Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


30/6/10

máis verdades coma puños

ABRE DOADO? Os collóns!!

Os cortes de dixestión non existen: son os pais.
Morrinme 19.985.322.486 veces por non reenviar cadeas de correos electrónicos.

Eu tamén aperto mais forte o botón do mando cando gastan as pilas.

Eu tamén digo NADA cando me pasa ALGO.

Dígolle a un amigo que mire DISIMULADAMENTE, e nunca mira disimuladamente.

A min tamén me mandaron calar os meus pais cando vían que tiña razón!

É mellor conversar en clases, que no recreo.

29/6/10

estrenamos sección!

Ben, con este post estrenamos sección. Agardo que sexa para moito tempo, e irei actualizandoa coas vosas aportacións.

A sección é "verdades coma puños". Frases ou pensamentos que son certos, pero ben certos....

hai van uns cantos.

Desfrutádeo!!

Eu tampouco sabía que coño facer coa cor branca do plastidecor...

Odio que me esperten preguntando se estou durmido.

Eu tamén tirei da porta cando poñía claramente "empurrar"

Eu tamén utilicei algunha vez o móbil como lanterna.

Saco o móbil, miro a hora, gárdoo, nin idea de que hora é!

O día que Alex Ubago teña noiva e sexa feliz, rematouse a súa carreira musical

Pidas o que pidas, o perruqueiro sempre fai o que lle sae dos collóns

Eu tamén dixen "trae, que ti non sabes!! " e eu tampouco souben.

O diñeiro non dá a felicidade, pero eu prefiro chorar nun Ferrari...

Eu tamén canto as cancións en inglés como me dá a gana!!

Cantos anos debe ter agora o neno de Kinder chocolate?

Por que vén unha tía do futuro a explicarme como funciona a lixivia???

Non entendo como a xente dorme no metro e esperta na súa parada.

Señoras que quedan durmidas coa novela pero se cambias espertan

A Belén Esteban vaille durar o nariz o que a min a batería do móvil:4 rayitas

A miña nai tamén me di "como vaia eu e o encontre... " e encóntrao!

Eu tamén creo que en humor amarelo morría xente.

Acábome de decatar de que SUGUS é capicúa.

A miña nai tamén di: "esta é a primeira vez q me sento en todo o día! "

Eu tamén de pequeno dicía "inglish pitinglish"

Sempre quixen subir a un taxi e berrar: "siga a ese coche! "



Sexamos realistas; ninguén fará unha fila e sairá en calma se hai lume

Mama faime algo para comer. - Por que non cho fas ti? - Non dá igual non teño fame.

Vivo co medo a que un dos meus contactos me leve ao diario de Patricia.

Para os que cando tocamos timbre e preguntan quen é? dicimos "EU"!!

Señoras que din almondigas e crocretas e frangüesa.

Eu nunca rematei unha goma de borrar, antes pérdenseme.

Eu tampouco vin nunca unha pomba pequena Nacen xa grandes?

Ogallá tivese pola noite o sono que teño pola mañá.

A min tamén me dixo que lle saíu fatal e a noxenta sacou un 10.

Eu tamén quedei illado porque a miña nai fregou o chan
Poñer o dedo para que non te mordan demasiado o bocata.

Eu tamén me pego golpes contra os mobles e empezo a agonizar

O meu cuarto desordénase só...

25/6/10

A Almadraba. Xa me gustaría ir a min...a ver, claro

 
Vin hai un tempo un documental sobre a almadraba. Esta técnica de pesca é típica do mediterráneo para a captura do atún vermello. Est técnica, a almadraba (do árabe andalusí almadrába, lugar onde se golpea ou loita) é unha das artes para a captura do atún empregada en Andalucía, Comunidade Valenciana, Murcia e Ceuta aproveitando a migración de atúns Atlántico-Mediterráneo (e volta) que se utiliza dende tempos prerromanos. Consiste en instalar un labirinto de redes no paso dos atúns, que normalmente se sitúa preto da costa. En Sicilia o método denomínase tonnara (atunara).

A almadraba é a pesca de atún, a tradicional consiste en dous barcos e entre eles unha rede somera ou suxeitada cunha palangrana na que recollen os peixes, atúns e outros que poidan caer. Grazas a que ata que soben ao barco seguen vivos, no acto pódense seleccionar e descartar as pezas pequenas ou inútiles. Entre os barcos e sobre a rede baixan os pescadores máis experimentados que se dedican a seleccionar os atúns que poden pesar uns 200 quilos. Desángranos e logo os seus compañeiros sobre o barco crávanlle arpóns e entre tres ou catro homes sóbeno. Unha vez sacados os atúns séguese coas especies menores.

