Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


28/10/10

correlación?

Seguindo coa sección "verdades coma puños", aquí teño unha reflexión que podedes compartir, ou non:

"O número de post nun blog determinado é inversamente proporcional ao grado de ocupación do responsable do mesmo"

En fin...

27/10/10

Soy Leyenda, de Richard Matheson

Ao final tiven que quedarme esperto moito máis do que contaba. Non pensaba que ía estar enganchado ata a fin da novela "Soy Leyenda" do autor norteamericano Richard Matheson.Sei que hai varios films sobre a obra, das que vos poño a información que aparece na wikia:

"El último hombre sobre la Tierra"

En 1964, Vincent Price o interpretou como o Dr. Robert Morgam. Producción italiana co título orixinal de L'ultimo uomo della Terra. O propio Matheson escribiu o guión desta adaptación pero, despois de anos sen levarse á pantalla, se reescribiu debido ás presións da compañía productora, así que decidiu aparecer nos títulos de crédito co seudónimo de "Logan Swanson".

"El último hombre vivo"

En 1971, unha versión alonxada da novela orixinal apareceu co nome de The Omega Man, titulada ao castelán como El último hombre vivo. Está protagonizada por Charlton Heston y Anthony Zerbe. Matheson non tivo ningún tipo de influenza neste filme; é máis, se desviaba completamente da novela, rexeitando os elementos vampíricos, agás polas criaturas fotosensibles.

"Soy Omega"

Película de baixo orzamento realizada pola productora The Global Asylum no ano 2007.[1] O título en inglés da película (I am Omega) combina os títulos da novela e dunha das versións anteriores, The Omega Man.

"Soy leyenda"

Nos años 90, se especulou sobre unha adaptación de Ridley Scott, pero se descartou polo elevado do orzamento. A película ía estar protagonizada por Arnold Schwarzenegger. Finalmente se escolleu a Will Smith como protagonista da adaptación de Francis Lawrence. A historia transcorre en Nueva York, a diferenza da novela orixinal, e se estrenou en decembro de 2007.
A película difire en moitos aspectos da novela de Matheson, desde a fisionomía da personaxe (Robert Neville na novela é caucásico, e na película afroamericano), ata a trama (na novela, Neville, atrincherado na súa casa, loita día a día por sobrevivir ante os constantes ataques de vampiros, mentres que na película este acoso so se produce ao final). Pero é máis chamativo o contraste en dito final.
----------------------

O que me pareceu mellor do libro é a capacidade que ten para despistar ata o final, no senso de (espero que si o ledes, non vos condicione este punto de vista) semella todo o tempo que o protagonista é o acosado, o sobrevivinte a un holocausto, que ten que loitar fronte a unha amenaza mundial (no seu barrio en principio, pero él sabe -e nós tamén- que non hai ninguén máis coma él en todo o mundo) e que ten os días contados; pero só á fin se descobre (polo menos, é a miña opinión, seguramente influida pola miña visión científica do mundo) que o principio de supervivencia dos máis aptos se mantén nesta obra (Darwin, na súa teoría sobre a evolución das especies, expón que a natureza é a que, cos seus cambios, fai que se seleccionen diferentes especies segundo o seu grao de adaptabilidade, xa que os cambios na natureza fan que unha especie que estaba moi ben adaptada ata ese momento, pase a estar en desventaxa evolutiva, e sexa outra especie a que se seleccione).

Ben, isto é o que ao final eu vexo no libro. Prodúcese un feito que cambia as condicións da vida (da vida humana tal e como eran ata ese momento) polo que se produce un salto evolutivo e outra especie (á que pertence Ruth) é a que se atopa en mellor posición evolutiva, polo que Neville pasa a formar parte da lenda. Produciume un calafrio pensar en cómo lle contarían os pais aos fillos que o que facía Neville polo día (sacar aos vampiros ao sol, etc) e que para él supoñía a supervivencia; para eses pais "vampiros" supoñía unha ameaza mortal para as súas familias. Él, Neville, convertérase nunha amenaza para a nova sociedade...

Creo que esta idea (polo menos esta lectura que fixen eu da obra) é o que máis me sorprendeu.

Boa lectura!

Pd: Si chego a ver algunha das películas que puxen máis arriba comentarei qué me pareceu, pero a verdade é que non me apetece nada velas...

25/10/10

Modo XP en Windows 7

CÓMO ACTIVAR O MODO XP EN WINDOWS 7


Microsoft quixo solucionar o problema de compatibilidade de programas para Windows XP que existía en Vista, no novo Windows 7. Para iso, desenvolveu unha ferramenta que permite virtualizar un Escritorio de Windows XP en Windows 7, é dicir, o Modo XP para Windows 7 o que fará é permitir a instalación de aplicacións para Windows XP en Windows 7.

Para conseguir isto, Microsoft se fixo cun sistema de virtualización de plataformas que permitirá executar programas para XP en Windows 7 sen problemas de compatibilidade. 

Ainda que a ferramenta é moi sinxela de utilizar, activar o modo XP en Windows 7 pode resultar algo máis complexo a primera vista, e por iso imos ver os pasos necesarios para poder executar esta ferramenta.

Habilitar o Modo XP en Windows 7

circulo Paso 1. Non todos os ordenadores soportan a virtualización de Hardware, e por iso, antes de seguir co titorial, deberemos de asegurarnos de que o noso equipo si o fai.

