Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


30/12/10

DESORIENTADO 17

O certo é que tamén estaba en Moldova por Dimitri. A súa invitación para impartir a conferencia chegara no mellor momento (ou no peor, segundo se mire) para min. Había xa 6 meses que non sabía nada de Gonzalo e iso me inquedaba. Gonzalo é (era) o máis parecido a unha parella que eu tivera nunca. Desde que o coñecín nunha fin de semana de barranquismo na provincia de Girona fóramos case inseparables. O que pasa é que eu necesito un espazo vital amplo e tamén unha independencia para tomar as decisións que considero. Non é que non me guste escoitar consellos, pero creo que teño un criterio tan bo, polo menos, coma os demáis (supoño que ter a autoestima alta débollo ao meu pai, que se pasou toda a súa vida dicindo o lista e extraordinaria que era…).
O caso é que as sesións de sexo salvaxe con Gonzalo (en calquera sitio se nos ocorría poñernos tórridos) pouco a pouco foron mudando en que o tipo estaba empeñado en controlar todo o que eu facía. Primeiro con cariño, dicindo “esa camiseta che marca moito as tetas” ou “con esa falda a onde cres que vas”. Como recibía contestacións máis ben rudas pola miña parte, non pasou de ahí, polo menos durante un tempo. Pero cando nas sesións de sexo, coa excusa de que “é moito máis excitante” me comezou a atar e a xogar cunha fusta (xogar é un termo demasiado suave para describir o que facía…), sentín que a súa intención era anularme e someterme á súa vontade. Así que me neguei a que me atase de novo. Díxenlle que non me poñia nada o feito de ver cómo él se excitaba cando a fusta subía polas miñas pernas atadas ás esquinas da cama e menos aínda cando él quedaba con esa mirada perdida e babeante ao comprobar como a fusta desaparecía entre a carne. Díxenllo nunha cafetaría de Girona na que almorzabamos cando eu collía o tren para Madrid. É verdade que me costou un mundo dicirlle todo iso, mirándoo de fronte, e que probablemente estando os dous sós non sería quen de facelo, pero o tipo quedou mudo. Creo que lle quedou claro que non quería volver a velo, e menos ter sexo de ese estilo con él. A min o sado nunca me foi, e iso que me considero bastante “moderna” nas cuestións sexuais.
Para unha muller solteira da miña idade, cun traballo que che absorbe bastante tempo (o feito de traballar nalgo que me gusta non quita que sexa certo que teño pouco tempo libre), ter sexo é unha necesidade que teño que satisfacer. Se non pode ser con alguén, non teño problema ningún coa masturbación. Para iso esta o meu dildo (así dito parece que estou mirando todo o día para él, pero só é un dildo, que carallo) e sobre todo a miña imaxinación.

23/12/10

Los Hijos de la Tierra, de Jean M. Auel

Hai xa a frioleira de 19 anos que lin o primeiro libro da Saga "Los Hijos de la tierra". Así dito non creo que lle sone moito a ninguén, xa que a serie de libros de Jean M. Auel é moitísimo máis coñecida polo título do seu primeiro libro, "El Clan del Oso Cavernario".

Estes libros son best-sellers. Iso quere dicir que hai millóns (si, si) de persoas que os leron e (agardo que sexa así) lles gustaron. Si non non se explica cómo unha autora tan pouco prolífica, que tarda 30 anos (30 anos, meu...) en publicar o sexto e último libro da saga, teña un exito mundial.Os seus libros detallan cunha minuciosidade en moitos casos científica, a vida hai 20.000 anos.

Para os que non saiban "rien de rien" sobre antropoloxía, a groso modo, hai máis ou menos 20.000 anos apareceron por Europa os Cromañones, que son os nosos antergos (Homo sapiens). Esas poboacións, segundo algunha teoría, procedían de África, pero ao chegaren a Europa (España, Francia e Alemaña, principalmente) se atoparon con que outros homínidos máis antiguos na escala evolutiva aínda sobrevivían na Europa postglacial. Esas poboacións estaban formadas por Neandertales (Homo neanderthalensis). Estudos recentes confirmarían que houbo incluso entrecruzamento entre as dúas especies do xénero Homo, e que posteriormente os Neandertales desapareceron como especie.

O que realmente de gustou dos libros é que debido a esa exhaustiva descrición da fauna, flora, entorno, clima e sobre todo das emocións, da sensibilidade e das relacións entre as personaxes, desde o primeiro libro (para min case o mellor da saga...) coñeces a Ayla e á súa familia dunha forma tan íntima que case te ruborizas. Cando lin os libros, ás veces tiña a sensación de estar espreitando a súa cotidianeidade dun xeito ofensivo, como se estivese inmiscuíndome nos seus asuntos, nos asuntos dunha familia "normal".

O tema é que Ayla é unha nena Cromañon (H. sapiens) mentres que a súa familia, que a atopa despois dun terremoto, é Neandertal (H. neanderthalensis). Partindo desta premisa, a autora dos libros fai que os dous mundos que hai 20.000 anos existían en Europa choquen entre sí con consecuencias imprevisibles e nos regala o relato da vida e obra desta muller espléndida, da que me namorei perdidamente.

En 2011 está previsto que saia o 6º libro da Saga, The land of Painted Caves (que previsiblemente se traducirá como "La tierra de las cuevas pintadas") e eu espero poder lelo en canto poida.

Moi recomendables todos os volumes, pero tamén advirto que as descricións das paisaxes e da flora e as estacións pode resultar algo tediosa (eu particularmente considero que todo o entorno axuda a que a historia sexa moito máis creible, como así me parece neste caso).

22/12/10

A mi Manera, de Concha Buika

Hai máis ou menos 4 anos escoitei esta canción de Buika. Non tiña nin idea de quén era Buika nin que facía, pero esa voz cantando flamenco me deixou abraiado.

Gardo un recordo moi especial de todo o disco xa que por esa época naceu Iago e a música de Buika xa forma parte da banda sonora da miña vida.

Desfrutádea!



21/12/10

Si non o leo, non o creo!!

Volvéume pasar. Parece incrible, pero xa son dúas veces en dúas semanas. O extraño é que fosen semanas seguidas. Se isto segue así, haberá que considerar seriamente un cambio de tendencia, de consecuencias imprevisibles.

Non son quen de explicalo, pero os últimos dous comentarios de Javier Marías no semanal "El País" das dúas últimas semanas me gustaron.

Non digo que en cada parágrafo desfrutase das súas palabras, pero o fondo da cuestión tratada en cada caso coincide en maior ou menor medida co que penso eu. Isto pode resultar algo inquedante para  min, xa que ata o de agora, os artigos de Javier Marías me producían, no mellor dos casos, un cabreo monumental. Pero hai que recoñecer que o tipo sabe provocar e polemizar. E para facelo ben, un ten que ser moi bo coas palabras. Iso llo recoñezo.

O que non pensaba que pasaría é que de súpeto estivese dacordo nas súa argumentación, e menos que sexa en dúas semanas seguidas. Se isto segue así, terei que replantexarme algunhas cousas.
Normalmene leo as columnas de varios semanais, de distintos autores. A algúns lles teño cariño e outros, a verdade (entre nós), me producen indiferenza. Pero os artigos de Marías os lía (o confeso) coa mirada suxa (canto dano fixeron "Os Serrano") agardando atopar calquera resquicio de ese arume rancio que ás veces desprenden. Levo bastante tempo facendo ese exercicio os domingos e nunca ata o de agora atopara motivos para expoñer esto que estou a confesar agora. Por iso para min ten máis valor, ainda que non sei onde vai ir a parar.

Pero polo de pronto me produce un certo pracer insospeitado descobrer esa idenficación nos temas que tratou Marías.

Coincidencia? Non o creo...pero por si acaso, seguiremos informando...

20/12/10

DESORIENTADO 16

Cando aterramos en Chisinau ía un frío do demo. En novembro en Moldavia vai frío. Moito frío. Xa me avisara Dimitri, o bioespeleólogo do departamento de xeociencias da Technical University of Moldova. Dimitri é un colega co que fixen algunhas das mellores baixadas a furnas que recordo. Como adoita ser normal entre colegas, él veu o ano pasado á nosa universidade, invitado polo departamento para impartir un seminario sobre a súa especialidade, que son os estudos de resistencia de materiais sometidos a presión subterránea. E agora devolvera o favor invitándome a mín (mira ti) a impartir unha conferencia na súa universidade.
Cando Dimitri me recolleu no aeroporto non pareceu coñecer a Mónica Sorina. Eu presenteilla informalmente (as maletas súas e as miñas chegaron ao mesmo tempo, e saimos xuntas á sala de espera das chegadas). A verdade é que eu estaba leda por ver a Dimitri e non reparei que debía resultar extraño para un profesor universitario dun país como Moldavia non coñecer a unha empresa que, en teoría se dedica a algo no que él tamén traballa. Pero realmente só tiña na cabeza sair canto antes do aeroporto, así que nin me preocupei máis por aquela muller que insistira tanto en darme  a súa tarxeta de presentación e convidarme de novo á visita da cova Racovitâ.

17/12/10

Blake Edwards. Adeus a un dos grandes

Hoxe nos deixou Blake Edwards, un director de cine que realizou películas como "Desayuno con diamantes" ou a saga de películas de "La pantera rosa".

Polo que parece se levaba fatal con Peter Sellers, pero iso non foi óbice para que as películas nas que traballaron xuntos acadasen un éxito moi notable.

Coa "La Carrera del Siglo" esmendrellei de risa nalgúns dos gags.
"Víctor o Victoria" é unha película que me gusta espcialmente.

