Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


30/11/10

Leslie Nielsen, un CÓMICO con maiúsculas

Cando vin "Aterriza como puedas" chamoume moito a atención un tipo de pelo branco chamado Leslie Nielsen. Partín a caixa coa risa (tamén recoñezo que eu son de risa fácil. Rín moito con Roxanne, con Pratos combinados, cos  Tonechos, con Pepe Viyuela...)

Tampouco é que eu sexa un fan incondicional das películas de esmendrello, pero hai que recoñecer que algúns dos seus aportes á comedia son memorables. "agárralo como puedas" e as súas secuelas son, ao seu xeito, momentos de homenaxe ao cine e tamén hipérboles interpretativas dos protagonistas, o cal se traduce nunha sátira fílmica irreverente e cáustica, ás veces rozando o mal gusto. Pero o humor está moitas veces nesa fina liña que separa a risa frouxa e incontrolable de ese pesadelo que para todo humorista significa a indiferencia...

29/11/10

Cólera en Haiti. Unha desgraza que non cesa

En Haiti, despois do terremoto que hai 9 meses deixou estragado o país, agora sofren unha epidemia de cólera. O cólera é unha enfermidade diarréica producida por unha bacteria, o Vibrio cholerae, a cal se manifesta por unha infección intestinal que, chegados os casos máis graves, pode producir a morte nun prazo de horas, debido á deshidratación producida polos vómitos e diarrea.

As infeccións se producen normalmente en áreas de hacinamento con deficenzas sanitarias, pola contaminación da auga debida ás feces dos enfermos.

En haiti o cólera está a cebarse nos nenos, que sofren moito máis rápido deshidratación e segundo datos das axencias sanitarias, 6 de cada 10 contaxios se están a producir en nenos.

O coordinador da ONU Nigel Fisher dixo que dende que se desatou en outubro o brote epidémico ata agora hai 1344 mortos, pero que os datos non son fiables xa que non se pode saber cómo evoluciona a enfermidade en áreas remotas. Se revisaron xa as previsións da epidemia e se falta de 200.000 contaxios nos vindeiros días...

--

Custa traballo pensar nesas cifras e non pechar os ollos. A verdade é que a distancia parece que fai máis soportable as desgrazas, pero imaxinade só por un momento a cantidade de xente que morre tódolos días nesa parte do mundo. Da vértigo.

26/11/10

DESORIENTADO 14


9 meses facía daquilo. Vasili non chegou a recuperarse de todo, e permanecía dende aquela controlando os monitores e aparellos sismográficos na sala β.
Nina chegou ata o que sería o colo da botella. Alí, no chan, estaba a caixa de control de identidade. Desde o incidente do 2006 era obrigatorio pisar no sensor. A lectura da pranta do pé a través do calzado técnico fora utilizada para a identificación de presos na rede nacional de prisións da veciña Ucrania. Un par de miles de grivnas desviadas dos fondos estatais para a fundación foran parar a máns dun funcionario en Podol´s kii e Nina trouxera 3 aparellos para a gruta. A seguridade é moi importante.  E máis aquí abaixo, pensou Nina. En novembro de 2006, un dos suxeitos de experimentación lograra evadir con éxito os sistemas de seguridade, que se revelaron como rudimentarios, e sair á superficie. Menos mal que a bóveda só ten unha saída, recordou Nina. Ao suxeito tiveran que abatilo desde a escaleira. Estaba fóra de si. Os chips do principio tiñan problemas coa estanqueidade, e producían patróns de comportamento sinxelamente impredecibles. Ainda que agora, matinou Nina, tiñan implantados 5 suxeitos coa 3ª xeración de chips e estaban encantados. Salvo por Sara.

25/11/10

25 de novembro, Día internacional contra a violencia de xénero

Hoxe se conmemora o día internacional contra a violencia de xénero. Moito queda por facer para evitar este macabro goteo de víctimas. 64 mulleres mortas no que vai de ano, isto en España, pero segundo a OMS, cada 15 segundos unha muller é agredida no mundo.

E outro dato, o 40% das denuncias de malos tratos están feitas por mulleres MENORES de 30 anos. Isto é moi preocupante, ao meu xeito de ver. Creo (desgraciadamente) que outra xeración de mulleres e homes está perdida neste senso. Ogallá a seguinte xeración teña mellores horizontes.

