Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


16/11/10

De tatuaxes e outros debuxos 1




Vendo o interese que suscita o feito de debuxarnos na pel os máis pelegríns símbolos, letras ou calquera cousa que se nos poida ocorrer, aquí expoño, sen orde nin concerto, as miñas preferencias gráficas para formar parte per secula seculorum (salvo que por tecnoloxía láser se remedie) do meu corpo.
Admítense comentarios (tanto positivos coma negativos) e sobre todo, propostas e suxerencias de decoración.
Quere dicir isto que ao mellor se toman en conta (ou non) para unha futurible visita a un/unha artista que, previo pagamento, deixe a súa impronta nalgunha parte da miña anatomía (tampouco teño clara a parte do meu corpo que terá a dubidosa honra de acoller un pouco de tinta) para sempre.

alá imos...
Dragón xaponés

Escarabello exípcio


Ollo de Horus

 
Ank Exípcio ou chave da Vida. Tamén é o símbolo de Morte na obra de Sandman
Chave do Inferno, segundo Neil Gaiman (Sandman)





Agardo propostas!

6 comentarios:

  1. Anónimo16/11/10

    O dragón está chulo pero hai que ter ganas para aguantar que che pinten todas esas raias no lombo. Como se soe dicir, sarna con gusto non pica, aínda que mortifica...

    Paula

    ResponderEliminar
  2. A verdade é que o dragón é moi chulo, pero para ser a primeira (e ao mellor a última) tatuaxe, caseque me inclinaría por algo máis sinxelo. Ainda que si ao final só fago unha...

    ResponderEliminar
  3. Anónimo16/11/10

    a min hai algún de esos q me soa... jejej dicen os expertos en tatuaxes que non hai un sen dous, ou tres, ou... varios, así que igual ainda acabas con todos esos enriba. a min a chave gústame, pero claro, a miña obxetividade nesta elección é moi dubidosa...

    cris

    ResponderEliminar
  4. A min tamén me gusta moito a chave, por qué será?
    Creo que vou poñer outra entrada de Sandman, sobre "A Midnight Summer Dream"

    ResponderEliminar
  5. A min que queredes que vos diga, séguenme atraendo os clásicos. Os típicos 5 puntos na man, a tiparraca en bolas no bíceps, a áncora, ou o "amor de madre" que nunca pasará de moda

    ResponderEliminar
  6. Pois non che sei eu. Os 5 puntos na mán, polo que sei é unha tatuaxe carcelaria, que segundo algúns significa 1 preso entre 4 paredes, e noutros significa 1 policia e 4 presos que acaban con él...
    Xa buscarei o significado dos outros...^^

    ResponderEliminar