Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


31/3/11

17, só un número? Ogallá parase aqui...

Extraido de ibasque.com 

---

MULLERES ASASINADAS EN ESPAÑA POR VIOLENCIA MACHISTA en 2011

FUENTE: RedFeminista, CIMTM, C.Reina Sofia e Diarios locales:
Año 2007: 71 mulleres.  /// Año 2008: 84 mulleres asasinadas ///Año 2009: 68 mulleres asasinadas /// Año 2010: 85 mulleres asasinadas
(algunhas delas en investigación da causa ainda)

MUJERES ASASINADAS DURANTE 2011: 17

.
1 12-01-11 Torrecaballeros (Segovia). José Jaime, de 52 anos asasinou de varios tiros na cabeza á súa muller Ana María Sanchez, de 49 anos e ao fillo de ambos, Carlos, un adolescente de 16 anos.
2 13-01-11 Granada. X.L., un home de 32 anos matou a golpes no cráneo á súa parella, W.L., de 29 anos. Estaba embarazada e tiñan outro fillo de 6 anos en común.
3 17-01-11 Fuenlabrada (Madrid). Francisco N. J., de 47 anos, maltratou e estrangulou á súa muller, Carmen J. N., de 54 anos, e avisou do crime á policía ao día seguinte.
- 26-01-11 Vitoria-Gasteiz (Álava). Alexis, de 77 anos mata a tiros á súa muller, Ela, de 82 anos, e posteriormente se suicida. Ao parecer, as últimas investigacións apuntan a un suicidio pactado ou que él pensaba suicidarse e ela morreu ao estar xunto ou tras él. Por tal motivo esa muerte sae da listaxe de Mortas por Violencia Machista.
4 26-01-11 Los Belones-Cartagena (Murcia). Antonio, de 45 anos, apuñalou ata a morte á súa parella, Jennifer, de 37 anos, e enviou un sms a un familiar dicindo que a matara. A filla dela, de 11 anos foi a que descubriu o cadáver. O asasino está fuxido ainda
5 28-01-11 Calvià (Mallorca). Bartolomé Verger Cabrer matou a tiros á súa muller e ao can de ambos e posteriormente se suicidou.
6 30-01-11 Villacarrillo (Jaén). A.G.A., de 47 anos, apuñalou á súa esposa, Ramona M.F., de 44 anos, no pescozo e abdome, causándolle a morte. O asasino foi detido
7 30-01-11 Campo de Criptana (Ciudad Real). M.A.T.S., de 40 anos degolou á súa muller, J.M.M., de 43 anos, e posteriormente tratou de suicidarse tirándose polo balcón da vivenda
8 28-01-11 Fuerteventura (Canarias). Unha muller aparece morta nun chiringuito de praia, apuñalada e desfigurada. Detenido un indixente que solía estar con ela. Non está probada ainda a relación entre ambos polo que esta muller non aparece na listaxe do Ministerio).
9 03-02-11 Roquetas de Mar (Almería). M.S, un home de 36 anos mata a golpes á muller coa que convivía, C.C.T., de 46 anos. Se entrega á policía ao dia seguinte
10 11-02-11 Barcelona. Pedro Pascual M.C., de 27 anos, acoitelou presuntamente á súa parella no céntrico barrio de Gracia.
11 15-02-11 Málaga. Mata a hachazos á súa muller, da que tiña orde de alonxamento e estaba en trámites de separación.
12 18-02-11 Dusseldörf (Alemaña). Busca á súa  exmuller en Alemaña, donde fuxira e a mata a coiteladas (Esta mujer non engrosa as listaxes do Ministerio ao ter ocorrido en Alemaña pero a inclúo nesta listaxe por ser persoas que vivían en Girona e só pola fuxida dela o crime se produciu en dito pais).
13 23-02-11 Valencia. O presunto asasino foi un home maior, de 73 anos, que asasinou á súa parella de só 32 anos ao parecer con algún coitelo
14 23-02-11 Reus (Tarragona). A filla, de só 5 anos acudiu soa ao colexio (a pesar de estar lonxe da vivienda) e contou aos seus profesores que seu pai, de 34 anos, matara á súa nai e que estaba tirada na cociña.
15 07-03-11 Fuente el Saz del Jarama (Madrid). Vicente, de 55 anos, asesinou presuntamente á súa exmuller, da que tiña unha orde de alonxamento
16 21-03-11 Granada. C.M.C., de 62 anos e policía retirado, acoitelou e golpeou ata matar á súa muller N.C.C da mesma idade.
17 22-03-11 Torredelcampo (Jaén). Un home mata á súa exparella de 44 anos. Ambos se denunciaran por malos tratos mutuamente e ela tiña unha orde de alonxamento pero vivían xuntos.

