Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


25/6/12

EMULADOR NINTENDO DS

Bueno, non sei moi ben cómo empezar esta entrada sen dicir que a mín me gustan os videoxogos. Para os que me coñecen, isto non é ningunha sorpresa, e para o resto, só aporta unha información trivial. Pero serve como comezo, polo menos.

En fin, ao lío: para aqueles que teñades instalado o emulador da nintendo DS, pode que vos xurda a dúbida de cómo **** facer para que as partidas queden grabadas, xa que é un auténtico engorro comezar o xogo cada vez que acendes o emulador.

Pois buscando por ahí, atopei un vídeo que o explica bastante ben, e funciona (comprobado!). Espero que vos sirva. (para os/as que non teñan paciencia para ver todo o vídeo, o explicarei máis abaixo):


O WinDS pro emulator é un conxunto de programas de emulación da consola portátil NINTENDO DS. Existen "copias de seguridade" dos xogos máis comúns que corren baixo esa consola, coa extensión .nds, que se chaman ROMS. Pois ben, o WinDS o que fai é "emular" a consola no PC, polo que podes xogar a calquera xogo da DS no PC.

O problema, ata agora, era grabar as partidas, pero con estes sinxelos pasos, xa está solucionado.
- abrimos o programa WinDS Pro Emulator
- imos co explorador de Windows á carpeta do programa. Se non sabedes onde está a carpeta de instalación do programa (a min me pasa moitas veces), na icona do programa en cuestión, dándolle con BD (botón dereito do rato), en propiedades, vemos ónde se executa á icona de acceso directo. Pois neste directorio está a carpeta de WinDS Pro.

- Unha vez dentro de WinDS Pro, buscamos a carpta No$ba (pode estar xa directamente na carpeta, ou dentro de outra que se chama "emu") e alí buscamos a carpeta battery.
- Unha vez dentro da carpeta battery, creamos co BD un arquivo de texto co block de notas (extensión .txt) que se chame battery

- E xa estaría arranxado o problema. Isto fai que as partidas que imos xogando co emulador, se garden na carpeta e a próxima vez que se xogue, podamos cargar o progreso gardado.

22/6/12

Archivo de Comics: EL MERCENARIO [Re-Post]

Un cómic que ninguén debería deixar de ler, pola historia en si mesma e polo incrible das ilustracións. Vicente Segrelles é un maestro de maestros e se nota en cada debuxo. Realmente non son debuxos, son óleos. Parece incrible que o autor lle dedicase tanto tempo a "pintar" un cómic. Pero o resultado é único.

Desfrutádeo! (ainda que sexa en formato electrónico. A edición impresa leva esgotada décadas...)

Archivo de Comics: EL MERCENARIO [Re-Post]

20/6/12

SOAN, algo novo...

que gañase un concurso televisivo non debería penalizar a este cantante que ten un estilo propio. Pode gustar ou non, pero ten estilo...

5/6/12

Sobran Funcionarios?

Fonte: caxoperros.net

Y...SOBRAN FUNCIONARIOS


Pues resulta que por fin se sabe el número de políticos que pululan por estas nuestras Españas. Y como era de esperar, resulta que tenemos más políticos viviendo de los presupuestos que ningún país de Europa. Suprise

Enlace a la noticia:

http://www.rankia.com/foros/economia-politica/temas/1223628-tenemos-445-568-politicos-empleados-administracion-publica-casi-doble-segundo-que-italia

Tenemos EL DOBLE de políticos que el segundo país con más políticos de Europa (Italia). Tomanota

Resulta que tenemos 300.000 políticos más que Alemania ¡con la mitad de población! Además Alemania está mucho más descentralizada que España. Alemania cuenta con 6 niveles administrativos (Estado - Länder - Regiones Administrativas - Distritos - Mancomunidadades - Municipios) y España sólo con 4 (Estado - Comunidad Autónoma - Provincia - Municipio).

Resulta que tenemos 445.568 cargos públicos
165.967 médicos
154.000 policías
19.854 bomberos


Resulta que tenemos más políticos que médicos, policías y bomberos... ¡juntos! ¿Y luego lo que sobra son funcionarios, médicos y bomberos, etc.? Noentiendo



¡¡¡¡VENGA YAAAAAAAAA !!!
Regana

4/6/12

"JETAS"

Estes días, se buscas "jetas" en google, podería sairche (da igual a orde) algo así:

- Carlos Dívar, presidente do CGPJ (Consejo General del Poder Judicial): non dimite "por responsabilidade" despois de gastar unha chea de cartos públicos en estadías privadas en Marbella.



- Miguel A. Fernández Ordoñez, presidente do Banco de España: non fala de Bankia "por responsabilidade"... e tampouco dimite.







E digo eu, alguén lles explicou a estes o concepto de "responsabilidade"??? para min que o día que o tiñan que estudar non foron a clase...

Outras posibilidades de resultado da búsqueda "Jetas" serían:

- Rodrigo Rato: Ex-presidente de Bankia, Ex-presidente do FMI, Ex-ministro de Economía... Un cracka, vamos!! (máis ben, onde toca él, todo fai crack....)




- Juan Carlos I de España: no coments...










Iñaki Urdangarín: Xenro do anterior e imputado nunha trama de corrupción....









Se alguén atopa máis resultados en google e/ou outro buscador, animádemos a engadilo....

Mi madriña!!!!

1/6/12

El Nombre del Viento, de Patrick Rothfuss

Ata que Cris me dixo que tiña un libro para "traficar" comigo que acababa de ler e lle gustara, non tiña nin idea da publicación de "El nombre del viento", a primeira parte dunha triloxía fantástica escrita por Patrick Rothfuss, un escritor norteamericano da miña quinta (máis ou menos). A novela é bastante recente. De feito, o terceiro volume ainda non está publicado, e acaba de sair o segundo volume da triloxía (do cal non teño moi boas críticas -fonte: Zeke-) De tódolos xeitos, o leerei nalgún momento (máis cedo que tarde).

O libro me gustou moito (moitas grazas, Cris!!) por varios motivos. Pola frescura da redacción (e seguro que me perdo un montón de matices debido á tradución....), pola historia en sí mesma e tamén pola forma de presentala. O feito de ser unha historia contada no presente polo seu protagonista, falando do seu pasado, durante 3 dias para que esa historia quede reflectida e poida ser transmitida tal e cómo él a viviu e non como unha serie de lendas e relatos inconclusos e inconexos é moi estimulante. Pero lle da un puntiño máis o feito de que a historia pasada da personaxe principal ten consecuencias no presente, que afectan (e moito) a vida aparentemente tranquila e retirada de Kvothe, do cronista (o que recolle a historia) e de Bast.

Como quedan moitos interrogantes por descifrar, só direi que o libro se lee nun pispás e te quedas con ganas de máis. E tamén me parece moi enxeñosa a explicación que se da de cómo funciona iso que fóra da fantasía se denomina "maxia".

Boa lectura!