Filmografía como director de Cine:
1. 1955 - Venga tu sonrisa (Bring your smile along).
2. 1956 - He laughed last ("El que ríe el último").
3. 1957 - El temible Mr. Cory (Mister Cory).
4. 1958 - La pícara edad (This happy feeling).
5. 1958 - Vacaciones sin novia (The perfect furlough).
6. 1959 - Operación Pacífico (Operation Petticoat).
7. 1960 - Buenos tiempos (High time).
8. 1961 - Desayuno con diamantes (Breakfast at Tiffany's) Drama triste disfrazado de comedia romántica protagonizada por Audrey Hepburn e George Peppard. A película gañou oito premios (entre eles, dous Óscar) e obtivo outras catro nominacións
9. 1962 - Chantaje contra una mujer (Experiment in terror).
10. 1962 - Días de vino y rosas (Days of wine and roses).
11. 1963 - La pantera rosa (The pink panther)
12. 1964 - El nuevo caso del inspector Clouseau / Un disparo en las sombras (A shot in the dark). Comedia protagonizada por Peter Sellers, Herbert Lom y Elke Sommer.
13. 1965 - La carrera del siglo (The race). Disparatada e a ratos xenial comedia, con esceas desternillantes, traballado guión e moita inventiva, de magníficas caracterizacións dun reparto coral no que sobresaen: Jack Lemmon, Tony Curtis, Natalie Wood o Peter Falk. A película gañou un Óscar, outros tres premios e 12 nominacións e o seu éxito deu lugar a unha serie de TV: "Los autos locos" ("Wally races") da productora animada Hanna-Barbera en 1966, e á imitación da fórmula nos films conocidos: "Aquéllos locos chalados en sus locos cacharros" (1967, de Ken Annakin cun reparto cheo de máis estrelas ainda) e "El rally de Montecarlo" (en 1969).
14. 1966- ¿Qué hiciste en la guerra, papi?.
15. 1967- Gunn. T
16. 1968- La fiesta inolvidable / El guateque (The party).
17. 1970 - Darling Lili (Darling Lili).
18. 1971 - Dos hombres contra el Oeste (Wild Rovers).
19. 1972 - Diagnóstico: asesinato (The carey treatment).
20. 1974 - La semilla del tamarindo (The tamarind seed).
21. 1975 - El regreso de la pantera rosa (The return of the pink panther).
22. 1976 - La pantera rosa ataca de nuevo (The pink panther strikes again).
23. 1977 - La venganza de la pantera rosa (The revenge of the pink panther)
24. 1979 - 10, la mujer perfecta '(10). Comedia protagonizada por Bo Derek, pola que acadou fama, Dudley Moore, ao que converteu en mini-mito da comedia de los 80 e unha Julie Andrews inaugurando a súa excelente madurez física.
25. 1981 - Sois honrados Bandidos (S.O.B).
26. 1982 - Tras la pista de la pantera rosa (Trail of the pink panther).
27. 1982 - Victor Victoria.
28. 1983 - La maldición de la pantera rosa (Curse of the pink panther).
29. 1983 - Mis problemas con las mujeres (The man who loved women).
30. 1984 - Micki y Maude (Micki + Maude).
31. 1986 - Así es la vida (That’s life!).
32. 1986 - El gran enredo (A fine mess).
33. 1987 - Cita a ciegas (Blind date).
34. 1988 - Asesinato en Beverly Hills (Sunset).
35. 1988- Justine Case.
36. 1989 - Peter Gunn (Peter Gunn)
37. 1989 - Skin Deep (Skin deep).
38. 1991 - Switch.
39. 1993 - El hijo de la pantera rosa (Son of the pink panther). Comedia protagonizada  por Roberto Benigni sen moito éxito...
40. 1995 -Victor/Victoria.

16/12/10

Aaj Mera Jee Kardaa (Today My Heart Desires)

Cando vin a película "Monsoon Wedding" paseino moi ben. É moi divertida e sobre todo me deixaron abraiado as coreografías e as cancións que saen na película.
Aquí vos deixo un vídeo no que se escoita a canción que máis me chamou a atención.

Desfrutádeo!

15/12/10

Por qué nos custa tanto cambiar¿?

O tempo produce un "ensimismamento"


A ver si son quén de explicar ese palabro. A falta doutro máis correcto ou específico (agás que mentres escribo se me vaia ocorrendo) veño observando ao meu arredor que conforme me fago eu máis vello (algo inevitable polo mesmo feito de vivir) máis me "enmimismo". Noto que cada vez me costa máis renunciar a principios, manías ou preferencias. Noto que son menos flexible (e non só físicamente, sigh...) e que me chega a molestar que dalgún xeito se modifiquen os plans que tiña preparados para un día concreto, para a vindeira media hora, etc.

Non sei por qué, pero tamén noto iso ao meu arredor. Seguramente froito da miña paranoia, noto tamén cómo os que me rodean son máis intransixentes coas súas cousas.

Teño unha teoría acerca de por qué pode pasar iso. Tampouco é que sexa nada do outro mundo esta teoría, pero teño dereito a expoñela, non?

