Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


30/12/10

DESORIENTADO 17

O certo é que tamén estaba en Moldova por Dimitri. A súa invitación para impartir a conferencia chegara no mellor momento (ou no peor, segundo se mire) para min. Había xa 6 meses que non sabía nada de Gonzalo e iso me inquedaba. Gonzalo é (era) o máis parecido a unha parella que eu tivera nunca. Desde que o coñecín nunha fin de semana de barranquismo na provincia de Girona fóramos case inseparables. O que pasa é que eu necesito un espazo vital amplo e tamén unha independencia para tomar as decisións que considero. Non é que non me guste escoitar consellos, pero creo que teño un criterio tan bo, polo menos, coma os demáis (supoño que ter a autoestima alta débollo ao meu pai, que se pasou toda a súa vida dicindo o lista e extraordinaria que era…).
O caso é que as sesións de sexo salvaxe con Gonzalo (en calquera sitio se nos ocorría poñernos tórridos) pouco a pouco foron mudando en que o tipo estaba empeñado en controlar todo o que eu facía. Primeiro con cariño, dicindo “esa camiseta che marca moito as tetas” ou “con esa falda a onde cres que vas”. Como recibía contestacións máis ben rudas pola miña parte, non pasou de ahí, polo menos durante un tempo. Pero cando nas sesións de sexo, coa excusa de que “é moito máis excitante” me comezou a atar e a xogar cunha fusta (xogar é un termo demasiado suave para describir o que facía…), sentín que a súa intención era anularme e someterme á súa vontade. Así que me neguei a que me atase de novo. Díxenlle que non me poñia nada o feito de ver cómo él se excitaba cando a fusta subía polas miñas pernas atadas ás esquinas da cama e menos aínda cando él quedaba con esa mirada perdida e babeante ao comprobar como a fusta desaparecía entre a carne. Díxenllo nunha cafetaría de Girona na que almorzabamos cando eu collía o tren para Madrid. É verdade que me costou un mundo dicirlle todo iso, mirándoo de fronte, e que probablemente estando os dous sós non sería quen de facelo, pero o tipo quedou mudo. Creo que lle quedou claro que non quería volver a velo, e menos ter sexo de ese estilo con él. A min o sado nunca me foi, e iso que me considero bastante “moderna” nas cuestións sexuais.
Para unha muller solteira da miña idade, cun traballo que che absorbe bastante tempo (o feito de traballar nalgo que me gusta non quita que sexa certo que teño pouco tempo libre), ter sexo é unha necesidade que teño que satisfacer. Se non pode ser con alguén, non teño problema ningún coa masturbación. Para iso esta o meu dildo (así dito parece que estou mirando todo o día para él, pero só é un dildo, que carallo) e sobre todo a miña imaxinación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario