Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


29/9/11

investigadores sen futuro.. futuro sin investigadores?

Interesante reflexión sobre unha realidade que pouco a pouco se vai impoñendo... desgrazadamente.

27/9/11

cociña con....fusión

Din que temos os mellores cociñeiros do mundo.
E que están creando escola en grande parte da sociedade . E tanto... O outro día estaba invitado a comer na casa duns amigos. Á hora do almorzo á beira da piscina, a muller, que é moi moderna e entendida, entre outras posibilidades me ofrece: UN CONSOMÉ MOI FRÍO DE CEBADA TOSTADA AO CHEIRUME DE LÚPULO CON FROITIÑOS DE OLIVO AO AIRE DO ATLÁNTICO. ¿Quén non peca ante esta suxestión?
 
Ben, pois me serviron: *Unha puta caña de cervexa con aceitunas recheas de anchoas.*

25/9/11

MICRORRELATOS semana 1

Desde aquí quero facer unha homenaxe a tódolos/as escritores/as anónimos de microrrelatos que cada semana nos deleitan coas súas historias, urdidas a partir da última frase gañadora do microrrelato da semana anterior. 
Este concurso que se pode escoitar en vivo, sobre as 11.30 h da mañán os xoves de cada semana, leva encandilándome desde hai tempo. 

Espero poder manter a periodicidade para publicar os relatos de forma continuada, para que tamén vós vexades ao que me refiro. Estas historias están fantasticamente artelladas e son redondas na súa pequena extensión.

De todos os relatos que se reciben, hai 3 finalistas, que son os que citarei cada semana. Espero que vos guste esta nova sección.

Desfrutádeos!!
 

Ganador del 09/09, semana 1
Autor: Sara Barbera Sánchez
Reflejo

La noche es una estrella en tu cucharilla, la que atrapas cada noche en su reflejo metálico. La observas titilar hasta que el sueño te vence y caes sobre la almohada, agotada. Yo, alertado por el sonido de la cuchara al caer al suelo, me acerco sigiloso para arroparte. Te beso en la frente, aflojo la cadena de tu tobillo y te susurro al oído que, cuando aprendas a quererme, tú y yo podremos pasear juntos bajo ese cielo estrellado.
Finalistas del 09/09, semana 1
Autor: Gabriel Luis Gálvez Cañete
Adicto a la noche

—La noche es una estrella en tu cucharilla —le dije con voz de terciopelo.
—¿Qué quieres decir? —preguntó ella con indiferencia.
—Es una metáfora.
Hubo un instante de silencio y sentí que me miraba con ojos de serpiente, esperando una explicación. Entonces continué con voz pausada.
—Quiero decir que la noche es como una estrella que te lleva a calentar el caballo en la cuchara.
—Oh vaya, el niño se ha puesto poético —respondió con una sonrisa burlesca.
Entonces se desvaneció mi alma de escritor frustrado y volví a la realidad.
—Pásamelo.
Autor: Juan Manuel Rodríguez Gayán
Cita en la tarde

La noche es una estrella en tu cucharilla, decía el proverbio oculto dentro de la galleta de la suerte. El hombre de la mesa número trece echó un vistazo a su alrededor. En la calle el sol abrasaba, el local dormitaba en la penumbra y en la mesa sólo había un par de palillos sobre un plato de arroz humeante. Una cucaracha correteó hasta esconderse bajo las piernas de la pareja que se besaba en la mesa de al lado. Tocó el bulto que se escondía bajo su chaqueta. Permaneció inmóvil mirando hacia la puerta de salida. Probó suerte, y volvió a abrir otra galleta.

23/9/11

REM nos deixa...

Para aqueles que desfrutamos, que nos emocionamos e que bailamos coma tolos coas cancións de REM, hoxe é un día triste. O grupo que liderou o carismático Michael Stipe nos comunica, de xeito imprevisto, que despois de 30 anos non haberá máis REM.  Ainda que esta canción que vos poño non é das máis coñecidas, a min me gusta especialmente. O certo é que esta versión acústica é dunha canción doutro grupo (Tears for Fears) pero para mín é preciosa.

Desfrutádea!!

22/9/11

DESORIENTADO 29


Suvorov non daba creto ao que vían os seus ollos. Desde o seu posto, á sombriña (como correspondía ao seu cargo), aquel xoves tiña todas as trazas de converterse nun fodido día aburrido e sen acción. A Suvorov lle gustaban as películas de acción. Unha das súas actividades favoritas era visionar os films de Steven Seagal e Chuck Norris. Vaia ondanadas de ostias metían os tipos!! Diante do espello carcomido pola silicona áceda coa que o pegara á parede (merda de chino que lla vendeu) adoptaba posturas e rictus das súas personaxes favoritas. Era un dos segredos que gardaba. Non o peor, nin moito menos, pero se alguén no corpo se enterase do moito que lle poñía andar espido (agás os calcetíns) co cinto e a pistola regulamentaria mentres ollaba para si no espello, a súa exígua autoridade (mantida na súa maior parte por medo) non aguantaría moito máis.
Una muller, unha mullerona, das que lle gostaban a Suvorov, apareceu  soa polo posto de garda. Era grande toda ela, pero as súas cadeiras e o pandeiro se vían imponentes. Mentres se erguía, Suvorov relameu os beizos. Unha muller soa! Suvorov mandou aos dous oficiais que estaban ociosos a revisar o inventario de munición na caseta que se atopaba a uns 500 m do posto de garda. Mi madriña!! Como me vou poñer! Axustou o cinto e atusou o bigote graxumento mentres se poñía o sombreiro regulamentario.
E saíu a esperala.