30/3/11

Verdades coma puños

UNHA GRANDE IDEA‏?
Colocar ás personas de idade nos cárceres e aos delincuentes nas residencias de anciáns.
·   Desta maneira, os nosos anciáns terían acceso a unha ducha tódolos días, ao ocio, paseos, medicamentos, exámes dentais e médicos regulares.
·   Recibirían cadeiras de rodas etc.
·   Recibirían cartos en vez de pagar polo seu aloxamento.
·   Terían dereito á vixiancia continua por video, polo que de inmediato recibirían a asistencia despois dunha caída ou outra emerxencia.
·   As súas camas se lavarían duas veces á semana, lavada e planchada a roupa con regularidade.
·   Un garda viría cada 20 minutos e lles levaría as súas comidas e os seus bocadillos directamente á súa habitación.
·   Terían un lugar especial para recibir á súa familia.
·   Terían acceso a unha biblioteca, sala de exercicios, terapia física e espiritual, así como a piscina e incluso a ensinanza gratuita.
·   Pixamas, zapatos, zapatillas e asistencia xurídica gratuita baixo pedimento.
·   Habitación, privada e segura para todos, cun patio de exercicios, rodeado por un fermoso xardín.
·   Cada un tería dereito a un ordenador, televisión, radio e chamadas ilimitadas.
·   Terían unha "xunta directiva" para escoitar as queixas e os gardias terían un código de conducta que debe respetarse!

·   Os delincuentes terían pratos fríos, se quedarían sós e sen vixiancia.
·   As luces se apagarían ás 20:00 hrs.
·   Terían dereito a un baño á semana, vivirían nunha pequena habitación e pola que  terían que pagar alomenos 1.500 euros por mes, sen esperanza de sair con vida!


En fin....


29/3/11

Mientras vivimos, de Maruja Torres

Cando Iago nos trouxo o segundo libro do préstamo para pais que se está a levar a cabo este ano xa sabiamos que a elección fora boa.

Ademáis de ser premio planeta no ano 2000 (hai xa 11 anos!) sobre todo o que me atraeu do libro foi a súa autora. Leo a columna de Maruja Torres no semanal de "El País" sempre que podo, e nunca defrauda. Como o libro.

Ésta é unha historia deliciosa sobre 3 xeneracións de mulleres, conectadas entre si por sentimentos tan dispares como celos, envidia, amor e devoción, as súas vidas entrelazadas dun xeito inseparable pola especial facultade que, ao meu parecer, ten a autora para facer personaxes creibles. Non é certo, non só son creibles, son case reais! Lendo o libro, chegas a saber cómo con Teresa, Regina ou Judit, pero ainda que as coñezas, hai que ler ata o final para saber qué sucede, que fai cada unha delas coa súa vida, e por conseguinte, coa vida das demáis.

Hai unha frase que aparece ao final do libro, non creo que sea spoiler, pero da que pensar. Ao mellor así, sacada de conexto non ten a mesma forza, pero agardo que si vos pica a curiosidade, leades o libro. Moi recomendable!

"La verdad es algo que nunca hace daño, aunque te torture"

28/3/11

American Woman

Cando oín a canción versionada que fixo Lenny Kravitz da orixinal de 1970 composta polo grupo canadiano The Guess Who a súa forza me cautivou, polo que só vos digo, desfrutade!!


25/3/11

DESORIENTADO 25


_Sara!Sara! Dimitri me fixo volver das miñas ensoñacións co frontal apagado e centrarme no que tiñamos diante.
_Que sucede? Dixen mentres acendía o frontal. A escena quedou de novo iluminada diante de mín, 10 metros de luz que se ía desfacendo conforme se alonxaba, fagocitada pola escuridade da cova. Nos atopabamos ao bordo dun lago subterráneo bastante ancho. A auga chegaba caseque ao teito. Quedaban como 15 cm de distancia entre a superficie da auga e a parte máis baixa do teito. O que non sabiamos era o profundo que era o lago, pero que tiña máis de 10 m de longo, iso seguro, xa que os frontais non chegaban ao outro lado.
_Pásame a linterna de atrás, dixo Dimitri. Él levaba unha linterna de mán potente na súa mochila, e cando iluminou con ela a superficie da auga, algo produciu ondas.
_Ostias! Algo acaba de afundir!! Dimitri non daba crédito. Él non tiña coñecemento de ningún organismo que deixara esas ondas na auga dun lago subterráneo. O máximo que atoparamos na bibliografía que manexabamos e tamén nas nosas campañas foran reptiles cegos de non máis de 15 cm de longo. Salamántigas case transparentes, sen pigmentos debido á escuridade, con cuncas vacías no lugar do cráneo onde tiñan que estar os ollos.

