Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


23/12/10

Los Hijos de la Tierra, de Jean M. Auel

Hai xa a frioleira de 19 anos que lin o primeiro libro da Saga "Los Hijos de la tierra". Así dito non creo que lle sone moito a ninguén, xa que a serie de libros de Jean M. Auel é moitísimo máis coñecida polo título do seu primeiro libro, "El Clan del Oso Cavernario".

Estes libros son best-sellers. Iso quere dicir que hai millóns (si, si) de persoas que os leron e (agardo que sexa así) lles gustaron. Si non non se explica cómo unha autora tan pouco prolífica, que tarda 30 anos (30 anos, meu...) en publicar o sexto e último libro da saga, teña un exito mundial.Os seus libros detallan cunha minuciosidade en moitos casos científica, a vida hai 20.000 anos.

Para os que non saiban "rien de rien" sobre antropoloxía, a groso modo, hai máis ou menos 20.000 anos apareceron por Europa os Cromañones, que son os nosos antergos (Homo sapiens). Esas poboacións, segundo algunha teoría, procedían de África, pero ao chegaren a Europa (España, Francia e Alemaña, principalmente) se atoparon con que outros homínidos máis antiguos na escala evolutiva aínda sobrevivían na Europa postglacial. Esas poboacións estaban formadas por Neandertales (Homo neanderthalensis). Estudos recentes confirmarían que houbo incluso entrecruzamento entre as dúas especies do xénero Homo, e que posteriormente os Neandertales desapareceron como especie.

O que realmente de gustou dos libros é que debido a esa exhaustiva descrición da fauna, flora, entorno, clima e sobre todo das emocións, da sensibilidade e das relacións entre as personaxes, desde o primeiro libro (para min case o mellor da saga...) coñeces a Ayla e á súa familia dunha forma tan íntima que case te ruborizas. Cando lin os libros, ás veces tiña a sensación de estar espreitando a súa cotidianeidade dun xeito ofensivo, como se estivese inmiscuíndome nos seus asuntos, nos asuntos dunha familia "normal".

O tema é que Ayla é unha nena Cromañon (H. sapiens) mentres que a súa familia, que a atopa despois dun terremoto, é Neandertal (H. neanderthalensis). Partindo desta premisa, a autora dos libros fai que os dous mundos que hai 20.000 anos existían en Europa choquen entre sí con consecuencias imprevisibles e nos regala o relato da vida e obra desta muller espléndida, da que me namorei perdidamente.

En 2011 está previsto que saia o 6º libro da Saga, The land of Painted Caves (que previsiblemente se traducirá como "La tierra de las cuevas pintadas") e eu espero poder lelo en canto poida.

Moi recomendables todos os volumes, pero tamén advirto que as descricións das paisaxes e da flora e as estacións pode resultar algo tediosa (eu particularmente considero que todo o entorno axuda a que a historia sexa moito máis creible, como así me parece neste caso).

2 comentarios:

  1. El clan del Oso Cavernario" a min me gustou moito, pero (na miña opinión) a saga vai perdendo interes co paso dos libros. De feito os dous ultimos a min me parecen bastante aburridos.
    Esperemos que a saga mellore ca última entrega.

    ResponderEliminar
  2. Ogallá teñas razón. O comentaremos no seu momento.

    Por certo, a ver si nos vemos estes días!!

    ResponderEliminar