Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


10/6/11

DESORIENTADO 28


Ao principio a luz apenas se nota, pero de xeito paulatino, unha claridade se vai abrindo ante ti ao chegar ao posto de control. Despois te decatas de que esa luz é ultravioleta, polo que non altera o ambiente totalmente a escuras que rodea a entrada. É o momento de apagar o frontal. Nina queda parada diante da marca, no chan, que indica cun sinxelo debuxo a silueta de dous pes. _Extenda os brazos_ di unha voz que ven de detrás do foco.
Un cono de luz ultravioleta sae do teito. Nina queda quieta e embebida nel. Durante 20 segundos (sempre se lle fan interminables) non pasa nada. Despois, o cono de luz desaparece e a parede que ata ese momento era lisa cambia de cor e se trasluce o contorno dunha porta. Nina se achega e a porta se desliza hacia a dereita, entrando nunha cámara de paredes metálicas, de 3x3 m. A porta volve a pecharse tras ela, e Nina comeza a espirse. Mentres, a mesma voz indica que o proceso de descontaminación comezará en 1 minuto, en 30 segundos, en 10 segundos..._peche os ollos, o proceso de descontaminación comeza_

No hay comentarios:

Publicar un comentario