Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


5/11/10

DESORIENTADO 11

A muller se identificou como responsable do departamento de marketing da empresa de prospeccións Kreativnoe agentstvo. Traía un monte de documentación entre a cal me presentou un mapa topográfico parcial da cova Emil Racovitâ. Sorina, Mónica Sorina é o nome da tipa. Semella que iso pasou hai moito, moito tempo. Se tivese un PC ou portátil por aquí aínda podería conectarme e saber algo dela. Xa vin que o móbil meu desapareceu. Estará detrás da porta do piso de abaixo? Cómo me gustaría saber algo máis, pero o que dou feito é lembrar só anacos da conversa coa muller en Madrid. Falamos bastante sobre a cova Emil Racovitâ, en Criva, moi preto de Lipcani, ao Norte de Moldavia.

A qué ía eu a Moldavia? Tiña un congreso en Chisinau sobre bioespeleoloxía no que ía expor a miña teoría da formación das concrecións excéntricas en covas como a do Soplao.
Moldavia é unha potencia en espeleoloxía, sobre todo pola cova Emil Racovitâ. Ao seu lado, as maiores covas do mundo son só salas de estar. Segundo varias estimacións (ainda non se explorou totalmente) a cova ésta do carallo ten como 90 km de lonxitude en varios niveis, con ata 20 lagos subterráneos e gargantas, simas, tubos e labirintos que proporcionarán información crucial para a comunidade científica internacional. Son especialmente interesantes as concrecións excéntricas de xeso e tamén as de aragonito e calcita, e a cova é máis interesante ainda pola espeleofauna que xa se describiu e que resulta moi pouco común...

Decátome que matinando no que xa pasou e tentando lembrar, voume sentindo peor. Está volvendo a dor do demo esta que non pasa Clic e ese son que de xeito intermitente me parece oir tampouco me tranquiliza. Teño a sensación de que cando o escoito voume atopando máis desorientada clic

No hay comentarios:

Publicar un comentario