Transcribo a continuación unha parte do informe sobre a Violencia contra a Muller nas relacións de parella

" III Informe Internacional Violencia contra la Mujer en las Relaciones de Pareja, realizado por el Instituto Universitario para el Estudio de la Violencia del Centro Reina Sofía":

El estudio, que recoge datos hasta 2006, ubica a España por detrás de países como Austria (9,4), Finladia (9,3), EEUU (8,4), Francia (5,2), Reino Unido (4,2), Noruega (3,7) e Italia (3,7). La media de los países de los que se han obtenido datos comparables es de cinco muertas (mayores de 14 años) por millón, en 2006.
El país con más asesinadas por sus parejas es Puerto Rico, con 14,1 por millón, seguido de Chipre (12,4) y Austria (9,4). A la cola, se sitúan Mónaco, Malta, Liechtenstein, Islandia y Andorra, que no registraron en 2006 ninguna muerta por violencia machista.
Evolución negativa
Pese a todo, la buena posición de España en cuanto a crímenes machistas queda matizada cuando se observa la evolución de la tasa de muertas. El informe concluye que España es el tercer país de los 17 comparados en este apartado donde más ha crecido: de 2000 a 2006, la tasa aumentó un 15,16%. A la cabeza está Chipre, con un crecimiento del 277%, seguido de Colombia, donde la tasa de muertas aumentó un 51,28%. Finlandia, con un 8% más de asesinadas, es el cuarto país con datos en aumento.
Los 11 países donde descendieron los crímenes superaron de largo a los cuatro que sufrieron un incremento. Sólo Islandia y Andorra se quedaron como estaban, sin ninguna muerta. Irlanda registró la mayor disminución: su tasa bajó en el periodo examinado un 70,6%. En Australia lo hizo un 68,3% y en Hungría un 62,5%. Los autores del estudio han comparado los datos de los dos informes trianuales que presentaron con anterioridad, que arrancan en 2000.
Según explicó el director del Centro Reina Sofía para el Estudio de la Violencia, José Sanmartín, en la actualidad se están recogiendo los datos de los años 2007, 2008 y 2009. Aunque el informe actual no incluye el periodo más reciente, la coordinadora del trabajo, Isabel Iborra, aseguró que "la tendencia al alza sigue igual". Según recordó, en 2009 hubo menos asesinatos que en 2008, pero insistió en que "habrá que esperar para ver la evolución de otros años".
El estudio que se presentó ayer se basa en los datos obtenidos de 300 organismos, sobre todo ministerios y ONG de más de 70 países. Los autores han comparado en cada uno de los apartados un número distinto de países, ya que de algunos no han obtenido respuesta y los datos que han recibido de otros no eran comparables.
Sanmartín también destacó que el estudio constata un "rejuvenecimiento de las víctimas". Según el informe, la franja de edad con más muertas de los 19 países analizados es la que va de los 35 a los 44 años, con un 30,7% del total de víctimas. Sanmartín destacó que la segunda franja, con un 21,1% de representatividad, es la que va de los 25 a los 34 años. "Esta franja ha ido creciendo, antes no tenía prácticamente representación", justificó.
Según explicó Sanmartín, en España la edad de víctima y agresor "está bajando de forma sostenida". Por ejemplo, en la Comunitat Valenciana, el segundo tramo con mayor tasa de muertas va de los 19 a los 25 años.
"¿Cómo puede ser que las muertes se den en adolescentes, si se espera que estén mejor educados?", lanzó Yolanda García, coautora del informe. Según aseguró, estas cifras manifiestan la necesidad de reflexionar sobre la efectividad de la educación que reciben los menores, y planteó que se debe mejorar la educación sobre igualdad que se da en el ámbito de la familia.
El estudio también compara los asesinatos de mujeres en general, a los que se refiere como feminicidios, y las muertes a manos de un familiar. La tasa española de feminicidios (5,1 muertes por millón) también es inferior a la media de los 44 países comparados (19,1), lo que convierte a España en el noveno país con menos mujeres asesinadas. Esto revela que las mujeres españolas asesinadas mueren a manos de sus parejas (un 54,6% del total) en mayor proporción que la media global (un 26,3%).