Censura na TVE??

Onte día 21 de setembro o consello de administración de RTVE, formado por representantes dos grupos políticos maioritarios e tamén por sindicatos, votou unha reforma pola que se podería ter acceso aos ordenadores dos redactores/as e ver a información ANTES de que se publique.

A proposta partiu do grupo do PP, pero é que o PSOE e un dos sindicatos se abstiveron, polo que a norma foi aprobada. Só botou en contra da medida IU e UXT.

Na miña humilde opinión, poden chamarlle como queiran, pero vendo a posibilidade de que en 59 días nos goberne, previsiblemente por maioría absoluta o PP, isto é preparar o camiño para unha CENSURA na TV pública.

Ao tempo....

20/9/11

Para mariñeiros nós

Cando zapeas co mando, normalmente a partir da canle 9 ou 10 xa deixas de interesarte polo que botan (polo menos no meu aparato). A partir dese número de canle, as cadeas se suceden sin máis éxito que a pereza que che dea apretar de novo a deda para pasar a canle.

Pero ás veces sucede que, casualidades, pasas por unha canle na que están poñendo algo que che engancha. E iso foi que me pasou hai uns días.

Na canle VTelevisión, os vídeos da serie Para Mariñeiros, nós! me parecen do mellor en canto a humor dos últimos tempos.

Xa me contaredes.

Desfrutádeos!!

15/9/11

Beatifull Day, de U2

Hai xa moitos anos que sigo a U2, ese grupo irlandés de rock que ten moitas luces na súa carreira musical e tamén algunhas sombras (particularmente a mín o seu lider, Bono, non me gusta nada, pero sen él o grupo non sería o mesmo). En fin, ademáis de himnos que máis adiante porei aquí (sobre todo do álbum "The Joshua Tree"), esta canción que vos presento agora é bastante recente e pola súa frescura creo que paga a pena escoitala. Desfrutádea!

14/9/11

The brave, de Pixar

Despois do fiasco (a nivel de calidade, que non de beneficios económicos) que supon (ao meu parecer) CARS 2, o estudo de animación Pixar nos presenta unha historia que espero que devolva a calidade a onde nunca debeu deixar de pertencer. Verémolo!!
Aquí vos deixo o enlace no que se comenta a película. Ata o verano do ano 2012 non se verá, pero eu xa morro de ganas...sobre todo vendo as imaxes das terras altas de Escocia, onde estará ambientada a película.

Ogalla a música sexa semellante...



España é cultura

Semella que se abriu un novo portal en internet,

http://www.españaescultura.es/

no que se reflicte, ao meu parecer, a máis completa información sobre todo o que ten que ver co noso país en canto a cultura, arte, música, fotografía, museos, comunidades autónomas... En fin, que se tedes interese en facer turismo cultural, creo que esta páxina se converterá en algo ineludible.


13/9/11

O protagonista de Espartacus nos deixou...

Ao final pasou. Despois de falar sobre Espartacus e sobre o seu protagonista, Andy Whitfield e a súa enfermidade, desgrazadamente para a serie, o 12 de setembro finou este actor. Digo desgrazadamente para a serie xa que no persoal está claro que a morte deste novo actor (39 anos) é unha traxedia irreparable. Para a serie espero que non o sexa tanto, pero non o teño nada claro. Se verá...

1/9/11

CARS 2,de PIXAR

Antes de nada, benvid@s a tod@s de novo despois do verán... moitas cousas teño no tinteiro que irei sacando (na medida do posible) durante estes días...Moito verán (ainda que o tempo non acompañou todo o que debería) e moitas novidades, no mundo e persoais, así que, como dicía Jack (o destripador), imos por partes...

Entre outras películas, estes días (quen di días, di semáns) vin CARS 2. A película é continuación (nin o sospeitábades con ese nome...) da famosa Cars. Pouco teño que dicir, salvo que é a primeira peli de PIXAR que non remata de convencerme.

O tiñan difícil, xa que a primeira foi realmente moi boa, polo menos para o meu gusto, pero nesta segunda creo que caeron no sinxelo, nos efectos especiais, nos recursos que de seguro terán éxito entre os nen@s (barcos, avións, escenarios incribles) e creo que deixaron a historia de fondo, das personaxes, flouxa desde o principio.


Tampouco digo que non se poida ver; de feito, Iago a ve día si e día tamén (ata que saia outra película que lle tire máis...) pero foi unha "decepción" comprobar cómo o nivel altísimo do estudio PIXAR de animación, neste caso concreto, se viu afectado pola comercialidade (evidente) do bo producto que sacaron na primeira parte.



Haberá que esperar a The Brave....