Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


27/1/11

EL CAPITÁN ALATRISTE, de Arturo Pérez-Reverte

Parece mentira que haxa xa tanto tempo que comecei a ler a serie de libros de "EL CAPITÁN ALATRISTE" de Arturo Pérez-Reverte. Debeu ser polo ano 1996-97, cando saiu o primeiro libro. Xa daquela me gustou moito o estilo que se utilizaba para contar a historia desde o punto de vista dun soldado veterán no Madrid do século de Ouro.

Naquel momento non tiña nin idea que detrás desta primeira novela, á que seguirían varios títulos máis (ata o momento hai 6 aventuras do capitán alatriste publicadas) estaba a intención de contar diversos aspectos desa parte da historia de España (artes, política, navegación, etc) na que o imperio español tentaba manter a forza ao longo de toda a súa extensión, sen conseguilo, como cabía supoñer.

Os títulos dos libros que ata o de agora teñen saído son os seguintes:
  1. El capitán Alatriste (1996). Ilustrado por Carlos Puerta.
  2. Limpieza de sangre (1997). Ilustrado por Carlos Puerta.
  3. El sol de Breda (1998). Ilustrado por Carlos Puerta.
  4. El oro del rey (2000). Ilustrado por Carlos Puerta y Joan Mundet.
  5. El caballero del jubón amarillo (2003). Ilustrado por Joan Mundet.
  6. Corsarios de Levante (2006). Ilustrado por Joan Mundet.
Parece que o autor ten previsto sacar alomenos 3 libros máis:
  • El puente de los asesinos
  • La venganza de Alquézar
  • Misión en París

Se fixo tamén unha película "Alatriste" sobre os libros, na miña opinión resultou fatal, xa que se tentou condensar todos os libros do capitán alatriste nun só film e tamén se deu información sobre o final da historia que ainda non está publicada (en descargo dos guionistas, teño que dicir que xa desde o primeiro libro se anuncia varias veces cómo remata a historia).

O caso é que os libros resultan moi sinxelos de ler, con moita acción e moito mal xenio (por dicilo suavemente) e tamén se descobre nesta serie que o que máis lle gusta ao autor, segundo me parece a mín, é utilizar todo ese vocabulario específico de insultos e frases malsonantes, con esa retórica cainita e chea de inquina e mala intención que segundo parece, caracterizaba a época. Época na que, como di o autor, a xente de mataba por un "quitame de ahí esas pajas" e na que os duelos dialécticos (por exemplo entre dous grandes poetas do Século de Ouro como Quevedo vs. Góngora) remataban, ás máis das veces en duelos á espada ou mosquete.

En fin, que os libros se deixan ler con facilidade e están ben feitos. Paga a pena sumerxirse un ratiño nesa época a través da mirada de Íñigo Balboa, o paxe do Capitán, que é quen conta a historia e os feitos que se suceden.

Tamén teño que dicir que o último libro que saiu, Corsarios de Levante, remata dun xeito algo abrupto, ao meu parecer facendo uso do Deux ex Machina dun xeito que ata o de agora, nas obras de Pérez-Reverte non atopei (polo menos conscientemente).

Ogallá o seguinte libro que se publique teña un fío máis suave. Verémolo!! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario