Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


20/12/10

DESORIENTADO 16

Cando aterramos en Chisinau ía un frío do demo. En novembro en Moldavia vai frío. Moito frío. Xa me avisara Dimitri, o bioespeleólogo do departamento de xeociencias da Technical University of Moldova. Dimitri é un colega co que fixen algunhas das mellores baixadas a furnas que recordo. Como adoita ser normal entre colegas, él veu o ano pasado á nosa universidade, invitado polo departamento para impartir un seminario sobre a súa especialidade, que son os estudos de resistencia de materiais sometidos a presión subterránea. E agora devolvera o favor invitándome a mín (mira ti) a impartir unha conferencia na súa universidade.
Cando Dimitri me recolleu no aeroporto non pareceu coñecer a Mónica Sorina. Eu presenteilla informalmente (as maletas súas e as miñas chegaron ao mesmo tempo, e saimos xuntas á sala de espera das chegadas). A verdade é que eu estaba leda por ver a Dimitri e non reparei que debía resultar extraño para un profesor universitario dun país como Moldavia non coñecer a unha empresa que, en teoría se dedica a algo no que él tamén traballa. Pero realmente só tiña na cabeza sair canto antes do aeroporto, así que nin me preocupei máis por aquela muller que insistira tanto en darme  a súa tarxeta de presentación e convidarme de novo á visita da cova Racovitâ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario