Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


12/12/13

Calcetíns de lana estilo MILA

Calcetins de lana estilo MILA

As medidas que poño a continuación dan como resultado unhos calcetíns da talla 38-40 (Europa). As agullas que se usan son pequenas, de tamaño 3. Usaremos 4 agullas, normalmente 3 delas con puntos collidos e repartidos, e a 4ª agulla, para ir calcetando...


PASO 1: montar 60 puntos repartidos en 3  agullas pequenas e facer entre 15_18 voltas de elástico, 3 ptos dereito e 3 puntos revés. Con isto facemos o elástico.

ELÁSTICO


PASO 2: despois das 15_18 voltas, continuar todo o rato con punto do dereito ata un total de 15 cm (ollo, non 15 voltas, senón 15 cm!!). Despois deixar 21 puntos (aprox. 1/3 do número de puntos iniciais) nunha agulla sen calcetar (Descansando) e continuar calcetando os 39 puntos (2/3) restantes 1 volta ao dereito e unha volta ao reves durante 20 voltas.

PASO 3: repartir os 39 puntos en dua agullas. Deixar 10 a cada lado sen calcetar e ir menguando cos 19 restantes (do centro hacia os lados) do seguinte xeito. Na volta do dereito, calcetar 28 puntos. Cando falten 11 para rematar a volta (10 na agulla sen calcetar), pasar 1 punto sen calcetar, calcetar o seguinte (que está na agulla dos que descansan) e pasar o anterior por encima. Dar a volta e deixar 9 descansando. Na volta do revés, calcetar 28 puntos normal, e cando falten 11 para rematar, calcetar 2 puntos xuntos do revés. Asi vai formando o talón. En cada volta, quedará 1 punto menos en cada un dos extremos (10 puntos en cada extremo na volta 1, 9 puntos en cada extremo na volta 2, etc)



PASO 4: cando xa non queden puntos de menguar dos 39 (2/3) iniciais, deberian quedar 19. Agora hai que coller os puntos por cada lado ata chegar aos 21 puntos que deixamos sen calcetar arriba. Con isto lograremos facer o comezo do empeine, para pechar o círculo. Temos que coller os hilos dos puntos dos lados, todos xuntos, e imos calcetando ata completar 1 volta tendo as 3 agullas en redondo de novo. Dependendo das voltas que fixesemos, deberiamos ter ao final un circulo de algo mais de 60 puntos. Agora temos que estreitar algo a curva do empeine.


PASO 5: calcetamos unha volta enteira e cando toque empezar na agulla do empeine, debemos calcetar 2 puntos xuntos ao dereito, pero pasando a agulla de atras a adiante, collendo como primeiro punto o segundo na agulla. Iso para a parte dereita do empeine. Facemos o resto da.agulla do empeine ao dereito, e na parte esquerda collemos un punto, o pasamos sen calcetar e calcetamos o seguinte. Despois recuperamos o anterior e o pasamos enriba do calcetado (surjete?). Facemos isto durante 4 voltas ou asi, ata que teñamos un total de puntos de 55_58.


PASO 6: calcetamos seguido ao dereito durante 15 cm (CENTÍMETROS) dependendo do tamaño do pe.


PASO 7: Por último, para facer o remate da punteira do pé, repartimos os puntos entre 3 agullas, de xeito que queden o mesmo número de puntos en cada agulla. Entón, en cada principio ou en cada final de agulla, collemos 2 puntos xuntos, para ir diminuindo a calceta e rematar con 3 puntos, que pechamos e por fin ¡rematamos os calcetíns!


16/7/13

XESTEIRAID 2013 (CUNTIS, 13/07/2013)

Este sábado pasado tivemos a sorte de poder participar nun raid preto da casa (máis preto que outros os que temos ido). O XESTEIRAID transcurriu por terras de Cuntis, o que nos supuxo un desprazamento de menos de 1 hora desde a casa.

Iso xa axuda, pero enriba, tivemos o pracer de contar con animación durante o día da proba coa familia, xa que tamén se desprazaron ata alí para vernos correr, tanto Paula e os nenos como os pais de Iván.

Ainda que desta volta estabamos inscritos en categoría aventura, fixemos un élite (todos os membros fixemos todas as seccións) xa que so participamos Iván e eu como AROMÓN-OS SUÍDOS polo que non había forma de descansar entre seccións.

O Raid se presentaba duro a priori, pero conforme pasaron as seccións, a dureza xa se convertiu en imposibilidade de rematar picando tódalas balizas. Pero imos por partes:

- Sección 1. Carreira semiurbana con 12 balizas, de 7 km. Aquí saimos bastante enchufados e ainda que o tempo medio se establecía en 1 hora para facer a sección e nós fixemos 1h e 20 min, picamos todas as balizas. Eu non tiven sensación de poder andar máis rápido, ainda que houbo algunha que se nos resistiu. Probablemente o feito de que fose en SCORE (as balizas se recollen polo orde que consideres máis oportuno) produciu algún retraso, pero nada máis.

- Sección 2. BTT de 30 km, con unha pequena sección de BTT_Orientación dentro do mapa grande (para entendernos, había dous mapas, un xeral con todo o percorrido, pero que ao chegar a un punto, estaba en branco, e había que cambiar de mapa, xa que esa parte do percorrido tiña outra escala e outra simboloxía).

Aquí comezan os problemas que teño eu particularmente coa Bici. Para arriba non subo o que se di, nada. Iso, sumado a que a sección comezaba cun desnivel importante, fixo que empezaramos a acumular retraso. Ademáis, ao rematar a sección de BTT-Orientación e retomar o mapa xeral, nos faltaban 6 balizas, das cales 3 de elas estaban moi lonxe, e xa iamos algo pillados de tempo. Aproveitando que pasabamos preto duha das balizas que había que recoller á volta (xa que esta sección era LINEAL), volvimos cara a meta picando o resto das balizas, pero con 3 da sección sen picar.
Naquel intre pensabamos que podiamos compensar estas balizas picando unha baliza de 3 puntos na sección de kaiak, pero...

- Sección 3: Trekking de 16 km. Saímos a esta sección ás 14 h, aprox. Durante gran parte da mesma, fomos baixo cuberta vexetal, e menos mal, xa que o día non estaba para facer exercicio ao sol. Sección dura, dura (houbo un trekkin no raid desafío ferrol 2012 de 23 km que, polo menos a min, non me pareceu tan duro coma éste). Camiños moi pechados, vexetación altísima e sobre todo, unha sección LINEAL que non permitía acortar percorridos.
Aquí, de 12 balizas, deixamos 3 sen recoller, pero nos custou 4 horas rematar.

- Sección 4: BTT de 16 km e unha sección de kaiak de 6 km. Chegamos a esta sección con 2 horas de marxe para facela, pero os comentarios da xente a esa hora (18 h.) eran de tentar picar só as balizas da bici, xa que o kaiak levava facelo como 1,5 horas. E alá saímos, coa particularidade ademáis, de que as balizas nesta sección non estaban nun punto fixado no mapa, senón ao longo dun tramo de camiño que había que coller, e a baliza se supón que aparecía nalgún punto dese tramo.
Aquí teño que facer unha pequena crítica á persoa responsable dos mapas, e é que a sinalización do tramo polo que tiñamos que rodar tapaba parcialmente o mapa, polo que se nos fixo bastante complicado asegurarnos que iamos polo percorrido correcto (creo que non fumos o único equipo que se queixou neste senso).

En fin, que o kaiak desta volta nin o cheiramos. Para colmo, xa de volta cara a meta e con 20 minutos de marxe, a última baliza a picar non a atopamos, nin nós nin os 5 equipos que viñamos xuntos. Puido ser precipitación pola hora que era, ou cansanzo ou o que for, pero o caso é que non atopamos a baliza 47... e a verdade é que estaba, pero agochada, e non no camiño principal...

Aí queda a queixa, pero tamén é certo que houbo equipos que sí a atoparon.

