo, sorteando un circuito feito con balas de palla, ata chegar a Colón.

Debe haber unha morea de videos por ahí adiante. Aquí vos deixo este subido a YouTube por asnetropnaio.
Desfrutádeo!



20/9/10

video do lagarto das Cíes gañador!!!

Un vídeo sobre o papel dos lagartos en Cíes gaña o premio do público da revista The Scientis.

Tras varias semanas de intensa espera fíxose realidade o que hai apenas uns meses era case un soño, o vídeo A importancia dos lagartos nos ecosistemas insulares, no que en pouco máis de tres minutos se resumen catro anos de intenso traballo, fíxose merecedor do The 2010 Multimedia Awards, o premio do público da prestixiosa revista internacional The Scientist.

non as tiñan todas consigo os autores, xa que enfronte había outras nove propostas finalistas elaboradas por institucións como National Geographic, universidades como a galesa de Glamorgan ou a Western Australia e centros de investigación como o Energy Joint Genome Institute, o Monterrey Bay Aquarium Research Institute ou o WYSS Institute.  

Desfrutádeo!!



Noraboa!!

9/9/10

Dominio .gal en Internet. Nós tamén o queremos!

Trasteando hoxe pola internet, atopei unha páxina
http://www.puntogal.org/?lg=gal

na que unha iniciativa da promotora do PuntoGal conformouse por representantes da Asociación de Editores de Galicia, a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia, a Asociación Fillos de Galicia (fillos.org), o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, o Consello da Xuventude de Galicia, as Empresas Galegas Adicadas a Internet (Eganet), Galicia Hoxe, Idesga-Galego 21, ISOC-Galicia, a Mesa pola Normalización Lingüística, a Real Academia Galega e Vieiros.

Dende o ano 2006 tentán acadar un dominio na internet con terminación .gal que agrupe os nosos vencellos lingüísticos, culturais, históricos, sociais e nos identifique na internet como membros dunha comunidade unida.


Podedes adherirvos no mesmo enlace que aparece arriba.

O dominio .cat xa é un feito consumado, que agora mesmo conta con máis de 36.000 direccións rexistradas con ese dominio, e é ademáis o único dominio de tipo cultural en todo o mundo (o resto de dominios teñen que ver coa relación entre ser un Estado recoñecido polas Nacións Unidas ou algunha das súas axencias, aínda que tamén é aplicable a Estados que formen parte da Corte Penal Internacional ou a través da inclusión na lista ISO 3166, caso de Xibraltar, por exemplo).

7/9/10

ESDLA

Ben, seguro que quen me coñece sabe da miña afición a todo o relativo a ESDLA ou LOTR (El Señor de los Anillos ou Lord of The Rings).

Dende o comezo do blog levo adiando este momento ata ter na miña cabeza máis ou menos claro o que quero escribir sobre a obra cumio da literatura fantástica. Este título non o poño eu, pero o defendo e o defenderei durante moito tempo. Por qué? Ben, a esa cuestión tentarei dar resposta.

O primeiro é falar do autor antes que da obra. Pido desculpas por adiantado xa que as opinións verquidas aquí son persoais e polo tanto, subxectivas. Non pretendo outra cousa que agasallar ao autor a á súa obra, dende a humildade dun dos millóns de lectores que tiveron a sorte de ler os seus libros.

John Ronal Reulen Tolkien foi un escritor británico que ainda que naceu en sudáfrica, viviu a meirande parte da súa vida en Gran Bretaña. Foi profesor universitario, participou na 1ª guerra mundial e acabou a súa vida en Bournemouth, un centro turístico ao sur de inglaterra. A súa tumba e a da súa dona están en oxford, cos nomes de Beren e Luthien grabados nelas, pero esa é outra historia que espero poder comentar.

