Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


12/1/11

HAITI, 1 ano despois

Hai xa algún tempo falamos sobre o terremoto en Haiti, que ocorreu nun desgraciado 12 de xaneiro de 2010.

Hoxe, 1 ano despois, o desastre social, humanitario e de estado é patente.

Ademáis da epidemia de cólera que está a deixar unha sangría de víctimas e desprazados, as eleccións que tiveron lugar recentemente só fixeron poñer de manifesto a desgraza dunha clase social preocupada únicamente por manter o poder a costa da corrución e do desvío das axudas humanitarias que se envían a Haiti.

Polo que parece, segundo varias fontes, durante este ano 2010, só chegaron ao seu destino entre un 5-20 % das axudas humanitarias enviadas. ¿A onde foron parar o resto das axudas?

Pois tamén segundo diversas fontes, parte das axudas ainda non foron enviadas (baste dicir que, 1 ano despois da catástrofe, os escombros seguen alí mesmo, sin moverse nin que exista ningún tipo de reconstrucción) e que parte das que foron enviadas nunca chegaron ao seu destino.

Vendo que o concepto de estado fallou estrepitosamente e sobre todo, tendo en conta que a axuda é máis necesaria cada día que pasa, o que se me antolla díficil é saber onde rematará ese país.

Xa se están a barallar entre as opcións unha intervención internacional para restablecer un estado e poder canalizar as axudas, baixo o amparo do consello de seguridade da ONU, pero parece incrible que 365 días despois do terremoto, 800.000 persoas se hacinen en campamentos cunhas condicións sanitarias deficitarias e sobre todo, sin esperanza de luz ao final do tunel.

Gustaríame poder dicir que a próxima entrada que publique falando de Haiti será para dar unha boa nova, pero hoxe non me queda máis remedio que ser pesimista. Ogallá me trabuque.

No hay comentarios:

Publicar un comentario