En fin, un raid doblemente duro, polo trekking criminal de 16 km no medio do día e duro para mín polas seccións de bici. Moito teño que mellorar....

Pd. Me encantou que estiveran durante o día Iago, Martín e Paula, así como Suso e Mila. A verdade é que non podíamos pararnos moito entre sección e sección, ao ir só os dous (Iván e eu) pero é un gustazo chegar dunha sección e atoparte coa xente que queres, animando. Iso é impagable. Grazas!!


31/5/13

RAID MONFERO 2013 (25/05/2013)

Comezou a Liga Galega de Raids de Aventura 2013 este fin de semana pasado. Nós, por segundo ano, participamos co nome de AROMÓN-OS SUÍDOS pero nesta ocasión e acompañados de Patri, nos inscribimos en categoría ÉLITE.

Para os que non saibades moito de raids, dicirvos que a diferencia fundamental entre a categoría aventura e a élite, é que nesta última, os 3 membros do equipo fan TODAS  as seccións. Para iso, ademáis dos 3 membros que fixemos o raid, contamos coa inestimable axuda de Suso (o pai de Iván e ao mesmo tempo o meu sogro) que trasladou todo o material entre un punto e outro do raid.

As seccións do raid, que se desenvolvía no contorno das fragas do Eume, foron as seguintes:

- Sección 1: Trekking  de 8,5 km
- Sección 2: BTT de 16 km
- Sección 3: Treking+kaiak de 6 km + 4km
- Sección 4: BTT de 34 km
- Sección 5: Treking de 11 km

Todo o raid se fixo en scoring (a orde na que colles as balizas non importa), polo qué foi primando a forza coa que chegabas ás seccións á hora de coller todas as balizas.

Saimos ás 10:00 h, cunha peculiaridade que eu ata agora non vira nun raid. Os equipos élite e facían as seccións na orde na que están descritas, e os aventura de xeito inverso. Polo tanto, na saída houbo unha dispersión absoluta dos equipos, e case desde o principio fumos sós.
proba especial (rocódromo+tirolina)

Rematamos a 1ª sección cun sabor agredoce, ainda que só foron 4 balizas, nos quedou unha atrás, non sei cómo. Demos voltas, pero non chegamos a atopala. O que fixemos foi a proba especial (subir un rocódromo  e lanzarse en tirolina...) que bonificaba en tempo.

Na transición á segunda sección (BTT que nos levaría ao kaiak) tivemos algo de problema para sair, e eu tiven a sensación durante todo o raid de que se me estaba facendo "costa arriba". Non foi só unha sensación, xa que na 4ª sección (a outra BTT longuísima) os calambres me obrigaron a baixar da bici momentaneamente.

En fin, deixando tamén outra baliza da BTT, chegamos á sección mixta de kaiak e treking, na que Patri descansou. Aquí teño que entonar un "mea culpa" polo erro garrafal de sair co kaiak hacia o lado oposto a onde estaban as balizas. Non ten explicación e agora non vou tentar darlla. Foi unha cagada e punto. Pero nos fixo perder un tempo precioso, polo que tampouco nesta sección collimos todas as balizas. Iván estaba que mordía, con razón, pero como estou casado coa súa irmá, se me asasina ao mellor hai represalias...(só ao mellor)
Igrexa de Sta. María de Monfero

Para min comezou entón a sección máis longa (ata aquí isto é certo obxectivamente) do raid. Camiños que non aparecían, curvas que eu non vía, desvíos pantasmas agochados atrás de vacas... Un desastre, non só polo longo da sección e polo tempo que nos levou, senón porque enriba de non coller as balizas, nos pegamos unhas palizas de subidas por cortalumes para chegar, por fin, á transición para a última sección.

Como todo o raid foi lineal, non tiñas esa tentación da última sección de dicir "puff, non sei se daremos chegado a todas, imos por un par de balizas e voltamos a meta antes de que pechen". Non, tiñamos que chegar á meta, colleramos todas ou ningunha. E collimos algunhas, pero non todas. Eu máis rápido non podía ir, ainda que Iván dí que  teño a  capacidade de sufrimento dunha esponxa (ou sexa, ningunha...) pero sei que este raid se me fixo duro, moi duro.

