Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


27/7/10

CODEX SERAPHINIANUS

Hai como 2 anos, lin nunha revista unha reseña sobre un libro, o codex seraphinianus, que me deixou abraiado. Nela se explicaba cómo Luigi Serafini durante 30 meses redactou un libro nun idioma inventado, un libro ilustrado de diversos temas que é aínda hoxe en día son obxecto de estudo por criptólogos e deseñadores, xa que é moi orixinal tanto os diversos temas como a forma de tratalos do autor.

Sorprendeume moito que na entrevista co autor (ainda vive) él mantén que durante eses 30 meses, entre 1976 e 1978, viuse impelido a encerrarse e escribir e debuxar sobre a zooloxía, botánica, teoloxía, costumes ou física nun idioma inventado sobre un mundo inventado.
Parece que o autor deixa un testamento no que se explicará o significado do codex á súa morte.

Aquí vos deixo unha serie de imaxes do codex. Son, cando menos, bonitas. E algúnhas inquedantes, incluso,

desfrutádeo!





26/7/10

9.... só un número?

A semana pasada levei para casa varias películas de debuxos animados. Entre elas, estaba "9", unha historia post-apocalíptica que engancha dende a primeira escena. Ainda hoxe non rematamos de vela Iago e máis eu, polo que escribo isto sin saber cómo remata, pero produciume unha grande curiosidade saber de onde viña unha historia tan ben montada.
Buscando en internet (onde non?) atopei que esa película é o resultado do desenvolvemento dun corto de animación publicado no ano 2005, que foi nomeado aos óscar. Aquí volo deixo. Se vos gusta, sempre podedes ter máis si vedes a película completa.

Desfrutádeo!!!

Por certo, na producción se atopa un tipo chamado Tim Burton (a estética quería parecermo...)

14/7/10

saber a IP do noso pc

Ola:

ás veces necesitamos saber qué IP (Internet Protocol) ten o noso PC. Pois ben, en Windows XP é moi doado sabelo.

Imos a INICIO
pulsamos EXECUTAR
escribimos CMD
e xa nos atopamos en MS-DOUS, o sistema informático que había antes de windows... Para os que teñen xa uns aniños, lembrarán o incómodo que resultaba traballar con MS-DOUS, pero os comandos que se seguen a utilizar son moi interesantes.

ben, chega o momento,

escribimos ipconfig

e nos sairá unha pantalla tal que así,
 Onde o interesante é saber qué pon na dirección IP.

Ese número é o que nos da a IP interna do noso Pc.

Por exemplo, para saber a qué IP redireccionar un router cando queres que un programa estilo emule (P2P) cando abres os portos, debes saber este número de IP.




Baixo Windows 7, podedes facer o mesmo:
Pincha sobre o botón de INICIO de windows
Seleccionas TODOS OS PROGRAMAS e aparecerán varias opcións
Selecciona ACCESORIOS, e se desplegarán tódalas opcións do grupo
Seleccionas pinchando en SÍMBOLO DO SISTEMA e na ventá que se abre
Tecleas o comando ipconfig


Tamén podes saber máis información sobre a túa configuración da rede e da tarxeta tecleando ipconfig/all 
 

7/7/10

El guardián entre el centeno. J.D. Salinger

Dende que me enterei que morrera o autor J.D Salinger a principios deste ano 2010, tiven interese por ler a súa novela "El guardián entre el centeno" (a lín en español).
Onte rematei e a verdade é que non te deixa indiferente.

A verdade é que cheguei á novela despois de que nas novas falasen da morte do autor. Antes non tiña nin idea de que esta novela está considerada por moitos críticos como unha das poucas que é capaz de reflictir a adolescencia, coas súas incongruencias e contradicións. Parece que esta novelá é altamente recomendada polo profesorado na etapa adolescente.

Non sei ben ata qué punto iso é correcto e agora paso a explicar, dende o meu ignorante punto de vista, por qué me parece iso:

- A novela está escrita dun xeito tal que talmente parece escrita por un autor novísimo, adolescente. Iso podería ser unha vantaxe, pero dado o carácter contradictorio da mesma, e a cantidade de veces que o personaxe principal (e case o único) se atopa deprimido, contra o mundo, con ganas de desaparecer, en total rebeldía, etc. (coma unha grande porcentaxe de adolescentes), non sei ata qué punto é recomendable esa lectura para unha persoa que teña eses sentimentos.

- Segundo consta nas fontes bibliográficas, varios asasinos en serie nomearon a esta novela como libro de referencia. Tampouco ten por qué ser malo iso, pode ser que ao estar falando dunha obra famosa pois a lea moita xente. Pero é inquedante pensar que os conflictos internos do protagonista, tan ben expostos na obra, sexan non exemplo, pero si dalgún xeito un recoñecemento, unha especie de sentirse identificado, de apoio moral para esta xente. NOn o creo, simplemente porque o autor e a obra non son culpables dos crimes que outra ou outras persoas poidan realizar, lean ou non lean a o libro. Pero o que é curioso é que, ainda que non se fala en ningún momento de violencia no libro, está moi presente, como velada, como flotando no aire. A atmósfera de opresión, de loita contra todo (familia, amigos, mundo en xeral) está xenialmente verquida no libro.

En fin, que o que é certo é que este libro, poderache gustar ou non, pero non quedas indiferente. Tamén é certo que, me parece a min, claro, o aproveitei máis agora, cando acabo de saír da adolescencia, que si fose unha lectura obrigada. Terei que preguntar a algún adolescente que o leese sobre él.

Si consigo algunha opinión adolescente, espero poder continuar este tema.

Segundo aparece na biografía do escritor, este home, J.D. Salinger ((Jerome David) non parece que fose alguén moi equilibrado durante a súa vida. Na imaxe que aparece arriba, unha das poucas da vida adulta do escritor, o autor está agredindo ao fotografo. Segundo parece (o poño por si non clicades no enlace á wikipedia) foi un home perseguido pola súa fama ata a súa morte.En 2000 a súa filla, Margaret, publicou unhas memorias tituladas Dream Catcher (O gardián dos sonos), que permitiu aos seus incondicionais descubrir algo máis da vida privada de Salinger: alí retrátase un home que vivía en semirreclusión, consagrado á súa obra e tiránico cos seus familiares. Entregado primeiro ao budismo, logo á Cienciología e despois á Ciencia Cristiá: un enfermo que bebía os seus propios ouriños e estaba obsesionado coa relixión. Margaret chega mesmo a dicir que abusou da súa segunda muller, Claire Douglas, á que mantivo como unha "virtual prisioneira".

En fin, autor polémico, obra polémica. Pero me alegro moito de tela lido. É altamente recomendable, pero creo (é só unha opinión) que se debe ler cunha certa madurez (mental, por suposto). Tampouco digo que eu esté en posesión desa madurez, pero iso é outro conto.

Por último, me gustaría extraer unha frase do libro, que me fixo reflexionar moito:
"Un home inmaduro está disposto a morrer noblemente por unha causa; un home maduro está disposto a vivir humildemente por esa mesma causa".