Pois creo que somos xenéticamente conservadores. Estamos deseñados para manter as condicións nas que nos atopamos, ainda que non sexan as mellores. Nos costa un mundo cambiar, arriscar, renunciar á relativa seguridade que acadamos despois de un maior ou menor esforzo pola nosa parte. E iso tendo en conta que ás veces a nosa situación actual non está nin cerca do que tiñamos pensado, planificado ou plantexado, e iso no mellor dos casos.

Porque tamén hai xente que nin planifica nin nada. Pasa a vida chegando dunha situación a outra sen saber moi ben cómo foi o cambio. A esa xente non lle custa nada cambiar, nin arriscar, xa que deixan todo a un determinismo que parece fixado por un ser superior e chegan á conclusión (si é que nalgún momento teñen un pensamento reflexivo) de que é mellor non preocuparse... total, o que teña que ser será.

Agora ben, creo que, respectando o espazo vital dos que están ao teu arredor, un ten dereito a ser conservador. O que creo que é máis complicado de manter é o equilibrio entre o "ensimismamento" propio e o "ensimismamento" da persoa do lado. O resultado positivo dese equilibrio podería chamarse felicidade?

14/12/10

De qué(n) te ríes?

Este sábado estivo Alex de la Iglesia no programa de TVE "Versión Española" presentando Crimen Ferpecto

Despois da película de turno, sempre hai un encontro entre a presentadora, Cayetana Guillén Cuervo (guapísima actriz pero para mín, mellor presentadora do programa...) e os responsables do film. Neste caso, Alex de la Iglesia e Guillermo Toledo. A película non é unha obra mestra, pero foi entretida. Fin da historia.

O tema non foi a película. Do que me din conta é que dentro da cachola de Alex de la Iglesia pululan un sinfín de ideas, algúns traumas e non poucas manías, pero que conforman unha personalidade que non che deixa impasible. Pode non gustarte ou que te encante o que fai e o que di, pero non te deixa indiferente. Lémbrame a alguén que coñezo dende hai tempo...

Unha das cousas que dixo e que seguro que moita xente saiba (pero para mín foi unha nova..) é que para él, toda situación cómica e que produce risa sucede a partir de algo dramático e/ou violento. É unha verdade coma un puño (pero non vai a ir a esa sección do blog soamente). Dixo tamén que é moito máis difícil facer que un actor/actriz dramático pase á comedia que ao revés. Por qué? Pois él dixo que é máis difícil facer rir que facer chorar. E que un actor/actriz que controle os rexistros para facer comedia é moi capaz de facer drama, e ben feito.

Curioso, non? De feito, está agora mesmo rodando un "drama" que terá de protagonista a.... José Mota. Haberá que velo...

13/12/10

Usagi Yojimbo, de Stan Sakai

Hai xa tempo que veño lendo os cómics de de USAGI, do autor xaponés Stan Sakai. Sakai naceu en xapón, pero foi criado en hawaii e vive en EEUU actualmente. Recibiu infinitade de premios polo seu traballo, entre eles o Eisner, que é o máis prestixioso dos premios para un cómic.

Títulos publicados en España

Planeta DeAgostini comezou a editar os tomos recopilatorios no ano 1998, pero sin respectar a orde orixinal, pois en aras da comercialidade se comezou co tomo onde aparecían as Tartarugas Ninja, entonces de moda.
Usagi Yojimbo Nº 1: Sombras de muerte. ISBN 978-84-395-7989-2
Usagi Yojimbo Nº 2: Daisho. ISBN 978-84-395-7991-5
Usagi Yojimbo Nº 3: Al filo de la vida y la muerte. ISBN 978-84-674-0576-7
Usagi Yojimbo Nº 4: Estaciones. ISBN 978-84-395-0234-0
Usagi Yojimbo Nº 5: Segadora. ISBN 978-84-395-0407-8
Usagi Yojimbo Nº 6: Primeras andanzas. ISBN 978-84-395-0440-5
Usagi Yojimbo Nº 7: Samurái. ISBN 978-84-395-0429-0
Usagi Yojimbo Nº 8: El camino del vagabundo. ISBN 978-84-395-9730-8
Usagi Yojimbo Nº 9: La conspiración del dragón. ISBN 978-84-395-5350-2
Usagi Yojimbo Nº 10: Cabra Solitaria y su hijo. ISBN 978-84-374-0240-6
Usagi Yojimbo Nº 11: Círculos. ISBN 978-84-674-0574-3
Usagi Yojimbo Nº 12: La historia de Gen. ISBN 978-84-674-0575-0
Usagi Yojimbo Nº 13: Sombras grises. ISBN 978-84-674-1403-5
Usagi Yojimbo Nº 14: La máscara del demonio. ISBN 978-84-674-1420-2
Usagi Yojimbo Nº 15: Segadora II: Viaje al templo de Atsuta. ISBN 978-84-674-2516-1
Usagi Yojimbo Nº 16: Halo de Luna. ISBN 978-84-674-2797-4
Usagi Yojimbo Nº 17: Duelo en Kitanoji. ISBN 978-84-674-3905-2
Usagi Yojimbo Nº 18: Viajes con Jotaro. ISBN 978-84-674-4544-2
Usagi Yojimbo Nº 19: Padres e hijos. ISBN 978-84-674-5596-0
Usagi Yojimbo Nº 20: Visiones de muerte. ISBN 978-84-674-6524-2
Usagi Yojimbo Nº 21: La madre de las montañas. ISBN 978-84-674-9514-0
A orde correcta de lectura sería 6-7-8-9-10-11-12-1-2-3-4-5-13-14-15-16-17-18-19-20-21
---------------------------------------------
Ata aquí os datos. Pero o interesante desta obra son para min dous elementos:
- A cantidade de referencias ao xapón medieval e ao manga "El Lobo Solitario" (xa porei unha entrada sobre ese manga) e tamén as historias de samurais de Akira Kurosawa.

