Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


16/6/11

Juego de Tronos, de George R.R. Martin. (Canción de Hielo y Fuego 1)

Tal e como falei na entrada "Juego de Tronos, do papel á pantalla", ainda non vin os capítulos da primeira tempada (ogallá veñan máis). O que si fixen é ler o primeiro volume da novela río "Canción de Hielo y Fuego".

Este libro chegou ás miñas máns pola recomendación de Zeke (como non!) feita en voz baixa estilo intercambio de algo ilegal _"facía moito que non lía algo tan bo en fantasía" _me dixo. Sempre teño en conta as impresións de Zeke nesta materia. Sempre. E o seu criterio é fiable coma un reloxo suízo. Non falla. Tampouco digo que iso sexa por levar 30 anos lendo fantasía, pero ao mellor algo queda...

Ben, o choio é que o tomo impón un certo respecto; case 900 páxinas (so o1º volume), a incerteza de non saber cántos volumes coma este terei que ler (hai rumores que apuntan a que George R.R. Martin non rematará de escribir ata dentro de 4 ou 5 anos) e un modo de contar a historia novedoso, polo menos para mín. Estamos ante o que se chama unha "novela río". Eu ata que a comecei a ler nin oira falar deste termo. Se trata de contar a historia xeral (a trama principal) a partir das historias persoais dos protagonistas, de xeito ás veces directo e ás veces indirecto (como varios ríos que se van xuntando e conforman outro máis grande). Este xeito de ir descubrindo a trama fai que ao mellor acontecementos cruciais non os vivas en 1ª persoa, senón como algo que sucede no contexto persoal doutra personaxe, así que é moi enriquecedor. Ou polo menos a mín mo parece.

E como non podía ser doutra forma, non saín defraudado despois da lectura de Juego de Tronos (o título o poño en castelán xa que é como o lín). Os que pensen que isto é un remedo de Tolkien, van aviados. Para empezar, as comparacións entre estes dous mundos non poden darse, xa que non son iguais, nin parecidos. O mundo de George R.R. Martín se parece moito máis a unha idade media nun mundo no que o clima domina a vida e a morte da xente. As estacións duran anos enteiros, e tal como reza no lema da casa Stark (unha das protagonistas da historia), "Winter is coming". E cando iso sucede, todo é moito peor.

Este mundo de George R.R. Martin (porqué carallo todos os escritores teñen 3 nomes...??) ule a suor, a sangue, a bosta de cabalo, a medo; e sabe a carne asada, a graxa, a especias e perfumes, aceites. E pasas frío, moito frío. E tamén calor, ata abrasarte. Iso supón unha das diferenzas co mundo de tolkien, no que todo semella máis limpo (non sei expresalo mellor, sintoo).

Quero facer un fincapé especial no tratamento das personaxes que George R.R. Martín acada polo especial xeito da narración. Creo que o que máis me sorprendeu foi que personaxes que ao principio semellan atractivas e aparentemente boas, rematan sendo retorcidas e con segundas (ou terceiras) intencións. Como a vida misma. Creo que por iso me atrae. Considero que é unha das fortalezas da obra; o coñecemento da natureza humana que desprega o autor.

Estou agora co segundo volume (non deixei que pasase nin un día polo medio, entre rematar un e comezar outro -grazas Zeke!!) e xa vos contarei...

1 comentario:

  1. E aprimeira vez que me chaman reloxo xuizo.:-)
    Cando leas o segundo xa teño o seguinte.

    ResponderEliminar