24/11/10

El Mercenario, de Vicente Segrelles

Descargar tomos 1-7
Resúltame moi curioso que un ilustrador tan  consolidado como Vicente Segrelles, que fixo infinidade de ilustracións para manuais técnicos e portadas para libros sobre armas, materiais, arquitectura, fixera un cómic.
Debido á técnica utilizada para a ilustración do cómic, 13 números de El Mercenario lle levou 20 anos facelo. Xa en sí é todo un record, pero o incrible é o resultado final.

El Mercenario é un cómic inusual, único, diría eu. Cada viñeta está exquisitamente feita e ainda que ao mellor o ritmo non é todo o fluido que debería (é a súa primeira incursión no mundo da historia ilustrada), esa falta de "profesionalidade tebeística" (acabo de inventar este palabro) queda total e absolutamente desculpada pola beleza das súas viñetas.

Descargar tomos 8-13
Xa é chungo controlar a técnica da pintura ao óleo, pero facer un cómic enteiro con esa técnica é acolloante. E tamén moi traballoso. Polo que parece, esa foi a razón de rematar con 13 números a serie "El Mercenario".

A serie ten os seus puntos fortes e tamén febles, claro. A falta de ritmo nalgúns capítulos e ao mellor a temática, xa que a serie se ambienta nun mundo máis aló das nubes, no que os cabaleiros equivalentes aos da nosa idade media loitan a lombos dun animais semellantes a lagartos xigantes con ás, coma os dragóns das lendas. Debido a isto, a figura feminina está reflectida dun xeito un tanto discriminatorio, ainda que no contexto no que se desenvolve a historia (nunha época semellante á idade media) pode ser comprensible eses núos femininos e ese rol discriminatorio (agás, iso sí, Nan-tay, coprotagonista feminina da serie, xunto co mercenario).

Deixo tamén o enlace á páxina oficial do ilustrador Vicente Segrelles, na que podedes deleitarvos na súa obra ao longo de un montón de anos.

Creo que os libros de "El mercenario" están esgotados, pero é un privilexio poder lelos. Aquí vos deixo as portada de cada uno dos números.


 

23/11/10

Samurai Champloo

Hai xa tempo que rematei de ver o anime Samurai Champloo. Ben, para a xente que non teña nin idea, un anime é unha serie de debuxos animados baseada nun manga, ou cómic xaponés. O Director é Shinichiro Watanabe, un xaponés que se caracteriza por mesturar distintos estilos. Neste caso mestura elementos actuais como o rap ou o baseball cunha historia do xapón tradicional, no período Edo, unha parte moi importante da historia do xapón, que vai desde o 1603 ata o 1868. Un porrón de anos no que o Xapón estivo dominado pola familia Tokugawa. Neste período se produciu o peche de Xapón ao mundo occidental durante 265 anos, que se di pronto.

O anime é xenial por varias cousas. Xa aviso que para os moi estrictos coa historia esta historia non vale, xa que a mestura que fai o autor é, ademáis de estilos, de tempos (mestura o código bushido con hip-hop, música tradicional xaponesa con rap, beisbol con loitas medievais... etc). Pero o resultado final a min paréceme máis que digno, entre outros aspectos, polos personaxes principais:

Mugen:  Un tipo moi duro. A súa característica  principal é a súa forza, caseque animal, e o seu estilo de loita, mestura de capoeira e break-dance. É moi perigoso, pola súa irreflexión e polo pouco apego (aparente) que lle ten á vida. É imprevisible, pervertido, irreverente (segundo as súas propias palabras "gustame pinar con tipas de tetas grandes") e o único que impide que mate a Jin é Fuu. Ven de ter unha vida díscola, facendo de pirata e atracando todo o que se move. Se alguén o mira un pouco de esguello, ten os seus segundos contados...Mugen é Mono en xaponés.