Quedamos mudos e espreitantes, agardando notar algo máis, pero cando as ondas despareceron tras morrer nas beiras do lago subterráneo, todo quedou de novo tranquilo.

24/3/11

La vida que te espera, de Manuel Gutierrez Aragón

Semella que foi o verán pasado cando estivemos polo val do río Pas, en Cantabria, pero foi por aló polo 2004.

Nese momento oimos falar de que se estaba a rodar unha película que transcurría nesa paisaxe. Naquel momento só sabiamos o nome da película: "La vida que te espera".

Agora, case 7 anos despois, tivemos a oportunidade de ver o film, que, a dicir verdade, se salva da queima por pouco. Juan Diego é un dos que mantén a película, unha historia dramática que tenta reflexionar sobre a vida pasiega, en declive nos tempos actuais. Do resto de actores e actrices teño que recoñecer que non terminan de convencer. Luis Tosar non se recoñece nin a si mesmo, non impresiona como noutras películas (eu me confeso fan de Luis Tosar) e Marta Etura ten momentos nos que semella estar moi dentro da pel de Val, a súa personaxe, pero en xeral, a min non me convence.

Sen pena nin gloria. Tampouco é para apagar o DVD, pero non chega a emocionar...salvo pola paisaxe. O entorno paga a pena velo, ainda que sexa na película. Iso si, mellor se vos achegades ata alí!!

23/3/11

SEIMEIRAS DO QUEIXOIRO II

 Como o prometido é débeda, aquí van unhas fotos (do móbil, sintoo pola calidade ^^) da "andaina" que fixemos polas seimeiras do Queixoiro.

Espero de vos gusten!



A expedición ía dispersa...
 O Xefe do grupo!



22/3/11

Si me matan, bueno; si vivo, mejor

Nestes tempos nos que o consello de seguridade da ONU (suponse que son eles os responsables) nos mandan á guerra (poden chamarlle como queiran, pero é o que é....) deixo aquí un poema de Miguel Hernández. 

Hai agora unha versión cantada do grande Joan Manuel Serrat, pero non sei ben por qué non me cadra moito co poema. Este poema me produce unha especial inquedanza, un canto desesperado por non poder poder, por non ser quen de ser, polo presente sen futuro...

Si me matan, bueno

Ante la vida, sereno
y ante la muerte, mayor;
si me matan, bueno:
si vivo, mejor.

No soy la flor del centeno
que tiembla al viento menor.
Si me matan bueno:
si vivo, mejor.

Aquí estoy, vivo y moreno,
de mi especie defensor.
Si me matan, bueno:
si vivo, mejor.

Ni al relámpago ni al trueno
puedo tenerles temor.
Si me matan, bueno:
si vivo, mejor.

Traidores me echan veneno
y yo les echo valor.
Si me matan, bueno:
si vivo, mejor.

El corazón traigo lleno
de un alegre resplandor.
Si me matan, bueno:
si vivo, mejor.

21/3/11

verdades coma puños

¿Quen di que os nenos son tontos?
ALUMNOS INTELIXENTES

Profesor: “ ¿Qué debo facer para repartir 11 patacas por 7 personas?”
Alumno: “Puré de pataca, señor profesor.”




Profesor: “Joaquín, diga o presente de indicativo do verbo camiñar.”
Alumno: “Eu camiño, ti camiñas, el camiña…”
Profesor: “ ¡Máis deprisa! “
Alumno: “Nós corremos, vós corredes, eles corren.”




Profesor: “chovía”, ¿que tempo é? “
Alumno: “Éche un tempo moi malo, señor profesor.”




Profesor: “¿Cántos corazóns temos nós?”
Alumno: “Dous, señor profesor.”
Profesor: “¿Dous?”
Alumno: “Si, o meu e o seu.”




Dous alumnos chegan tarde á escola e dicen como xustificación:
- O 1º di: “Espertei tarde, soñei que fun á Polinesia e a viaxe tardou mucho.”
- E o 2º di: “E eu me fun a esperalo ao aeroporto.”