Para isto, poderedes comprobar si o voso equipo soporta a virtualización, utilizando a ferramenta:

Intel Processor Identification Utility (para micros Intel)

AMD-V Technology and Microsoft Hyper-V Compatibility Check (para micros AMD)


Para saber que placa base tedes, debedes ir a 
Inicio, 
Panel de Control
Sistema. Ahí aparece na pestana "xeral" si o microprocesador é AMD ou INTEL.

activar modo xp windows 7 2


Si o noso equipo pasa a proba, poderemos activar a virtualización de Hardware desde o menú System Configuration de la BIOS.

circulo Paso 2. Unha vez que temos activada a opción para poder virtualizar o hardware, teremos que instalar 2 ferramentas de Microsoft. A primeira, é a máquina virtual que permite activar o Modo XP en Windows 7, e a segunda é a propia aplicación Modo Windows XP Beta.

Descargar Windows XP Mode Beta

Descargar Windows Virtual PC Beta

circulo Paso 3. Seguindo o asistente de Windows Virtual PC Beta, procederemos a instalar Windows XP Mode Beta e aparecerá entón na nosa barra de menú de inicio un acceso directo á función Modo XP.

activar modo xp windows 7 1


Executamos a aplicación, e veremos cómo se abre unha ventana que contén o Escritorio de Windows XP con todas as súas funcións e servizos activos como se estivesemos traballando cun equipo independente, pero o mellor que fixo Microsoft co Modo XP en Windows 7, foi conseguer una interactividade total entre Windows 7 e o entorno virtual XP.

activar modo xp windows 7 3


circulo Unha vez que teñamos abertos os 2 sistemas operativos simultáneamente, o Modo XP non permitirá:

punto Executar programas e aplicacións instaladas en Windows XP Mode directamente desde o Escritorio de Windows 7.

punto Acceder desde el Modo XP ás carpetas públicas de Windows 7 como "Mis Documentos", "Mis imágenes", Música, Video, etc.


punto Cortar e Pegar arquivos e documentos de Windows 7 a Windows XP Mode ou viceversa.

punto Acceder a calquera dispositivo USB conectado a Windows 7 desde Windows XP Mode como Impresoras, discos duros externos, cámaras dixitais, etc.

punto Imprimir documentos e imaxes desde aplicacións executadas en Windows XP Mode.


activar modo xp windows 7 4


 

22/10/10

Windows XP ou Windows 7? Elixe...

INSTALAR WXP, CORTESÍA DE configuraequipos


INSTALAR W7, CORTESÍA DE configuraequipos:



Windows XP é, actualmente, o sistema operativo máis usado a nivel mundial. Segundo as estatísticas, XP está instalado nun tercio dos PCs existentes, pero á chegada de novos compoñentes de hardware e a falta de soporte de novos programas como o novo Messenger, fai que agora un se plantexe se mantelo ou actualizar a Windows 7, pois Vista perdeu a súa oportunidade con tódolos faios e problemas que daba.


Para decidir si manter Windows XP ou actualizar a Windows 7, debemos ter presentes varios conceptos. É dicir, ver as ventaxas e desventaxas que ofrecen tanto Windows XP como Windows 7, dependendo do uso e PC que teñamos.

Rendemento de XP e Windows 7

Windows XP xa ten máis de 10 de anos de idade, polo que o seu rendemento está optimizado para os compoñentes de aquela. Isto quere dicir que si temos un PC ou portátil con procesador, gráfica, memoria RAM e disco duro non moi potentes, o sistema aconsellable é disco Windows XP.

Por outro lado, Windows 7 foi deseñado para ofrecer máxima estabilidade e rendemento con compoñentes novos, ademáis de ofrecer un excelente rendemento en equipos de pouca potencia. Neste aspecto, quizáis sería mellor centrarse no uso que da cada uno ao seu PC e determinar cal dos dous é o mellor sistema operativo na vosa circunstancia.

A día de hoxe temos comprobado cómo aplicacóns deseñadas para XP non funcionan en Windows 7. A pesar diso, Microsoft lanzou o Modo XP, que virtualiza un Windows XP para evitar este tipo de problemas.



Por outro lado, Windows 7 xa non ofrece problemas de compatibilidade con accesorios e xogos que encontrabamos en Vista. Ademáis, a interface de Windows 7 é moito máis atractiva, interactiva e equipa a Super Barra.

Microsoft xa non ten tanto interese en manter o soporte para Windows XP (un exemplo é que o novo messenger non se pode usar xa en WXP) e os desenvolvedores atopan cada vez máis dificultades para crear aplicacións e xogos que poidan soportar a tecnoloxía de Windows XP. Polo tanto, si estás á ultima en softwae e xogos, quizáis deberías plantexarte o actualizar a Windows 7, pois tódalas estatísticas e enquisas apuntan a que este último SO converteuse no preferido polos usuarios de todo o mundo.

21/10/10

VIOLENCIA DE XÉNERO

Este é un tema moi serio no que seguro que hai moitísima xente que sabe moito máis sobre as causas, as consecuencias, os atenuantes, as condenas, as implicacións sociais, a educación... en definitiva, que estou seguro que hai moita xente que sabe máis ca mín sobre isto, pero non quero deixar pasar a ocasión de condenar firmemente a violencia de xénero (e calquera outro tipo de violencia).

