Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


15/11/10

"La vaquilla" ou un retrato da guerra civil española

Cando vin "La Vaquilla" hay moito tempo, pareceume unha típica "españolada". A película é do director español Luís García Berlanga, recentemente finado. Cando a volvín ver despois duns cantos anos (pásame iso coa maioría de películas que volvo ver despois duns anos) apreciei a ironía (retranca, diriamos por aquí) coa que fora feita. Un grupo de soldados republicanos infíltranse en territorio nacional, non para poñer unha bomba ou cometer un atentado. O fan para roubar unha vaquilla e foderlles a festa aos nacionais. Xa a idea é caralluda, pero os gags que se producen ao longo da película (o guión fixérono o propio Berlanga e o grande Rafael Azcona) son sinxelamente xeniais. É curioso cómo cambia o aspecto das cousas (sexa unha película, un libro, un cómic ou unha situación persoal) cando te enfrontas de novo a eso con outra visión. Supoño que o que sucede é que, sobre todo, tí mesmo cambiaches no tempo, polo que é imposible que che cause o mesmo efecto. Tampouco digo que cando sucede por 2ª vez sexa mellor...pero por probar tampouco perdes nada.
Todo isto ven co gallo do pasamento de Berlanga. Eu non son ningún experto en cine, pero as súas películas, en xeral, me gustan. Algúnhas máis, outras menos, pero me gusta a súa visión (a que lle deu nas súas películas) das cousas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario