Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


2/12/10

A Rosiña do Tangoeiro, de Trisquel

Unha nova sección bota a andar en "ESBARDALLADAS".
Nesta sección de música pretendemos que escoitedes cancións que nos dicen algo. Pode ser porque nos gustan, porque as odiamos, pola letra, pola melodía ou porque as escoitaches hai moito tempo e queres volver a oilas.

Si atopo as versións dos videoclips tamén as porei. De momento, para empezar, aquí vai "A Rosiña do tangoeiro", unha canción dun grupo galego, TRISQUEL, formado entre outros por: Carlos Corral, Marcos Campos, Alberte Reboreda, Nancy Mouriño, Jose Carlos Villar "Bouza"..

 A canción forma parte do seu primeiro disco, "O Chapeu de Merlín". A min paréceme moi boa.

Desfrutádea! (teño que dicir que o lugar onde aloxei a canción pon como 15 segundos de publicidade antes de que a poidades escoitar. Espero poder solucionalo coas vindeiras cancións...)

No hay comentarios:

Publicar un comentario