Cando vin "Aterriza como puedas" chamoume moito a atención un tipo de pelo branco chamado Leslie Nielsen. Partín a caixa coa risa (tamén recoñezo que eu son de risa fácil. Rín moito con Roxanne, con Pratos combinados, cos Tonechos, con Pepe Viyuela...)
Tampouco é que eu sexa un fan incondicional das películas de esmendrello, pero hai que recoñecer que algúns dos seus aportes á comedia son memorables. "agárralo como puedas" e as súas secuelas son, ao seu xeito, momentos de homenaxe ao cine e tamén hipérboles interpretativas dos protagonistas, o cal se traduce nunha sátira fílmica irreverente e cáustica, ás veces rozando o mal gusto. Pero o humor está moitas veces nesa fina liña que separa a risa frouxa e incontrolable de ese pesadelo que para todo humorista significa a indiferencia...
No hay comentarios:
Publicar un comentario