Os datos que se engaden a continuación están recollidos do Instituto da Muller, organismo dependente do Ministerio de Igualdade (onte mesmo extinguido e convertido en Secretaría de Estado). Os datos chegan ata o 1 de outubro, polo que non están contadas (e ogallá non se tivesen que engadir) as últimas mortes por violencia de xénero, que fan que este ano 2010 teña o triste honor de ser máis violento en canto a mortes de mulleres que o anterior 2009.

Os datos son números,  pero aquí están:
Despois de ver esta táboa, os datos seguen a ser números, pero detrás deles hai historias, historias terribles, de medo, de terror puro, de relacións rotas, ás veces con fillos por medio, con amenazas, con coaccións, con chantaxes e golpes, gritos, discusións, arrepentimento momentáneo, sentimento de culpa, síndrome de estocolmo da víctima co maltratador, etc.

Aqui vos deixo, referidas ao ano 2010, algúns datos extraidos da RedFeminista, CIMTM, C.Reina Sofia e  Diarios locais:
Ano 2007: 71 mulleres.  /// Ano 2008: 84 mulleres asasinadas ///Ano 2009: 68 mulleres asasinadas
(algunhas delas en investigación da causa todavía)

MULLERES ASASINADAS DURANTE 2010: 68 

(DATOS ATA O 17/10/2010)