Para os que estean interesados nos datos biográficos e da súa obra, o enlace da wikia (que aparece máis arriba) pode serlles de moita axuda.
Eu quero centrarme en cómo Tolkien entrou na miña vida e como comezou a formar parte dela, hai xa moito tempo: Meus pais eran socios do circulo de lectores, polo que cada mes pasaba pola nosa casa unha señora para coller os pedidos dos libros que aparecían no catálogo. Creo que podo dicir que dende fai moito tempo son adicto á lectura. Leo libros, cómics, receitas de cociña, artículos de revistas e todo o que caia nas miñas máns (ben, agora mesmo non é tan certo; non me queda máis remedio que ser selectivo, xa que o tempo que podo dedicar á lectura é máis restrinxido).
Pois chegou un mes no que eu non tiña ningún libro especial para coller en círculo, así que lle pedín a opinión á rapaza que viña a coller o pedido. (naquel momento non me parecía unha rapaza, eu tiña como 10 anos e ela pois debía ter como 20-30, supoño). Ela lle dixo á miña nai: "Como lle gusta ler, pode tentar ler El Hobbit" e a min "Mira, si che gustan as historias de fantasía, ésta é a mellor". Eu non a crin. Levaba moito tempo (imaxinate, con 10 anos) lendo cómics e non me parecía que aquela muller tivese mellor criterio que eu.

Nazgul e a torre escura, por John Howe
Cando chegou o libro, lembro claramente que pensei "non é moi gordo", e lin o resumo, no que falaba sobre unha xente que vivía baixo a terra, nun burato, pero non era un burato suxo nin escuro... (o digo de memoria e ao mellor non coincide coa edición de agora)
A partir de ahí, despois de ler o libro, quixen saber máis do autor, e daquela eu non tiña nin acceso a internet nin ordenador na casa (corría o ano 1983-84, máis ou menos) así que a seguinte vez que pasou pola casa á señora (a verdade é que me gustaría saber o nome) do círculo, pedinlle o libro de El Señor de los Anillos.

Este foi o comezo das miña andanza pola literatura fantástica. Despois do ESDLA chegou o Silmarilion, obra publicada trala morte de tolkien  polo seu fillo, recopilando de xeito máis ou menos ordenado todas ou case todas as historias da terra media que ou seu pai deixou inacabadas, inconexas, incompletas e deslabazadas.

Balrog vs. glorfindel, por John Howe
O Silmarilion non debería lerse seguido. Eu o fixen, pero, de feito, fun desfrutando del ao longo dos anos cando quería saber algo máis dalgunha parte da historia da terra media e só lía esa parte. Estou case seguro que Tolkien nunca daría a súa aprobación para a publicación do Silmarilion tal como saiu. REalmente todo o que levan publicado dende a morte de tolkien é un vano intento de poñer de xeito ordenado unha inxente cantidade de información inacabada e polo tanto dalgún xeito errónea. Hai problemas de coordinación temporal en diferentes textos, de variación das historias, etc.

Que conste que eu fun comprando todo o que saiu referido á terra media (o que non puiden comprar, o fun lendo grazas sobre todo aos amigos que tamén tiñan interese na obra Tolkiana. Este conflito que teño entre aficionado ao tema (e polo tanto, desexoso de ler todo o posible) e poder desfrutar das obras de tolkien como as concibiu él (o que se reduce no caso da prosa a "El Hobbitt", "El Señor de los Anillos" e "Hoja de Niggle"). O que quero dicir é que é unha mágoa que tolkien non rematase de ordenar e decidir qué material tiña que ser publicado.

Pero o que non se pode negar é o éxito rotundo e total da obra de Tolkien (tanto as obras publicadas en vida como as póstumas). Incluso tiveron éxito un montón de obras referidas á Terra Media doutros autores/as, como o Atlas da terra media (realmente é o resultado dunha tese doutoral!!).

Parece incrible que o mundo de Tolkien teña servido para facer unha tese doutoral sobre a súa xeografía, ou para que haxa unha cátedra de élfico nunha universidade, non? Pero o certo é que a imaxinación e a profusión de detalles sobre diferentes aspectos como a vestimenta, os idiomas, a xeografía, a climatoloxía, os costumes locais dos distintos pobos é tan incrible que se seguen ainda hoxe en día facendo estudos sobre iso.

