Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


23/6/11

O difícil que é...

Xa o tiña que saber de hai moito tempo, pero non foi ata agora que me fixen consciente...éche o que ten, de súpeto un día te levantas (cedo, como me pasa a mín pola semana) e te das conta. Será o café (que a mín me fai moitísima falla polas mañás, a mediodía e pola tarde....) ou as toradas de margarina (hai que gardar a liña ^^) con marmelada (non sei se se di así, pero me gusta como soa marmelada). O caso é que con tanto paréntese, ao mellor se perde o fío. Agora o retomo;
estaba eu recén levantado un luns pola mañá (ou sería martes) cando me decatei. Abríronseme os ollos coma platos. Meu, que difícil é estar ao día de todo o que pasa no mundo. Ainda que pases todo o día lendo a prensa, internet, oíndo a radio ou vendo a tele (que non é o caso meu nin de coña...) non es quén de saber todo o que pasa. Me falta tempo para actualizar o blog, para estar cos meus, para desfrutar de días de sol tumbado sen facer nada, para calcetar outra chaqueta ou uns gorros para o inverno, para escachar coa risa (ainda que me río bastante...) falando coa xente coa que me atopo relaxado, e tamén me falta tempo para estar máis implicado nas desigualdades sociais, para participar máis activamente na mellora do meu arredor (non aspiro a actuacións que se saian do ámbito máis cercano), para escoitar ao meu arredor os problemas, ainda que non sirva máis que para iso, para escoitalos (desgrazadamente, hai cousas que só pode facer un mesmo) e para desfrutar máis da compaña da xente que quero.

En fin, que me falta tempo, ou me sobran cousas para facer. Terei que priorizar...

1 comentario:

  1. Prioriza, prioriza.

    A min pásame exactamente o mesmo, non teño tempo para nada.

    ResponderEliminar