Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


3/6/11

DESORIENTADO 27


Xa quedaba pouco para chegar ao terceiro e último control. Nina levaba 3 horas de camiño e 10 km de percorrido subterráneo e nos últimos meses comezaban a pesarlle a pernas máis do que lle gostaría. 53 anos non son moitos, pero 90 kg pesan... se non están ben distribuidos nos seus 180 cm, e non o estaban. O alcume de Turbina, malia que os demáis tentaban agochalo, chegara tamén aos oídos de Nina. De feito, non lle importaba, mesmo se tiña rido del. Nunca renegara das súas cadeiras anchas; as “manetas do amor” lle procuraran non poucos revolcóns ansiosos e pracenteiros na universidade de máns de compañeiros fogosos e exacerbados pola visión cenital dos seus cilindros desaparecendo dentro da turbina... A ela lle procuraba moito máis pracer estar de cara a eles, pero tamén era certo que cando quería que remataran pronto, só tiña que ofrecerse a dar a volta, mover as cadeiras de xeito circular mentres empurraba levemente hacia atrás e adelante e agardar polo momento no que se lle desplomaban sobre as costas, satisfeitos e desexando seguir agarrados a eses asideiros que a natureza lle concedera.
Pero despois da universidade seguiron a depositarse nas cadeiras máis kilos dos desexables, e na actualidade, o modelo que lucía Nina se asemellaba máis a unha redoma que a unha ánfora. Malia todo, turbina ainda tiña seguidores dentro e fóra das instalacións, e sabía que roupa poñerse para destacar  as súas cualidades cando quería conseguir unha cita ou algo máis...

2 comentarios:

  1. ¿Turbina?
    http://www.youtube.com/watch?v=_0kb1ne97wU
    BWHAHAHA!!!!!!

    ResponderEliminar
  2. JAJAJAJA, un aporte interesante, si señor!!

    ResponderEliminar