- O uso da antropomorfización (joer vaia palabro...) do mundo medieval xaponés que fai que, ao mesmo tempo que as historias nos resulten fascinantes pola capacidade do autor para poñerlle sentimentos e expresións a caras de coellos, gatos, cans, osos ou rinocerontes, tamén me parece un xeito sublime de expresar valores que tradicionalmente se relacionan con determinados animais e como a antropomorfización deles da unha nova dimensión ás historias.


Teño unha teoría de porqué funcionan tan ben os cómics que usan a antropomorfía como vehículo para a historia (MAUS, BLACKSAD, USAGI, REBELIÓN EN LA GRANJA). Nos fan ver sentimentos e accións humanas en corpos de animais con máis ou menos semellanzas aos humanos. E creo que logran unha distancia subxectiva que permite observar a historia dun xeito máis crítico, xa que non vemos unha cara humana, conocida ou non, senón que vemos unha cara de gato, de cabra, de lobo... que toman decisións como un humano. Esa incongruencia funcionan sinxelamente ben... e eu me alegro!

Por certo, o palabro correcto é ANTROPOMORFISMO. Perdoade!

10/12/10

Verdades coma puños

Corenta anos de diferenza

> Escenario: Tes que facer unha viaxe en avión.> Ano 1969: Te dan de comer, de beber e os periódicos que queiras. Todo> servido por azafatas espectaculares.
> Ano 2009: Entras no avión abrochándote o cinturón dos> pantalóns que te fixeron quitar para pasar o control, te sentan> nunha butaca na que se respiras profundo lle metes o cóbado no> ollo ao do lado e se tes sede o azafato che ofrece unha carta con> catro latas a prezo de ouro. Si protestas, cando aterrizas te meten> o dedo polo cú para ver se levas drogas.

> Escenario: Manolo ten pensado ir ao bosque despois de clase. Ao entrar ao colexio lle ensina unha navalla a Pancho coa que pretende facer un tirachinas.> Ano 1969:O subdirector o ve e lle pregunta onde a comprou. Lle> enseña a súa, que és antiga, pero mellor.
> Ano 2009: A escola se pecha. Chaman á policía, que se leva a> Manolo ao reformatorio. Antena 3 e Telecinco presentan os> informativos das 15:00 desde a porta do colexio.
> Escenario: Disciplina escolar
> Ano 1969: Fas unha putada en clase. O profesor te mete dúas hostias.> Ao chegar a casa teu pai te arrea outras dúas.
> Ano 2009: Fas unha putada. O profesor te pide disculpas. Teu pai lle> monta un escándalo ao profesor e a ti che compra unha moto polo disgusto.
> Escenario: Fran e Marcos se reparten uns puñetazos despois de clase.> Ano 1969: Os compañeiros os animan, Marcos gaña. Se dan a man e> terminan sendo colegas.
> Ano 2009: A escola se pecha, Telecinco proclama o mes> antiviolencia escolar. O periódico 20 minutos dedica cinco columnas> ao asunto e Antena 3 aposta de novo a Matías Prats en pleno temporal> fronte á porta do colexio para presentar o telediario.
> Escenario: Xan se cae mentres botaba unha carreira e se araña no> xeonllo. A súa profesora, María, o atopa chorando á beira do camiño. María o abraza para confortalo.
> Ano 1969: Ao pouco rato, Xan se sente mellor e segue xogando.
> Ano 2009: María é acusada de perversión de menores e se vai ao paro.> Se enfrenta a tres anos de cárcel. Xan se pasa cinco anos de terapia> en terapia. Seus pais demandan ao colexio por neglixencia e á> profesora por trauma emocional, gañando ambos xuizos. María, en paro> e endebedada, se suicida tirándose dun edificio. Cando aterra, o> fai encima dun coche e tamén rompe unha maceta. O dono do coche e o dono da planta demanadan aos herdeiros de María por destrucción da propiedade. Gañan. Telecinco e Antena 3 producen xuntos a película e definitivamente o plató dos informativos xa> queda emplazado no medio da rúa.
> Escenario: O fin das vacaciones.
> Ano 1969: Despois de chuparse unha caravana do copón con toda a familia metida nun seiscentos tras un mes de vacacións nun apartamento cochambroso da costa, rematan as vacacións. Ao día seguinte se traballa e non pasa nada.
> Ano 2009: Despois de volver de Cancún, nunha viaxe toda pagada, a> xente sofre trastornos do soño, depresión e amenorrea.

> Conclusión: Agora somos gilipollas.

6/12/10

El sabotaje aéreo tiene nombre de bebé: Alexandra

Adxunto textualmente parte dun texto que lin na seguinte web:
http://www.radiocable.com

Estefanía, con 19 años, es la madre de una bebé llamada Alexandra. Ayer estaba previsto que madre e hija volaran de Canarias a Málaga para someter al bebé a una operación, el domingo, de un tumor de estómago. No pudo. Por la tarde cuenta en una emisora de radio que el sabotaje de los controladores aéreos había cancelado el vuelo y dinamitado sus esperanzas. El retraso obligaba a la madre a empezar de nuevo el proceso, la lista de espera, etc… y confesaba que no sabía si para cuando pudieran operarla finalmente el tumor se habría extendido.

Alexandra de 4 meses es el rostro de lo que ha ocurrido, el nombre que retrata la formidable irresponsabilidad de paralizar el espacio aéreo de un país.

Cada un que saque as suas conclusións.

3/12/10

DESORIENTADO 15


Merda, merda, merda!!!
Vaia golpe peguei no xeonllo coa bancada de metal forxado (joder, tiña que ser metal…) que esta aos pés da cama. Por un intre pensei que ía desmaiar pola dor de cabeza, pero agora o que me doe é o xeonllo. ¿Onde lin que o mellor para deixar que che doia algo é dar un golpe noutro sitio? Meu, non sei quen o dixo, pero tiña razón. Ás veces a mellor forma de aprender algo é a empírica, ainda que resulte doente.
Sigo tendo fame, e as bolachas acabáronse. O puto reloxo está parado, así que non podo saber cánto tempo pasou exactamente desde este último ¿desmaio? non teño nin puta idea de qué vou facer, pero estoume a volver tola. Por momentos teño a extraña sensación de que ao ir lembrando todo o episodio con Sorina me volve a dor de cabeza, pero é o único que non me fai tolear, así que terei que seguir por ahí… 

A viaxe desde Madrid foi rápida e sen contratempos, con Sorina ao meu lado, botándolle olladas ao mapa topográfico que, ata o de agora hai da cova. Existen partes sin explorar e Mónica Sorina fixo moito fincapé en que, tras o congreso a súa empresa estaba interesadísima en agasallarme cunha estadía de 5 días no norte de Moldova (así é como lle chaman os nativos a Moldavia) para poder comprobar in situ as características da zona.
Xa debería terme mosqueado algo que “casualmente” Mónica Sorina conseguise un asento pegado ao meu no voo, pero que soupera o do congreso e tamén o meu campo de estudo non me pareceu tan extraño. Teño que admitir que son algo presuntuosa e me considero unha persoa conocida dentro do meu campo, así que entre eso e tamén que os días previos á viaxe estiven dando a tunda no FACEBOOK a tódolos meus colegas sobre a viaxe que me esperaba e demáis… en fin, que a muller tiña unha conversa ben agradable e eu ía totalmente relaxada no voo.

2/12/10

A Rosiña do Tangoeiro, de Trisquel

Unha nova sección bota a andar en "ESBARDALLADAS".
Nesta sección de música pretendemos que escoitedes cancións que nos dicen algo. Pode ser porque nos gustan, porque as odiamos, pola letra, pola melodía ou porque as escoitaches hai moito tempo e queres volver a oilas.

Si atopo as versións dos videoclips tamén as porei. De momento, para empezar, aquí vai "A Rosiña do tangoeiro", unha canción dun grupo galego, TRISQUEL, formado entre outros por: Carlos Corral, Marcos Campos, Alberte Reboreda, Nancy Mouriño, Jose Carlos Villar "Bouza"..

 A canción forma parte do seu primeiro disco, "O Chapeu de Merlín". A min paréceme moi boa.

Desfrutádea! (teño que dicir que o lugar onde aloxei a canción pon como 15 segundos de publicidade antes de que a poidades escoitar. Espero poder solucionalo coas vindeiras cancións...)

1/12/10

verdades coma puños

O sexo é como o MUS, Ou tes boa parella ou tes boa man...

É verdade, Homer Simpson Existe!!!

30/11/10

Leslie Nielsen, un CÓMICO con maiúsculas

Cando vin "Aterriza como puedas" chamoume moito a atención un tipo de pelo branco chamado Leslie Nielsen. Partín a caixa coa risa (tamén recoñezo que eu son de risa fácil. Rín moito con Roxanne, con Pratos combinados, cos  Tonechos, con Pepe Viyuela...)