Jin: É o outro samurai que acompaña a Mugen e a Fuu na procura do seu pai. É moi disciplinado, calado e devoto do camiño do bushido. A súa técnica de loita é moi tradicional, pero ten unha capacidade especial para facer movementos de esgrima a unha velocidade incrible. Jin non desaproveita a oportunidade de medirse con calquera que teña a ben cruzarse con él, xa que considera que o camiño da espada implica o perfeccionamento na arte da esgrima, ou a morte. É moi calado e introvertido, ao contrario que Mugen. De feito, o duelo que entabla con Mugen ao principio do anime indica as moitas diferenzas que entre estes dous samurais se dan ao longo da serie. Durante os 26 episodios os desencontros entre estes dous serán múltiples, pero como lle teñen prometido a Fuu que ata que atopen ao seu pai non rematarán o duelo, non lles queda máis remedio que aguantarse. Ainda que, conforme avanza o anime, vaise vendo que esas diferenzas fan que entre eles xurda unha "amizade" e un respecto mutuo. Jin significa serpe en xaponés.

Fuu: É unha rapaza de 15 anos que, despois de quedar orfa de nai, traballa nun restaurante. Cando aparecen Mugen e Fuu na súa vida, deixa todo (axudada por un embrollo no primeiro episodio que fai que teñan que sair os 3 da cidade a fume de carozo) e logra que Mugen e Jin prometan non matarse, polo menos ata que ela atope ao seu pai, un misterioso samurai que "arrecende coma os xirasoles". A súa búsqueda levará a estas 3 personaxes hacia o oeste, nun viaxe iniciático que terá un final incerto. Fuu significa porco en xaponés.

Polo que sei, o Manga foi publicado en España por Panini. Dous tomos cos 10 episodios a 7,95 €. Espero conseguilos nalgún momento.


Aquí vos deixo unha parte do primeiro episodio, cortesría de YouTube.
É unha pena que non atopei os enlaces para velo en galego. Eu vino así, e a doblaxe é caralluda. En castelán non sei como soará, pero (sintoo) me temo que algo peor.

Desfrutádeo!

22/11/10

Da (des) graza de ser humano

Isaac Newton dixo nalgún momento: "O que coñecemos é unha pinga de auga: o que descoñecemos é o océano".

A verdade é que o tipo tiña que ser moi listo. Pero esa frase pesa como unha lousa. O ser humano pasa da vida á morte nun palpabrexo cósmico. Para a escala de tempo do universo a raza humana é menos (aproximadamente) de 1 segundo. Tic-tac.
Listo, a raza humana xa non existe.

Pero como o tempo é relativo (afortunadamente) e a escala humana é moito máis pequena que a do universo, ás veces temos a sensación de que tarda 1 ano en que se che pasen 24 h. Paradoxa? Non o creo. A mente é poderosa e nos da a posibilidade de expandir o tempo (e tamén contraelo).

O carallo é que non o controlamos á vontade.  A mín me gustaría pasar rapidísimo os momentos malos, os desagradables, os exames (si me saen mal), os momentos aburridos. Estaría xenial saber a ónde apuntar o mando mental para darlle ao FORWARD e que pasen eses momentos.
Pero non podo. Teño que pasalo como podo, segundo a segundo, hora a hora e día a día. Situacións fodidas, difíciles, decisións que sei que teño que tomar pero que tamén sei que traerán dor e frustración. Decisións que (desgrazadamente) non só me afectan a mín.

En cambio, nos momentos felices, alegres, de luminosidade mental, física e sensorial, o tempo se escapa rapidísimo. O pico de felicidade é tan efímero que sempre quedas con ganas de máis. Tería que ser así?

Ben, eu non creo nos determinismos. Tampouco digo que isto (vivir) sexa sinxelo. Pero (e esta frase non é miña, pero é caralluda) que non sexa sinxelo non significa que non pague a pena.

A graza do ser humano está, para mín, nas peculiaridades das persoas. Somos TOD@S diferentes. O que buscamos mentres vivimos é tan diferente como diferentes somos os que o buscamos, ou os que escapamos para que iso que buscamos non nos atope.

Pero o fodidamente difícil é saber qué buscas. Ás veces sucede que o que buscas o tes xa, dende hai moito, e só te das conta cando o perdes. Outras veces, o necesario é perder o que tes para saber o que buscas. Tamén hai momentos de lucidez, nos que és consciente, dolorosamente consciente da túa situación. Non me refiro á situación física, nin á posición social, nin ao teu nivel de intelixencia. Me refiro á esa "iluminación" na que, por un momento, ves a túa posición con respecto ao resto do teu mundo, material e inmaterial. Esa lucidez podes tela aos 18 anos, aos 35 ou aos 70. Ou non tela.