.
1 03-01-10 Sevilla (El Cuervo): Josefa, de 45 anos, estrangulada polo seu marido Juan Manuel
- 06-01-10 Barcelona (Hospitalet de Llobregat): Muller de 32 años asesinada polo seu noivo. Finalmente a autopsia revelou que a causa da morte non foi por polo que se elimina desta lista. Ver este enlace
2 21-01-10 Madrid (Brunete): Ivana, de 36 años, asasinada polo seu exnoivo de máis de 20 puñaladas
3 21-01-10 Palma de Mallorca: Joana é apaleada, axfisiada, apuñalada e mutilada pola súa parella, con problemas psiquiátricos (No contabilizada por el Ministerio de Igualdad por tratarse de una pareja con problemas psiquiátricos)
4 11-02-10 Mallorca (Campos): Aparece o corpo descuartizado da muller desaparecida en novembro.(No contabilizada polo Ministerio de Igualdade por tratarse dun homicidio sucedido (pero non contabilizado) en 2009)
5 11-02-10 Tarragona (Alcover): Asasina á súa ex muller e reparte os seus restos descuartizados ao longo da autopista de Barcelona
6 18-02-10 Almería. Muller de 26 años degolada polo seu marido tras unha discusión
7 18-02-10 Madrid (Leganés): Persegue a súa ex parella ata o fogar onde traballaba onde a apuñala ata a morte.
8 28-02-10 Asturias (Oviedo): Apuñala con saña á súa muller e se entrega.
9 04-03-10 Burgos: Isabel Barroso, de 26 anos, é apuñalada pola exparella dentro do seu automóvil, onde deixou que se desangrase ata morir..
10 15-03-10 Santa Cruz de Tenerife (Granadilla de Abona): Levouna á casa a golpes e empurrándoa e unha vez dentro a apuñalou no peito e na axila
11 18-03-10 Huelva: Volvera con él “por pena” e se volvera  separar, a asesinou cando visitaba á súa nai no hospital.
12 28-03-10 Barcelona (Vic): 33 anos. estrangulada pola súa parella, que intentou suicidarse despois.
13 28-03-10 Castellón (Atzeneta del Maestrat): Perseguida polo seu marido pola rúa ata que a disparou e matou. Posteriormente o asasino se suicidou.
14 28-03-10 Almería (Benahadux): Asesinou a Carmen e a meteu no coche onde él se suicidou tamén.
15 02-04-10 Málaga (Marbella): Asasinada o día 2, ainda que ata o día 9 non se detivo á súa parella, que confesou o crime.
16 03-04-10 Valladolid: Degüella á súa parella e posteriormente se suicida con medicamentos.
17 03-04-10 Córdoba. Asasina a Antonia, unha prostituta coa que mantiña relacións habituais, e retén o seu cadavre na casa ata o dia 12 no que é descuberto (Non contabilizada polo Ministerio de Igualdade pola súa profesión)
18 04-04-10 Burgos: Apuñala a súa muller, suicidándose posteriormente co mesmo coitelo.
19 06-04-10 Málaga: Mª Victoria, de 64 anos, apuñalada en plena rúa e pola espalda pola súa ex-parella.
20 09-04-10 Oviedo. Enma, de 47 anos, apuñalada pola súa parella no seu domicilio, pola espalda.
21 11-04-10 Alicante. Fátima, 25 anos, asasinada a tiros pola súa ex-parella, dentro dun disco-bar.
22 11-04-10 Zaragoza. Mata á súa muller e o seu bebé, de 4 meses e luego se suicida con barbitúricos.
23 14-04-10 Madrid. Mata á súa parella, de 24 anos, a coiteladas, dous días despois de que ela houbera roto a relación.
24 15-04-10 Valencia (Sedaví). 8 meses despois de cerrarse o caso por suicidio, deteñen ao marido tras unha proba de ADN (non contabilizada este ano polo Ministerio porque o asasinato ocorreu en 2009).
25 20-04-10 Asturias (Gijón).Por tres veces carga a escopeta e dispara sobre a súa muller, de 55 anos.
26 29-04-10 Valencia (Museros).Un home de 57 anos asasina a coiteladas á súa  exparella, Irene, de 51 anos
27 10-05-10 Santa Cruz de Tenerife (Granadilla de Abona). 2ª asesinada neste municipio. Unha muller de 35 anos foi degolada polo seu marido, que intentou logo suicidarse.
28 11-05-10 Murcia. Unha muller de 67 anos asasinada a golpes pola súa parella. Quería iniciar os trámites de separación .
29 13-05-10 Barcelona (Terrassa). Un home acoitela á súa muller, Fatna,de 29 anos. Un dos fillos foi quen deu aviso á policía, que o detivo.
30 17-05-10 Sevilla. Ana, de 49 anos, é apuñalada en plena rúa pola súa exparella.
31 31-05-10 Sevilla (Pruna). Guadalupe B.M tiña 41 anos, a súa exparella lle asestou decenas de puñaladas ao non aceptar a ruptura.
32 31-05-10 Girona (Salt). Farida, 46 anos, apuñalada polo seu marido en plena rúa. Ela trataba de iniciar os trámites de separación.
33 02-06-10 Asturias (Gijón). Apuñala a súa esposa MªDolores e se suicida ao dia seguinte mentres era buscado pola policía.
34 04-06-10 Almería. Cristobal mata á súa parella, Mª Mercedes, de 35 anos, e ao seu fillo Cristobal de só 5 anos.
35 06-06-10 Girona (Salt). Mónica é a 2ª muller asasinada pola súa  parella nesta pequena localidade en só unha semana.
36 16-06-10 Alicante (Pilar de la Horadada). Denunciara malos tratos varias veces, a súa exparella acabou con ela dentro do seu bar.
37 20-06-10 Tenerife (La Guancha). R.A.L., de 44 anos, matou á súa exsogra de 78 anos. A filla, exparella, logrou escapar (non contabilizada este ano polo Ministerio por non ser parella).
38 28-06-10 Tenerife (San Cristobal de la Laguna-Taco). Delfina, de 48 anos, tiña unha orde de alonxamento da súa exparella, que a acoitelou repetidamente.
39 01-07-10 Granada (Pinos Puente). Tamén había orde de alonxamento contra a exparella de Rafaela pero non serviu para salvala del, que a atacou cun sacho.
40 03-07-10 Cádiz (Puerto de Santa María). Tras asfixiar á súa muller Milagros, se suicida cun tiro de escopeta na cabeza.
41 04-07-10 Cuenca (Landete). Ambos tiñan problemas psicológicos. Él apuñalou á súa esposa, Felicia, , de 68 anos, ata matala.
42 06-07-10 Girona. Olana caeu, presuntamente empurrada pola súa  parella, desde a ventana dun 6º piso. (Non contabilizada polo Ministerio por estar todavía en investigación)
43 07-07-10 Barcelona (Sants). M.Iván, de 33 anos, ao menos dous veces denunciado por malos tratos, estrangula á súa muller de 27 anos.
44 08-07-10 Tenerife (Arona). Tras 3 días desaparecida, Kristina é atopada morta grazas á detención da súa parella, P.L., de 38 anos, detenido polo crimen.(non contabilizada este ano polo Ministerio por estar en investigación).
45 11-07-10 Las Palmas de Gran Canaria. Laura, enfermera, foi presuntamente envelenada pola súa parella, tamén enfermeiro.
46 15-07-10 Las Palmas de Gran Canaria (Mogán). Unha turista británica foi atopada no mar, con signos de violencia. Unha semana despois deteñen, en Inglaterra, á súa parella por dito homicidio. (non contabilizada este ano polo Ministerio por ser turistas).
47 15-07-10 Cuenca (Villanueva de la Jara). Con 3 denuncias, unha sentenza firme por malos tratos, orde de alonxamento…consegue R.F, de 44 anos, matar a Z.G., a súa muller, de 32 anos.
48 16-07-10 Zaragoza. Asasina á súa muller na portería onde traballaba. É detenido 2 días despois nunha terraza da céntrica Praza do Pilar.
49 17-07-10 Tenerife (La Orotava). Tras asasinar á súa muller de 49 anos, trata de suicidarse tirándose pola ventana do terceiro piso.
50 25-07-10 Bizkaia (Bilbao). Asasina á súa parella a golpes. Tiña orde de alonxamento pero a muller volveu a convivir con él.
51 25-07-10 Girona (Blanes). Unha muller morre ao caer desde a ventana da súa casa, a súa parella foi detida (non contabilizada este ano polo Ministerio porque está en investigación).
52 25-08-10 Madrid (Torrejón de Ardoz). Morre ao caer por unha ventana, un conocido é detido(Non contabilizada polo Ministerio de Igualdade por non probarse todavía a relación sentimental)
53 26-08-10 Lugo. Un profesor asasina a golpes á súa muller, enfermeira.
54 02-09-10 Barcelona (L´Hospitalet de Llobregat). Asasina á súa  muller Nikauris, de 29, a coiteladas. Tiña 3 fillos pequenos..
55 02-09-10 Sevilla (Tiro de Línea) Asasina, descuartiza e tira ao río a Laura, de 49 anos. (Non contabilizada polo Ministerio de Igualdade por non probarse a súa relación sentimental)
56 08-09-10 Palencia (Villoldo). Asasina á súa muller a coiteladas. Tiña orde de alonxamento.
57 10-09-10 Almería (Roquetas de Mar). Damiana, de 39 anos, é asasinada pola exparella, que posteriormente se suicida.
58 14-09-10 Oviedo. Johana, de 27, degolada pola parella, á que denunciara por lesións en 2008.
59 15-09-10 A Coruña (Ponteceso). Un home mata a martillazos á súa  parella, María Rosa, de 34 anos.
60 19-09-10 Córdoba (Villarrubia). Asasina e decapita á súa muller e se suicida cando a policía ía a detelo.
61 26-09-10 Castellón (Moncofa) Apuñala á súa parella e tenta suicidarse despois.
62 26-09-10 Girona (Sant Pere Pescador). Aparece descuartizada no  conxelador da casa onde vivía coa súa parella, detenida por cometer presuntamente o asasinato .
63 06-10-10 Málaga. CGM, de 80 años, é asasinada polo marido e logo tenta suicidarse.
64 09-10-10 Málaga (Las Chapas).Detenido 20 meses despois, o presunto asasino dunha muller da que se namorara pero que ela o rexeitara (Non contabilizada polo Ministerio de Igualdade por ser un asasinato ocorrido en 2009).
65 11-10-10 Granada (Alhama de Granada). Tras asasinar á súa parella, de 37 anos, cunha barra de ferro, trata de suicidarse inxerindo lixivia.
66 13-10-10 Alicante (Benejúzar). Asasina a tiros á súa muller e logo se suicida.
67 14-10-10 Madrid (Getafe). Un hombre acoitela presuntamente á súa muller de 47 anos e se suicida posteriormente no mesmo domicilio.
68 17-10-10 Tarragona. Atopan o corpo dunha muller de 26 anos, enterrada en cal viva na bañeira xunto aos cadáveres dos seus dous fillos de 3 e 5 anos. Se busca ao pai, que fuxiu.

