Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


22/11/10

Da (des) graza de ser humano

Isaac Newton dixo nalgún momento: "O que coñecemos é unha pinga de auga: o que descoñecemos é o océano".

A verdade é que o tipo tiña que ser moi listo. Pero esa frase pesa como unha lousa. O ser humano pasa da vida á morte nun palpabrexo cósmico. Para a escala de tempo do universo a raza humana é menos (aproximadamente) de 1 segundo. Tic-tac.
Listo, a raza humana xa non existe.

Pero como o tempo é relativo (afortunadamente) e a escala humana é moito máis pequena que a do universo, ás veces temos a sensación de que tarda 1 ano en que se che pasen 24 h. Paradoxa? Non o creo. A mente é poderosa e nos da a posibilidade de expandir o tempo (e tamén contraelo).

O carallo é que non o controlamos á vontade.  A mín me gustaría pasar rapidísimo os momentos malos, os desagradables, os exames (si me saen mal), os momentos aburridos. Estaría xenial saber a ónde apuntar o mando mental para darlle ao FORWARD e que pasen eses momentos.
Pero non podo. Teño que pasalo como podo, segundo a segundo, hora a hora e día a día. Situacións fodidas, difíciles, decisións que sei que teño que tomar pero que tamén sei que traerán dor e frustración. Decisións que (desgrazadamente) non só me afectan a mín.

En cambio, nos momentos felices, alegres, de luminosidade mental, física e sensorial, o tempo se escapa rapidísimo. O pico de felicidade é tan efímero que sempre quedas con ganas de máis. Tería que ser así?

Ben, eu non creo nos determinismos. Tampouco digo que isto (vivir) sexa sinxelo. Pero (e esta frase non é miña, pero é caralluda) que non sexa sinxelo non significa que non pague a pena.

A graza do ser humano está, para mín, nas peculiaridades das persoas. Somos TOD@S diferentes. O que buscamos mentres vivimos é tan diferente como diferentes somos os que o buscamos, ou os que escapamos para que iso que buscamos non nos atope.

Pero o fodidamente difícil é saber qué buscas. Ás veces sucede que o que buscas o tes xa, dende hai moito, e só te das conta cando o perdes. Outras veces, o necesario é perder o que tes para saber o que buscas. Tamén hai momentos de lucidez, nos que és consciente, dolorosamente consciente da túa situación. Non me refiro á situación física, nin á posición social, nin ao teu nivel de intelixencia. Me refiro á esa "iluminación" na que, por un momento, ves a túa posición con respecto ao resto do teu mundo, material e inmaterial. Esa lucidez podes tela aos 18 anos, aos 35 ou aos 70. Ou non tela.

Qué é mellor? Pois como galego que son, depende. Si nunca chegas a ter dúbidas sobre a túa vida, eres feliz e estás en paz contigo mesmo e cos demáis, perfecto. Hai moita xente que pasa a súa vida (larga ou curta, feliz ou infeliz, determinista ou non) conforme, e remata igual.
Si tes ese "clear vision" poden pasar dúas cousas, ao meu modo de ver. Algunhas veces pasan as dúas, en distinta orde. Podes quedar paralizado durante meses, incluso; unha "revelación" así pode desmontarche a vida tal como a coñecías. Podes negar o que viches, seguir co teu ritmo de sempre e tentar esquecer esa "visión". Pero case seguro que volverá...Porque creo sinceramente que esas cousas non pasan por nada.
Como dixen antes, a nosa mente é lista, e nos da pistas do que non está ben. Podemos facerlle caso ou non, pero hai quedan esas pedriñas no camiño.
E despois queda o máis difícil...facerlle caso ao que sintes. Iso si que é fodido. Pero iso é o que nos fai humanos, non?

No hay comentarios:

Publicar un comentario