Qué é mellor? Pois como galego que son, depende. Si nunca chegas a ter dúbidas sobre a túa vida, eres feliz e estás en paz contigo mesmo e cos demáis, perfecto. Hai moita xente que pasa a súa vida (larga ou curta, feliz ou infeliz, determinista ou non) conforme, e remata igual.
Si tes ese "clear vision" poden pasar dúas cousas, ao meu modo de ver. Algunhas veces pasan as dúas, en distinta orde. Podes quedar paralizado durante meses, incluso; unha "revelación" así pode desmontarche a vida tal como a coñecías. Podes negar o que viches, seguir co teu ritmo de sempre e tentar esquecer esa "visión". Pero case seguro que volverá...Porque creo sinceramente que esas cousas non pasan por nada.
Como dixen antes, a nosa mente é lista, e nos da pistas do que non está ben. Podemos facerlle caso ou non, pero hai quedan esas pedriñas no camiño.
E despois queda o máis difícil...facerlle caso ao que sintes. Iso si que é fodido. Pero iso é o que nos fai humanos, non?

19/11/10

O INTERCAMBIO

Se queredes atopar a Berto free-blogger teredes que seguir buscando porque esta visitando outros lares:
Meu nome e Dani pero tamen me coñecen coma Zeke.
Fai case vinte anos Berto e mais Eu enviamos unha carta a Alberto Vázquez Figueroa que daquela era un dos nosos autores preferidos ainda que pra min segue na mi a lista de autores a seguir sen discusión.
Aquí tedes aquela carta a reescribimos algunhas veces para que "quedara bonito" pero aquí a tedes na sua versión mas primixenia e sen adulterar esta en castelan así que disculpas os galego falantes.:
A la atención de Don Alberto Vázquez Figueroa.
Como no sabemos su domicilio ( naturalmente ) hemos remitido esta carta a Plaza y Janés, para que, por medio de ellos, le llegue a usted.
Somos dos sinceros admiradores de toda su obra, pero somos seguidores de sus libros desde solo hace tres años y fue gracias a su obra, Cienfuegos, de la cual "devoramos" los 6 libros.
Fueron tan sorprendentes como maravillosos. Desde ese momento empezamos a descubrir su extensa obra y no podemos describir lo mucho que nos ha impresionado en su conjunto, pero especialmente, el tratamiento de los personajes, el entorno en que se mueven y la defensa intrínseca de la naturaleza.
Al leer el libro Anaconda, su autobiografía, nos maravilló la sinceridad en todas las situaciones, la emoción que trasmitían y encontramos referencias a algunos de sus libros que nos ayudaron a comprender un poco más su obra.
Estamos seguros de que recibirá muchísimas cartas de este estilo, exaltando su buen hacer como autor pero !Que demonios! Eso también lo pensamos nosotros.
Le animamos a que nos siga deleitando con sus maravillosas obras y por ultimo como pedirle que nos conteste es demasiado, le rogamos nos envíe dos autógrafos.
Le remitimos los nombres y una dirección.
Le agradeceríamos eternamente su gesto, no se imagina lo que significaría para nosotros. Gracias.
Figueroa non nos enviou ese autógrafo solicitado.
Enviounos dous libros firmados e adicados para dous dos seus maiores fans.
No meu libro poñia "Para mi amigo y mejor lector Daniel agradeciendo las cosas maravillosas que piensas sobre mi. Ojala fueran ciertas"
Para saber que lle puso a Berto teredes que preguntarlle a el por Eu non o recordo
Foi unha alegría tremenda e todo un detalle o que fixo o autor canario.
O meu libro preferido de este autor é Tuareg pero ten unha larga lista de libros onde podedes elexir o que mais os apeteza para adentraros na sua obra:
Poco mais que añadir un placer pasar por Esbardalladas e agradecer a Berto que me deixara participar.
ZEKE

