Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


29/6/11

CARS, de Pixar

Cando saiu a pelicula de animación Cars nin me enterei. Foi no 2006, e ata final de ano non naceu Iago. Foi un bo ano, por moitas cousas, pero a máis importante foi ese anaco de felicidade que vai crecendo moito máis rápido do que me apetece. En fin, xa estou a divagar.

O caso é que ata o 2009 (máis ou menos) non vin a película. E foi un frechazo instantáneo...

Aquí vos deixo o trailer que no seu momento saiu. Desfrutádeo!



Todo isto ven porque o vindeiro 6 de xullo me tocará (que pena!!) ir a ver a nova película de PIXAR, CARS 2...

Xa vos contarei, pero polo que sei, as segundas partes nunca foron boas...

No hay comentarios:

Publicar un comentario