Tampouco é que eu sexa un fan incondicional das películas de esmendrello, pero hai que recoñecer que algúns dos seus aportes á comedia son memorables. "agárralo como puedas" e as súas secuelas son, ao seu xeito, momentos de homenaxe ao cine e tamén hipérboles interpretativas dos protagonistas, o cal se traduce nunha sátira fílmica irreverente e cáustica, ás veces rozando o mal gusto. Pero o humor está moitas veces nesa fina liña que separa a risa frouxa e incontrolable de ese pesadelo que para todo humorista significa a indiferencia...

29/11/10

Cólera en Haiti. Unha desgraza que non cesa

En Haiti, despois do terremoto que hai 9 meses deixou estragado o país, agora sofren unha epidemia de cólera. O cólera é unha enfermidade diarréica producida por unha bacteria, o Vibrio cholerae, a cal se manifesta por unha infección intestinal que, chegados os casos máis graves, pode producir a morte nun prazo de horas, debido á deshidratación producida polos vómitos e diarrea.

As infeccións se producen normalmente en áreas de hacinamento con deficenzas sanitarias, pola contaminación da auga debida ás feces dos enfermos.

En haiti o cólera está a cebarse nos nenos, que sofren moito máis rápido deshidratación e segundo datos das axencias sanitarias, 6 de cada 10 contaxios se están a producir en nenos.

O coordinador da ONU Nigel Fisher dixo que dende que se desatou en outubro o brote epidémico ata agora hai 1344 mortos, pero que os datos non son fiables xa que non se pode saber cómo evoluciona a enfermidade en áreas remotas. Se revisaron xa as previsións da epidemia e se falta de 200.000 contaxios nos vindeiros días...

--

Custa traballo pensar nesas cifras e non pechar os ollos. A verdade é que a distancia parece que fai máis soportable as desgrazas, pero imaxinade só por un momento a cantidade de xente que morre tódolos días nesa parte do mundo. Da vértigo.

26/11/10

DESORIENTADO 14


9 meses facía daquilo. Vasili non chegou a recuperarse de todo, e permanecía dende aquela controlando os monitores e aparellos sismográficos na sala β.
Nina chegou ata o que sería o colo da botella. Alí, no chan, estaba a caixa de control de identidade. Desde o incidente do 2006 era obrigatorio pisar no sensor. A lectura da pranta do pé a través do calzado técnico fora utilizada para a identificación de presos na rede nacional de prisións da veciña Ucrania. Un par de miles de grivnas desviadas dos fondos estatais para a fundación foran parar a máns dun funcionario en Podol´s kii e Nina trouxera 3 aparellos para a gruta. A seguridade é moi importante.  E máis aquí abaixo, pensou Nina. En novembro de 2006, un dos suxeitos de experimentación lograra evadir con éxito os sistemas de seguridade, que se revelaron como rudimentarios, e sair á superficie. Menos mal que a bóveda só ten unha saída, recordou Nina. Ao suxeito tiveran que abatilo desde a escaleira. Estaba fóra de si. Os chips do principio tiñan problemas coa estanqueidade, e producían patróns de comportamento sinxelamente impredecibles. Ainda que agora, matinou Nina, tiñan implantados 5 suxeitos coa 3ª xeración de chips e estaban encantados. Salvo por Sara.

25/11/10

25 de novembro, Día internacional contra a violencia de xénero

Hoxe se conmemora o día internacional contra a violencia de xénero. Moito queda por facer para evitar este macabro goteo de víctimas. 64 mulleres mortas no que vai de ano, isto en España, pero segundo a OMS, cada 15 segundos unha muller é agredida no mundo.

E outro dato, o 40% das denuncias de malos tratos están feitas por mulleres MENORES de 30 anos. Isto é moi preocupante, ao meu xeito de ver. Creo (desgraciadamente) que outra xeración de mulleres e homes está perdida neste senso. Ogallá a seguinte xeración teña mellores horizontes.

Transcribo a continuación unha parte do informe sobre a Violencia contra a Muller nas relacións de parella

" III Informe Internacional Violencia contra la Mujer en las Relaciones de Pareja, realizado por el Instituto Universitario para el Estudio de la Violencia del Centro Reina Sofía":

