Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


15/12/10

Por qué nos custa tanto cambiar¿?

O tempo produce un "ensimismamento"


A ver si son quén de explicar ese palabro. A falta doutro máis correcto ou específico (agás que mentres escribo se me vaia ocorrendo) veño observando ao meu arredor que conforme me fago eu máis vello (algo inevitable polo mesmo feito de vivir) máis me "enmimismo". Noto que cada vez me costa máis renunciar a principios, manías ou preferencias. Noto que son menos flexible (e non só físicamente, sigh...) e que me chega a molestar que dalgún xeito se modifiquen os plans que tiña preparados para un día concreto, para a vindeira media hora, etc.

Non sei por qué, pero tamén noto iso ao meu arredor. Seguramente froito da miña paranoia, noto tamén cómo os que me rodean son máis intransixentes coas súas cousas.

Teño unha teoría acerca de por qué pode pasar iso. Tampouco é que sexa nada do outro mundo esta teoría, pero teño dereito a expoñela, non?

Pois creo que somos xenéticamente conservadores. Estamos deseñados para manter as condicións nas que nos atopamos, ainda que non sexan as mellores. Nos costa un mundo cambiar, arriscar, renunciar á relativa seguridade que acadamos despois de un maior ou menor esforzo pola nosa parte. E iso tendo en conta que ás veces a nosa situación actual non está nin cerca do que tiñamos pensado, planificado ou plantexado, e iso no mellor dos casos.

Porque tamén hai xente que nin planifica nin nada. Pasa a vida chegando dunha situación a outra sen saber moi ben cómo foi o cambio. A esa xente non lle custa nada cambiar, nin arriscar, xa que deixan todo a un determinismo que parece fixado por un ser superior e chegan á conclusión (si é que nalgún momento teñen un pensamento reflexivo) de que é mellor non preocuparse... total, o que teña que ser será.

Agora ben, creo que, respectando o espazo vital dos que están ao teu arredor, un ten dereito a ser conservador. O que creo que é máis complicado de manter é o equilibrio entre o "ensimismamento" propio e o "ensimismamento" da persoa do lado. O resultado positivo dese equilibrio podería chamarse felicidade?

2 comentarios:

  1. Anónimo15/12/10

    Para mi, la flexibilidad en general contribuye a ser mas feliz... La flexibilidad de uno mismo y la flexibilidad del entorno, la madre naturaleza es flexible, cambiante, y gracias a eso estamos aquí.
    En mi opinión nos cuesta cambiar por miedo y comodidad. No creo que sea genético pero si creo que es algo muy arraigado culturalmente. Hay sociedades mas conservadoras que otras, y depende de donde hayas crecido. Cambiar las costumbres propias dentro de un entorno determinado es lo más difícil porque es muy probable que se origine un enfrentamiento o muchos enfrentamientos, y muchas veces pasamos del tema por no enfrentarnos, es decir, por comodidad. El enfretamiento es necesario para mejorar, pero esto no quiere decir que tenga que ser violento y pasar un mal rato. Por ejemplo, si a tu suegra le gusta que vayas a comer todos los domingos a su casa y a ti no te gusta ¿al final que terminas haciendo? siempre vas a comer? o nunca vas a comer? o va tu familia y tu no? o vais un domingo al mes? cada situación genera enfrentamientos de uno con los demas o de uno con uno mismo.
    El miedo es otra cosa, cuando quieres cambiar de trabajo y no te atreves, muchas veces es por miedo, a cómo será luego mi vida, me encontraré agusto con mis nuevos compis, y si lo que dejo es mejor? en fin..que muchas veces nos quedamos con el "mas vale lo malo conocido que lo bueno por conocer"...
    Un tema interesante...Berto, gracias!

    ResponderEliminar
  2. Pois grazas a ti polo comentario!!!

    Quero facer fincapé no feito de que estou a favor dunha certa inflexibilidade no tocante a gustos persoais, pero estou en contra dunha inflexibilidade na túa vida de xeito integral. Como di o anuncio, "si te paras, caducas". Estamos (deberiamos) obrigados a movernos, a participar, a mollarnos na vida e no que podamos sacar dela.

    ResponderEliminar