Ademáis, e grazas a un director de cine neozelandés, Peter Jackson, a triloxía de ESDLA foi mundialmente coñecida polas longametraxes (longas, certamente) que recrean de xeito maxistral a Terra Media. Confeso que fun a velas todas moi nervioso. Imaxinade o que é ler un libro non unha ou dúas veces, senón que durante 15 anos (máis ou menos) a triloxía de ESLDA a lín como 10-12 veces. Iso implica que tiña unha imaxe mental da Terra Media moi sólida, ainda que me fose imposible describila.
Cando vin as 3 películas, primeiro no cine e despois en formato extendido na casa, tiven a agradable sensación de que esa Terra Media que Peter Jackson emulou na pantalla merecía un aplauso.  Foi unha tarefa incrible, un traballo titánico que, ainda que haxa paisaxes ou situacións coas que non comparto a súa visión, na súa meirande parte é unha recreación fantástica da Terra media.

Parece que a película de "El Hobbitt"  (segundo o blog http://www.theonering.net/torwp/ ) está a retrasarse debido aos problemas de financiamento da compañía Metro Goldwin-Mayer. Ademáis diso, o director Guillermo del Toro non será o que as dirixa (haberá dúas partes para contar a historia de Bilbo Bolsón) pero sí se seguirá facendo cargo do guión.

ftp://ftp.sunet.se/pub/pictures/fantasy/Tolkien/
Neste directorio público (é unha dirección FTP) podedes descargar imaxes de distintos ilustradores sobre a obra de tolkien. De entre todos os que fixeron, fan e farán ilustracións (ou arte conceptual, como a chama Alan Lee) para min hai 3 autores que encaixan caseque totalmente coa miña idea mental sobre a terra media:

Angus McBride
Frodo, por Angus McBride
é o que mellor reflicte a parte que se refire aos personaxes. Os hobbits de Angus Mcbride son, ao meu parecer, os que máis se parecen a como os imanaba eu. Non sei se Peter Jackson contou coa súa axuda cando fixo as películas. Sei que contou (e moito) cos outros dous ilustradores que máis se acercan á idea da Terra media (da que teño eu, vamos...).
Galadriel, por Angus McBride
A imaxe que fixo Angus McBride de Galadriel me acompañou na mente durante moito tempo pola súa maxestuosidade, reflectiva case de forma imperceptible por esas pálpebras caidas, condescendentes e piadosas. Semella que ainda que oficialmente Peter Jackson non tivo contratado a Angus McBride para os seus films, si que debeu ter en conta a súa arte conceptual, xa que o xarro que aparece na fonte do espello da película é igualiño ao da ilustración de Angus.
Coincidencia??? Como di o profesor de Dush... Non o creo!!




John Howe
Frodo vs. nazgul, por John Howe
Para min o ilustrador que mellor capturou o ambiente da terra media, sobre todo na súa parte épica. A loita de Eowyn contra o Nazgul na batalla de Gondor é sinxelamente sublime. O que, ao meu parecer, mellor capta é a tensión contida que non se percibe máis que por pequenos detalles; a roupa que queda conxelada no aire, a forma de soster as armas, os animais que debuxa non os fai estáticos, sen vida. Todo reflexa unha visión capturada semella que con unha cámara de video, e transferida ao papel.
Eowyn vs. Nazgul, por John Howe
Ademáis de ilustrar a obra de tolkien, John Howe foi "fichado" por peter Jackson para a súa triloxía da obra, xunto con Alan Lee.
Entre estes dous artistas conceptuais, despois dun traballo incrible, lograron reproducir con todo detalle ata os espazos máis diminutos da Terra Media, dende as Minas de Moria ata Lorien, pasando por Rivendel, Rohan, Edoras, Gondor, etc...