Ao final, chegamos a meta con 5 minutos de marxe, e na clasificación final, de 18 equipos en categoría élite, quedamos 15º... Absolutamente mellorable en vindeiras edicións.

ÁNIMO!!




21/5/13

ENCICLOPEDIA DAS AVES DE ESPAÑA

Pois isto que tiña que ser un post serio e co enlace á Enciclopedia das aves de España online, de recente publicación, debido á configuración das entradas, pasou a publicarse sen contido.

En fin, alá imos:

http://www.enciclopediadelasaves.es/

No anterior enlace podedes atopar a enciclopedia que a SEO BIRDLIFE pon a libre disposición de todos nós para consultar unha das obras máis completas en canto a sons, imaxes, vídeos e animacións sobre a avifauna do noso país.

DESFRUTÁDEA!!

20/5/13

FUDE SAMURAI ou aprender kanjis xaponeses mentres xogas...

Unha das vantaxes das novas tecnoloxías (coas que estou encantado en xeral) é a capacidade de ensinar mentres o pasas ben. Por exemplo, nesta aplicación que se pode descargar de xeito gratuíto desde :

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.osom.fude

Unha imaxe vale mil palabras... PROBÁDEO!

17/4/13

I entrenamento RAID CUMIOS DO MAUXO (13/04/2013)

O noso clube organizou o pasado sábado día 13 de abril de 2013 o I entrenamento RAID CUMIOS DO MAUXO, unha proba de raid pero fóra do calendario oficial da Liga Galega de Raids de aventura.

Como quedaba moi preto de casa, alá nos fomos Iván e eu, para facer un "élite". Isto é, facer o raid enteiro (se iamos atopando as balizas, claro) sen descanso.

A proba constou de 4 seccións repartidas do seguinte xeito:

Sección 1: trekking de ORI de 4 km.
Sección 2: Btt de 20 km cun pequeno trekking no medio (1,5 km)
Sección 3: trekking de 8 km.
Sección 4: Btt de 23 km.

Comezamos ás 10:30 h, pola carreira rápida en formato scoring (isto significa que se poden coller as balizas na orde que se estime oportuno). foi a única sección na que se podía facer isto. No resto de seccións había que ir atopando as balizas por orde de numeración.

Esta primeira sección a rematamos moi rápido e pasamos á bici con boas sensacións e tamén con 15 minutos de adianto sobre a hora de peche da primeira sección. Esta limitación nas horas de chegada e saída das seccións foi unha cuestión que a organización fixo para evitar un retraso na hora de peche da proba e que non se alongara excesivamente.

Na sección de bici nos foi bastante ben, pero creo que nos equivocamos cando no trekking de 1,5 km que tiñas que facer na metade da sección (deixar as bicis, poñer as zapatillas de correr e picar 4 balizas, para coller de novo a bici e seguir coa sección) en vez de facer as 4 balizas en estrela, as fixemos en circular, polo que non puntuamos unha baliza extra. Creo que non nos houbese retrasado significativamente e teríamos 1 puntiño máis, que ao final, é o que conta.

Para poder chegar a tempo de sair para a seguinte sección, deixamos 1 baliza sen picar na sección 2 (xa que ás 13:30 se pechaba a saída para o trekking da sección 3).

Na seccion de trekking eu xa empecei a notar o cansanzo e iso, no meu caso, tamén me afecta (e moito) á orientación. Perdemos bastante tempo en atopar unha baliza, e iso nos retrasou nesta sección de xeito que para cando rematamos, só nos quedaba 1 hora para facer a última sección, polo que decidimos tentar picar alomenos 1 baliza.

Tanto Iván como eu iamos vendidos de forzas, e tamén de tempo, polo que, ainda que nos sobraron como 25 minutos da hora de peche (as 16.30h.), non nos atrevimos a tentar picar a baliza 2 da última sección, por se quedabamos fóra de tempo.