Profesor: “Paco, diga 5 cousas que conteñan leite.”
Alumno: “Si, señor profesor. Un queixo e 4 vacas”



Profesor preguntando nun examen oral a un alumno de Dereito :”¿Qué é un fraude?”
Contesta o alumno: “Un fraude é o que está a facer vostede.”
O profesor indignado” ¿Cómo é iso?”
Di o alumno: “Segundo o código penal, comete fraude todo aquél que se aproveita da ignorancia do outro para prexudicalo.”




Profesora: “María, sinale no mapa onde queda América do Norte.!”
María : “Aquí está”
Profesora: “Correcto. Agora os demáis respondan “¿Quén descubriu América?”
Os demáis: “María”





Profesora: “Juanito, dime con sinceridade, ¿rezas antes das comidas?”
Juanito: “ Non, sra. Profesora, non o necesito, miña nai é boa cociñeira.”




Profesora: “Arturo, a túa redacción “Meu can” é exactamente igual á da teu irmán. ¿copiácheslla?”
Arturo: “ Non, profesora, o can é que é o mesmo.”





Profesora: “Carlitos, ¿que nome se da a unha persoa que continua falando ainda que os demáis non estéan interesados?”
Carlitos: ” Profesora”

18/3/11

Todo é relativo???

Hoxe se cumpren 8 días desde que a terra tremeu a 24 km de profundidade e se produciu o terremoto de 8,9 puntos da escala Richter fronte á costa leste do Xapón.

8 días desde que o posterior maremoto produciu un Tsunami de proporcións xigantescas, con olas de 10 m de alto e cunha velocidade de desprazamento que superou os 350 km/h

8 días desde que o Tsunami máis destructivo dos últimos 150 anos da historia xaponesa entrou ata 6 km terra adentro pola costa leste, arrasando poboacións enteiras ao seu paso.

8 dias nos que a información foi chegando en pingas ácedas e desesperantes, prudentes ao principio en canto ao número de víctimas e converténdose, despois de 8 días na posibilidade real da cantidade de 16.000 mortos e desaparecidos, desalentadora cando pensamos que esto se produciu nun dos paises máis ricos do mundo, na 3ª economía mundial (superada por EE.UU e China soamente). Un país que ademáis de ser moi atractivo por todo o que significa o nome de Xapón (Samurais, Artes Marciais, Ceremonia do Te, Arquitectura, Tecnoloxía, Arte, Ciencias, Natureza, Sumo, etc) ten tamén unha fama merecida de país loitador fronte á adversidade.

Pero toda esta traxedia humanitaria, os mortos e desaparecidos, a perda de poboacións enteiras debido á forza das olas, a destrucción total de infraestructuras, vivendas, tendidos electricos, todo este desastre queda sen voz debido a un detalle. Unha central nuclear onde non debería estar.

8 días despois do desastre, na central nuclear de Fukushima (despois de 8 días repetindo o nome sin parar, xa son quen de escribilo sen ter que consultar no google) un número indeterminado de persoas (entre 50-180 segundo diversas fontes) loitan arriscando a súa vida (literalmente, debido á exposición á radiactividade) para refrixerar os núcleos dos 6 reactores nucleares que quedaron moi danados tras o tsunami.

Se fala hoxe xa de saidas masivas de Tokio hacia Osaka e outras provincias do sur de Xapón. Saidas controladas e con esa característica amabilidade e aparente tranquilidade na que pensamos cando nos falan dos xaponeses. Existe unha desinformación por parte do goberno da nación, pola evidente falta de testemuños fiables que poidan achegarse ata os reactores nucleares e contar o que pasa e sobre todo, o que teño é unha pena enorme.

Non é este o momento de discutir sobre as ventaxas e inconvenientes da enerxía nuclear; non agora que ainda non se sabe se haberá un escape incontrolado e masivo de radiacion nuclear. Pero se debería falar, nun futuro próximo.

17/3/11

Amari Szi Amari

Despois de facer "El Señor de los Anillos", Elijah Wood semellaba que podería chegar a quedar encasillado en papeis de neno con ollos grandes, pero enseguida se veu que por enriba das personaxes está o actor. A película "Todo está iluminado" non pasará á historia como unha das mellores na filmografía de Elijah Wood, pero ten momentos estelares. E a música é imprescindible. Aquí tedes unha mostra.

Desfrutádea!


16/3/11

Mataharis, de Iciar Bollaín

Un sábado máis todo se conxura para que os pequenos queden durmidos e en calma a tempo de ver o programa de cine "versión española".