Alan Lee
Rivendel, por Alan Lee
Frodo e Sam preto de Mordor, por Alan Lee
Este ilustrador asombra pola súa capacidade de imaxinar paisaxes e sensacións na Terra Media. É quizais o que menos me gusta na súa idea das personaxes (podedes discutir isto) pero iso está compensado pola súa capacidade de evocar por exemplo, Lórien ou Rivendel. É incrible o seu dominio das acuarelas, coas que logra evocar unhas sensacións que poden ser tanto de calma eterna, como corresponde a unha paisaxe referida aos elfos, ou dunha inquedanza que te atrapa, si está debuxando os páramos de mordor.
Creo que foi outro acerto de Peter Jackson o feito de contar con Alan Lee para a súa triloxía. Ademáis, e isto é un parecer persoal, dividou a tarefa dun xeito que a estética dos personaxes é a de John Howe, e a dos ambientes é a de Alan Lee (máis ou menos, eu creo que o resultado final é un compendio dos dous).

A ilustracións da obra de tolkien destes 3 autores son moi anteriores á realización dos films, e iso lles da un valor engadido. Pero de tódolos xeitos, pode haber moita xente á que non lle cadre ningún destes autores, e si outros na súa visión da Terra Media. Ahí xa non me meto.
O que é innegable é a capacidade que a obra de Tolkien tivo, ten e terá para ser fonte de inspiración de diversas artes, tanto visuais como sonoras, incluso de vestiario, armamento, lingüísticas, etc.

Por isto e por moito máis, creo que ésta é a obra maestra da literatura fantástica.

Actualizar o antivirus

Debido a que actualmente case todos os PC´s teñen conexión a internet, é importantísimo ter o antivirus actualizado. Como mínimo o antivirus. É recomendable tamén ter un programa de antispyware e de malware (programas espía de envíos de datos) pero como digo, o antivirus é vital para sobrevivir.

Como normalmente non temos nin ganas de gastar cartos nin tempo para buscar as mellores opcións de antivirus gratuitos, aquí vai unha pequena listaxe de antivirus para poñer ao teu pc.

Varias cousas:
1.- Descarga os programas dos enlaces que aparecen máis abaixo. Podes descargar máis de un enlace, pero non recomendo instalar máis de un antivirus á vez. Normalmente dan problemas de compatibilidade entre eles.
2.- Unha vez descargado o programa de instalación desde os enlaces, debedes DESINSTALAR o antivirus que teñades no pc. Normalmente se cambia de antivirus cando o que tes caduca ou non foi capaz de frenar algún virus, así que antes de instalar un novo antivirus, o urxente é desinstalar.
3.- Reinicar o PC antes de instalar o novo antivirus. Así nos aseguramos que no rexistro de windows non queda nada que nos poida dar problemas de compatibilidade.
4.- Instalar o antivirus novo.


Descargar AVAST FREE:
Este antivirus é moi bo, pesa pouco, é gratis e polo que parece, detecta moi ben. Altamente recomendable.
O enlace debería facervos chegar a unha páxina na que tedes que premer o botón de cor verde "download Now Avast Free Antivirus".

Descargar AVG FREE
Este antivirus é moi conocido. Vai ben, rápido e no gasta moitos recursos. En canto á detección de virus, me quedo co anterior.

http://www.softonic.com/s/antivirus
Desde esta páxina podedes ver unha listaxe dos programas antivirus máis coñecidos e o máis importante, si son gratuitos ou non. Eu recomendo os gratuitos, salvo que teñas cartos para pagar unha licenza. Nese caso, o mellor antivirus para mín é o NOD32 seguido do KASPERSKY.

Lembrade que ainda que teñades o mellor antivirus do mundo, a mellor protección é a previsión: non navegar por páxinas perigosas, non descargar programas de páxinas sospeitosas, non clickar nos anuncios que se desplegan cando accedes a unha páxina, etc.

