Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


7/11/10

Raids de Aventura

¿Que é un raid de aventura? Pois basicamente consiste nunha competición por equipos onde os compoñentes deben facer un percorrido descoñecido de antemán combinando diversas modalidades deportivas (treking, kaiak, bici de montaña, patíns en liña, barranquismo, etc, etc.) todo elo combinado coa orientación xa que se debe pasar por varias balizas de control repartidas polo percorrido e que se atopan coa única axuda dun mapa e brúxula.



Esta é unha modalidade deportiva aínda bastante minoritaria en España pero moito mais habitual nos países nórdicos, en calquera caso no panorama Nacional destacan sobre tódalas demais comunidades Cataluña e Galicia (cunha liga propia cada unha delas e un gran nivel nos equipos participantes)

Na liga Galega hai 2 categorías coñecidas como Aventura (equipos de 3 compoñentes pero soamente 2 participan en cada sección descansando o terceiro) e categoría Elite (digamos que sería a categoría raíña, onde os tres compoñentes do equipo teñen que facer todo o percorrido)



 “Os Foghetes” participamos por primeira vez na liga Galega en categoría Aventura (Elite quédanos un pouco grande, jejeje) neste ano 2010, acadando un meritorio 14º posto de mais de 70 equipos participantes.

Póñovos o enlace a un vídeo da proba do campionato de España celebrada en Belorado (Burgos) no pasado mes de xuño, porque como se soe dicir vale mais unha imaxe que mil palabras.

 

Anímovos a tódolos que vos guste o monte, a bici e os deportes de aventura a que provedes a participar nun, non vos arrepentiredes.

R. Verde

3 comentarios:

  1. En canto poida (poden ser anos, ten paciencia ^^) me apunto. Paréceme xenial!!

    ResponderEliminar
  2. Vaia, xa só queda un sen publicar nada. Vou a ver se penso algo...

    ResponderEliminar
  3. EStamos inundando a rede cos nosos comentarios... Noraboa!!

    ResponderEliminar