Esta semana para continuar a programación que a TV pública está a adicar á igualdade entre homes e mulleres, puxeron Mataharis, unha película dirixida por Iciar Bollaín. É unha película que ten moitas lecturas, como casi todo nesta vida:

- Aborda dun xeito orixinal para mín o tema da conciliación laboral e familiar (coido que hai poucas películas sobre temática detectivesca de mulleres).
- Nos presenta 3 mulleres que por diferentes causas se atopan nunha encrucillada da súa vida; ningunha o sabe antes de que suceda, pero todas deberán elixir (como na realidade) qué facer co seu futuro.
- Para mín (isto é totalmente debatible, e agardo que así sexa) pon de manifesto o moito que falta para que exista unha igualdade efectiva entre homes e mulleres. Poden aprobarse leis que a promovan e incluso que a garanticen en determinados ámbitos, pero a lei e a realidade agora mesmo están  bastante lonxe.

Despois da película, o debate que segue no que a presentadora vai levando (ao meu parecer) moi ben o fío, esta vez tiña como tertulianas a 3 mulleres (4, contando coa presentadora): Ana Pastor, periodísta que agora mesmo está a presentar Los Desayunos de TVE, Nuria González, unha das actrices protagonistas da película e Rosa Regás, unha escritora como a copa dun pino que me encanta.

O que vin no debate foi que malia as diferenzas de opinión entre as participantes (tampouco houbo grandes discusións), si que se notaban varias cousas: o moito que falta por facer para que a igualdade non teña que lembrarse como obxectivo senón que sexa unha realidade, a necesidade de seguir facendo visibles as desigualdades entre homes e mulleres, o importante que para a igualdade é a educación e tamén a reeducación (dos adultos, que tamén nos fai falta), e a valentía que é necesaria para enfrontarse a situacións que poñen a proba esa suposta igualdade: condicións laborais, situacións familiar, etc.

Houbo unha reflexión que fixo Rosa Regás que me gustou especialmente, por obvia que é, e ao mesmo tempo, polo necesaria que é lembralo ainda hoxe en día. A escritora dixo algo así como que unha das protagonistas da película puidera elixir o seu futuro gracias ao seu traballo. Non polo traballo en particular, senón por traballar, pola independencia que outorga ese dereito. É obvio o impacto que supuxo para a independencia femenina o feito de poder traballar e o necesario do comentario hoxe en día resulta esgotador, pero non por iso se vai a deixar de intentar, non?

15/3/11

Turismo visceral

Xa non lembro cando foi o primeiro momento no que acuñamos este termo para explicar o tipo moi especial de turismo que ás veces facemos. Realmente podería chamarse "turismo gastronómico" e xa estaría bastante explicado, pero cando me refiro a facer turismo "visceral" non só me refiro ao gastronómico nas nosas saídas. Tamén ten que ver coas sensacións, coa apetencia por algo inconcreto que fai que te achegues a sitios non só a desfrutar da comida da que oiches falar ou da que non oiches falar e che sorprende ainda máis.

Tamén me refiro a ese turismo no que non é tan importante a planificación senón que te deixas namorar polo entorno, cambias a dirección que ao mellor levabas fixada de antemán e exploras unha nova zona. Un turismo de sensacións, e como as sensacións dicen por aí que están nas tripas, por iso o termo Turismo Visceral.

14/3/11

Museo Etnográfico de Grandas de Salime

Se queredes retroceder 50 anos de golpe e ver cómo os vosos pais ou máis ben os vosos avós vivían no rural de Asturias e Galicia (isto é bastante extrapolable ao resto do país) non debedes deixar de visitar o Museo Etnográfico de Grandas de Salime.
O museo se atopa a poucos kilómetros de Fonsagrada, pasando polo alto do acebo e baixando xa por Asturias. É curioso como os montes fan de fronteira natural. Son agora fronteira entre dúas comunidades que nunha franxa de varios kilómetros non se diferenzan nadiña.
Cando baixabamos hacia Grandas, non puiden evitar pensar en que fai 50 anos, ao mellor ese mesmo camiño se facía a pe ou a cabalo, para ir ás feiras de gando a mercar ou vender. Diría que moito tempo se perdía daquela, pero ben pensado, se desfrutaba doutro xeito o camiño.

Creo que o mesmo feito de ver a paisaxe de camiño ao museo xa me predispuxo a ese retroceso mental ata outra época, e se confirmou ao entrar nel. O museo está emplazado na antiga casa reitoral e tamén noutos edificios cercanos. Ao entrares nel se retrocede no tempo dun xeito case máxico. A Cociña coa súa lareira, a Sala de industrial textil, o obradoiro do zapateiro, a bodega, a cantina (extraordinaria!), os obradoiros de carpinteiro, toneleiro, cesteiro, cullereiro, a forxa e a sala de torneiros conforman esta primeira parte.

Pero isto non é todo, quedan ainda o curral, a Casa do Muiñeiro, a Casa grande ou Casoa, que para min foi outro descubrimento, coa tenda de ultramarinos (foi como volver a estar dentro do Suso da Coca, que era unha tenda que había cando eu era neno no barrio...) a barbería, a xastrería, a escola rural e outros espazos igualmente interesantes.

Moi recomendable!!

Teño que dicir que segundo puidemos ler nuns carteis que estaban por todo o pobo, o museo foi promovido por un home que se fai chamar Pepe El Ferreiro. Despois de dirixir o museo durante un monte de anos, recentemente foi destituido polo goberno asturiano e existen varias plataformas por internet adiante para que o que parece unha inxustiza non se perpetúe no tempo.

11/3/11

DESORIENTADO 24

Con Dimitri, Moldova (como a chamaba él) abríuse dun xeito extraordinario ante nós. Semellaba que a semana de traballo nos seminarios non o era, xa que, rematada a parte teórica, nos dedicabamos á espeleoloxía pura e dura. E niso Moldova é a caña!!
Sifóns, gorxas imposibles, corredores con excentricidades rarísimas, lagos subterráneos, bóvedas de dimensións ciclópeas se presentaban dun xeito máxico, en parte debido ao estado de felicidade no que me atopaba en compaña de Dimitri e en parte pola especial luz dos frontais que te dan unha visión parcial (e por iso mesmo se pode dicir que máxica) do teu entorno. Creo que a intimidade que chegas a sentir dentro dunha cova é difícil de superar no “mundo exterior”, como me gustaba chamalo a mín. Se quedas quieta, calada e apagas o frontal, ao principio nada cambia. Semella que podes seguir ollando o círculo de luz diante dúa. Pouco a pouco, esa “visión” residual desaparece, e comeza outra especie de “visión”. Os sensos que non dependen da luz para funcionar, oído, tacto, olfato e gusto se desperezan e envian información, ao principio timidamente, ao teu cerebro. Este non está acostumado a valerse unicamente deses sensos, así que tarda uns minutos en comezar a procesar esa nova información. E é entón cando sucede. Supoño que debes ter un equilibrio mental que non se acada tódalas veces que quedas a escuras (a mín só me pasou tres veces en tódolos anos que levo baixando ás grutas) pero en contadas ocasións, todo se ilumina (polo menos dentro da túa cabeza) e eres capaz de “ver” ao teu arredor. As texturas da parede cobran relevo dun xeito excepcional, os sons aumentan de volume, facéndose case sólido, con textura, e te decatas de cánto dependes da túa vista cando ai luz e tamén o pouco do que che é útil cando non a hai

10/3/11

SEIMEIRAS DE QUEIXOIRO

Aproveitando que este finde estivemos pola Fonsagrada desfrutando do entroido, fixemos unha pequena camiñata polas Seimeiras do Queixoiro. Para chegar, hai que sair da Fonsagrada dirección Grandas de Salime (Asturias), e coller á esquerda nun cruce despois de Paradanova. Os coches se deixan pouco despois de pasar unhas casas e comeza  a camiñata, baixando por un carreiro que de xeito paulatino nos vai levando ata o nivel do río, onde se poden observar dúas seimeiras (nome que se lle da nesa zona ás fervenzas) separadas moi poucos metros.
A ruta é pequena e non se tarda demasiado en camiñala. O mellor é que se pode facer con nenos (nós fumos con Iago e con Martín, 4 anos e 11 meses, respectivamente) e as vistas son chulísimas.

Moi recomendable.
Poño unhas fotos provisionais que atopei pola rede, ata poder colgar as nosas.

7/3/11

All Star, de Smash Mouth

Cando escoitei de novo esta canción de Smash Mouth na B.S.O de Shrek souben que un pedaciño da felicidade que se sinte ao ver a película se quedaba na miña vida.

Desfrutádea!

4/3/11

O imperio da Carne

Sen palabras!!

Desfrutádeas!!






































agardamos polas fotos da cámara boa, que éstas están feitas co móbil!!

Ata o ano que vén!!