18/11/10

DESORIENTADO 13


Vasili Ionescu pegou tal berro que nos niveles superiores quedou rexistrada a reberberación nas paredes no sismógrafo. Nunha cova destas características, o son produce extraños efectos. Nina o sabe ben. Cando o resto do equipo lanzou outro cabo, éste máis longo que o que utilizara Mada, Vasili quixo ser él o primeiro en saber qué pasara. Facía moito calor ese día, pero a 45 m de profundidade, un vento xeado corría de abaixo a arriba, pegando a roupa ao corpo, facendo que a suor fría que a todos se lles puxera no corpo se sentise de xeito máis incómodo. Un calafrío sacudiu a Nina cando Vasili, entrecortadamente, foi contando o penoso descenso ata o chan da sala xigantesca en forma de botella. Unha vista que debería ter sido unha celebración, un descubrimento que daba sentido a toda a investigación e no que  o equipo baseara os movementos e as espectativas nos últimos meses, convertérase no cadaleito da xefa do equipo. Vasili atopou a Mada suspendida a 7 metos do chan, no extremo da corda.
_ Joder! Demasiado curta_, pensou Vasili.
O corpo de Mada sufrira unha caida libre durante caseque 8 metros, ao salir do embudo co xiro de 45º. Ao ir cos pes por diante, Mada non vira o vacío que se abría, e caía libremente. Ao final da corda, que levaba asegurada no arnés, sufrira un tirón tan brutal que a columna vertebral da pequena xefa do equipo non o resistira.
_ Debeu desvanecer coa dor_, escoitaron todos os membros. Logo dun silencio sepulcral que pareceu eterno, só roto polas pingueiras de auga que de xeito intemporal continuaban a conformar as sinuosidades da gruta, Vasili confirmou o que todo o equipo se temía. _Está morta, joder! Está morta!_.
_ Ide con coidado ahí arriba. Cando xiredes á esquerda, agarrade ben o cabo e freade no rappel. Eu agárdovos aquí. Deixade un punto de seguridade, para o retorno.

16/11/10

De tatuaxes e outros debuxos 1




Vendo o interese que suscita o feito de debuxarnos na pel os máis pelegríns símbolos, letras ou calquera cousa que se nos poida ocorrer, aquí expoño, sen orde nin concerto, as miñas preferencias gráficas para formar parte per secula seculorum (salvo que por tecnoloxía láser se remedie) do meu corpo.
Admítense comentarios (tanto positivos coma negativos) e sobre todo, propostas e suxerencias de decoración.
Quere dicir isto que ao mellor se toman en conta (ou non) para unha futurible visita a un/unha artista que, previo pagamento, deixe a súa impronta nalgunha parte da miña anatomía (tampouco teño clara a parte do meu corpo que terá a dubidosa honra de acoller un pouco de tinta) para sempre.

alá imos...
Dragón xaponés

Escarabello exípcio


Ollo de Horus

 
Ank Exípcio ou chave da Vida. Tamén é o símbolo de Morte na obra de Sandman
Chave do Inferno, segundo Neil Gaiman (Sandman)





Agardo propostas!

15/11/10

"La vaquilla" ou un retrato da guerra civil española

Cando vin "La Vaquilla" hay moito tempo, pareceume unha típica "españolada". A película é do director español Luís García Berlanga, recentemente finado. Cando a volvín ver despois duns cantos anos (pásame iso coa maioría de películas que volvo ver despois duns anos) apreciei a ironía (retranca, diriamos por aquí) coa que fora feita. Un grupo de soldados republicanos infíltranse en territorio nacional, non para poñer unha bomba ou cometer un atentado. O fan para roubar unha vaquilla e foderlles a festa aos nacionais. Xa a idea é caralluda, pero os gags que se producen ao longo da película (o guión fixérono o propio Berlanga e o grande Rafael Azcona) son sinxelamente xeniais. É curioso cómo cambia o aspecto das cousas (sexa unha película, un libro, un cómic ou unha situación persoal) cando te enfrontas de novo a eso con outra visión. Supoño que o que sucede é que, sobre todo, tí mesmo cambiaches no tempo, polo que é imposible que che cause o mesmo efecto. Tampouco digo que cando sucede por 2ª vez sexa mellor...pero por probar tampouco perdes nada.
Todo isto ven co gallo do pasamento de Berlanga. Eu non son ningún experto en cine, pero as súas películas, en xeral, me gustan. Algúnhas máis, outras menos, pero me gusta a súa visión (a que lle deu nas súas películas) das cousas.