20/10/10

SÍNDROME DE SAVANT

Información cortesía de http://mesturas.blogspot.com/

Stephen Wiltshire. Síndrome do savant

Stephen Wiltshire é un artista británico. Ten autismo.
Se tedes ocasión de ver un vídeo do seu traballo quedaredes moi sorprendidos. Só con con mirar un lugar unha vez, é quen de plasmalo con todo luxo de detalles. Normalmente, percorre grandes cidades como Roma, Tokio, Hong Kong, Madrid … a bordo dun helicóptero e despois dun paseo relativamente curto, duns 30 minutos, é quen de lembrar e logo debuxar toda a cidade nun lenzo de 10 metros sen utilizar fotografías da mesma. A exactitude dos debuxos é impresionante.
Stephen, que tardou anos en aprender a falar un mínimo de palabras para poder comunicarse a nivel básico está diagnosticado co chamado síndrome do savant, peculiaridade dunha escasísima incidencia na poboación mundial (calcúlanse uns 100 individuos aproximadamente) que adoita estar relacionada con persoas afectadas de autismo. 


19/10/10

Leo Caldas ou a novela negra viguesa

Empecei a a ler a Domingo Villar non hai moito, a principios de ano (ou poida que fose no nadal pasado)

O primeiro Libro se titula "Ollos de Auga" e nos introduce na vida do inspector de policía Leo Caldas, destinado nunha comisaría de Vigo. Neste primeiro libro sobre o inspector de policía, Domingo Villar nos introduce na especial idiosincrasia da xente de aquí, das rías baixas e da área metropolitana de Vigo (que me perdoen aqueles que non crean que os arredores de vigo non forman parte da súa área metropolitana).
O libro ten un ritmo moi áxil, con capítulos moi ben encabezados a partir da definición dunha palabra clave para o capítulo e non tanto para a trama principal.
O que me gustou especialmente da obra (e por iso en canto rematei o libro conseguin o segundo) é a figura do inspector. Non é un tipo desagradable pero de ningún xeito é un heroe ao uso. Non hai persecucións, nin pelexas (case ningunha) nin sequera tiros como noutras novelas negras. Pero Leo Caldas é creible. Ten incongruencias coma todos nós, ten manías (idem) e ten conflictos; confictos co seu pai, coa ausencia da súa nai, coa súa parella e incluso co seu compañeiro Rafaél Estévez, un zaragozano enorme cheo de testosterona perdido nas rías baixas e na mentalidade galega da retranca.

Os casos que resolve Caldas están moi ben artellados e o seu tratamento das personaxes é simplemente intachable. Redondea as descricións con acenos e linguaxe non verbal de xeito que chegas a poder case adiantar  as reaccións.

O elenco de personaxes "secundarios" (non me gusta nada ese termo) é boísimo. Dende a eficiente Clara Barcia, pasando polo seu axudante Rafa Estévez, ata os catedráticos do Elixio o universo caldiano vaise conformando de xeito que unha realidade literaria case palpable vai acompañando o discorrer das tramas.

A ver, que ninguén se engane, é unha novela policiaca, negra, dun crime que hai que esclarecer, pero o interesante, ao meu parecer, é como os casos que Caldas vai resolvendo influen na súa vida, nas súas relacións co seu pai, con Alba e tamén como esas relacións e reaccións inflúen á súa vez na resolución dos casos (xa me liei...)


Onte mesmo rematei de ler o libro "A praia dos Afogados" editado por Galaxia, como o primeiro. Teño que dicir que me gustou bastante máis éste que o primeiro. Vexoo máis relaxado ao autor, máis metido no mundo de Leo Caldas e ao mellor tamén me gustou máis pola temática que toca en relación ao crime que neste caso lle toca ao inspector.

Non quero destripar nada dos argumentos, así que só desexo que Domingo Villar se anime a escreber outro (e outros) libros do inspector Caldas, para poder desfrutar de novo.

15/10/10

DESORIENTADO 10

Debín quedar durmida... non sei canto tempo terá pasado desde que subín á habitación, pero, polo que sei non veu ningúen por aquí. Habería algo no café e as bolachas? Estoume volvendo paranoica perdida. E encima non son quen de entender porqué carallo me vexo como un home cando miro no espello. Agora mesmo estou a tocar a cara coas mans e me descubro barba...
Agarda, algo vou lembrando a través da néboa de dor que me segue a sacudir a testa. Lembro que collín un voo dende Vigo a Chisinau vía Madrid. Barajas está feito un cristo agora, coa T4 que debería ser outro aeroporto distinto. Lembro que antes de embarcar no avión con destino a Bucarest (non había voo directo a Moldavia) tomei un café nunha desas pseudocafetarias que atopas polos currunchos da terminal, artificiais e ainda que modernas, en certa maneira decadentes. Un aeroporto pretende ser un lugar luminoso, alegre e diáfano, pero a sensación que da, si te paras un rato a ver pasar á xente, é a dun lugar escuro, triste e morriñento. Despedidas (tamén encontros, pero menos), choros, suspiros e soidade, soidade nos pasaxeiros (agás as familias que van xuntas, montando un balbordo que soa moito máis atronador en metade dun lugar tan grande) e unha certa inquedanza por mor dos horarios dos voos. Salirá o meu avión? Cámbiaranmo de Porta de entrada? Collerei o enlace? Pois estaba eu nesas disquisicións  diante do meu café en vaso de plástico e un croissant que debería de estar no lixo (por duro e insípido) había un día, cando, ostias! Vouno lembrando, achegouse unha muller.

13/10/10

MINEIROS ATRAPADOS EN CHILE (3)

Hoxe é un día especial. Será recordado por todo o mundo como o día no que a técnoloxía venceu, despois de 69 días angustiosos, a unha montaña na que 33 homes, 33 mineiros,  levaban case 3 meses enterrados.
Os traballos para ir levando á superficie aos 33 mineiros poden alongarse ata 24 horas, pero cando rematen, unha nova etapa se abrirá para eles.

Agora empeza a exposición pública, as roldas televisivas e o tratamento como heroes (que o son) mediáticos. Están preparados para iso? As televisións e o periodismo en xeral adolecen actualmente (para o meu gusto) da moral necesaria para salvagardar as vidas privadas desta xente.

Habería que falar dentro dun ano (espero poder facelo aquí) de cómo este encerro lles cambiou as vidas aos 33 de atacama. Gustaríame poñer dentro dun ano que isto serviu para mellorar as súas condicións de vida (e seguramente en bastantes casos será así, polo menos no económico) pero está por ver esta circunstancia, sobre todo observando cómo se tratan as novas neste mundo globalizado e con tendencia á hipérbole informativa.

Ogallá me equivoque e isto sirva para algo máis que para facer fotos cos políticos de turno que ata o momento do enterramento non tiñan nin idea (nin lles importaba) das condicións de vida e laborais dos mineiros...

11/10/10

MINEIROS ATRAPADOS CON VIDA EN CHILE (2)

Despois de case 3 meses de angustia, de esperanza mezclada con medo, con terror por tódalas variables que podían facer que o rescate dos 33 mineiros atrapados vivos na mina de Chile, se anunciou hoxe que están a reforzar o conducto de saída dos mineiros, para evitar desplomes, e que empezarán a sacalos dentro de 3-4 días. NOn se sabe a orde de saída aínda, pero hai varias cousas claras:

Sairán primeiro os máis hábiles, despois os enfermos e despois os máis fortes.
O último en saír será o xefe de turno que estivo coa responsabilidade de manter en bo estado e evitar confictos durante todo o encerro (debería dicir enterro?)

O conducto de saída mide 66 cm de diámetro, pero co reforzo que se lle está a poñer, vai quedar cun diámetro de 60 cm. Medide 60 cm por favor, e imaxinade por un momento que vos metedes nun cilindro metálico, atados cun arnés e que vos suben durante 600 m (imaxinade 600 m lineais en vertical). É angustioso, pero no noso caso, é só imaxinación...no deles, é a súa esperanza para poder volver a ver a luz do día.

Tamén se lles farán chegar gafas de sol especiais para protexelos da luz solar, logo de case 3 meses baixo terra.

Dende o 5 de agosto no que sucedeu o derrubamento os familiares dos mineiros enterrados están ao pe da mina, agardando novas que, por fin, poden chegar esta semana ou como moito a principios da vindeira.

Ogallá poida transmitir que se acadou o rescate máis importante (tanto pola profundidade como pola duración) de persoas atrapadas baixo terra.

