Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


24/6/11

Mapa Mundi da Vida, triste desgraza...

Estes días saiu á luz un informe da ONG SAVE THE CHILDREN no que se reflicten datos que categorizan as paises segundo a supervivenza infantil. Desgrazamente non da igual onde nazas. Iso xa o sabemos tod@s, pero ás veces fai falla pensar un pouco nos datos, datos fríos por ser números, números que poñen límite entre a vida e a morte. Triste desgraza ter un mapa mundi da vida no que non somos todos iguais...

 

"Mapa da Supervivencia Infantil"

• Suecia é o mellor país para nacer; Somalia é o peor. En Suecia perden a vida 3 de cada mil nenos e nenas menores de cinco anos, en Somalia, 180.
• España está no posto número 12, por debaixo de Eslovenia e por encima de Portugal.


Datos para reflexionar

• O 40% das mortes entre menores de cinco anos ten lugar no primeiro mes de vida.
• Nos países da cola hai 40 millones de nenos e nenas sen acceso sanitario básico.
• No mundo mundo faltan 3 millóns e medio de traballadores sanitarios.
• 48 millóns de mulleres, unha de cada tres, da a luz cada ano sen asistencia de matrona e 2 millóns completamente soas.


Cada no máis de 8 millóns de nenos enenas menores de cinco ano perden a vida antes de cumplir os 5 anos, 22.000 cada día, e o fan por causas prevenibles e tratables. O 99% destas mortes teñen lugar nos países empobrecidos, a metade deles na África subsahariana.

Segundo Save the Children, o mellor país para nacer é Suecia e o peor é Somalia, dunha lista de 168 países. Mentres que prácticamente todos os nenos e nenas suecos desfrutan dunha boa saúde e educación, en Somalia un de cada seis nenos perde a vida antes de cumplir os cinco anos, o 36% sofre desnutrición, o 70% non ten acceso ao auga potable e só un de cada tres nenos e nenas en idade escolar asisten a clase.

España, que ten un índice de mortalidade infantil de 4 por cada mil nenos e nenas, se atopa no posto número 12, por debaixo de Eslovenia e por enriba de Portugal.


Máis do 40% dos nenos e nenas menores de cinco anos sofre desnutrición en Bangladesh, Madagascar, Nepal, Níger e Yemen. En India e Timor Oriental, cerca da metade dos nenos están por debaixo do peso normal. En términos xerais, nos países da cola un de cada tres nenos e nenas sofre desnutrición, mentres que nos países de cabeza a porcentaxe é prácticamente nulo.

Os desertos sanitarios
40 millóns de nenos e nenas nos países máis pobres, un de cada sete, vive nun deserto sanitario, é dicir, cun acceso aos serizos santiarios básicos practicamente nulos e sen acceso a vacinas ou tratamentos para a diarrea, unha das principais causas de mortalidade infantil. Dous tercios destes nenos e nenas se concentran en tres países: 13 millóns en India, 8 millóns en Nigeria e 5 millóns en Etiopía.
--

tedes o informe completo en Save The Children.

No hay comentarios:

Publicar un comentario