Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


27/11/12

curiosidades sobre este mundo

Na páxina que aparece máis abaixo, e que tarda o seu en cargar, é curioso como se van actualizando un montón de datos estatísticos, en tempo real. Creo que tampouco se debe caer na paranoia de ter a pantalla aberta todo o día, pero unha ollada de vez en cando non está mal.



http://www.worldometers.info/es/

20/11/12

Extraer a música dun vídeo de internet

Atopei estes días unha páxina interesantísima, que explica de xeito sinxelo cómo extraer a música de calquera vídeo de youtube ou outras canles de difusión en internet. Ás veces temos a necesidade (no meu caso, debido aos pequechos que me piden as cancións dos debuxos de moda...) de ter en formato .mp3 unha canción, da que temos o enlace do vídeo.

Pois coa axuda destas instrucións, o conseguiremos:


Para non ter maior dificultade, procederemos a explicar paso a paso o que temos que facer para descargar temas musicais desde Youtube:
1. Copiar a dirección do Video co tema musical a descargar desde Youtube
2. Dirixirnos a esta páxina Web: http://vidtomp3.com/ 
3. Pegar a dirección copiada no cadro branco
4. Clic no botón  DOWNLOAD .
5. O programa da Web tardara algúns minutos en converter o video a un MP3.
6. Logo da conversión poderemos descargar o tema en formato MP3.


Como se pode apreciar o proceso de descarga é moi sinxelo e simple, solo necesitaremos 6 pasos para obter a nosa música favorita!

16/11/12

Se viviramos nunha vila de 100 habitantes...

Por cortesía do blog MESTURAS, aqui vos traio a interesantisima proposta que presenta estatísticas sobre a población a nivel mundial, pero trasladadas a unha vila de só 100 habitantes. Conclusións ás veces esclarecedoras a partir de datos complexos tratados cunha sensibilidade á que, polo menos eu, non estou afeito...


http://mesturas.blogspot.com.es/2012/11/datos-complexos-imaxes-sinxelas.html

/The World of 100
If the world were a village of 100 people, how would the composition be? This set of 20 posters is built on statistics about the spread of population around the world under various classifications. The numbers are turned into graphics to give another sense a touch – Look, this is the world we are living in.
red dot award: communication design 2009
GDC(Graphic Design in China) Awards 2009
International Design Awards 2009
HOW International Design Awards 2010
HKDA Global Design Awards 2011

14/11/12

BUSCATERMOS


https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm;jsessionid=E85DFF2240F3B9711560C6EF2DE28682

Esta base de datos de terminoloxía técnica multilingüe da USC, bUSCartermos, formada a partir da compilación, tratamento e reelaboración de dicionarios, glosarios e vocabularios técnicos que teñen o galego entre as súas linguas de traballo, así como das propostas terminolóxicas elaboradas polo Servizo de Normalización Lingüística da USC.

En total, ofrece información sobre máis de 150.000 conceptos das áreas especializadas máis diversas (castelán, inglés e portugués, catalán ou o italiano) coas as denominacións máis habituais en galego e tamén as empregadas nas linguas do contorno máis inmediato, fundamentalmente en castelán, inglés e portugués.

A suma de todas estas formas lingüísticas supera as 450.000 entradas, o que o converte nun dos recursos lexicográficos máis amplos existentes para a lingua galega. Ademais, en cada entrada recóllese a área temática á que pertence cada conceptos, a súa definición e as fontes en que se documenta toda a información recollida.

Desfrutádea!!

13/11/12

ZOOM CÓSMICO

Continuando coa escala do Universo que puxen hai uns días, aquí tedes un ZOOM cósmico que ten máis ou menos o mesmo propósito. Desfrutádeo!

11/11/12

A escala do Universo

No enlace que aparece máis abaixo tedes unha presentación en JAVA sobre a escala do Universo, cortesia dos irmáns Huang. Tarda un pouco en cargar pero paga a pena.
Creo que o enlace que puxen está en español, se queres o orixinal tamén tedes o enlace na mesma páxina:


http://htwins.net/scale2/lang.html

9/11/12

SEPARADAS AO NACER

 SEPARADAS AO NACER. OUTRO TERRIBLE CASO    DE BEBÉS ROUBADOS.

7/11/12

Criadas y Señoras (The Help)

Hai xa uns días que tiven o pracer de ver a película "Criadas y Señoras" (The help), baseada na obra homónina de Kathryn Stockett e que conta as desigualdades entre a clase dominante no sur dos Estados Unidos a mediados do século pasado (os Brancos) e a clase dominada (os Negros). A película (e o libro) enfoca a atención nunha parte destas relacions que, polo menos para min antes de ver o film, resulta novedosa, e é os vínculos que se establecían no servizo doméstico (mulleres negras que coidaban aos fillos das donas brancas) das casas máis influintes da sociedade branca dos estados do sur de EE.UU.

Paréceme unha visión moi "esclarecedora" desde varios puntos de vista, das desigualdades que existiron (non quero pensar que ainda existan) para empezar xa entre sexos, tanto de brancos como de negros, pero dentro do mesmo sexo, entre (que ben traido está o título) as criadas e as señoras, sendo como é unha relación contractual, pero que segundo se ve no filme, semella unha especie de destilado da escravitude. Ao mellor é a milla percepción persoal e pouco obxectiva, pero entendo que naquela época (moi recente....) a relación que se establecía entre o servizo e os donos era algo máis que un contrato de traballo por horas.

Creo que ainda que o libro tivo as súas críticas (polo que parece, hai demandas por plasmar varios aspectos da vida dunha muller que serviu na casa do irmán da autora do libro) e ao mellor a película non reflicte exactamente como era a vida a mediados do século pasado no Sur de Estados Unidos, merece a pena vela.