Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


18/1/11

THE WALKING DEAD, ou os zombies na miña vida

Cando era pequeno, o que máis me gustaba de sair á rúa a xogar no barrio era facelo pensando que ao final da tarde, cando xa se acendían as luces das farolas, iamos xogar a zombies. Creo que nunca na miña vida tiven tanto medo como cando xogabamos (ao mesmo tempo o pasaba xenial, a adrenalina é o que ten...). O xogo era moi sinxelo. O que facía de zombie comezaba a perseguer aos demáis pero á metade de velocidade. Si te pillaba, quedabas contaxiado e te convertías en zombie, e pasabas a pillar ti tamén, ata que ao final, ninguén sobrevivía....

Había varias regras, claro: Os zombies ían máis lentos, non había forma de curalos/matalos, e sobre todo, os zombies non suben paredes nin agabean. Isto ianos xenial, xa que o único sitio no barrio no que non te podían pillar era un tellado baixo que había ao final de todo (chegabas alí correndo, na escuridade e con un monte de zombies atrás túa) e que só se podía subir ata él dun chimpo e agabeando pola parede. Esa esquina me salvou varias veces, xa que tampouco podías usar ese recurso ata o final, cando había moitos máis zombies que xente sin contaxiar...

En fin, que teño recordos de xogar aos zombies desde moi pequeno (podemos estar a falar de 20-25 anos atrás...) e desde esas o contacto cos cómics, películas ou literatura de zombies foi caseque nula ata a actualidade. Ata que lin Apocalipsis Zombie (AZ) e Los días Oscuros (LOS) grazas a Zeke. Os libros están escritos por Manel Loureiro, un avogado pontevedrés que comezou a escribir un blog sobre zombies que se convertiu nun éxito.. Nese momento o fenómeno Zombie volveu atopar en min un seguidor.

E logo descubrín The Walking Dead, o cómic do que agora se estrena en España unha serie de HBO. Cando Robert Kirkman comezou co cómic de The Walking Dead, dixo (máis ou menos) que él pensaba seguir a serie de zombies máis aló da primeira oleada, de cando descobres que o mundo que coñeces está perdido e que todo ao teu arredor está podrido e cheo de mortos que camiñan. Dixo que pensaba (si os lectores o apoiaban) levar a historia máis aló do final das pelis de zombies. Pensaba levar aos personaxes ata o máis extremo da alma humana e poñelos diante de situacións límite e ver cómo esas situacións os van cambiando.

E creo que o consegue. Paseino realmente mal lendo os cómics (agora mesmo van polo número 80 en español) e vendo cómo todo o que lle pasa aos protas os va cambiando e volvendo máis ¿inhumanos? Non sei ata onde chegará o autor, pero había tempo que unha serie non conseguía manterme atento ao calendario para ver o seguinte número.

A semana pasada vin os 2 primeiros capítulos da serie de TV baseada nos cómics e me gustaron. Iso si, ténche que apetecer ver cadáveres todo o rato e tamén tiros e sangue, moita sangue.

No hay comentarios:

Publicar un comentario