Ao final, o mellor foron os bocatas por parte da organización, o bo ambiente que se percibe entre os raiders, e que FIXO BO TEMPO!!  despois de case 40 días de chuvia por estes lares...

En 2 semanas espero poder contar cómo nos foi na 1ª proba oficial da liga galega 2013, que terá lugar en FERROLTERRA, a finais de mes.

20/2/13

Así nos vai....

Matinando que hoxe comeza ás 12 h o debate sobre o estado da nación (xa ves tí, non sei de qué van debater, deberían estar de acordo en que o país está feito unha merda...) e que malpenso que ao mellor todo se vai reducir a un "e vós máis" en relación coas espionaxes, corrupcións, tramas políticas, roubos, desafiuzamentos, escoitei hoxe o comentario dunha tertuliana dun programa matinal de radio que creo que paga a pena reproducir aquí:

"UN PAÍS NO QUE A METADE DA SÚA XUVENTUDE ESTÁ NO PARO, É UN PAÍS MORTO".

Ogallá se equivoque...

29/1/13

MACHINARIUM

 Un xogo moi chulo para os que vos gustan os puzzles de pantalla. Ten unha estética que a min me lembra moito a "9"....

Trátase dunha "aventura gráfica" cun deseño conceptual interesantísimo, que ademáis plantexa os puzzles para resolver dun xeito no que non tes que ir acumulando obxectos esparexidos pola pantalla sen ton nin son. Hai unha opción posible, e pouco a pouco vas chegando a ela. E non pasa nada por pasar un rato matinando como pasar á seguinte pantalla...

Hai dispoñible unha demo, por si vos apetece...

http://machinarium.net/demo/


25/1/13

CAMBIO DO LOGO DO BLOG

Despois de casi 3 anos, vou facer un cambio, non sei se a mellor, pero si será un cambio.

Xa estaba afeito a ver o logo do blog "ESBARDALLADAS" con esa fotomontaxe do cuadro da Grande ola de Kanagawa e tamén da imaxe dunha Aurora Boreal, todo mesturado. Velaquí a imaxe:




Pois ben,  como ando trasteando co GIMP, atopei un titorial de como facer imaxes animadas, e isto foi o primeiro que me saiu. De aquí en adiante (salvo que haxa unha aclamación popular en senso contrario) a imaxe anterior será substituída por esta:





20/1/13

ANIMACIÓN CON GIMP

con GIMP tamén se poden facer animacións coma ésta, que é moi sinxela, dun xeito intuitivo e rápido.

Variando un pouco as imaxes que queres que aparezan animadas, e tamén o intervalo entre elas...:

18/1/13

OS HOMES....

OS HOMES SOMOS MÁIS FELICES:

·       O noso apelido non se perde.

·       O garaxe é todo noso.
·       Os preparativos de voda se fan sós.
·       O chocolate é só un aperitivo máis.
·       Nunca te quedas embarazado
·       Podemos levar camiseta branca a un parque acuático.

·       …Ou directamente, podemos ir sen camiseta
·       Os mecánicos nos din a verdade.
·       O mundo é o noso WC
·       Nunca temos que ir a outra gasoliñeira porque o WC esté noxento.
·       Non temos que pararnos a pensar hacia qué lado apretar a tuerca

