Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


14/12/10

De qué(n) te ríes?

Este sábado estivo Alex de la Iglesia no programa de TVE "Versión Española" presentando Crimen Ferpecto

Despois da película de turno, sempre hai un encontro entre a presentadora, Cayetana Guillén Cuervo (guapísima actriz pero para mín, mellor presentadora do programa...) e os responsables do film. Neste caso, Alex de la Iglesia e Guillermo Toledo. A película non é unha obra mestra, pero foi entretida. Fin da historia.

O tema non foi a película. Do que me din conta é que dentro da cachola de Alex de la Iglesia pululan un sinfín de ideas, algúns traumas e non poucas manías, pero que conforman unha personalidade que non che deixa impasible. Pode non gustarte ou que te encante o que fai e o que di, pero non te deixa indiferente. Lémbrame a alguén que coñezo dende hai tempo...

Unha das cousas que dixo e que seguro que moita xente saiba (pero para mín foi unha nova..) é que para él, toda situación cómica e que produce risa sucede a partir de algo dramático e/ou violento. É unha verdade coma un puño (pero non vai a ir a esa sección do blog soamente). Dixo tamén que é moito máis difícil facer que un actor/actriz dramático pase á comedia que ao revés. Por qué? Pois él dixo que é máis difícil facer rir que facer chorar. E que un actor/actriz que controle os rexistros para facer comedia é moi capaz de facer drama, e ben feito.

Curioso, non? De feito, está agora mesmo rodando un "drama" que terá de protagonista a.... José Mota. Haberá que velo...

2 comentarios:

  1. Anónimo15/12/10

    Salvo "Muertos de risa" que non me gustou nadiña as otras pelis de Alex de la Iglesia gustaronme todas especialmente "La comunidad".
    ZEKE

    ResponderEliminar
  2. Haberá que ver "Balada triste de trompeta"...

    ResponderEliminar