Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


12/11/10

DESORIENTADO 12


O último tramo do descenso é especialmente técnico. Sempre é así, pero ainda que Nina fai este camiño varias veces no día, non deixa de estar atenta na baixada polo sifón. Unha volta de 45º e un xiro de cadeira que fai que o oco angosto que de xeito caprichoso se formou hai milleiros de anos se transforme nunha sala de proporcións ciclópeas que se extende en forma de botella, de Este a Leste, ata chegar á boca. A Nina quédalle o último descenso, de 15 m lineais en vertical, ata tocar cos pés no chan da sala alcumada A Degolada. Mentres quita o arnés e os aparellos de descenso, Nina pensa no desgraciado accidente que lle deu nome á sala. Os membros do primeiro equipo eran xente moi ben adestrada e profesional, pero Madalina Crina era a mellor. Ela foi a que tomou a responsabilidade de explorar o sifón do demo. Ningúen do equipo o cuestionou. Madalina pesaba 48 kg, era menuda, nervuda e decidida. Despareceu polo oco e cos walkies o resto do equipo foi seguindo as evolucións da xefa. Todo parecía ir caralludamente e Mada ía explicando o que atopaba, máis cando chegou ao cóbado de 45º de súpeto calou.

No hay comentarios:

Publicar un comentario