Son importantes as sensacións. MOi importantes, penso eu. E o domingo pasado, recuperei algunha sensación que facía moitísimo tempo non tiña.
Ando agora mesmo e por tempo indefinido metido nun lío que me atrae moitísimo. O asunto ten que ver coas
carreiras de orientación e tamén coas bicis de montaña ou MTB. O das carreiras de orientación xa o probara hai tempo e sei que me gusta. O choio é sair cun mapa topográfico escala 1:10.000 da zona e buscar e "picar" unhas balizas. As balizas están sinaladas no mapa xunto cunhas indicacións esquemáticas. Tes que picar un número concreto de balizas no menor tempo posible, sen saltar ningunha, e a verdade é que conta moito o factor sorte (ademáis da práctica na orientación con brúxula e demáis -forma física, etc). Con esas carreiras o paso moi ben, ainda que sempre teño un momento no que digo "que carallo fago eu aquí, no medio do monte, sen saber para onde tirar..."
Os
raids combinan o anterior con distintas disciplinas: kaiak (sip, kaiak con balizas que tes que picar...), rappel, treking, MTB (bicicleta de montaña), tiro con arco, etc.
Vamos, que é para tolos... pero ímolo tentar este ano.
Ao que ía con todo isto é que para poder participar nos raids me tiven que facer cunha bicicleta de montaña (unha mountain bike das de sempre...) e sain estes días a probala. Xa non me acordo de cando foi a última vez que fun en bici polo monte, pero me decatei dunha cousa. É certo iso que din que tal ou cual cousa "é como andar en bici. Non se esquece". Comprobeino tanto nas duras como nas maduras. As duras fóron as subidas (que non é que fosemos polo Alpe D´huez....) se me fixeron durísimas... As maduras foron as baixadas. Esa sensación de vento na cara, de liberdade de movementos, de lixeireza (sobre todo despois da subida), iso, meus, é impagable.