Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


3/12/10

DESORIENTADO 15


Merda, merda, merda!!!
Vaia golpe peguei no xeonllo coa bancada de metal forxado (joder, tiña que ser metal…) que esta aos pés da cama. Por un intre pensei que ía desmaiar pola dor de cabeza, pero agora o que me doe é o xeonllo. ¿Onde lin que o mellor para deixar que che doia algo é dar un golpe noutro sitio? Meu, non sei quen o dixo, pero tiña razón. Ás veces a mellor forma de aprender algo é a empírica, ainda que resulte doente.
Sigo tendo fame, e as bolachas acabáronse. O puto reloxo está parado, así que non podo saber cánto tempo pasou exactamente desde este último ¿desmaio? non teño nin puta idea de qué vou facer, pero estoume a volver tola. Por momentos teño a extraña sensación de que ao ir lembrando todo o episodio con Sorina me volve a dor de cabeza, pero é o único que non me fai tolear, así que terei que seguir por ahí… 

A viaxe desde Madrid foi rápida e sen contratempos, con Sorina ao meu lado, botándolle olladas ao mapa topográfico que, ata o de agora hai da cova. Existen partes sin explorar e Mónica Sorina fixo moito fincapé en que, tras o congreso a súa empresa estaba interesadísima en agasallarme cunha estadía de 5 días no norte de Moldova (así é como lle chaman os nativos a Moldavia) para poder comprobar in situ as características da zona.
Xa debería terme mosqueado algo que “casualmente” Mónica Sorina conseguise un asento pegado ao meu no voo, pero que soupera o do congreso e tamén o meu campo de estudo non me pareceu tan extraño. Teño que admitir que son algo presuntuosa e me considero unha persoa conocida dentro do meu campo, así que entre eso e tamén que os días previos á viaxe estiven dando a tunda no FACEBOOK a tódolos meus colegas sobre a viaxe que me esperaba e demáis… en fin, que a muller tiña unha conversa ben agradable e eu ía totalmente relaxada no voo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario