Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


4/5/11

Juego de Tronos do papel á pantalla

Canal+ estrenará 'Juego de tronos' o 9 de maio

A ficción chegará a España tan só 21 días despois de estrenarse en HBO.

Canal+ deu a coñecer a data na que finalmente se estrenará 'Juego de tronos'. Foi o 17 de abril en HBO e chegará a España el 9 de mayo. Será Canal+ a cadena que a estrene en exclusiva no noso país.

'Juego de tronos' está baseada na novela do mesmo nome, "Juego de Tronos", que é a primeira da saga "Canción de Hielo y Fuego", de George RR. Martin. O escritor tamén participa neste ambicioso proxecto de HBO, encargada de 'Los Soprano', 'Big Love', 'Roma' o 'The Pacific'. A primeira tempada da serie contará con 10 episodios. Se consegue o éxito que se espera, o resto de libros poderían dividirse en duas tempadas cada un. De momento, a saga conta con catro novelas.

'Juego de tronos' se desenvolve nun mundo medieval fantástico no que varias familias loitan polo poder nun mundo fantástico no que aparecen criaturas e maxia. Robert Baratheon ocupa o trono de ferro tralo fin da dinastía Targaryen, ainda que non o terá nada fácil porque haberá varias casas que poxarán polo seu lugar, o que amenazará con romper o reino de Poñente.


Un reparto envidiable
'Juego de Tronos' conta co coñecido actor Sean Bean como cabeza do elenco. O intérprete ten na súa  filmografía a participación na taquilleira película "El Señor de los Anillos", onde interpretaba a Boromir, o fillo do senescal de Gondor, Denethor. A experiencia previa nesta longametraxe pode ter avaliado a Bean como protagonista da ficción, xa que 'Game of Thrones' lembra na súa estética ao oscarizado film.

Interpretará a Lord Eddark Stark, un dos personaxes máis nobles da serie en contraste co resto de papeis de vilán que soe interpretar. Non estará só nesta nova produccion. Actores da talla de Emilia Clarke no papel de Daenerys Targaryen, Harry Lloyd como Viserys Targaryen ou Mark Addy, que dará vida a Robert Baratheon.

Haberá que estar atentos á pantalla. Estoy agora mesmo a ler o primeiro volume da saga, Juego de Tronos, e a verdade é que me está a gustar moito. Había moito tempo que non lía algo de fantasía heróica (é un subxénero literario no que levo moitos anos inmerso...) que me dese tan boas sensacións.

O malo de estar a ler o libro ao mesmo tempo que sacan a serie é que a serie terá que esperar a que termine os libros para ser vista....

Haberá máis entradas sobre "Juego de Tronos", seguro...
Aqui vos deixo un trailer dobrado ao español sobre a serie.

No hay comentarios:

Publicar un comentario