El estudio, que recoge datos hasta 2006, ubica a España por detrás de países como Austria (9,4), Finladia (9,3), EEUU (8,4), Francia (5,2), Reino Unido (4,2), Noruega (3,7) e Italia (3,7). La media de los países de los que se han obtenido datos comparables es de cinco muertas (mayores de 14 años) por millón, en 2006.
El país con más asesinadas por sus parejas es Puerto Rico, con 14,1 por millón, seguido de Chipre (12,4) y Austria (9,4). A la cola, se sitúan Mónaco, Malta, Liechtenstein, Islandia y Andorra, que no registraron en 2006 ninguna muerta por violencia machista.
Evolución negativa
Pese a todo, la buena posición de España en cuanto a crímenes machistas queda matizada cuando se observa la evolución de la tasa de muertas. El informe concluye que España es el tercer país de los 17 comparados en este apartado donde más ha crecido: de 2000 a 2006, la tasa aumentó un 15,16%. A la cabeza está Chipre, con un crecimiento del 277%, seguido de Colombia, donde la tasa de muertas aumentó un 51,28%. Finlandia, con un 8% más de asesinadas, es el cuarto país con datos en aumento.
Los 11 países donde descendieron los crímenes superaron de largo a los cuatro que sufrieron un incremento. Sólo Islandia y Andorra se quedaron como estaban, sin ninguna muerta. Irlanda registró la mayor disminución: su tasa bajó en el periodo examinado un 70,6%. En Australia lo hizo un 68,3% y en Hungría un 62,5%. Los autores del estudio han comparado los datos de los dos informes trianuales que presentaron con anterioridad, que arrancan en 2000.
Según explicó el director del Centro Reina Sofía para el Estudio de la Violencia, José Sanmartín, en la actualidad se están recogiendo los datos de los años 2007, 2008 y 2009. Aunque el informe actual no incluye el periodo más reciente, la coordinadora del trabajo, Isabel Iborra, aseguró que "la tendencia al alza sigue igual". Según recordó, en 2009 hubo menos asesinatos que en 2008, pero insistió en que "habrá que esperar para ver la evolución de otros años".
El estudio que se presentó ayer se basa en los datos obtenidos de 300 organismos, sobre todo ministerios y ONG de más de 70 países. Los autores han comparado en cada uno de los apartados un número distinto de países, ya que de algunos no han obtenido respuesta y los datos que han recibido de otros no eran comparables.
Sanmartín también destacó que el estudio constata un "rejuvenecimiento de las víctimas". Según el informe, la franja de edad con más muertas de los 19 países analizados es la que va de los 35 a los 44 años, con un 30,7% del total de víctimas. Sanmartín destacó que la segunda franja, con un 21,1% de representatividad, es la que va de los 25 a los 34 años. "Esta franja ha ido creciendo, antes no tenía prácticamente representación", justificó.
Según explicó Sanmartín, en España la edad de víctima y agresor "está bajando de forma sostenida". Por ejemplo, en la Comunitat Valenciana, el segundo tramo con mayor tasa de muertas va de los 19 a los 25 años.
"¿Cómo puede ser que las muertes se den en adolescentes, si se espera que estén mejor educados?", lanzó Yolanda García, coautora del informe. Según aseguró, estas cifras manifiestan la necesidad de reflexionar sobre la efectividad de la educación que reciben los menores, y planteó que se debe mejorar la educación sobre igualdad que se da en el ámbito de la familia.
El estudio también compara los asesinatos de mujeres en general, a los que se refiere como feminicidios, y las muertes a manos de un familiar. La tasa española de feminicidios (5,1 muertes por millón) también es inferior a la media de los 44 países comparados (19,1), lo que convierte a España en el noveno país con menos mujeres asesinadas. Esto revela que las mujeres españolas asesinadas mueren a manos de sus parejas (un 54,6% del total) en mayor proporción que la media global (un 26,3%).

24/11/10

El Mercenario, de Vicente Segrelles

Descargar tomos 1-7
Resúltame moi curioso que un ilustrador tan  consolidado como Vicente Segrelles, que fixo infinidade de ilustracións para manuais técnicos e portadas para libros sobre armas, materiais, arquitectura, fixera un cómic.
Debido á técnica utilizada para a ilustración do cómic, 13 números de El Mercenario lle levou 20 anos facelo. Xa en sí é todo un record, pero o incrible é o resultado final.

El Mercenario é un cómic inusual, único, diría eu. Cada viñeta está exquisitamente feita e ainda que ao mellor o ritmo non é todo o fluido que debería (é a súa primeira incursión no mundo da historia ilustrada), esa falta de "profesionalidade tebeística" (acabo de inventar este palabro) queda total e absolutamente desculpada pola beleza das súas viñetas.

Descargar tomos 8-13
Xa é chungo controlar a técnica da pintura ao óleo, pero facer un cómic enteiro con esa técnica é acolloante. E tamén moi traballoso. Polo que parece, esa foi a razón de rematar con 13 números a serie "El Mercenario".

A serie ten os seus puntos fortes e tamén febles, claro. A falta de ritmo nalgúns capítulos e ao mellor a temática, xa que a serie se ambienta nun mundo máis aló das nubes, no que os cabaleiros equivalentes aos da nosa idade media loitan a lombos dun animais semellantes a lagartos xigantes con ás, coma os dragóns das lendas. Debido a isto, a figura feminina está reflectida dun xeito un tanto discriminatorio, ainda que no contexto no que se desenvolve a historia (nunha época semellante á idade media) pode ser comprensible eses núos femininos e ese rol discriminatorio (agás, iso sí, Nan-tay, coprotagonista feminina da serie, xunto co mercenario).

Deixo tamén o enlace á páxina oficial do ilustrador Vicente Segrelles, na que podedes deleitarvos na súa obra ao longo de un montón de anos.

Creo que os libros de "El mercenario" están esgotados, pero é un privilexio poder lelos. Aquí vos deixo as portada de cada uno dos números.