Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


13/1/11

BLACKSAD 4: El Infierno, el Silencio

Hai non moito comentei as aventuras de John Blacksad, o detective gatuno máis famoso do cómic. Despois de 5 anos entre o volume 3 e o volume que hoxe comento, Juanjo Guarnido e Juan Díaz Canales nos regalan unha obra gráfica que se pode ler, igual que o resto da serie, de xeito independente, pero que continúa afondando na personalidade e na vida do protagonista, ao mesmo tempo que nos traslada á New Orleans máis xenuina, cuna do blues e con ese ambiente cuasi europeo que fai desa cidade un recanto de beleza extraordinaria.

O ritmo da historia é moi semellante aos dos outros volumes da serie; trepidante, con xiros inesperados e sobre todo, neste caso concreto, a cor é coprotagonista da historia. Os autores son quen de reflectir dun xeito maxistral (na miña humilde opinión) o ambiente subtropical da cidade, o mardi gras e esa humidade pantanosa que inunda todo, xunto con esa especial idiosincrasia da cidade dentro dos EE.UU.

Algunhas das viñetas son verdedeiras obras de arte en canto a composición e colorido. 5 anos entre obra e obra é moito tempo, pero a espera pagou a pena. Ogallá Guarnido e Díaz Canales non tarden tanto en continuar coas historias de Blacksad. Sobre todo despois da última páxina da historia...

No hay comentarios:

Publicar un comentario