Si estades interesados en navegar de xeito seguro, instalade o MOZILLA FIREFOX
É un navegador gratuito, de software libre, ao que lle podedes poñer os complementos que queirades, como
xestores de descarga de videos
Este xestor se chama Download helper, e serve para descargar ao noso pc calquera video que estemos a visualizar nunha páxina web.
NOSCRIPT
Este complemento para FIREFOX é interesantísimo si queredes navegar seguros. Sae unha liña amarela abaixo do navegador cada vez que entras a unha páxina nova. Ahí debes autorizar cada script ou plugin (por exemplo cando accedes ao teu banco) para evitar que se exploten vulnerabilidades por parte de xent indesexable, e así evitar fraudes (como que cando entras a unha páxina che redireccione a outra que sexa falsa).
Este complemente é un pouco peñazo ao principio, xa que tes que autorizar todas as páxinas cotiás cando as visitas por primeira vez. Despois xa quedan os scripts autorizados.

1/9/10

COMANDOS MS-DOS

titorial cortesía de Quasi. Ao mellor non vos axuda moito, pero o MS-DOS é un linguaxe que ainda hoxe en día, baixo windows 7 ou XP, eses comandos funcionan.


Uso de comodines

Comodines
·        * Este signo remplaza cadenas de caracteres. Es utilizado en el ejemplo, en el que remplaza el nombre de cualquier archivo solo especifica que se listen los archivos con el nombre [*] y con extensión [txt]. 
·        ? Este otro signo remplaza pero solo un carácter. Podemos especificar mas signos de interrogación. Con lo que si ponemos dir s???*.* Esto nos listaría los directorios y archivos con un nombre que empiecen por s y otras 3 letras cualquier mas unos carácter cualquiera, a continuación él.* que hace que se listen archivos con cualquier extensión.

 Ayudas para el MSDOS

MSDOS, cuenta con una ayuda que se ejecuta con el comando HELP. Lo malo es que hay versiones que no incorpora tal ayuda. La versión del WINDOWS no lo incorpora.
También podemos obtener ayuda de un comando determinado, introduciendo el comando y a continuación /?. Por ejemplo: dir /? Esto nos sacara la ayuda del DOS sobre este comando.

Comandos para la gestión de directorios

Comando: MD
Etimología: Viene de make directory.
Función: Crear directorios
Sintaxis: MD [unidad\ruta\]  

Comando: RD

Etimología: Viene de remove directory.
Función: Borra un directorio (solo si este se encuentra vació).
Sintaxis: RD [unidad\ruta\]
Comando: DELTREE
Etimología: Anglicismo delete “eliminar/borrar” tree “árbol”.
Función: Borrar directorios (estando o no estando vacíos).
Sintaxis: DELTREE [unidad\ruta\] 
Comando: DIR
Etimología: De directorio J.
Función: Este comando procesa una visualización de todos los ficheros, directorios, de la ruta en la que nos encontramos.
Mediante una serie de parámetros podemos modificar ese listado de visualización. Este comando funciona como un filtro.
Sintaxis: DIR [unidad\directorio\fichero]
Parámetros: podemos especificar unos parámetros para que se listen los archivos y directorios de una forma concreta:
/P Con este parámetro podemos restringir la secuencia de listado y detenerla hasta que pulsemos una tecla. Al pulsar una tecla se procesara el siguiente bloque de listado y así sucesivamente. Este comando reparte internamente el numero de ficheros y directorios en bloques para luego ir sacándolos. 
/N Ordena por nombre
/E Ordena por extensión
/S Ordena por tamaño 
/D Ordena por fecha
/G Ordena poniendo agrupados todos los directorios después de los ficheros.
Comando: CD
Etimología: De change dir (cambiar directorio)
Función: Permite cambiar de un directorio activo a otro. Es por el cual podemos movernos en MDDOS.
Sintaxis: CD [unidad:]\[ruta]\[directorio]

Peculiaridades: Si deseamos retroceder un directorio no hace falta poner la ruta nos basta con poner cd..

Comando: TREE
Etimología: Palabra inglesa tree (árbol).
Función: Este comando nos mostrara la estructura o el árbol de directorios de la unidad especificada en función opcional de unos parámetros dados.
Sintaxis: tree [unidad\ruta] [/f] [/a]
Donde unidad/ruta podremos especificar la ruta de la cual deseamos obtener esta información. El parámetro /f hará que se muestren también los archivos dentro de esta estructura de directorios.
Comando: MOVE
Etimología: Viene de move (mover)
Función: Este comando mueve ficheros de un directorio a otro. Este comando vendría hacer internamente una copia del archivo al directorio especificado a mover, luego borra el fichero de salida. 
Sintaxis: move [/y]
Donde /y es un parámetro que poniéndolo el move moverá ficheros sin preguntar la confirmación de reemplazo a otros archivos que se puedan llamar de la misma forma al directorio de destino. En caso de no especificarse, MSDOS nos preguntara la confirmación de reemplazo de ficheros. A continuación debemos especificar el directorio de origen y el de salida o destino. 

Comandos para la gestión de archivos

Comando: TYPE
Etimología: Pos lo de siempre, anglicismo.

Función: Ver el contenido de archivos de texto, haciendo un listado (no permite el uso de comodines).

Sintaxis: TYPE [unidad:]\[ruta]\[directorio]\
 

Comando: PRINT

Etimología: Pues de imprimir J
Función: Imprime archivo de texto.

Sintaxis: : PRINT [unidad:]\[ruta]\[directorio]\
 

Comando: COPY
Etimología: Pos lo de siempre copy en el ingles de copiar.
Función: Este comando permite la reproducción o copia de archivos o ficheros (es lo mismo).
Sintaxis: copy
 
Comando: MOVE
Función: Este comando mueve ficheros de un directorio a otro. Este comando vendría hacer internamente una copia del archivo al directorio especificado a mover, luego borra el fichero de salida. 
Sintaxis: move [/y]
 
Comando: REN o RENAME
Etimología: Viene de la palabra inglesa rename (renombrar).
Función: Su función es dar un nuevo nombre a un fichero. No se puede renombrar y que haya dos archivos con el mismo nombre, ni MSDOS ni Windows lo permiten dentro de un mismo directorio. Si los archivos llamados de forma igual se encuentran en directorios distintos si lo permiten. También podemos usar en este comando los comodines del dir J.
Sintaxis: rename
 
Comando: DEL
Etimología: Su nombre viene como siempre del ingles (delete) L. 
Función: Es el comando encargado de eliminar archivos. En este comando podemos usar los comodines que usábamos en el comando dir.

Sintaxis: del [unidad:]\[ruta]\[directorio]\
 

Comando: ERASE
Función: Exactamente igual que el anterior, por ello no le daré mas importancia.

Sintaxis: erase [unidad:]\[ruta]\[directorio]\
 

Comando: FC
Etimología: Como siempre referencia al ingles (normal en la informática L) file compare.
Función: Sirve para comparar dos ficheros y verificar así que las copias son exactas.
Sintaxis: FC fichero1 fichero2
 
Comando: UNDELETE
Etimología: UN (recupera) DELETE (el borrado), traducción chapucera by Quasi.
Función: Permite recuperar ficheros previamente borrados con la orden DEL. Posee tres parámetros /LIST (presenta una lista de archivos recuperables), /ALL (recupera todos los archivos sin pedir confirmaciones) y /DOS (crea una lista de archivos borrados por el dos y otra de archivos borrados por otro motivo).
Sintaxis: UBDELETE [parámetros]
 
Comando: XCOPY
Función: Con el COPY solo copiábamos archivos con este comando podemos copiar un directorio entero, con sus subdirectorios y archivos.
Sintaxis: xcopy origen [destino]
Donde origen es la ruta del directorio o archivo a copiar.
Parámetros: En este comando puedes incluir unos parámetros o modificadores que tendrá en cuenta a la hora de ser ejecutado, estos son:
/P : Pide confirmación de SI o NO antes de copiar cada archivo.
/S : Indica que la copia debe hacerse extensiva a todos los subdirectorios.
/E : Copia también los directorios vacíos.
/W : Espera la confirmación antes de copiar los archivos.
/V : Verifica la correccion de la copia.
/D Obliga a hacer una copia selectiva solo de los ficheros de fecha igual o mayor a la especificada.
 
Comando: DOSKEY
Función: Este comando se encuentra residente en memoria y una vez activado, permite visualizar los comandos de MSDOS introducidos con anterioridad.
 
Comando: VERIFY
Función: Comando que indica al sistema que archivos son escritos correctamente.
Sintaxis: verify (on/off)
 
Comando: EDIT
Función: En MSDOS podemos contar con un editor de texto, con una interface grafica para msdos J. Con este editor de texto implementado en MSDOS podemos editar cualquier archivo que contenga texto.
Sintaxis: edit [unidad:]\[ruta]\[directorio]\
Ejemplo: c:\>edit autoexec.bat
Con esto se nos abriría el editor de texto del MSDOS con el archivo de autoexec.bat listo para editar, no metais la pezuña en este archivo si no conocemos su funcionamiento J.
En caso de que el nombre de archivo pasado como parámetro al edit no exista, el edit abrirá un archivo en blanco almacenado con ese nombre pero de forma temporal. Así que si queréis tenerlo, debéis guardarlo con el edit en un directorio. 

Comandos para gestiones en discos y disquetes

Comando: FORMAT
Etimología: Viene de formatear, anglicismo.
Función: Formateado, o borrado completo de un disco o disquete. 
Sintaxis: format
Parámetros: Permite los siguientes modificadores
/Q: Realiza formato rápido.
/Q y /U : El uso conjunto de estos dos parámetros asegura un formateado muy rápido.
Peculiaridades: También existe para recuperar lo formateado el UNFORMAT.


Comando:
SYS
Etimología: De system (sistema).
Función: Crear un disco de sistema (un disco con los archivos de sistema)
Sintaxis: sys unidad:
 
Comando: CHKDSK
Etimología: Deriva de las palabras (check disck), chequear disco.
Función:  Nos realiza un cheque de la unidad introducida como parámetro en el comando. Mostrándonos así el estado del disco o disquete.
Sintaxis: chkdsk [unidad:] [fichero]
 
Comando: DISKCOPY
Etimología: Deriva de disk (disco) y copy (copiar) = copia de discos. 
Función: Copia el contenido total de un disco o disquete, sirve para hacer copias de seguridad, etc.
Sintaxis: diskcopy
 
Comando: DISKCOMP
Función: Tras realizar una copia de disquetes podemos realizar una verificación, para ver si ha copiado todos los contenidos, comparando. Este comando compara discos o disquetes.
Sintaxis: diskcomp
 
Comando: LABEL
Función: Es una orden que permite cambiar o borrar el nombre de la etiqueta que tiene asignado un disco o disquete cuando este es formateado. La etiqueta es simplemente un nombre asignado por el usuario para identificar el disco o disquete. Generalmente es bueno que dicho nombre haga alusión a su contenido.
Sintaxis: label [etiqueta de volumen]
Donde, poniendo solo label nos visualizaría el nombre de la etiqueta, actual. Y especificando ya ese parámetro nos lo podria directamente.
 
Comando: VOL
Función: Este comando nos muestra en pantalla, prácticamente la misma información que el anterior, haciendo la salvedad de que este también nos muestra el numero de serie que se le es asignado al disco o disquete. Este numero de serie no es modificable puesto que la etiqueta si lo es y ha de haber alguna forma con la que siempre el sistema pueda identificar un disco. Esto lo hace refiriéndose a ese numero de serie (no modificable). 
Sintaxis: vol
 
Comando: DEFRAG
Función: Defragmenta y obtimiza el disco, almacenando los ficheros en clusters secuenciales, lo que optimiza el rendimiento del sistema. 

Sintaxis: defrag
 

Comando: SCANDISK
Función: Comprueba la integridad de los datos almacenados basándose en el estado del disco que almacena estos datos. 

Sintaxis: scandisk
 

Comando: MSBACKUP
Función: Realiza copias de seguridad. Permite realizar una copia de seguridad de todos o parte de los archivos que se encuentran en el disco duro.
Sintaxis: MSBACKUP [nombre del fichero y especificaciones]
 
Comando:  RESTORE
Función: Restablece los ficheros de los discos de seguridad. Es un comando complementario al anterior. 
Sintaxis: RESTORE disk-1: disk-2: [archivos] 

Comandos para gestiones varias

Comando: PROMPT

Sintaxis: prompt [ texto o parametros ]

Definición: Este comando sirve para mostrar en pantalla un texto deseado. Mediante una serie de signos podemos hacer que sean restituidos por valores ya almacenados como la hora, la fecha, etc. Los que sabéis programar en scriptting veréis que el uso de estos signos es muy similar al uso de identificadores.
Ejemplo: C:\>prompt El verdadero poder se encuentra en OrioN ScripT.$_ Hoy es dia $d y son las $._Telee una nueva orden $p$g .
Signos devolutorios de valores: 
$ Este signo, es el que siempre se ha de colocar, una vez que es leído por el MSDOS, sabe que ha de sustituir la cadena de carácter que le sigue por un valor almacenado. 
$_ Procesa el efecto de retorno de carro, o lo que es lo mismo un salto de línea (intro).
$b Procesa una canalización ( | ).
$d Muestra en pantalla la fecha del sistema.
$e Representa el código ascii 27, tecla escape. 
$g Muestra en pantalla el carácter “>”.
$h Procesa un retroceso, la tecla back space. Elimina el carácter anterior.
$l Muestra en pantalla el carácter, “<”.
$n Visualización de la unidad de trabajo por defecto.
$p Visualiza el directorio de trabajo incluyendo la unidad.
$q Muestra el carácter “=”.
$t Muestreo de la hora del sistema.
$v Muestra la versión del MSDOS con la que estamos operando.
 
Comando: CLS
Sintaxis: cls
Función: Sus iniciales vienen de clean screen (limpiar pantalla). Su uso es muy simple, se introduce el comando se pulsa intro, y se procesa un limpiada de pantalla. Solo queda el directorio en el que nos encontrábamos, situado en la parte superior de la pantalla.
 
Comando: VER
Función: Este comando nos muestra en pantalla la versión que estamos usando del MSDOS.
Etimología: De versión en ingles.
Sintaxis: ver
 
Comando: DATE
Etimología: De fecha en ingles
Función: Nos muestra en pantalla la fecha almacenada por el sistema de forma diaria. En una línea posterior nos facilita la posibilidad de cambiar la configuración de la fecha del sistema.
Sintaxis: [dd-mm-aa]
 
Comando: TIME
Etimología: Supongo que sabréis de donde viene jejeje.
Función: Funciona de la misma forma que el comando anterior. La única diferencia es que el anterior muestra la fecha y este la hora, resulta bastante evidente, no J. También nos permite la tarea de cambiar la hora en una línea posterior al muestreo de la hora actual almacenada por el sistema.
Sintaxis: time 

Atributos de los ficheros

Atributos

Permiten asociar a los archivos unas características especiales (oculto, de sistema, de solo lectura, y de archivo).
Estas características pueden estar activadas o desactivadas en los archivos a los que se refieren.
Con este comando podrás visualizar y modificar atributos de ficheros.
  1. De solo lectura ( r ): Protege a un fichero de forma que solo puede ser leido y no modificado ni borrado.
  2. De archivo ( a ) : Sirve para saber si un determinado fichero ha sido o no modificado.
  3. Oculto ( h ): Sirve para esconder un fichero.
  4. De sistema ( s ) : Sirve para identificar los archivos propios del sistema, los cuales sirven para cargar el SO (sistema operativo).

Comando:
ATTRIB 

Para visualizar:

Sintaxis: attrib /s 

Para modificar atributos:

Sintaxis: attrib <+/-> 

Para listar con el dir ficheros con atributos:

Redireccionamiento y filtros