8/10/10

VERQUIDO TÓXICO AO DANUBIO

04/10/2010.-

Lunes 04 de octubre de 2010, A riada de lodos contaminantes que inundou 40 quilómetros cadrados no sudoeste de Hungría chegou ao río Mosoni Duna, un afluente do Danubio, despois de que un tanque dunha compañía de aceiro contendo lodo vermello rompeu. No incidente o sedimento químico inundou centos de residencias da rexión, matando dúas persoas e ferindo cerca de 60, dúas de elas críticamente.
A portavoz da Oficina de Catástrofes, Gyorgyi Tuttos, explicou que a pasada madrugada a ola de “barro vermello” alcanzou o Mosoni Duna, a uns 20 quilómetros do Danubio, e asegurou que o PH da auga baixou até o 9,2 logo de que alcanzar na xornada do mércores 13, baremo incompatíbel coa vida.

O lodo vermello, producido por un accidente industrial que anegou os condados de Veszprem, Gyor-Moson-Sopron e Vas, ameaza agora o ecosistema do río máis grande de Hungría, cunha taxa de residuos alcalinos superior á normal.

A rotura dunha balsa de acumulación, propiedade da empresa fabricante de aluminio, MAL Zrt, provocou este luns un derrame dun millón de metros cúbicos de lodos altamente tóxicos, segundo recolle na súa edición ElEconomista. Polo de agora resultaron mortas catro persoas, entre elas un neno, e outras seis están desaparecidas a consecuencia deste accidente.  

 Polo que parece, a vida no río que sufríu a primeira contaminación é inviable xa. Afortunadamente as autoridades pensan que cando os lodos tóxicos cheguen ao Danubio (que o farán seguro), o seu pH estará por debaixo de 10, cifra perigosa pero non mortal. Con sorte, o desastre quedará aislado nunha zona, a inicial, na que é imposible vivir agora mesmo. O primeiro ministro hungaro declarou que si o desastre tivese ocorrido de noite, habería centos de mortos na zona preto da balsa que se desfixo.

O que non está claro son as causas da rotura do muro de contención, pero se lle recomendou á compañía que paralice a fabricación de aluminio.

Aquí vos deixo un vídeo no que se explica a evolución dos lodos tóxicos ao chegar ao Danubio:


Este desastre recórdame ao que en España tivemos en Aznalcollar, ocorrido en 1998. Neste caso os verquidos procedentes da minería e almacenados nunha balsa que se rompeu eran de pH moi baixo (altamente ácidos) ao contrario que os verquidos de Hungría.
As administracións investiron varios millóns de euros en tentar recuperar medianamente a zona, e crearon a figura de Corredor Verde, no que están prohibidas  as actividades de caza, pesca, pastoreo e recolección debido á súa contaminación indefinida, mentres seguen as tarefas de reforestación

Aquí vos deixo outro vídeo tras os 10 anos do desastre da Mina de Aznalcollar

6/10/10

A (des)graza de ser Zurdo

Outro dos temas recurrentes ao longo da miña vida é este. Admítoo diante do que queira verme cun bolígrafo, lápis ou pintura na mán: son ZURDO. É aparentemente sinxelo, sen demasiada trascendencia, algo que a xente nota de lonxe pero que tampouco ten consecuencias na miña vida diária. Como se pode ver na imaxe, este típico gancho dos zurdos (polo menos da maioría) cando escribimos podería correxirse cun bo método de ensino . Eu xa son algo maior para cambiar esa forma de escritura, pero a verdade é que por varias cousas debería cambialo: Odio cando despois dun tempo collendo apuntes me doe todo o brazo e en especial o pulso. Odio ter que limpar o dedo meniño da tinta que vai recollendo mentres escrebo, co conseguinte emborranchamento do papel e dos apuntes.

Xa eu non teño unha caligrafía Gongoriana (mal que lles pese aos cuadernillos Rubio que me facían cubrir de pequeno) pero si encima lle poño a man encima á tinta antes de que se seque, imos apañados...

Creo que o trauma do zurdo non o tiven nunca; tamén creo que en parte é porque non son zurdo de todo. Quero dicir, si escrebo, como e lavo os dentes coa man esquerda, pero por exemplo, corto coas tesouras, ando co rato do PC, abro unha lata de conservas ou collo un parafusador coa dereita.

Máis problemático é cando esas últimas actividades as fas coa esquerda, xa que os instrumentos que fan falta para iso non están dispostos para ser usados por zurdos. Afortunadamente, agora mesmo no mundo occidental os zurdos non temos problemas de integración. Atrás quedan esas historias (como a do meu avó) nas que se contaba que os maestros lles ataban a man esquerda ás costas para que aprendesen a escreber coa dereita.

O que non está nada claro é a razón final da zurdeira. Hai varias hipóteses sobre as causas, pero de momento son está nada demostrado. Podedes ver as teorías que se manexan para explicar esta diferenza.

Polo que parece, a lateralidade vaise establecendo pouco a pouco, pero se tende a que si a parte esquerda do cerebro controla a parte dereita, se controle o ollo, a man e o pe (os órganos pares, para entendernos). Ás veces esta lateralidade é cruzada (dominancia da man dereita e do ollo esquerdo, por exemplo) e pode producir problemas de aprendizaxe aos nenos/as que a sofren.


