Segundo explica o propio O´Barry, os golfiños son criaturas extremadamente intelixentes (niso está de acordo toda a comunidade científica mundial) e sofren stress por estar pechados en tanques de auga para facer espectáculos. Ademáis, como o seu mellor sentido é o do oido e usan a ecolocación (un sónar moi sensible que lles proporciona moitísima información do entorno), nos tanques nos que están encerrados só perciben un balbordo imposible de comprender.
Con todo iso, o detonante do cambio de actitude de O´Barry foi o que lle pasou a unha das femias que participaban en Flipper, Cathy. Achegouse ata onde estaba Rick, apoiouse nos seus brazos, colleu aire e se deixou caer ao fondo do tanque. A respiración nestes animais non é como a dos humanos. Eles poden decidir pechar o espiráculo e non volver a abrilo, así que, segundo Rick O´Barry, Cathy se suicidou diante súa porque non aturaba máis o encerro.
A partir dese momento, O´Barry converteuse nun activista a prol da liberación dos delfíns capturados e encerrados en todos os zoos do mundo. É unha tarefa titánica e él o sabe. Ninguén o sabe mellor que él, que axudou a construir ese negocio multimillonario e agora quere desmantelalo.
Isto todo é só o preludio de algo que sucedeu en setembro de 2007. Un grupo de activistas coordinados por Rick O´Barry foron quen de organizar a gravación da matanza de golfiños nunha cala de Xapón. O lugar se chama Taiji, na prefectura de wakayama. Nese mesmo lugar se fai desde hai centos de anos (desde o período Edo) caza de baleas e outros cetáceos, dun xeito artesanal. A verdade é que a forma de matar aos delfíns e baleas dista moito de ser respectuosa cos animais, pero o que máis chama a atención no documental The Cove, que é a orixe desta entrada, é o secretismo e o hermetismo co que se tenta levar a caza de golfiños e baleas en Xapón. Se podería falar das intoxicacións por mercurio na poboación local, da suposta compra de votos na Comision Baleeira Internacional, ademáis da postura dos propios pescadores tradicionais e a cociña xaponesa, na que tamén se inclúe a carne de balea e delfín.
![]() |
Caza tradicional de cetáceos en Taiji, período Edo |
Seguiremos informando...
No hay comentarios:
Publicar un comentario