Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


7/6/11

Pobres pepinos...

Cando oin falar da contaminación dos pepinos españois por E. Coli, pensei: "Canto tempo había que non oía falar de Escherichia coli"

A bacteria en cuestión é unha das máis estudadas pola ciencia. É un organismo procariota, movido por flaxelos.
A Escherichia coli, no seu hábitat natural, vive nos intestinos da maior parte dos mamíferos sans. É o principal organismo anaerobio facultativo do sistema dixestivo. En individuos sanos, é dicir, se a bacteria non adquire elementos xenéticos que codifican factores virulentos, a bacteria actúa como un comensal formando parte da flora intestinal e axudando así á absorción de nutrintes. En humanos, a Escherichia coli coloniza o tracto gastrointestinal dun neonato adheríndose ás mucosidades do intestino groso  no prazo de 48 horas despois da primeira comida.

Pero tamén hai cepas da bacteria que por mutacións adquiren propiedades virulentas e/ou tóxicas Estas cepas causan diarreas hemorráxicas por virtude da súa agresividade, patoxenicidade e toxicidade. En moitos países xa houbo casos de morte por esta bacteria. Xeralmente lle pasa a nenos entre 1 e 8 anos. Causado xeralmente pola contaminación de alimentos, e posterior mala cocción dos mesmos, é dicir, a temperaturas internas e externas menores de 70 °C. Segundo a súa patoxenicidade, se distinguen 6 tipos (Virotipos): 

Escherichia coli enteropatogénica (ECEP)  
Escherichia coli enterotoxigénica (ECET)  
Escherichia coli enteroinvasiva (ECEI)  
Escherichia coli enterohemorrágica o verotoxigénica (ECEH)  
Escherichia coli enteroagregativa (ECEA)  
Escherichia coli adherencia difusa (ECAD)


Polo que parece, a variante atopada nos alimentos da intoxicación de Hamburgo é a Escherichia_coli_O104:H4

Ainda non se sabe con certeza a orixe da infección, pero parece descartado totalmente que estea en España. A presa das autoridades alemás para acusar aos produtos españois ten como consecuencia directa a baixada brutal das exportacións de vexetais desde o España a Europa (xenial nestes tempos que corren...) e non se sabe aínda cómo rematará todo... 
Ainda que xa foi levantada a prohibición por parte da Unión Europea ás exportacións españolas, o dano xa está feito. O que ainda non está claro é a orixe da contaminación. Ogallá o aclaren..


    No hay comentarios:

    Publicar un comentario