Aquí vos poño 2 videos, un moi antigo e outro do programa de Cuatro "Callejeros". Probablemente entre eles disten 40 anos... pero as cousas máis ou menos se fan do mesmo xeito.

Desfrutádeo!!



19/6/10

José Saramago

Hoxe finou José Saramago, o escritor portugués que dende hai algúns anos residía en Lanzarote. Ao mellor por iso case me parece que, ainda que fose de nacionalidade portuguesa, hoxe se apaga unha estrela da literatura hispana. Ou pode que sexa pola proximidade a Portugal que hai dende aquí; non sei, o caso é que hoxe teño que afacerme á idea de que non haberá máis libros novos de José Saramago.

87 anos e unha vida dedicada a escribir teatro, poesía, novela, ensaio... Escribir como fío conductor da vida e tamén como áncora da mesma. Escribir ata o final, como dixo hoxe unha das dúas editoras; estaba a escribir actualmente.

Unha amiga miña me dixo hai algún tempo, non sin certa fachenda: "Antes de que Saramago fose coñecido en España eu xa lera algo seu". Sorte a súa, pero, que é mellor, ler primeiro ou ler, simplemente ler, e coñecer ou alomenos tentar coñecer ao home detrás do escritor, ao home que pariu eses libros tan aparentemente sinxelos de ler e tan complicados de escribir.

Ao coñecer a nova hoxe, lembrei o seu libro "As intermitencias da Morte". Por qué houbo tan mala sorte que a morte precisamente hoxe está traballando? Podería haber coincidido perfectamente este día cunha intermitencia das súas... pero, claro, tamén pode ser que a morte, vendo a quen tiña que recoller hoxe, puxera as súas mellores galas. NOn tódolos días se recibe a un grande da literatura.

Saramago nunca ocultou o seu ateismo. Formou incluso parte do partido comunista portugués. Pero tamén dixo que só por egoismo quería vivir, xa que a morte, para él, era: "agora estás e, de súpeto, non estás".

11/6/10

arte en area

A gañadora da edición ukraniana de "Tienes Talento" deixou abraiado ao tribunal...
e a min tamén!!!

desfrutádeo!


1/6/10

World Builder

Acabo de ver este video de 10 minutos aprox. de duración e pareceume incrible.

O tipo que o fixo tardou... 2 anos!! en facelo.

Que é o que non faríamos polas persoas ás que queremos??

Disfrutádeo!

DESORIENTADO 9


Baixando pola entrada do burato no cha, Nina considerou moi seriamente o que sucederá na sala de control. O suxeito “espertara” 48 horas antes do previsto. Дерьмо! E pensar que estivemos a punto de acadar o obxectivo! Foi unha mágoa que se estragase tan preto do éxito. Non lle quedaban máis que 36 horas antes de que os xefazos chegasen, agardando resultados. Na última incursión ata o fondo do pozo pasou algo, algo que a turbina non era quen de albiscar... por iso tiña que baixar de novo, para ver  cómo andaba o resto do equipo.
Deixándose deslizar polos cabos, Nina foi descendendo pola sima, ao principio ía de fronte, de cara ao burato, xa que a inclinación era moi suave. Por esa razón fora escollida esa entrada  para facer enriba dela o pavillón flotante. Precisaban discreción para poder entrar e sair sen ser vistos e esta entrada facilitaba e moito meter todo o equipo baixo terra. Moldavia sempre se caracterizou por ser “aparentemente” afin ao réxime, pero dende a caida a U.R.S.S. (e aqui Nina mostrou as dúas enrugas que se lle poñían no entrecello sempre que matinaba nalgo triste) Moldavia, esa pequena república entre Romanía e Ukraiña, sen interese estratéxico nin económico (ata agora) estivo navegando soa á deriva, fóra da Unión  de Repúblicas Soviéticas e fóra tamén da Unión Europea, esa especie de intento de amalgama económica, que non política, sen éxito de continuidade. A U.E non quería (non lle interesaba) un país paupérrimo, con altas taxas de corrupción e desemprego, sen tecnoloxía nin recursos naturais explotables. Á U.E. necesita socios fortes, con recursos. De feito, non terá futuro se continua aguantando socios como Grecia, Portugal, Italia ou España. Pero ese non era o problema de Nina. A ela sempre lle dera igual onde estivese integrada Moldavia. O que quería era ter recursos económicos para desenvolver o seu proxecto vital.