·       Págannos máis polo mesmo traballo.
·       As arrugas nos imprimen carácter
·       Vestido de voda: 2000€; Traxe de novio: 100€
·       A xente nunca nos mira ao peito mentres lles estamos falando.
·       Todo o mundo espera de nós un eructo dos bos.
·       Os zapatos novos non nos fan ampollas
·       Temos o mesmo estado de ánimo todo o tempo.
·       Nosas conversacións telefónicas só duran 30 segundos.
·       Cunha mala é dabondo para unhas mini vacacións.
·       Podemos abrir os botes nós sos.
·       Obtemos un grande recoñecemento polo máis lixeiro acto de raciocinio.
·       Se alguén se olvida de invitarnos, éste pode seguir siendo noso amigo/a.
·       Nosa roupa interior costa 5€ o pack de tres.
·       Con tres pares de zapatos temos máis que suficiente.
·       Somos incapaces de ver as enrugas da roupa.
·       Somos capaces de levar o mismo corte de pelo durante anos, incluso décadas.
·       Solo nos temos que afeitar a cara e o pescozo.
·       Podemos xogar con xoguetes durante toda nosa vida.
·       Levamos o mesmo billeteiro, o mesmo par de zapatos e o mesmo cor para todas as estacións do ano.
·       Podemos levar pantalóns cortos sexan como sexan as nosas pernas.
·       Somos capaces de facernos a manicura cunha navalla de peto.
·       Temos a opción de deixarnos crecer o bigote.
·       Somos capaces de comprar os regalos de nadal para 25 familiares e amigos o 24 de decembro en 25 minutos.

Sen dúbida, os homes somos máis felices...

ALCUMES


Se Laura, Carolina e Sara quedan para xantar, sempre se chamarán polo
seu nome.
Se Miguel, David e Juan salen fóra, se chamarán cariñosamente entre
eles: Gordo, Godzilla e Catroollos.

COMENDO FÓRA


Cando chega a hora de pagar a cuenta Miguel, David e Juan
porán cada un 50€, anque a conta sexa de 61.50€. Ningún terá
un billete máis pequeno e ningún admitirá que lle devolvan o cambio.
Cando as chicas pagan a súa conta, sacan as calculadoras do bolso

DIÑEIRO


Un home pagará 2€ por algo que custa 1€ se o necesita.
Unha muller pagará 1€ por algo que cuesta 2€ ainda que non o necesite
sempre e cando esté rebaixado.

NO CUARTO DE BAÑO


Un home ten 6 productos no cuarto de baño: Cepillo de dientes,
pasta, espuma de afeitar, cuchilla, xabón e unha toalla.
A muller ten de media 337 productos no cuarto de baño. Un home
será incapaz de identificar máis de 20 de estes obxectos.

DISCUSIONES


A muller sempre ten a última palabra nunha discusión.
Todo o que o home diga despois, é o comezo dunha nova.

GATOS


As mulleres adoran aos gatos.
Os hombres din que aman aos gatos pero cando as mulleres non
miran, os homes apartan aos gatos dunha patada. …Bueno… non todos
los homes

FUTURO


Unha muller se preocupa do futuro ata que ten marido.
Un home nunca se preocupa do futuro ata que ten muller.

ÉXITO


Un home de éxito é o que fai máis cartos dos que a súa muller pode gastar.
Unha muller de éxito é aquela que atopa a ese home.

MATRIMONIO


Unha muller se casa cun home esperando que cambie, pero non cambia.
Un home se casa cunha muller esperando que non cambie, pero cambia.


ARREGLARSE


Unha muller se arreglará para ir de compras, para regar as prantas,
para vaciar as papeleiras, para falar por teléfono, para ler un
libro ou para recoller o correo.
Un home se arregla para as vodas e os funerais.

NATURAL


Os homes se levantan tan guapos (ou tan feos) como se acostaron.
O aspecto da muller se deteriora progresivamente durante a noite.

OS NENOS


¡Ai os nenos! Unha muller sabe todo o relativo aos seus nenos: as súas citas
ao dentista, as súas relacións sentimentais, os seus mellores amigos, as suas
comidas favoritas, os seus medos, os seus desexos e os seus soños.
O home apenas se da conta de que hai unhas persoas baixiñas
vivindo na casa.


PENSAMENTO DO DÍA


Un home debería olvidarse dos seus errores, non ten sentido que haxa
dúas persoas lembrando a mesma cousa.

12/1/13

fotomontaxe con GIMP

Unha proba que fun facendo para probar varios modos de "modificar" unha imaxe. Un dos cans que aparecen está "incrustado" na foto. Outro deles é o orixinal que saía na foto e o terceiro se obtivo despois de borrar o contorno da foto orixinal para que aparecese o can debaixo...
Seguiremos probando....
ORIXINAIS RESULTADO