12/11/10

DESORIENTADO 12


O último tramo do descenso é especialmente técnico. Sempre é así, pero ainda que Nina fai este camiño varias veces no día, non deixa de estar atenta na baixada polo sifón. Unha volta de 45º e un xiro de cadeira que fai que o oco angosto que de xeito caprichoso se formou hai milleiros de anos se transforme nunha sala de proporcións ciclópeas que se extende en forma de botella, de Este a Leste, ata chegar á boca. A Nina quédalle o último descenso, de 15 m lineais en vertical, ata tocar cos pés no chan da sala alcumada A Degolada. Mentres quita o arnés e os aparellos de descenso, Nina pensa no desgraciado accidente que lle deu nome á sala. Os membros do primeiro equipo eran xente moi ben adestrada e profesional, pero Madalina Crina era a mellor. Ela foi a que tomou a responsabilidade de explorar o sifón do demo. Ningúen do equipo o cuestionou. Madalina pesaba 48 kg, era menuda, nervuda e decidida. Despareceu polo oco e cos walkies o resto do equipo foi seguindo as evolucións da xefa. Todo parecía ir caralludamente e Mada ía explicando o que atopaba, máis cando chegou ao cóbado de 45º de súpeto calou.

9/11/10

(complemento para Firefox) Evitar o roubo de contrasinais de Firesheep



 Titorial cortesía de Configuraequipos.com

ForceTLS: Evitar o roubo de contrasinais de Firesheep

O uso de redes Wifi públicas é cada día máis común: bibliotecas, cafeterías, parques, hoteis, etc. Está ben dispoñer dun lugar fóra de casa para poder consultar o correo, Facebook o Twitter, pero tamén nos expoñemos a riscos que poderían facer que os nosos datos, usuarios e contrasinais que usamos en calquera páxina web sexan conocidos por calquera persoa.

E é que fai uns días apareceu Firesheep, unha extensión para roubar contrasinais de Facebook, Hotmail e outros, dando acceso a calquera páxina web que use o protocolo HTTP, con tan só estar utilizando a mesma red Wifi ca víctima.

Firesheep se aproveita dos buratos de seguridade existentes no canal HTTP. A diferenza do canal HTTPS, o primeiro non cifra os datos e deixa as cookies do navegador expostas a persoas que usen Firesheep desde Firefox.

Por sorte, apareceu unha extensión que nos axuda a evitar o roubo de contrasinais desde Firesheep. A extensión para Firefox se chama ForceTLS e o seu traballo é crear un canal seguro e cifrado mediante HTTPS, sobre aqueles dominios ou sitios web que indiquemos.


forcetls




Para instalar ForceTLS debemos de descargar a extensión desde aquí. Unha vez instalada, reiniciamos Firefox e vamos a Herramientas; ForceTLS Configuration.

Agora vemos como se abre un cadro con varias casillas. Na barra de direccións de ForceTLS deberemos de introducir o nome do dominio da web que queramos cifrar, é dicir, se queremos cifrar Twitter, pois poremos: Twitter.com.



firesheep


Ademáis, ForceTLS lle bota a pata a Firesheep cunha opción que extende a protección HTTPS a tódolos subdominios, podendo activala na casilla de verificación que se atopa xusto debaixo.

Unha vez teñamos engadido os sitios, pecharemos o cadro e reiniciamos Firefox para que se apliquen os cambios. Agora abrimos un dos dominios insertados e veredes como xa utiliza el canal HTTPS, po lo que evitaremos que nos poidan roubar a contrasinal con Firesheep.

-----------------------------------------------------------

Microsoft sube a protección de datos en Hotmail a través do cifrado SSL. 

hotmail https



Agora, Microsoft ofrece a posibilidade de protexer os datos de Hotmail de forma nativa, usando por defecto unha conexión HTTPS. Para activala, só é necesario ir ao seguinte enlace e marcar ''Usar HTPPS automáticamente''.

O bo de activar as proteccións SSL de Hotmail é que non só poderemos estar seguros ao introducir o nome de usuario e a contrasinal (como pasaba ata agora), senón que toda a sesión de Hotmail estará cifrada, asegurando que ningún dato poida ser interceptado por hackers.

Sen embargo, o malo de usar a conexión cifrada en Hotmail, é que estaremos capando o acceso desde xestores de correo como Outlook, Windows Live e outros. É cuestión de ter claro o que queremos e avaliar as opcións.