En fin, que nin somos tan raros os zurdos como algúns quererían (e me refiro a eses zurdos que se queren manter na diferenza)  pero tampouco temos as mesmas facilidades que os destros nesta sociedade feita por e para destros. Menos mal que sitios como este http://www.laltrama.com/ ofrecen productos que poden facer a vida máis fácil aos zurdos. Eu persoalmente non preciso ningún aparello expreso para zurdos, pero por exemplo, éme moito máis fácil pela-la froita cun coitelo de filo homoxéneo que con outro (a maioría dos que temos) con filo para destros...
Coitelos de cociña simétrico (1), para a man dereita (2) e para a man esquerda (3)

1/10/10

Saga Harry Potter 3

Bueno, chegamos á parte final da saga. Os 3 últimos libros son algo "especiais". Tentarei explicar por qué.
O libro 5º, Harry Potter e a Orde do Fénix, é un tochazo de libro, con moitísima información primordial para a historia, coa aparición dunha morea de aurores, a incorporación á asignatura de "Defensa contra as Artes Escuras" dun personaxe para mín dos mellores que inventou J.K Rowling, e digo dos mellores polo repulsivo que resulta o personaxe de Dolores Umbridge e a súa "especial" concepción do ensino. Creo que ao libro lle sobran unhas cuantas páxinas e esta idea me foi pasando continuamente nos seguintes libros ata o final da saga. Parece que hai partes nas que a autora se recrea moitísimo e, ao final, remata a acción que mantivo nun preludio caseque interminable nun par de capítulos (e lembrade que normalmente son cortos eses capítulos).
O que vai quedando claro, é creo que para iso si que fai falta espazo para contalo, é que o Mago Tenebroso máis poderoso de tódolos tempos volveu e está a reclutar aos mortífagos (os seus secuaces antes de que casi morrese cando atacou a Harry Potter).
Creo que é importante salientar que, debido ao especial ritmo das novelas de H.P. (xa estou canso de repetir Harry Potter ^^) mentres a Harry e aos seus amigos lles pasan todas as aventuras que se describen, teñen que ir pasando de curso en Hogwarts, e ir aprobando os exames correspondentes, etc. Isto vaise vendo afectado cada vez máis nas novelas, o que introduce un elemento máis de variabilidade (que a min particularmente me gusta) nas novelas, xa que son menos previsibles (comezo de curso, halloween, nadal, exames, etc.) tanto o desenvolvemento do curso como o que vai suceder.

O 6º Libro (e penúltimo) da saga, Harry Potter e o Príncipe Mestizo (traducido fatalmente ao castelán como Harry Potter y el Misterio del Príncipe) é un libro moi bo. Creo que foi o que máis me impactou. Máis que o último, a verdade. Supoño que non me esperaba o final, ainda que tiña moitas pistas para sabelo dende case o principio, pero coido que a sub-trama que ten o 6º libro en si mesmo (fóra da historia grande da saga) me absorbeu moito máis do que son quen de admitir. O feito é que o final foi moi sorprendente e iso, xunto coa dinámica do libro, as cousas que se saben sobre o pasado de moitos dos personaxes e varios elementos máis (a ambientación, as relacións entre personaxes, a revelación de varios segredos que axudan a entender máis a grande trama...) coloca este volume, xunto co libro 3º, entre os meus preferidos da serie Potter.

Teño que recoñecer aquí que me fixen fan de Harry Potter dende o 3º libro, pero despois do 4º e o 5º a miña afición decaera un pouco. Agora, co 6º lido, as miñas espectativas se viron superadas pola autora, que conseguiu artellar múltiples elementos non só do mesmo 6º volume, senón que puco a pouco foi engarzando pequenos detalles de libros anteriores, ata lograr un resultado, polo menos para mín, sorprendente e moi inesperado.

Cando empecei a ler Harry Potter e as reliquias da Morte, tiña claras varias cousas: é un libro para ler en canto poidas, xa que termina a historia de Harry como tal. Ademáis, despois de rematar o 6º máis vale que teñas o 7º cerca, ou serás capaz de matar por lelo. A min me pasou (non o de matar, evidentemente) tiven que esperar case 1 ano para que saise o libro en castelán. Fun lendo mentres tanto as fan-traducións que aparecían pola rede, pero terminaron por ser case máis confusas que esclarecedoras, así que optei por morder as unllas e agardar.
O primeiro que me sorprendeu (ainda que algo menos que nos dous volúmenes anteriores) foi o grosor do libro. É gordecho, pero menos que os anteriores, e creo que é un acerto, salvo porque, ao meu entender, a autora remata dun xeito un tanto precipitado a historia ao final; iso non sería tan grave se non se pasase unha grande cantidade de páxinas preparando unha incursión dos protagonistas que despois resolve tamén dun plumazo. Creo que iso é o que máis me cabrea da autora, que non saiba controlar as pasaxes para darlles a importancia (polo menos no número de páxinas ) que deben ter no groso da historia.
Pareceume excepcional o que fai J.K. Rowling cun dos elementos que xa apareceu no libro 1º. Quero dicir, e non pretendo descubrir nada, que non estou dacordo con ese montón de fans que, ao meu parecer están resentidos porque a historia tiña un comezo e un fin -dito pola autora-, dicían que Rowling escribia sen pararse a pensar nas tramas, con erros e sin saber a onde ía. Eu teño claro que, polo menos en parte, a autora sabía como remataba toda a historia de Harry dende o libro 1. O resto de atrezzo non digo que non o fose incorporando pouco a pouco, pero está clarísimo que dende o principio hai un fin inmutable da historia.

E pouco máis. Se algún incauto/a chegou ata aquí, só dicir que paga a pena ler os libros, xuntos, por separado ou como sexa. De feito, eu pretendo lerllos aos pequerrechos, cando saiban de qué lles fala o seu pai...